27, Xaneiro 2022

A Xunta de Galicia estudará posibles vías de colaboración co Concello de Beariz co obxectivo de poñer en valor e preservar unha zona do municipio coñecida como Ricovanca, localizada en Rede Natura 2000 e que alberga un conxunto arquitectónico e etnográfico de notable valor.

Así llo trasladou a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, ao rexedor ourensán, Manuel Prado, con quen mantivo unha reunión para falar de diversos proxectos de interese para o municipio.

En concreto, o alcalde trasladoulle que nos últimos anos o Goberno local realizou importantes investimentos en Ricovanca grazas aos que se logrou recuperar un muíño e a ponte centenaria que atravesa o río Verdugo ao seu paso pola aldea. O obxectivo municipal agora é acometer a restauración do lavadoiro, outro dos elementos destacados dun lugar que debe tamén á súa singularidade aos valores naturais e paisaxísticos da contorna na que se empraza.

A este respecto, a conselleira subliñou que o seu departamento ofrece desde hai anos axudas dirixidas a executar actuacións de mellora e conservación da biodiversidade en zonas incluídas na Rede Natura 2000 e que contribúan á mellora da paisaxe rural tradicional e dos seus elementos representativos.

26, Xaneiro 2022

O Consorcio Provincial Contra Incendios e Salvamento de Ourense, integrado pola Xunta de Galicia e a Deputación de Ourense, acordou hoxe avanzar nos trámites que avalen o cambio de sistema de xestión do servizo para implantar un modelo de xestión directa nos catro parques comarcais de bombeiros da provincia, entre eles o do Carballiño-Ribeiro, con base no parque empresarial do Carballiño.

Desta forma, na reunión da Comisión de estudo para a realización da memoria xustificativa da forma de xestión do servizo de intervención en emerxencias do Consorcio Provincial de Ourense para o Servizo contra Incendios e Salvamento participaron por videoconferencia o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e o presidente do Consorcio Provincial Contra Incendios de Ourense, Pablo Pérez. Tamén participaron a directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, e o delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén.

No encontro abordouse que actualmente estase a elaborar o informe sobre a memoria xustificativa da forma de xestión do servizo de intervención en emerxencias do Consorcio. Este informe suporá un paso máis cara ao cambio de modelo acordado entre a Xunta e a Deputación para a xestión directa dos parques de Verín, A Limia, Valdeorras e O Carballiño-Ribeiro, que se integran no Consorcio.

A continuación, celebrouse tamén de forma telemática un pleno ordinario do Pleno do Consorcio Provincial de Ourense para o Servizo contra Incendios e Salvamento no que se aprobou a prórroga por un prazo máximo de un ano do contrato do servizo de intervención dos parques comarcais á empresa adxudicataria da xestión indirecta; esta duración podería interromperse se nese prazo culmina o proceso de cambio de xestión.

26, Xaneiro 2022

Boas tardes a todos, hoxe acabome de enterar por unha veciña do meu pobo que a POLICIA LOCAL DO CARBALLIÑO  chamou  a COPE par decirlles que o luns dia 10 de Febreiro ningun propietario dos choches afectados a noite do venres po sábado( unhas bostas humanas dedicaronse a partirlle os espellos retrovisores ós coches entre eles o MEU)  pasou polas oficinas pa pañer unha denuncia o respecto. E non solo eso senón que me chamaron a mín, MENTIROSA  xq eu sí fun poñer unha denuncia o luns dia 10 de febreiro e o incompetente que alí se atapaba dixome: NON VALE A PENA QUE POÑAS UNHA DENUNCIA POR QUE O FINAL NUNCA SE VAI SABER QUEN FOI. E AINDA DIGO MÁIS O SEU TRATO HACIA A MIÑA PERSOA FOI MOI FRIO COMO SE  EU FOSE INVISIBLE E COMO SE EU O ESTIVESE MOLESTANDO.  Eu chamei o sabado dia 8 de febreiro pa poñer a denuncia e dixoseme:  pasese vostede o luns  polos oficianas, e así o fixen. Quero pedirlle a esa  persoa que me atendeo ese dia que por favor diga a VERDADE, o mentiroso é él.

 

PIDO POR FAVOR QUE A POLICIA LOCAL DO CARBALLIÑO RECONOZCA QUE O LUNS 10 DE FEBREIRO UNHA VECIÑA DO CARBALLIÑO( EU) SI QUIXO POÑER UNHA DENUNCIA PERO A PERSOA QUE ESTABA ESE DIA NA OFICINA IMPIDIUMO.

 

 

26, Xaneiro 2022

Yo solo les querria pedir que sigan investigando en el caso del asilo de Carballino.

Ha habido muchas irregularidades durante muchos años.

De todos es sabido, que los ancianitos acogidos en el asilo que tenian propiedades, se las tenian que ceder a la fundacion como pre-requisito para entrar. Las monjitas (y sus administradores) se encargaban de la gestion de la venta. Las cuentas del asilo deberian de presentarse al pueblo de Carballino.

El alcalde (y no solo este, si no los anteriores) tienen que velar por los intereses de los habitantes de Carballino y asegurarse de que las cosas se hacen de forma legal y transparente. Por favor, hagan los estatutos de la fundacion publicos.

Con respecto a los trabajadores del centro. Hay muchisima contratacion temporal. Renuevan al personal cada seis meses. Me gustaria preguntarle a la administracion del asilo por que hay tanta rotacion de personal. En este tipo de negocio, yo esperaria tener mas personal permanente. Las contrataciones deberian de ser publicas y abiertas, e incluso diria que habria que darle prioridad a la gente censada en el pueblo.

 

25, Xaneiro 2022

Trátase dunha cafetería sita nos soportais da rúa Rosalía de Castro do Carballiño, á que visitaron os cacos cun intervalo de apenas 24 horas nas dúas noites da pasada fin de semana.

En ambos casos, conseguiron entrar no interior do local forzando a porta principal acristalada, causando diversos estropicios. Na primeira noite, conseguiron levarse a recadación da máquina "tragaperras" e na segunda noite apoderaronse dunhos 400 euros en efectivo, o importe de propinas que se gardaba nun bote.

Outros establecementos comerciais e de hostelería do mesmo entorno foron obxeto de intento de roubo nestas mesmas últimas noites no Carballiño.

24, Xaneiro 2022

Xunta e Deputación de Ourense veñen de asinar un novo convenio de colaboración que vai permitir a ampliación dos efectivos, asi como a actualizacións dos custos salariais dos GES da provincia, entre eles o do concello de Avión.

Consecuencia inmediata do novo convenio entre ambas administracións, será a ampliación en 3 profesionais do Grupo de Emerxencias Supramunicipal do concello de Avión, que pasa a contar con 12 efectivos.

O custo anual do servizo ascenderá agora, coa actualización salarial, aos 313.000 euros, unha cantidade da que o 52,5% corresponderá á Xunta, o 40% á Deputación e o 7,5% restante ao concello de Avión.

Este Grupo de Emerxencias Supramunicipais de Avión non so da servizo de emerxencias ao propio municipio, senón que tamén o fai cando é requirido a través do 112 para actúar noutros concellos das comarcas do Carballiño e O Ribeiro, e mesmo ten realizado actuacións en concellos próximos da provincia de Pontevedra.

 

24, Xaneiro 2022

Querolle decir a este veciño do carballiño  que os dos carruseles están pa gañar cartos e mais eles que foron uns dos que máis sufriron ca pandemia pa logo ter pa sobrevivir, e o alcalde fai ben deixalos estar ahí, polo menos ata que remante o entroido, eu dirialle  a este pai ou nai que  se él non quere levar o seu fillo o carrrusel con decirlle que NON xa está, o neno ten que entendelo , os pais están pa EDUCAR OS FILLOS,  E o alcalde e os empleados do ayuntamiento pa facer o mellor polo pobo.  Solo faltaria que por culpa de que o teu fillo/a non entenda que cando se lle di que NON É NON  os dos carruseles non podan traballar nin os nenos dos demais  ir  a eles.

VIVE E DEIXA VIVIR FAI O FAVOR

24, Xaneiro 2022

O director do Igape, Fernando Guldrís, vén de manter un encontro con Nieves Olivera, directora xeral da Escuela de Organización Industrial (EOI), e outros representantes do organismo, na procura de avaliar o estado dos distintos proxectos conxuntos que se están a promover no contexto do acordo marco entre os dous organismos. Unha colaboración que, como explicou Guldrís, busca reforzar a aposta polo emprendemento na procura de consolidar o seu papel como “vía de recuperación económica tras a pandemia”.

“Temos unha Galicia emprendedora que sabe como innovar, e o que queremos e facilitarlles ese camiño que se traduce na mellora competitiva do noso tecido produtivo”, expuxo Guldrís. Un escenario no que destacou os espazos coworking, lugares de traballo destinados a emprendedores e que contemplan no seu conxunto distintas actividades e asesoramento.

Estes espazos, proxecto conxunto que veñen desenvolvendo a Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, a través do Igape, e a Escuela de Organización Industrial, buscan aumentar as probabilidades de éxito de proxectos innovadores en fases temperás de desenvolvemento, e teñen permitido ata o de agora impulsar 700 novos proxectos emprendedores en Galicia.

Para dar continuidade a este traballo, o novos taller que se pon en marcha na comarca do Carballiño, que terá a súa sede no concello do Irixo, facilitará, ata finais de 2022, a posta en marcha de novas iniciativas empresarias.

Este novo espazo coworking contempla no seu conxunto distintas actividades e asesoramento, ofrecen aos participantes un mentor individual para o seu proxecto, que os acompañará no deseño de modelo de negocio; formación específica, mediante talleres prácticos centrados en temas de interese; e distintos eventos, como xornadas de networking ou encontros con actores sociais e económicos relevantes.

24, Xaneiro 2022

O Carballiño ten hoxe 29 contaxios menos en relación á pasada fin de semana, quedandose con 333 activos. Tamén baixa a incidencia acumulada a 7 dias, que se queda hoxe nos 194 novos positivos diagnosticados no municipio carballiñés neste intervalo de tempo.

Unha incidencia acumulada a unha semana que sí se incrementa en Leiro, con 21 novos positivos, e Avión con 15. 

En canto contaxios activos, temos 46 en Maside, que volve poñerse por diante de Boborás, que baixa ata os 37.  Tamén baixan Cea, ata os 21 e Piñor, ata os 12. Sen cambios siñificativos no resto de concellos.

23, Xaneiro 2022

En mi humilde opinión y teniendo claro que todos tienen que ganarse el pan, no me parece ni medio normal que a día 23 de Enero continúen los carruseles, cochecitos  y chiringuitos en la plaza del Emigrante, los padres tienen que pasar por allí con los niños y evidentemente las criaturas piden y hay que pasar por caja, la navidad ya pasó, o es que van permanecer hasta los carnavales?

Señores responsables del ayuntamiento, un poquito de por favó

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS