29, Novembro 2021

A fin de semana deixanos outro acelerón de coronavirus no concello do Carballiño, son xa 65 os contaxios activos que temos hoxe lúns no municipio carballiñés, deles 50 son positivos diagnosticados nos últimos 7 dias.

En apenas dous dias, dende o pasado venres, O Carballiño incrementou en 25 os contaxios activos, o que sitúa ao concello entre os de peor comportamento nos últimos dias en toda Galicia.

No resto de municipios da comarca continúa contendose ao coronavirus nesta sexta fase expansavia, con Maside manténdose á cabeza con 8 contaxios activos e casos illados en varios concellos, e mesmo con catro municipios resistindo libres de virus, como son os de Beariz, Boborás, Piñor e Punxín.

28, Novembro 2021

O Arenteiro volveu repetir o guión de anteriores partidos, acaso fai o máis dificil que é poñerse por diante no marcador, pero acaba indo de máis a menos, e cedendo o empate ante os seus rivais. Tamén aconteceu ante a Gimnástica Segoviana, á que deixou ir con vida ao descanso, e coller aire tras o paso por vestiarios.

A primeira parte foi claramente verde, o Arenteiro logrou facer da Segoviana un equipo ramplón, Renán marcou de penalti e pudo facer o segundo pero o balón foise o poste. No inicio da segunda parte os visitantes lograron empatar no primeiro tiro que facían no partido entre os tres paus, gol sicolóxico nada máis comezar ao que non soubo reaccionar un Arenteiro que xa foi a remolque o resto do partido. No último cuarto o partido pudo caer de calquera bando, cunha clara ocasión de gol desperdiciada para cada equipo.

CD ARENTEIRO (1): Diego García, Germán (Manu Mariña, min 46), Portela, Vitra, Eimil, Joseca, Álex Fernández, Renan, Adrián Cruz (Raúl Blanco, min 70), Marquitos (Sobrido, min 75) e Adri Castro (Rubén Arce, min 86).

GIMNÁSTICA SEGOVIANA (1): Carmona, Adrián Pérez, Mansour, Javi Marcos (Rui, min 86), Rahim, Nogueira (Cidoncha, min 86), Manu, Szymanoski (Borao, min 86), Nanclares (De la Mata, min 61), Rafa Llorente (Dani, min 73) e Fran Adeva.

GOLES: 1-0, min 19: Renan, de penalti; 1-1, min 47: Nogueira.

ÁRBITRO: Castellanos Argüeso, do comité cántabro. Ensinou cartóns amarelos a Germán, Manu Mariña, Raúl Blanco, Álex Fernández no Arenteiro; Rafa, Nanclares Fran Adeva e Marcos, na Segoviana.

Vídeo resumen do partido: https://www.g24.gal/-/o-arenteiro-deixa-escapar-outra-vantaxe-e-acaba-em...

O MÉRCORES DIA 1, ÁS 20:30 HORAS, A COPA DO REI ANTE O LOGROÑÉS
Tras a autorización da RFEF para que o partido poida xogarse en Espiñedo, o Arenteiro xa prepara a eliminatoria -a partido único- ante o equipo rioxano, unha das revelacións na actúal competición no grupo primeiro da Primeira RFEF, que este pasado sábado empataba a dous goles no seu partido de liga no estadio do Badajoz.

Para este encontro, o club anunciou a venda anticipada de entradas nas taquillas de Espiñedo, lúns e martes de 10 a 13:30 horas, e de 17 a 19:30 horas, e o propio dia do partido -o mércores- de 10 a 13:30 horas e de 17 horas en adiante.

28, Novembro 2021

Nos últimos 7 dias O Carballiño rexistrou 49 novos positivos en Covid-19 confirmados con probas PCR, a segunda peor semana no que vai de ano 2021 nos indicadores do coronavirus no municipio carballiñés. Unha alta incidencia que tamén se reflicte no indicador do Sergas a 14 dias, con 59 casos diagnosticados no Carballiño neste intervalo de tempo.

No resto dos concellos da comarca a situación é máis tranquila, con Maside á cabeza con 8 contaxios nas últimas dúas semanas, e con casos illados no resto de municipios, e mesmo con catro concellos resistindo libres de virus nesta nova fase expansiva da pandemia, como son os de Boborás, Beariz, Punxín e  Piñor, que non notificaron contaxios nos últimos 14 dias.

27, Novembro 2021

O auditorio do Carballiño acolleu a gala de entrega dos galardóns da Arenteira, que cada ano falla un xurado por iniciativa do Grupo Cer&Ber e Aparthotel Arenteiro, e cos que se recoñecen os merecementos a entidades ou persoas no ámbito do deporte e a cultura e Investigación nas comarcas do Carballiño-O Ribeiro, e tamén se concede cada ano un galardón a título póstumo.

Nesta edición de 2021, o premio da Arenteira na modalidade deportiva foi para o Club Deportivo Arenteiro "pola traxectoria seguida nos 63 anos de historia levando o nome do Carballiño pola xeografía galega e estatal, acadando nos últimos anos un extraordinario pulo como entidada futbolística e conseguindo este ano o ascenso á categoria nacional da 2ª RFEF, competindo con equipos de moito renome no panorama futbolístico español, ademáis de xestionar o fútbol base carballiñés".

Recolleu o galardón o actúal presidente do club, Argimiro Marnotes, que dixo recoller un premio "que é especial, porque os éxitos deportivos dependen dun gol, pero éste é un recoñecemento da sociedade do Carballiño, un recoñecemento para 63 anos, presidentes, directivas, corpos técnicos, deportistas e masa social do club, que non é pequena". Acompañaron ao presidente do Arenteiro neste acto o presidente da Real Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán, exdirectivos e directivos, asi como unha ampla representación do corpo técnico e plantel actúal do primeiro equipo do club.

O galardonado no apartado de cultura e investigación foi Xosé Carlos Sierra, do que o xurado recoñeceu "a labor durante máis de 25 anos á fronte do Museo Etnolóxico de Ribadavia, como director do museo das peregrinacións de Santiago de Compostela e o seu rol na creación do museo do viño de Galicia, ademáis da súa ampla obra museográfica e bibliográfica relacionada coa prehistoria e historia de Galicia". 

Tras recibir o premio da Arenteira, unha escultura do artísta carballiñés Xesús Carballido, Sierra manifestouse agradecido por un premio que fixo extensible a "todas as persoas que me ensinaron e a todas as persoas que traballaron conmigo",  subliñando que era un premio para todos os profesionais da actividade museística e da investigación histórica.

Finalmente, o auditorio carballiñés dedicou unha garimosa ovación cando se entregou o premio a "Título Póstumo" a Héctor Guzmán nacido en Mëxico pero vinculado a O Carballiño, e máis concretamente ao mundo da fotografia e a comunicacion, habitual nas exposicións do Outono Fotográfico e nas actividades da Asociación Fotográfica Potiños. Milagros Fernández recolleu a Arenteira "con moita emoción e con agradecemento por este recordo e recoñecemento para Héctor".

27, Novembro 2021

A Xunta de Galicia activará, no primeiro trimestre do vindeiro ano, un novo espazo coworking para as comarcas do Craballiño-O Ribeiro, que terá a súa sede no concello do Irixo, según avanzou en COPE O Carballiño o alcalde desta localidade, Manuel Cerdeira, que na súa condición de presidente da Mancomunidade de Concellos do Carballiño, xestionou este proxecto ante a Xunta de Galicia.

As persoas interesadas xa poden contactar co concello do Irixo para a reserva de prazas dispoñibles. Este tipo de lugares de traballo, destinados a emprendedores e que contemplan no seu conxunto distintas actividades e asesoramento, están deseñados para aumentar as posibilidades de éxito de proxectos innovadores en fases temperás de desenvolvemento, e teñen permitido ata o de agora impulsar un cento de iniciativas emprendedoras na provincia.

Os novos espazos coworkings, que desenvolve a Vicepresidencia económica e Consellería de Economía, Empresa e Innovación a través do Igape e en colaboración coa Escuela de Organización Industrial (EOI), situaranse na Mancomunidade do Carballiño (con sede no Irixo), en Valdeorras (con sede na Rúa) e en San Cibrao das Viñas (no Parque Tecnolóxico de Galicia, Tecnópole), tendo como obxectivo principal que os emprendedores poidan poñer en marcha os seus proxectos empresariais. Neste sentido, os coworkings, máis alá do propio espazo, ofrecen aos participantes un mentor individual para o seu proxecto, que os acompañará no deseño de modelo de negocio; formación específica, mediante talleres prácticos centrados en temas de interese; e distintos eventos, como xornadas de networking ou encontros con actores sociais e económicos relevantes.

Os novos espazos configuran, así, un lugar de traballo colaborativo posto a disposición no Irixo, A Rúa e San Cibrao das Viñas, favorecendo o impulso de zonas rurais ao achegarse un programa de alto valor engadido a estas contornas. Estes espazos empregaranse varias veces por semana, para as sesións de formación e para as titorías co mentor. Cada edición do coworking terá unha duración aproximada de entre 5 e 6 meses. Esta iniciativa enmárcase dentro da rede de aceleradoras que apoia o Goberno galego e da que forman parten programas como Agrobiotech, ViaGalicia, Galicia Open Future, Connecting For Good Galicia ou as business factories vinculadas á industria da automoción (BFAuto), o sector agroalimentario (BFFood) e o aeroespacial (BFAero).

26, Novembro 2021

A covid continúa esta sexta fase expansiva no Carballiño, que ronda xa o medio centenar de contaxios activos. Ademáis, o coronavirus volve afectar ao maior xeriátrico carballiñés, a residencia Irmáns Prieto, na que se confirmaron 3 positivos mediante probas PCR nas últimas horas.

A pesar de que os residentes están todos protexidos e xa recibiron a terceira dose da vacina, o certo é que non lle foi impedimento ao virus para entrar no xeriátrico, que logrou esquivar as últimas ondas da pandemia, pero non ésta que está en plena expansión tamén no noso ámbito local, con 41 contaxios activos a dia de hoxe no Carballiño, a cifra máis alta dende o pasado mes de Agosto no municipio.

26, Novembro 2021

O PSdeG-PSOE de Punxín denuncia un novo capítulo de “obstrución” e de “bloqueo” o desenvolvemento do municipio, despois da sesión plenaria celebrada no día de hoxe e na que o goberno municipal, composto polo PP e un concelleiro non adscrito, votase en contra de dúas mocións coa que as socialistas pretendían mellorar, canto antes as condicións salariais das auxiliares do servizo de axuda no fogar (SAF) e que o Concello cumprise co compromiso adoptado coa veciñanza de Ourantes para a realización dos trámites precisos para a construción dun aparcadoiro público e gratuíto para dar servizo aos usuarios da igrexa parroquial de San Xoán.

Dende o Grupo Municipal Socialista consideran que coa decisión do equipo de goberno “estáselle a dar as costas tanto a veciñanza como as traballadoras do SAF”. Para as socialistas esta situación “non fai máis que demostrar o que vimos denunciando dende fai tempo, que é que a este goberno non lle interesan para nada os problemas da veciñanza e que as súas políticas son as do bloqueo o desenvolvemento do noso municipio”.

No relativo a moción na que se solicitaba unha mellora das condicións salariais das auxiliares do servizo de axuda no fogar, as concelleiras socialistas esgrimiron que co incremento do financiamento anunciado pola Xunta, o Concello reducirá o gasto previsto para este servizo en 10.500 euros. Dende o PSdeG-PSOE de Punxín reclamaban que “este aforro se reinvista inmediatamente no propio servizo, para mellorar as retribucións que perciben as traballadoras”. “O alcalde alegou que non era momento de subir os salarios, polo que lle lembramos que sempre é un bo momento para mellorar as condicións das traballadoras”, explica Lorena Peleteiro, voceira do PSdeG no municipio.

Con respecto a moción para a construción do aparcadoiro público gratuíto na igrexa parroquial de San Xoán, moción que tamén foi rexeitada polo equipo de goberno, as socialistas apuntan a que o Concello “está a incumprir” o acordo coa diocese de Ourense para a cesión temporal desta parcela e co acordado no pleno do 9 de marzo de 2020, “onde se deu conta de que parcela se cedía co fin de que fose utilizada como aparcadoiro público”. As concelleiras socialistas relatan que o alcalde “dálle unha vez máis as costas á veciñanza co voto en contra” e relatan que lle pediron ao rexedor que solicitara a colaboración da Deputación, ao que este respondeu que “non vou molestar a Deputación por isto”. “Este modus operandi deixa claro que o alcalde non busca o beneficio da veciñanza, e non prima os seus intereses”, afirman as edís do principal grupo da oposición.

“O alcalde de Punxín decide incumprir este convenio, así como o acordo do Concello coa veciñanza de Ourantes, e en concreto, coa Comunidade de Montes Veciñais en Man Común, e darlle de novo as costas a estes veciños e veciñas, a pesares de que en beneficio desta parroquia, os propios comuneiros se comprometeran co Concello a abonar os gastos do material preciso para os traballos de acondicionamento do terreo para aparcamento”, relata a voceira socialista, Lorena Peleteiro.

Si foi aprobada unha moción do PSdeG-PSOE de Punxín, na que instaban ao goberno municipal a ratificar o compromiso firme do Concello cos dereitos das mulleres, a erradicación de calquera tipo de violencia machista e combater calquera discurso negacionista, ou posicionamento político que negue a violencia de xénero ou rexeite as políticas públicas enfocadas a súa total erradicación. As concelleiras socialistas aproveitaron o debate para lembrarlle ao rexedor e o seu equipo que “Punxín é o único concello sen actos nin programación con motivo do 25 N, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres.

25, Novembro 2021

Os concellos da comarca comnemoraron hoxe o Dia Internacional Contra a Violencia de Xénero, coa celebración de diversos actos, que nalgúnhos casos terán aínda continuidade con outras actividades no transcurso dos próximos dias.

En varios concellos procedeuse a lectura dun manifesto institucional e de recordo para as vitimas de violencia machista, comos os que se levaron a cabo en Avión, Cea, O Carballiño ou Leiro, a éste último corresponde a fotografía co acto celebrado ete mediodia na Praza do Cruceiro desta localidade ribeirán.

25, Novembro 2021

A sexta onda da pandemia continúa acelerando no Carballiño, que suma hoxe 36 contaxios activos, 11 máis que onte según os datos facilitados esta mañá polo Sergas. Trátase da maior incidencia no Carballiño dende mediados do mes de Agosto pasado.

No resto de municipios a situación é máis tranquila, e aos concellos sen casos activos de covid súmase hoxe Boborás. Rexitran contaxios activos Maside (7) Cea (2) San Amaro (1) O Irixo (1) e Avión (1).

24, Novembro 2021

Continúa empeorando a situación epidemiolóxica no concello do Carbaliño, que alcanza hoxe os 25 contaxios activos, son 5 casos máis en relación a onte.

No concello do Irixo, despóis de varios meses libre de covid, volve notificarse hoxe un primeiro contaxio activo. Non hai variacións no resto dos municipios, onde os datos permanecen inalterables según esta última actualización feita por Sanidade neste mércores 24 de Novembro.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS