O PSdeG-PSOE de Leiro acusa ao alcalde de Leiro, Francisco José Fernández, de estar instaurado na “mentira constante” en relación ao servizo de abastecemento de auga municipal. As e os socialistas denuncian que a día de hoxe seguen producíndose “importantes” e “graves” fugas de auga na rede e sinalan ao rexedor e a Xunta de Galicia por “manipular a realidade” con anuncios a bombo e platillo para tratar de tapar as súas “graves” neglixencias”.
Dende o Grupo Municipal Socialista consideran que a “manipulación” e as “mentiras” do PP, con respecto a realidade do servizo de abastecemento municipal de auga, “forman parte dunha campaña de publicidade do alcalde como xa fixo cas obras da ponte da Esperela ou o mosteiro de San Clodio, co único fin de agochar a súa nefasta xestión ao fronte do consistorio”. Tal e como relatan as e os socialistas de Leiro “estamos a decembro do 24 e as fugas persisten, xa que tal e como puidemos comprobar as fugas entre 2022 e 2023 supuxeron a perda de 293.629 metros cúbicos de auga, fronte a un consumo por parte da veciñanza de 177.322 m³”.
Pedro José González e Manuel Rodríguez Vázquez, concelleiros do PSdeG-PSOE en Leiro, afirman que esta situación pon de manifesto que ao alcalde “non le interesa o benestar e a calidade de vida da veciñanza”. Neste senso tamén se amosan críticos coa “campaña publicitaria” que está levando a cabo o rexedor “ocultando a verdade a veciñanza coa situación da rede de abastecemento de augas, como xa fixeron antes noutras obras xa mencionadas”.
“Estamos ante un novo exemplo de deixadez e de abandono de funcións por parte dun alcalde máis pendente de saír na prensa a vender falsas inauguracións, que de solucionar os problemas da veciñanza”, apuntan González e Rodríguez. Os concelleiros socialistas lembran o informe do Consello de Contas de Galicia no que se valora a xestión do alcalde e presidente da mancomunidade do Ribeiro. “No mesmo recóllese a esixencia de xestionar e axustar ao coste real os servizos públicos financiados por taxas, é dicir pagados pola veciñanza, e que no caso da taxa da auga son das máis altas da comarca, a pesar dos problemas de fugas”.
Cronoloxía das “chapuzas” do PP na rede de abastecemento de auga
Dende o Grupo Municipal Socialista lembra que xa en lexislaturas anteriores advertiron da problemática da rede de auga, que no período de 2015 a 2021 perdeu uns 973.333 m³ de auga, fronte a un consumo de 535.087 por parte da veciñanza. Ante esta denuncia do PSOE, o alcalde de Leiro e a alcaldesa de Boborás trataron de tapar a súa “neglixencia” na xestión do servizo municipal de auga, pedindo á Xunta que incluíse no plan de colaboración con ambos concellos a financiación do arranxo das fugas.
A Xunta de Galicia, por falta de orzamento no 2021, incluíu nos orzamentos de 2022 esta actuación, licitándose a obra en maio de 2022, cun investimento de 360.000 euros. Na licitación, a Xunta argumentou a financiación da obra aludindo por mor “da antigüidade da condución que xera frecuentes roturas no tramo de captación de auga no Viñao e na propia ETAP, provocando fallos de subministro á poboación”. Situación que en palabras das e dos socialistas “tirou por terra as mentiras do alcalde, que xustificaba os cortes de auga polo aumento da poboación en época estival”.
En novembro de 2022 a Xunda adxudica a obra ao servizo municipal de abastecemento de auga de Leiro, un ano despois dun delito medio ambiental que non estaba resolto. Chegados a 2024, as fugas persisten e a rede segue sen funcionar correctamente polo que o PSdeG-PSOE de Leiro esixe “solucións urxentes ante esta problemática”.

Un grupo de traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar no concello do Carballiño concentráronse ás 14:30 deste xoves para protestar polo retraso no abono dos seus salarios.
Trátase dun servizo municipal que xestiona GESMEDICAL DIS, empresa á que pertencen as traballadoras que atenden este servizo de Axuda no Fogar, que está financiado pola Xunta e o propio concello do Carballiño.

As reivindicaciós de Comisións Obreiras feitas públicas esta semana en materia laboral no concello do Carballiño e as protestas das traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar acapararon gran parte da Tertulia de COPE O Carballiño deste xoves 5 de decembro.
Na mesma, participaron Sebas Lamazares, Fátima Gómez, e Manuel Nogueira, xunto a Xan PInal, e desta vez coa intervención do concelleiro de persoal do concello carballiñés, Alberto Otero.
Escóitaa aquí:

NADAL CULTURAL 2024
CONCURSO DE DECORACIÓN DE NADAL
Prazo: ata o 13 de decembro
Domingo, 1 ás 20 h no Auditorio
TEATRO. Rede Galega de Teatros e Auditorios (RGTA)
TALÍA TEATRO – “UNHA INIMIGA DO POBO”
Venres, 6 ás 20 h no Auditorio
CONCERTO. Deputación de Ourense
CORAL POLIFÓNICA CASINO DO CARBALLIÑO E A BANDA DE VILATUXE
Sábado, 7 ás 19 h no Auditorio
CONCERTO. reaOU
ALFONSO MEDELA – JAZZ AD LIBITUM
Domingo, 8 ás 18 h no Auditorio
MAXIA. Rede Galega de Teatros e Auditorios (RGTA)
MAGO TETO – “MAGIC ROCK”
Público: familiar
Venres, 13 ás 20.00 / 22.30 h VOS no Auditorio
CINE – CROSSING - Cineclub O Carballiño
Sábado, 14 a partir das 10 h no Auditorio
1ª XORNADA DE MÚSICA DE CÁMARA DE FRAUTA TRAVESERA. CMUS do Carballiño
deBiselas CUARTETO
Domingo, 15 ás 18 h no Auditorio
CONCERTO INFANTIL - Rede Galega de Teatro e Auditorios (RGTA)
A GRAMOLA GOMINOLA – “O APALPADOR”
Público: infantil e familiar
Martes 17, ás 20 h no Salón de Actos do IES Chamoso lamas
AUDICIÓN DE NADAL DO CONSERVATORIO E ESCOLA DE MÚSICA
Venres, 20 ás 20.00 / 22.30 h VOS no Auditorio
CINE – EL TEOREMA DE MARGUERITE - Cineclub O Carballiño
Sábado, 21 ás 18.30 h na rúa
PERFORMACE TEATRAL CONTRA VIOLENCIA DE XÉNERO. Teatro de Sagra-Teatro Dar Trela e veciños do Carballiño
“SAÍR CORRENDO”
Domingo, 22 ás 19 h no Auditorio
CONCERTO DE MÚSICA GALEGA
FRANCISCO CASTRO- VES COMO SABES? - Rede de Dinamización Lingüística
Domingo, 22 ás 19 h no Templo da Vera Cruz
II EDICIÓN FESTIVAL “NADAL CORAL”. Organiza Coro infantil Xuvenil EnHarmonía
Martes, 24 de 18 a 20 h na Praza Maior
VISITA DE PAPA NOEL
Mércores, 25 ás 19 h no Auditorio
CONCERTO DE NADAL - ORFEÓN DO CARBALLIÑO
Venres, 27 ás 1 h no Auditorio
MUSICAL INFANTIL – “EL MUNDO DE LOS MUÑECOS”. Discobery Producciones
Público: infantil e familiar
Sábado, 28 ás 19 h no Auditorio
TRIBUTO A MACHÍN – “TODA UNA VIDA” con TONY VERGARA. Pares o Nones Producciones
Domingo, 29 ás 19 h no Auditorio
CONCERTO DE MÚSICA – XOVE ORQUESTRA OURENSANÍA. Deputación de Ourense
“STARS WARS SYMPHONY”
XANEIRO
Venres 3, ás 18 h no Auditorio
TRIBUTO DEL REY LEÓN. Pares o Nones Producciones
Sábado, 4 ás 19.00 h no Templo da Vera Cruz
CONCERTO DE ANO NOVO - CORO DE CÁMARA MÚSICA VIVA
Domingo, 5
GRAN CABALGATA DE REIS
Luns, 6 no ás 18 h no Templo da Vera Cruz
CONCERTO DE REIS – CORAL POLIFÓNICA CASINO DO CARBALLIÑO
Sábado, 25 ás 18 h no Auditorio
TEATRO INFANTIL. Rede Galega de Teatro e Auditorios (RGTA)
REDRUM TEATRO – “OS CONTOS DE LOBICÁN”
OUTRAS ACTIVIDADES
EXPOSICIÓNS FOTOGRÁFICAS DE A. F. O Potiños DECEMBRO e XANEIRO
CASA DO CONCELLO – Sombras de A. F. O Potiños
BALNEARIO – Azul de A. F. O Potiños
ASADOR VERACRUZ – Óxido de A. F. O Potiños
CASINO – Premios Concurso 2023
CASA RAMÓN GARCÍA – Poti Expo 23
CAFÉ PLAZA – Fotos Concurso 2024
CAFETERÍA MANXARES - Mixta
HOTEL ARENTEIRO – Fotos Concurso 2022

Comisións Obreiras afirma que o goberno municipal "non fai máis que dar bandazos na política de persoal, vulnerando leis e acordos que van producindo danos nas relacións laborais cos empregados municipais".
Fan referencia a varios incumprimentos do Convenio Colectivo en vigor no concello do Carballiño, que data xa do ano 2018.
Desde o sindicato agardan que desde a concellería de persoal e a alcaldía adopten "as medidas oportunas para solventar todos estes incumprimentos o antes posible". Entrre os mesmos, estarían a non contratación de seguros de accidentes e incapacidades, o retraso no pago de nóminas e os abonos da productividade, a Lei de Prevención de Riscos Laborais, ou a falta de recoñecementos médicos en tempo e forma, entre outros.
Podes acceder ao comunicado íntegro de CC.OO abrindo o arquivo adxunto:
Dende fai un tempo está claro que este goberno debe de querer que os nenos estén lonxe do Carballiño...por iso está o parque da alameda no estado LAMENTABLE que está, para ver se se fan dano e non volven. Por se iso non é suficiente agora poñen a decoración de Nadal na praza cheo de clavos, grapas, madeiras en mal estado...e así está na primeira semana....insisto ten algún interés en que os nenos se fagan dano e que marchen a outro sitio? e que ninguén no concello ve estas cousas?

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, recibiu esta tarde no seu despacho de San Caetano ao alcalde de Leiro, Francisco Fernández. A reunión serviu para avanzar, entre outros asuntos, no desenvolvemento do polígono agroforestal de Barzamedelle, situado neste concello ribeirao e que suporá a recuperación de máis de 145 hectáreas.
A conselleira puxo en valor que a día de hoxe xa se rozaron máis de 73 hectáreas neste polígono, para xestionar as acacias, e tamén que están moi avanzados os labores de investigación da propiedade.
Actualmente, esta iniciativa atópase na fase de redacción do proxecto básico, un documento técnico que elabora a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural unha vez que se produciu a declaración de utilidade pública do polígono.
Ni hay ni se les espera, bus directo a Santiago Vigo, para estudiantes, por ejemplo. O que pasa todo tiene que ir a ourense.
Por cierto, preguntado a Monbus, dicen que es "cosa" de cada concello pedir el servicio
En fin O Carballiño, como en otras cosas en caida libre y sin freno .
Nos vemos en la Intermodal de Ourense. Cuando se ponga de moda politica se hara, . Tema de tertulia, no todo bailes politicos.

Outra das grandes entradas da tempada no Espiñedo, acaso a mellor do que vai de liga, con preto de 2000 espectadores para ver este partido correspondente á xornada 15 da Primeira Federación.
Despois de 7 partidos consecutivos chegou a derrota para os verdes, castigados pola súa falta de acerto ante a portería azulgrana, desperdiciando varias ocasións de gol, unha efectividade que si tivo o filial do FC Barcelona, dominado na maior parte do partido polo Arenteiro, pero esto vai de goles e os culés fixeron dous por tan so un do Arenteiro.
A xogada polémica chegou na mellor ocasión do Arenteiro para empatar o partido, primeiro o meta do Barsa rexeita coa cabeza, pero o posterior remate é despexado coa man a córner por un defensor cando o balón collía dirección de portería, penalti moi claro, que non sinalou o árbitro.
Video resumen do partido:
https://www.youtube.com/watch?v=uBK_9IyKjtM
Cronica do partido en La Voz de Galicia:
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2024/12/02/arenteiro-estre...

Cada municipio goza cada ano de dous días festivos de carácter local, que son os elixidos por cada respectivo concello. Dentro do noso ámbito son os seguintes para o ano 2025:
Avión: 4 de marzo (martes de entroido) e 4 de agosto (Lúns que coincide coas festas patronais)
Beade: 3 de febreiro (San Brais) e 2 de xullo (Santa Sabela).
Beariz: 13 de xuño (San Antón) e 4 de agosto (Romaría de Santo Domingo)
Boborás:13 de xuño (San Antón) e 19 de setembro (Romaría da Saleta)
O Carballiño: 4 de marzo (martes de entroido) e 17 de setembro (Dia do Patrón)
Cenlle: 4 de marzo (martes de entroido) e 11 de xullo (San Benito)
O Irixo: 4 de marzo (martes de entroido) e 13 de maio (Festividade de Fátima)
Leiro: 4 de marzo (martes de entroido) e 11 de novembro (San Martiño)
Maside. 4 de marzo (martes e entroido) e 27 de agosto (San Vitorio)
Piñor: 4 d marzo (martes de entroido) e 11 de novembro (San Martiño)
Punxín: 4 de marzo (martes de entroido) e 28 de abril (San Wintila)
San Amaro: 4 de marzo (martes de entroido) e 15 de xullo.
San Cristovo de Cea: 10 de xullo (San Cristovo) e 22 de setembro (Festas da Saleta)
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
- …
- seguinte ›
- última »