Los titulares, incluso aquí en Cope Carballiño hablan de pueblos y ciudades llenas de colorido, de ambiente, de música, y sobre todo, de mucha mucha gente. En Maside, en Xinzo, en Vigo (que ni tradición de carnaval tiene), en Ourense, en Monforte, en Foz, en Burela, en Lugo (donde acaba la autovia para la que quiere un enlace nuestro amado lider).
Ahora viene el titular del The Carballiño Times: "Carballiño D´or ciudad de jubilados desierta".
Pasear por las calles durante el carnaval fue como hacerlo por un desierto a pleno sol, el único color lo dan las cacas de los perros esparcidas por el suelo del centro del pueblo y los carteles de "Se alquila" o "Se vende". Por desgracia, igual que en su dia pasó con los parques infantiles, el personaje ese que tenemos por alcalde fue el único que suspendió el desfile de carnaval en toda Galicia. Suerte para los demás sitios que se llevaron la gente y claro está, el dinero de estos. Aquí se conforman con que el concejal de turno amplie la terraza de ya sabemos que bar. El resto no importa.
Como dicen en la anterior denuncia, yo también creo que es hora de ir cambiando de corporación, pero TODA, no dejar ni al apuntador.

Os puntos de recollida son o local de Cáritas Parroquial, no baixo da casa rectoral do Carballiño -Rúa Evaristo Vaamonde,3- en horario de 11:00 a !3:00 horas, e no Templo da Veracruz en horario de 18:00 a 20:00 horas.
Pídese a doazón de enseres (mantas, sacos de dormir, cueiros para nenos, toalliñas húmidas, compresas, calcetíns e gorros para mulleres e nenos, calcetíns e gorros escuros para homes, guantes de latex, muletas ou sillas de rodas). Comida instantánea non envasada en cristál, conservas, café soluble e te. Tamén medicamentos tales como apósitos, vendas de todo tipo, auga oxixenada, yodo, clorhexidina, analxésicos, antiqueimaduras, antibióticos, protectores gástricos, torniquetes ou set de curas.
O párroco de San Cibrán do Carballiño, por medio dunha carta dirixida a toda a poboación carballiñesa, fai un chamamento á colaboración con esta campaña solidaria e da conta dos detalles de organización da mesma.
Podes ler a carta do párroco Jorge Juan Pérez Gallego abrindo o arquivo adxunto:

O Concello de Maside colabora nunha iniciativa solidaria coa posta a venda de Xabons Solidarios, unha campaña que ten como destinatarios os refuxiados pola guerra en Ucrania.
A xabonería artesanal De Lú, ubicada en Maside foi a encargada xunto con voluntarios da elaboración de Xabons Naturais saponificados. Xabons como os que facían as nosas Aboas. Para a elaboración dos xabóns, doaron aceite varios restaurantes sitos no Concello de Maside : Restaurante O Barazal, Os Pitelos, A Casiña do Bardelás, Restaurante Os Amigos de Garabás.
Para o seu embalaxe contouse coa colaboración da Asociación Cultural de Mulleres Santa Agueda de Maside. Cada Xabón irá acompañado dun recetario de produtos de limpeza ecolóxicos que se poden facer coa base das pastillas dun peso de 200gramos. Estas terán un prezo en concepto de donativo de 5€.
Estarán a venda nos establecementos comerciais do Concello de Maside. A recadación irá íntegramente destinada á adquisición de mercadurías (medicamentos ou calquera produto necesario) que serán enviadas a través de transporte solidario, as familias desprazadas da dramática actual situación humanitaria.
Recordamos tamén que A Asociación Cultural A Casa Aberta puxo en marcha unha recollida de material médico e alimentos non perecedeiros e ten como punto de recollida O Colexio Vello de Maside en horario de 17.00 a 20:00 horas.
Figueiroa é un lugarciño da parroquia de Cameixa, no concello de Boborás, onde encontrarás ata o domingo 6 de marzo un xenuíno ambiente do entroido de sempre, con mecos e mecas cheos de retranca a algunhas das noticias máis parrandeiras dos últimos meses, como a historia de Manolo de Xaniño, afortunadamente rescatado despóis de pasar horas atrapado nun pilón tras unha noite de esmorga.
O visitante que se achegue estes dias ata Figueiroa poderá repostar un grolo de licor café ou augardente na taberna ou na propia gasolineira da zona, botar un baile na recuperada discoteca Isis Pharia, e ata un motel para recuperarse e que non haxa problemas cos controis de tráfico. Despóis de pasala noite no motel, poderán comprar algo no mercadiño da feira, con boas ofertas, e tomarlle un viño da zona, por suposto, da adega Pazo Tizón.
Xogo, humor, gastronomia e moita imaxinación, e todo elo saído do maxín de José Luis Sotelo "O Rubio de Cameixa" e veciños, mantendo vivo o espírito da festa do entroido no noso rural, sen dúbida, entre o máis auténtico de toda a comarca.
Boas noites, estou no entroido de parada, e é unha vergonza, ninguen trae mascarilla, todos fumando sin respetar os que si as levamos, o ser humano é o animal máais borrego, torpe, e analfabeto do planeta. Non entendo que a estas alturas ninguen aprendera nada sobre como comportarse ante esta pandemia. O peor e que x culpa dos borregos estos os que si respetamos as normas non podemos ir a estes eventos, e se vamos 3stamos todo o tempo a disgusto. Borregos
Felos, comparsas, charangas e as carrozas de Parada animaron a tarde do lúns de entroido na vila de Maside, que rexistrou un abarrote de público, a maioria con máscara de protección na primeira gran concentración que vive Maside en tempos de covid. Levantaou grandes aplausos ao seu paso as carrozas do entroido de Parada, desfilaron 22 unidades nunha comitiva integrada por máis de 300 persoas.
A gran cantidade de público algunhas incidencias nas primeiras horas da tarde na entrada ao casco urbano masidao, e mesmo por momentos causou retenciós no tráfico nos accesos, sobre todo na entrada dende a autovía, na rúa da Friela, na que tivo que intervir a Garda Civil para organizar o tráfico..
Charangas que terminan a las 11 y no todos los dias son las actividades de este concello que tanto aplauden cuatro, no hace falta ni decir que ese cuidado por evitar contagios, incluye un plan para aislar a los que fueron celebrarlo a otras localidades donde si habia bullicio.
Culpa del alcalde y del concejal de turno sin quedar exento un tiron de orejas al silencio de la oposicion que parece que lo son de otro pueblo..
Aqui con asilo, asfalto., Farolas, fotos, rellenar con actividades del comercio, o de otros colectivos y decir que "para el verano" ya esta. Que mas da que cierre todo. Verdad?
Este concello necesita un cambio,...de concejales de turno lo primero .

O PSdeG-PSOE de Leiro abandona o pleno extraordinario celebrado esta mañá ante a falta de transparencia do goberno municipal e as políticas “clientelares” e “caciquís” do alcalde do Partido Popular, Francisco José Fernández. Os socialistas amósanse especialmente críticos coas “malas artes” do rexedor que optou por converter un pleno ordinario en extraordinario e deste xeito impedir debate o debate de mocións dos grupos da oposición e tratar de “coartar” a súa liberdade de expresión, nun exercicio propio das “ditaduras”.
Dende o Grupo Municipal Socialista aproveitaron a súa intervención para explicar os motivos polos que ían abandonar o pleno e relataron que levan 4 anos tentando “fiscalizar” a xestión deste Concello, pero segundo apuntan “foi imposible xa que as contas anuais aprobadas non pasan a fiscalización do interventor”. Os socialistas amósanse especialmente críticos coa “externalización” da maioría dos recursos públicos, que segundo afirman “se delegan sen seguir o máis mínimo control real e honesto por parte do alcalde e senador do Partido Popular”.
No pleno extraordinario celebrado hoxe, o goberno municipal presentou a aprobación dos pagos a Mancomunidade do Ribeiro de 2021 e o orzamento de 2022, pero tal e como afirman dende o PSdeG-PSOE de Leiro “non houbo opción de que a oposición poida pedir aclaracións ante as mentiras e manipulacións do alcalde”. Os socialistas fan fincapé nas “continuas mentiras de Fernández nos medios de comunicación”, onde tal e como afirman “pregoa iniciativas e medidas que finalmente nunca cumpre”.
Para o voceiro do PSdeG-PSOE en Leiro, Manuel Rodríguez Vázquez, esta decisión de abandonar o pleno ven motivada por “hixiene democrática”. O edil socialista afirma que “tomamos esta decisión en defensa dos dereitos dos veciños e veciñas de Leiro, xa que se están pisoteando aos mesmos e tamén os meus dereitos como membro da oposición”. Denuncia que a actitude de “soberbia, arrogancia, prepotencia e obstinación do alcalde teñen sumido a Leiro no absoluto desleixo e abandono”, motivo polo que esixe que “democracia” e pór fin as políticas “clientelares e caciquís que afogan o noso concello”.
Rodríguez Vázquez aposta por un xiro “total” nas políticas municipais e nas que prime a transparencia que “permita arroxar luz á actuación dos poderes públicos e sexa un instrumento fundamental para previr un mal goberno como o do señor Fernández, no que priman a opacidade, o segredo e a ocultación de información”. O voceiro socialista tamén lle esixe ao alcalde do PP “exemplaridade” para “fortalecer os valores colectivos e que opte por condutas que promovan a decencia política no noso concello”. Manuel Rodríguez lémbralle tamén ao rexedor que “o abuso de poder consiste precisamente en exercelo á marxe das normas para favorecer ilexitimamente determinados intereses” e remarca que o “uso indebido dos orzamentos públicos, sen controis, é un claro exemplo de malas prácticas e do mal goberno”.
La incompetencia de este alcalde que tenemos no tiene limites. Único que suspende toda actividad en los carnavales, los cuales se celebran por todas partes con mucha aceptación y congregación de gente para disfrutar de él. Mientras en O Carballiño nada de nada, convirtiendo el pueblo en lo que es, un pueblo fantasma, supongo que pronto se pasara a llamar Carballiño´Dor ciudad de jubilados.
Aun mas penoso es que haya alguien que lo aplauda diciendo que está bien que no haya celebraciones. Me imagino que es un jubilado amargado o un funcionario que vive de lo que le pagamos los demas. Pero mientras, los locales se abandonan cerrando sus negocios y eso es gracias a nuestro amado lider, que ni tiene idea de que va el tema. Eso si, se acuerda de pedir un enlace a la autovía de Lugo, poniendo yo en duda que sepa ni donde está Lugo.
Como decía una denucia anterior, la gente tiene que dejar de aplaudir a este incompetente y pensar en mandarlo para casa, pero para siempre. Lastima ver como un pueblo lleno de vida se muere por incompetentes
Ola!!. Quero denunciar, públicamente, as malas prácticas de certos establecementos de hostalería situados na rúa Tomás María Mosquera, pois certa cafetería dun tempo a esta parte adícase polas noites a poñer a música do seu local a todo volume a eso das 12 noite molestando, deste xeito, aos veciños cuxas casas dan a esta rúa. Esta situación leva repetíndose varias semanas, pero esta fin de semana foi a máis, xa que o establecemento en cuestión puxo a música moito máis alto que en semanas anteriores durante a madrugada. Coido que xa é hora de poñer fin a estas malas prácticas desta cafetería. Como comprenderán poñer a música alta a altas horas da noite nas que a xente precisa descansar para madrugar ao día seguinte non é de recibo. Se os donos desta cafetería teñen ganas de troula é mellor que se vaian a un descampado ás aforas do Carballiño a poñer música a todo volume ata que se farten para non molestar aos veciños desta rúa tan céntrica da nosa vila. Os que vivimos nesta rúa precisamos descansar con calma e sosego e non ver alterada a nosa tranquilidade con música que non nos deixa conciliar o sono sobre todo no caso das persoas maiores, dos enfermos e dos que precisamos madrugar para traballar.
Señores do concello ¿a que esperan para poñer fin a estas malas prácticas?. Os veciños e veciñas desta rúa precisamos descansar sen necesidade de que o noso sono se vexa interrompido por música a todo volume como se fose unha algarabía propia dun fiadeiro dos nosos avós a altas horas da noite.
NON OS RUIDOS NOCTURNOS
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 210
- 211
- 212
- 213
- 214
- 215
- 216
- 217
- 218
- …
- seguinte ›
- última »