
Os novos emprendedores das comarcas do Carballiño e O Ribeiro contarán en breve cun novo espazo coworking que se ubicará no Carballiño, favorecendo as iniciativas empresariais dos novos emprendedores. Asi o anunciou hoxe o conselleiro de Economia, Empresa e Innovación da Xunta de Galicia, Francisco Conde, no transcurso dunha visita ao programa a parada en camiño da Innovación en Ribadavia.
A rede de espazos coworking promovida pola Xunta a través do Igape e a EOI forma parte da plataforma StartIN Galicia, que agrupa a todas as aceleradoras que apoia a Administración autonómica e que permitiu nos últimos cinco anos impulsar máis de 1000 proxectos emprendedores en todo o territorio. Dentro desta plataforma de apoio integral desenvólvense as business factories e outras aceleradoras como Agrobiotech, ViaGalicia, Galicia Open Future e Connecting For Good Galicia.

A última actualización do marcador comarcal do coronavirus, correspondente a este lúns dia 22 de Novembro, deixanos un siñificativo incremento de contaxios activos no concello do Carballiño, son 7 máis que o pasado venres, pasando de 12 casos dese dia aos 19 contaxios activos que suma hoxe o municipio carballiñés.
Tamén se incrimentan os casos en Maside (+1) (6) Cea (+1) (2) e volve entrar o coronavirus en San Amaro, que rexistra hoxe un primeiro caso nesta onda da pandemia. Boborás continúa cun único contaxio entre a súa veciñanza, mentres que o resto dos municipios continúan se incidencia Covid.

A Xunta de Galicia licita por 450.000 euros as obras de construción do novo edificio de usos múltiples de Arenteiro, no concello de Piñor. A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda publicou esta semana a licitación na Plataforma de contratos públicos, cun prazo de presentación de ofertas aberto ata o martes 7 de decembro.
A actuación, cuxo prazo de execución é de 11 meses. trátase dun edificio, cunha superficie construída de 372 m2, destinado a usos múltiples para realizar tarefas sociais e deportivas. Habilitaranse dous andares, cunha planta baixa e unha planta primeira. Tal e como se recolle no proxecto, o andar baixo está pensado para albergar unha das salas do edificio, os aseos, o cuarto de instalacións e o almacén; mentres que no primeiro andar, habilitarase unha sala de maiores dimensións con gradas retráctiles, almacén e unha solaina.
A conexión vertical entre ambos andares resolverase coa instalación de ascensor e a construción dunha escaleira. As carpinterías exteriores serán de aluminio con rotura de ponte térmico e dobre vidro con control solar, e a cuberta terá un armazón de madeira laminada, acabado de tella cerámica plana vermella. En canto ás carpinterías interiores, disporanse portas cegas dunha folla.

O 15 de Novembro comenzaron os traballos arqueolóxicos no Conxunto arqueolóxico de Santa Mariña de Maside. Os traballos enmárcanse dentro do “Proxecto de Revitalización e Posta en Valor do patrimonio arqueolóxico das terras do concello de Maside”.
O conxunto arqueolóxico de Santa Mariña de Maside era ben coñecido pola veciñanza da localidades de A Casanova, Outeiro e San Miguel, xa que atópase en terreos do monte comunal de ditas poblacións. As últimas actividades realizadas no mesmo datan de mediados do século pasado, momento no cal se realizaban labores de extracción de pedra pois o granito da Santa Mariña era moi apreciado para a fabricación de lousas para lápidas. Ademais, a veciñanza comuneira utilizaba o espazo para a saca de “estrume”. Da súa boca chegannos as lendas sobre a Santa Mariña. Estas lendas, comúns por outra parte a outros lugares de Galicia e vinculadas sempre a cultos e rituais acuáticos, viñan a dar explicación a existencia de numerosas pías escavadas nas rochas do outeiro. Así, falába do “baño da santa” o o “forno da santa”, para dar explicación a unha destas pías situadas sobre o cumio do monte.
O conxunto arqueolóxico foi catalogado nun proxecto vinculado a creación do PXOUM e eran coñecida ademais da multitude de pías e petróglifos a base de cazoletas, unha necrópole medieval formada por un sartego de pedra e unha tumba antropomorfa escavada na rocha. Os materiais cerámicos e os diferentes elementos catalogados atestiguan unha primeira ocupación do conxunto arqueolóxico durante momentos finais da Idade de Ferro. Por outra banda a necrópole ten paralelos noutros espazos arqueolóxicos próximos datados na Alta Idade Media.
Durante Decembro de 2020, o colectivo Arqueolladas realizou, a petición do Concello de Maside, unha campa de prospección e desbroces no Conxunto arqueolóxico. Froito de esta primeira campaña de intervención delimitouse a área de ocupación do conxunto, se identificaron varios sectores da muralla do Conxunto, numerosos encaixes e labores de acondicionamento do espazo (soleiras, canalizacións, rebaixes para a colocación de muros...) típicos doutros castros da contorna.
Froito desta primeira fase, xerouse un proxecto de escavación e posta en valor que finalmente foi aceptado pola consellería de turismo e incorporada ao programa de subvencións da Axencia de Turismo de Galicia. O proxecto inclúe, ademais da campa de escavación arqueolóxica, a realización dun sistema de carteleira para a implantación dun roteiro cultural que vincule o conxunto arqueolóxico ao Camiño Natural do Río Barbantiño, a elaboración dunha páxina web que difunda os resultados das escavacións e a realización dunha serie de actividades culturais e de difusión arqueolóxica (O Luns 22 se fará uha visita guiada para alumnado 1º da ESO do IES Chamoso Lamas, o día 6 de Decembro inauguraráse o Roteiro a traveso do Conxunto arqueolóxico, estánse organizando talleres e actividades co Colexio Público de Maside)
Os traballos arqueolóxicos pretenden datar e comprender a función dunha destas estruturas, un posible lagar escavado nun bloque granítico nunha das ladeiras do xacemento. Ademais, se realizará unha limpeza profunda do espazo coñecido como a Pía da Santa, un plataforma granítica que alberga un complexo sistema de pías escavadas na rocha así como unha necrópole altomedieval.
En canto aos resultados preliminares, identificouse e documentou completamente a tumba antropomorfa, coñecida só parcialmente. Nesta zona abríuse unha cata de 3x4 m e sacouse á luz unha tumba completa escavada sobre a rocha así como unha preforma de outra tumba que debeu ser desestimada pola rotura da mesma durante as labores de escultura. Identificouse numeroso material cerámico de época medieval así como elementos de cristal de rocha, material que non existe na xeoloxía local e que proban o seu transporte voluntario.
Realizouse outra cata nunha estrutura cuadrangular escavada na rocha, interpretada como un posible lagar. Documentouse a totalidade de dita pía así como un sistema de evacuación das aguas pluviais formado por varios rebaixes e canais.
Por último, estáse levando a cabo unha limpeza arqueolóxica na zona da Pía da Santa. Trátase dunha gran plataforma granítica que albergaba unha pía circular de 1,5 m de diámetro e 40 cm de profundidade. Durante esta labor de limpeza está saíndo á luz un complexo sistema de pías, canais e buratos para poste que nos indican a existencia posiblemente dun espazo de produción vinculado ao tratamento e transvase de augas da que aínda se descoñece a súa función. Logo de rematar os traballos de limpeza superficial neste sector realizaráse unha serie de fotografías aéreas para documentar a disposición e organización de todos estes elementos que parecen indicar a existencia de estruturas circulares e telladas, zonas de morteiros e “lavadoiros”.
Os traballos arqueolóxicos están coordinados por A. Rodriguez Sobrino e o equipo técnico está formado por membros do Colectivo Arqueolladas e a empresa Breogán Arqueoloxía. O proxecto é promovido polo Concello de Maside e financiado pola Axencia de Turismo de Galicia cunha contía de 24.623 euros.
Estimado alcalde, teño o placer de comunicarlle que as aldeas existen, pero existen durante todos os dias do ano, non só cando hai eleccións. A xentiña que vive nestas aldeas son as que lle dan de comer ó Carballiño entre outras, e gustaríame que se lle fixese algo de caso, a aldea de Porto de Eguas leva desde o inverno pasado con farolas do alumeado público afundidas, os camiños sen limpar sobre todo o que vai a fonte, e o pilon da fonte leva anos perdendo auga polo cal nunca acaba de encherse, e está cheo de lodo. A pouca xente que vive na aldea é maior e o que non ten unha enfermidade ten dúas e ainda que queiran limpar eles o pilon da fonte, e os camiños, non poden xq non llo permite a saúde, polo cal gustariame que lles enviase un electricista e persoal para amañar a fonte. Sen máis despidese de vostede unha veciña da ALDEA.

A Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, licitou por preto de 93.000 euros as obras de renovación da rede de abastecemento de auga no lugar de Magros, no concello de Beariz. A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia publica hoxe a contratación das obras. As empresas interesadas neste proxecto poderán presentar as súas ofertas desde hoxe e ata o vindeiro 20 de decembro.
Esta intervención enmárcase no convenio de colaboración asinado en xuño entre a Consellería de infraestruturas e Mobilidade e o Concello, no que se recolleron as actuacións necesarias para dotar dunha nova rede de abastecemento aos barrios de Aldea de Arriba e Aldea de Abaixo. Segundo o convenio asinado, a Xunta, a través de Augas de Galicia, cofinanciará a actuación nun 80%, ao tempo que asume a contratación da execución, dirección e xestión das obras, que contan cun prazo de execución de catro meses.
Pola súa banda, o Concello de Beariz contribuirá ao financiamento do 20% restante, ao tempo que asume a realización das xestións pertinentes para posibilitar a execución das obras, así como a recepción, mantemento e conservación das actuacións que se leven a cabo. As intervencións serán financiadas pola Unión Europea, no marco do Eixe REACT UE do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020, como parte da resposta da Unión á pandemia da covid-19.
A actuación proxectada por Augas de Galicia ten como obxectivo a execución dunha nova rede de abastecemento nos barrios de Aldea de Arriba e Aldea de Abaixo para asegurar un caudal de auga mínimo de 200 l/habitante-día ás vivendas e un caudal nas bocas de rega e incendio. As obras incluirán a renovación da rede de abastecemento procedente do depósito de regulación, desde a súa entrada no núcleo de Magros pola Aldea de Arriba, ata que chega á Aldea de Abaixo, instalando tubaxe de 75 mm de diámetro. En ambos os extremos colocaranse válvulas redutoras de presión. Renovarase tamén toda a rede da Aldea de Abaixo con tubaxe. En conxunto, executarase un total de 456 metros de tubaxe, ademais de chaves de paso, bocas de rega, ventosas e desaugadoiros para o correcto funcionamento da rede.
Con esta actuación darase servizo a unha poboación de 431 habitantes. O departamento que dirixe Ethel Vázquez mantén o seu apoio técnico e financeiro aos municipios para que estes poidan prestar de xeito eficaz os servizos de saneamento e abastecemento, que son de competencia local.
Cuando yo o alguien escribe una denuncia en este medio, a veces, pienso que no somos más que unos protestones, que le tenemos manía al alcalde por ser de este partido o del otro, porque no aguantamos nada o por cualquier otra cuestión. Pero cuando varias personas, bastantes, denuncian lo mismo, me pregunto porque el alcalde y sus socios pasan del tema, porque leer las leen, no ellos quizás, pero si alguien de su entorno y está claro que están enterados.
Un claro ejemplo es el de la continua llamada de atención sobre la velocidad y el no respeto de los pasos de peatones o ciclistas (véase el atropello de ayer), por parte de los conductores por todo el casco urbano. Se dice y se vuelve a decir y hasta hoy no se han tomado medidas, se tomarán cuando muera alguien supongo. Me pregunto si yo podría vivir con eso sobre mi conciencia, pero claro, no soy político.
También sobre las llamadas de atención sobre la limpieza del pueblo, el fin de semana pasado lleno de cacas de perro por todo el centro y el domingo por la mañana lleno de vidrios rotos por ejemplo.
Sobre el arreglo de calles pues más de lo mismo, se arreglan algunas y otras como Carreira o la que reclama otro denunciante Pico Seco pues se quedan una y otra vez sin arreglar, aunque sin saber muy bien cual es el baremo que utilizan para esa elección, está claro que el volumen de tráfico no.
Entonces y finalizando, me quedo con que obviamente al alcalde y sus socios de gobierno les importa nada o menos aún lo que queremos los vecinos del pueblo. Supongo que cuando lean esta denuncia se reirán un buen rato, o por lo menos es lo que yo creo y como yo supongo que muchos más.

O concello do Carballiño confirma por medio do concelleiro de turismo Manolo Dacal, que estará presente na Feira Internacional do Turismo de Interior -INTUR- que se celebra en Valladolid do 18 ao 21 deste mes de novembro de 2021.
O concello do Carballiño promocionará a súa oferta turística no Stand do Inorde, onde tamén participará unha representación da Asociación de Pulpeiros e Pulpeiras do Carballiño-Arcos.
Asemade, por vez primera, acudirá a este evento de promoción turística o concello do Irixo, dando a coñecer a "marca O Irixo".

Un total de catro empresas presentaron as súas ofertas para executar as obras de mellora do saneamento nos núcleos do Sifón e San Vicenzo, no concello de Avión, que foron licitadas por importe de máis de 166.000 euros.
A actuación proxectada pola Xunta ten como obxectivo conectar as redes de saneamento destes dous núcleos co colector xeral de Avión, xa que na actualidade contan con redes de saneamento que conflúen en fosas sépticas cuxo funcionamento é deficiente.
As obras enmárcase no convenio de colaboración asinado entre a Consellería de infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, e o Concello de Avión o pasado mes de abril.
En virtude do citado acordo, a Xunta asume o 80% do investimento total, ademais de levar a cabo a contratación da execución, dirección e xestión das obras. Os traballos contan cun prazo de execución estimado de 4 meses.
Pola súa banda, o Concello de Avión contribuirá ao financiamento do 20% restante, ao tempo que asume a realización das xestións pertinentes para posibilitar a execución das obras, así como a recepción, mantemento e conservación das actuacións que se leven a cabo.
A intervención será financiada pola Unión Europea, no marco do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020, como parte da resposta de la Unión á pandemia da covid-19.
Esta actuación dá continuidade ás obras realizadas no ano 2013 pola Xunta, coa execución de dous colectores xerais nos núcleos de Avión, Cendóns e Beresmo e dunha nova depuradora para 1.250 habitantes equivalentes, que supuxo un investimento de preto de 830.000 euros.
As obras recollidas no contrato licitado inclúen a execución dunha rede de conexión ata a citada depuradora de Avión, xa deseñada no seu día para atender tamén á poboación deste dous núcleos do municipio ourensán.
Os traballos consisten na construción de dous tramos de colectores de PVC cun diámetro de 315 mm e unha lonxitude total de algo máis dun quilómetro. A actuación permitirá dar servizo a unha poboación de 94 habitantes para o ano horizonte 2045.
A Xunta, a través de Augas de Galicia, mantén o seu apoio técnico e financeiro aos municipios para que estes poidan prestar de xeito eficaz os servizos de saneamento e abastecemento, que son de competencia local.

O Arenteiro será un dos 32 equipos da Segunda Federación que entren no sorteo da primeira eliminatoria da Copa do Rei, faino na súa condición de campión do grupo 1 da terceira división da pasada tempada, título que o Arenteiro gañou por vez primeira na súa historia, nesta primeira ronda xogará como local e a partido único ante un equipo de superior categoria.
Aos 32 equipos de Segunda RFEF, entre eles o Arenteiro, quedarán emparellados mediante sorteo cos 21 equipos da Segunda División da Liga de Fútbol Profesional, con 9 equipos de Primeira RFEF e con dous equipos de Primeira División. Dez equipos de Primeira enfróntase aos equipos da primeira categoria territoral (No caso de Galicia, a Preferente), e os outros catro equipo de Primeira enfróntanse aos semifinalistas da Copa Federación. Finalmente, 20 equipos de Primeira RFEF enfróntanse entre sí.
O sorteo celebraráse o xoves dia 18 de NOvembro ás 16:30 horas na sede da Real Federación Española de Fútbol. Esta primeira eliminatoria xogaráse os dias 30 de Novembro, 1 e 2 de Decembro.
Os equipos clasificados para esta Copa do Rei, son os seguintes:
- Primeira división: Sevilla, Real Sociedad, Betis, Villarreal, Celta, Granada, Osasuna, Cádiz, Valencia, Levante, Getafe, Alavés, Elche, Espanyol, Mallorca e Rayo Vallecano. Quedan exentos nesta primeira eliminatoria os catro equipos que xogaron a Supercopa de España, que son Barcelona, Real Madrid, Atletic Bilbao e At. Madrid, que sí entrarán xa na segunda eliminatoria.
- Segunda división (excluida a Real Sociedad B por razóns de dependencia da Real Sociedad): Huesca, Valladolid, Eibar, Leganés, Almería, Girona, Sporting Gijón, Ponferradina, Las Palmas, Mirandés, Fuenlabrada, Málaga, Oviedo, Tenerife, Zaragoza, Cartagena, Alcorcón, Lugo, Burgos, Amorebieta e Ibiza.
- Primeira RFEF: Sabadell, UD Logroñés, Castellón, Albacete, Zamora, Unionistas Salamanca, Leonesa, Rácing Ferrol, Calahorra, Tudelano, SD Logronés, Real Unión, FC Andorra, Gimnástic Tarragona, Alcoyano, Cornellá, Linares Deportivo, UCAM Murcia, San Fernando Isleño, Algeciras, Atlético Sanluqueño, Badajoz, San Sebastián de los Reyes, Extremadura, DUX Internacional de Madrid, Talavera de la Reina, Rayo Majadahonda, Deportivo Coruña e Atlético Baleares.
- Segunda RFEF: Arenteiro, Ceares, Cayón, Gernika, Europa, Eldense, Unión Adarve, Gimnástica Segoviana, Vélez, Xerez Deportivo, Ibiza Islas Pitiusas, Mensajero, Águilas, Cacereño, Peña Sport, Rácing Rioja, Teruel, Marchamalo, Montijo, Palencia Cristo Atlético, Atlético Pulpileño, Náxara, Bergantiños, San Roque Lepe, Brea, Andratx, Llanera, Alzira, Calvo Sotelo Puertollano, San Juan, Atlético Mancha Real y Panadería Pulido San Mateo.
- Semifinalistas Copa RFEF: Ebro, Guijuelo, Leioa y Córdoba. Ademáis dos 10 equipos de categorias territorias que saen dunha previa que xogan esta semana, estes 10 equipos enfrontaráse a 10 equipos de primeira división.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 226
- 227
- 228
- 229
- 230
- 231
- 232
- 233
- 234
- …
- seguinte ›
- última »