
Trátase dunha cafetería sita nos soportais da rúa Rosalía de Castro do Carballiño, á que visitaron os cacos cun intervalo de apenas 24 horas nas dúas noites da pasada fin de semana.
En ambos casos, conseguiron entrar no interior do local forzando a porta principal acristalada, causando diversos estropicios. Na primeira noite, conseguiron levarse a recadación da máquina "tragaperras" e na segunda noite apoderaronse dunhos 400 euros en efectivo, o importe de propinas que se gardaba nun bote.
Outros establecementos comerciais e de hostelería do mesmo entorno foron obxeto de intento de roubo nestas mesmas últimas noites no Carballiño.

Xunta e Deputación de Ourense veñen de asinar un novo convenio de colaboración que vai permitir a ampliación dos efectivos, asi como a actualizacións dos custos salariais dos GES da provincia, entre eles o do concello de Avión.
Consecuencia inmediata do novo convenio entre ambas administracións, será a ampliación en 3 profesionais do Grupo de Emerxencias Supramunicipal do concello de Avión, que pasa a contar con 12 efectivos.
O custo anual do servizo ascenderá agora, coa actualización salarial, aos 313.000 euros, unha cantidade da que o 52,5% corresponderá á Xunta, o 40% á Deputación e o 7,5% restante ao concello de Avión.
Este Grupo de Emerxencias Supramunicipais de Avión non so da servizo de emerxencias ao propio municipio, senón que tamén o fai cando é requirido a través do 112 para actúar noutros concellos das comarcas do Carballiño e O Ribeiro, e mesmo ten realizado actuacións en concellos próximos da provincia de Pontevedra.
Querolle decir a este veciño do carballiño que os dos carruseles están pa gañar cartos e mais eles que foron uns dos que máis sufriron ca pandemia pa logo ter pa sobrevivir, e o alcalde fai ben deixalos estar ahí, polo menos ata que remante o entroido, eu dirialle a este pai ou nai que se él non quere levar o seu fillo o carrrusel con decirlle que NON xa está, o neno ten que entendelo , os pais están pa EDUCAR OS FILLOS, E o alcalde e os empleados do ayuntamiento pa facer o mellor polo pobo. Solo faltaria que por culpa de que o teu fillo/a non entenda que cando se lle di que NON É NON os dos carruseles non podan traballar nin os nenos dos demais ir a eles.
VIVE E DEIXA VIVIR FAI O FAVOR

O director do Igape, Fernando Guldrís, vén de manter un encontro con Nieves Olivera, directora xeral da Escuela de Organización Industrial (EOI), e outros representantes do organismo, na procura de avaliar o estado dos distintos proxectos conxuntos que se están a promover no contexto do acordo marco entre os dous organismos. Unha colaboración que, como explicou Guldrís, busca reforzar a aposta polo emprendemento na procura de consolidar o seu papel como “vía de recuperación económica tras a pandemia”.
“Temos unha Galicia emprendedora que sabe como innovar, e o que queremos e facilitarlles ese camiño que se traduce na mellora competitiva do noso tecido produtivo”, expuxo Guldrís. Un escenario no que destacou os espazos coworking, lugares de traballo destinados a emprendedores e que contemplan no seu conxunto distintas actividades e asesoramento.
Estes espazos, proxecto conxunto que veñen desenvolvendo a Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, a través do Igape, e a Escuela de Organización Industrial, buscan aumentar as probabilidades de éxito de proxectos innovadores en fases temperás de desenvolvemento, e teñen permitido ata o de agora impulsar 700 novos proxectos emprendedores en Galicia.
Para dar continuidade a este traballo, o novos taller que se pon en marcha na comarca do Carballiño, que terá a súa sede no concello do Irixo, facilitará, ata finais de 2022, a posta en marcha de novas iniciativas empresarias.
Este novo espazo coworking contempla no seu conxunto distintas actividades e asesoramento, ofrecen aos participantes un mentor individual para o seu proxecto, que os acompañará no deseño de modelo de negocio; formación específica, mediante talleres prácticos centrados en temas de interese; e distintos eventos, como xornadas de networking ou encontros con actores sociais e económicos relevantes.

O Carballiño ten hoxe 29 contaxios menos en relación á pasada fin de semana, quedandose con 333 activos. Tamén baixa a incidencia acumulada a 7 dias, que se queda hoxe nos 194 novos positivos diagnosticados no municipio carballiñés neste intervalo de tempo.
Unha incidencia acumulada a unha semana que sí se incrementa en Leiro, con 21 novos positivos, e Avión con 15.
En canto contaxios activos, temos 46 en Maside, que volve poñerse por diante de Boborás, que baixa ata os 37. Tamén baixan Cea, ata os 21 e Piñor, ata os 12. Sen cambios siñificativos no resto de concellos.
En mi humilde opinión y teniendo claro que todos tienen que ganarse el pan, no me parece ni medio normal que a día 23 de Enero continúen los carruseles, cochecitos y chiringuitos en la plaza del Emigrante, los padres tienen que pasar por allí con los niños y evidentemente las criaturas piden y hay que pasar por caja, la navidad ya pasó, o es que van permanecer hasta los carnavales?
Señores responsables del ayuntamiento, un poquito de por favó

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, desprazouse ata a empresa Talleres Dizmar, para visitar os alumnos do instituto IES Manuel Chamoso Lamas que cursan o ciclo de FP Dula de Soldadura e calderairía nesta empresa, así como en Gri Towers Galicia S.L.
No transcurso da visita, na que o conselleiro estivo acompañado polo alcalde do Carballiño Francisco Fumega e o concelleiro de promoción económica Manolo Dacal, avanzou que o seu departamento está a ultimar a nova Estratexia Galega de FP para fortalecer o crecemento destas ensinanzas, que incrementaron a súa matrícula en máis do 70% desde o ano 2008. “Presentaremos esta nova folla de ruta nas próximas semanas e nela terá especial relevancia o impulso da FP Dual, que é a modalidade que queremos reforzar máis, dado que rexistra niveis de empregabilidade superiores ao 90%”, sinalou o conselleiro.
Así mesmo, lembrou que a nova estratexia impulsará a innovación e a dixitalización, cuestións nas que será de especial importancia o papel que desenvolva o Centro Galego de Innovación da FP en Ourense. “Estou seguro de que este novo espazo vai ser un piar fundamental para o desenvolvemento desta folla de ruta e para o impulso da Formación Profesional como unha das accións estratéxicas do Goberno galego”, dixo Román Rodríguez.
O titular do departamento educativo da Xunta de Galicia quixo destacar a implicación de do Chamoso Lamas no desenvolvemento de proxectos de FP Dual e, en especial, “o compromiso de empresas como Dizmar e Gri Towers Galicia S.L. que fan posible que esta modalidade de formación sexa cada vez máis demandada, debido a que é unha opción de futuro para os nosos mozos e mozas”. Este ano no instituto Chamoso Lamas teñen en marcha catro iniciativas destas características, dúas no ciclo de Automatización e robótica industrial, un no de Electromecánica de maquinaria e outro no de Soldadura e caldeirería, cun total de 35 alumnos”, explicou. “Isto significa –engadiu o conselleiro– que o equipo directivo e docente deste centro realiza un importante labor de colaboración e diálogo coas empresas da contorna, como é o caso da que visitamos hoxe, buscando oportunidades de formación e emprego para o seu alumado”. “En definitiva, demostra que o instituto Manuel Chamoso Lamas e as empresas da contorna xa camiñan pola senda do que vai ser a FP do futuro”, salientou.
O conselleiro de Educación aproveitou a súa visita ao Carballiño para anunciar a obra de ampliación que a Xunta de Galicia vai realizar neste instituto, que suporá un investimento de 1,2M€. O obxectivo desta intervención é dotar as súas instalación de novos talleres para o ciclo de Soldadura e Caldeiraría. Non en balde, este curso o instituto está a impartir este ciclo tamén na modalidade Dual, en colaboración coas empresas Gri Towers Galicia S.L. e Talleres Dizmar S.L. Ao non dispor de espazos no centro, os alumnos desprázanse á segunda das devanditas empresas para realizar boa parte da formación práctica. O novo edificio de talleres contará cunha superficie construída de 1.030 m² e cunha superficie total útil de 1.412 m². Contará con aula polivalente, laboratorio de ensaios e talleres de construcións metálicas e de mecanizado. Dada a topografía do terreo, cun importante desnivel, aproveitarase para semisoterrar os talleres.
Tal e como explicou o conselleiro, “o proxecto está en fase de redacción e contamos con que se nos entregue a finais deste mes”. Ao tratarse dunha obra de envergadura, o prazo de execución estimado é de nove meses, “polo que agardamos licitar a obra neste ano e que estea lista para o curso 2023/24”.
Escribo aquí para hacer saber a todos los vecinos y al concello del disgusto y enfado que tiene el pueblo de Mouriz de Seoane.
En la entrada de éste mismo, está la FUENTE DEL SAN BENITO, la cuál hicieron entre todos los vecinos y ellos mismos se encargaban de limpiar y cuidar(ya que el concello siempre se despreocupó de ello) ; el año pasado desapareció una figura de una persona cn una placa que ponia SAN BENITO DO MARAÑAO, y esta semana le robaron una paloma de piedra que tenía en la cima del capitel, y la pila donde cae el agua en la fuente también de piedra. Queremos hacer sabedores a todos los oyentes y Concello del enfado e impotencia que sentimos todos los vecinos de Mouriz de Seoane, ya que es algo de lo que el pueblo dsfrutaba y admiraba, sintiéndose orgullosos de su fuente. NOS GUSTARÍA QUE SE HICIERAN ECO TAMBIEN EN EL PROGRAMA DE RADIO DE COPE CARBALLIÑO Y EL AYUNTAMIENTO SE HICIERA CARGO DE LA MALA OBRA DE LA QUE FUIMOS VÍCTIMAS
Somos moitos os veciños da Rúa Ourense que queremos amosar o noso escepticimo, cautela e dúbidas sobre o anuncio nalgunhos medios de comunicación, da intención do Concello do Carballiño de abordar e acometer as obras tan necesarias na rúa Ourense, debido a problemas gravísimos no saneamento, mal estado das tubaxes de abastecemento de auga, problemas de inundacións derivadas das augas pluviais, limpezas da rúa e contornas, ademais da necesidade de humanización e mellora na iluminación da mesma ou os graves perigos en canto a seguridade vial, nin que dicir ten que se trata dunha das arterias principais do Carballiño, ademáis de ser unha das zonas de crecemento natural do casco urbano do Carballiño para os vindeiros anos, por eso queremos transmitir que a rúa non pode agardar máis demoras. O escepecticismo dos veciños cara a realización deste proxecto, ben dado porque dende fai dous ou tres anos o alcalde do Carballiño adquiriu un compromiso cos veciños e públicamente en que as obras quedarían adxudicados no ano 2021; nun primeiro momento tras ensinarlle o proxecto os veciños, asegurou que as obras se ían acometer con parte do remanente do propio concello, máis tarde que unha parte ía ser financiada con fondos da Xunta de Galicia, a cuestión é que pasou o 2021 e agora existe un anuncio sobre a posible financiación da Confederación Hidrográfica Miños Sil, pero en ningún momento se fala de prazos e tempos concretos, dahí o pesimismo e cautela con que moitos dos veciños acollemos estas noticias. Así e todo os veciños seguiremos traballando e colaborando co Concello e o alcalde do Carballiño, como sempre se fixo ata o día de hoxe, para levar adiante este proxecto totalmente necesario para os veciños e o propio Concello do Carballiño, ademáis emplazamos ao alcalde do Carballiño a que se comprometa a dar unhos prazos concretos de adxudicación e execución das obras.

A titular do Xulgado nº 2 do Carballiño ven de decretar mediante un auto con data deste 19 de Xaneiro de 2022 o sobreseemento provisional das dilixencias previas abertas tras a denuncia presentada por un particular contra o alcalde Francisco Fumega por un delito de prevaricación, unha causa na que tamén estaban investigados os exalcaldes Carlos Montes e Argimiro Marnotes, asi como os exconcelleiros Bernardo García, Manuel Amil e Magín Daparte.
A denuncia centrábase na licenza de obra concedida para unha edificación con fachadas á rua do Paseo e a Alameda e a non execución dunha órde de derrubo dun ático ilegal na citada edificación, que finalmente levou a cabo o promotor no transcurso do pasado ano 2021, tras sucesivos requerimentos do concello do Carballiño dende que se ordenou a paralización da obra no ano 2009.
O auto da xuíza manifesta que "non aparece debidamente xustificada a perpetración do delito que motivou a formación da causa" e decreta o sobreseimento provisional das dilixencias abertas. A resolución xudicial é susceptible de ser impugnada, mediante reposición de recurso no prazo de 3 dias ou de apelación nun prazo de 5 dias.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 222
- 223
- 224
- 225
- 226
- 227
- 228
- 229
- 230
- …
- seguinte ›
- última »