2, Decembro 2021

Como "un soño que hai que facer realidade", asi se referíu Manuel Amil ao proxecto de contrucción da residencia para usuarios e familiares de Aspadisi, de feito as obras xa están en marcha na mesma parcela na que se ubica o Centro Ocupacional que xestiona xa dende fai algunhos anos esta asoación no Carballiño.

Nunha comparecencia na que Amil -directivo e portavoz da Asociación de Pais e Nais de Discapacitados Psíqucos da Comarcas do Carballiño-O Ribeiro- estivo acompañado pola presidenta da asociación, Josefa Rodríguez, deron conta do estado de desenvolvemento no que se encontra este proxecto, que contempla un espazo residencial con 16 habitacións e capacidade para 32 prazas. Na actualidade, o centro acolle a 24 usuarios de diversos concellos das comarcas do Carballiño e O Ribeiro.

A construcción do edificio e posteriomente, o seu equipamento e mobiliario, ten un orzamento de 1,2 millóns de euros. A asociación ten comprometido aportacións intitucionais do Concello do Carballiño, Deputación e Xunta de Galicia, asi como de empresas privadas, que suman arredor dun millón de euros,faltarían polo tanto unhos 200.000 euros para completar o presuposto total, e aquí é onde os responsables de Aspadisi agardan a resposta solidaria da cidadanía comarcal "trátase de ser solidarios con quen máis o necesita", subliñou Amil.

Abrindo o arquivo adxunto, encontrarás a información detallada tanto da asocicaicón como deste proxecto, asi como as contas bancarias nas que podes facer unha doazón, que terá unha bonificación fiscal do 80% no IRPF, en cantidades ata 150 euros.

2, Decembro 2021

O concello do Carballiño continúa o incremento diario de contaxios activos e alcanza hoxe xoves os 89 casos, que son 8 máis dos que había onte no municipio carballiñés.

A situación no resto de concellos do noso ámbito continúa sendo boa, sen transmisión comunitaria e tan so con casos illados. Mesmo, Maside logra xa rebaixar o seu número de contaxios activos, resta dous casos e quédase con 6, dous menos que onte. Beariz e Punxín resisten como concellos libres de virus.

2, Decembro 2021

Onte a noite a eso das 12:00 máis ou menos ata as 12:145, aproximadamente, unha cafetería situada na rúa Mosquera do Carballiño puxo música a todo volume como se foran as festas do setembro. A cousa non quedou ahí, pois un grupo de mozos puxéronse a bailar na rúa principal diante deste local cantando, berrando e tocando silbatos a pesar da choiva que caía neses momentos.

Non sei se neste local había algún tipo de celebración, aunque semella que si, O que si sei, sen dúbida algunha, é que este desplegue musical acompañado polo griterío dos mozos que estaban de troula na rúa molestaron a base de ben aos veciños que viven nesta rúa, os cales teñen dereito a gozar de tranquilidade nas súas casas sen necesidade de ser incordiados por este tipo de celebracións festivas espóntaneas a unhas horas impropias para andar de esmorga.

Desgraciadamente, esta non é a primeira vez que pasa, pois nesta rúa xa se teñen producido incidentes similares. O que pasa é que hoxe é un local X o que se adica a poñer a música a todo volume e despois é outro local, chamélloslle Z, o que se adica a alterar a tranquilidade dos veciños poñendo a música alta como se fose unha berbena.

Hay certas horas que son para descansar e non para andar de carallada. ¿Non lles parece?.

 

1, Decembro 2021

O Carballiño ralentiza hoxe o incremento de contaxios activos, que viña rexistrando unha media de incremento de 11 contaxios a diario dende o venres da pasada semana, hoxe o aumento quédase en 5 contaxios activos, ao pasar dos 76 de onte aos 81 que Sanidade notifica hoxe para o concello do Carballiño.

Non hai variacións nos datos do resto de municipios, que continúan resistindo con casos illados nesta sexta onda da pandemia, tan so Maside continúa con 8 casos. E tamén hoxe continúan ser ter casos activos de covid os concellos de Beariz, Boborás e Punxín.

1, Decembro 2021

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense, na súa reunión desta semana, ven de acordar unha achega económica por importe de 100.000 euros para a Asociación de Pais de Discapacitados Psíquicos do Carballiño, unha axuda destinada á construcción dunha residencia para usuarios e familiares.

O proxecto promovido pola propia asociación, xa en fase de execución, contempla a creación dun espazo residencial ubicado a carón do actúal Centro Ocupacional de Aspadisi e prevé unhas instalacións que contarán con 16 habitacións dobles con capacidade para 32 prazas. O orzamento previsto para este proxecto supera o milón de euros, e precisamente, este xoves os responsables de Aspadisi Josefa Rodríguez e Manolo Amil, darán conta do ritmo que levan as obras, asi como das axudas que están recibindo para que esta obra poida ser unha realidade.

Nexto contexto, presentarán unha campaña informativa na que darán conta do proxecto á sociedade carballiñesa e comarcal, pedindo a súa implicación para poder cubrir o importante investimento económico que se precisa reunir, para elo agardan a colaboración non so das institucións públicas senón de empresas e do conxunto da cidadanía en xeral.

Aspadisi  dende fai anos xestiona o Centro Ocupacional, que atende non so a persoas con dispacidade psíquica do Carballiño, senón tamén veciños e veciñas de diversos concellos das comarcas do Carballiño e O Ribeiro.

30, Novembro 2021

O Carballiño volve hoxe a incrementar casos activos de covid no municipio, son 11 máis que onte e xa se sitúa en 76 as persoas con infección activa no municipio carballiñes.

No resto de concellos do noso ámbito, apenas hai variacións no marcador Covid, tan so en Piñor que estaba libre de virus e rexisra hoxe un primeiro caso nesta sexta onda da pandemia.

Maside permanece con 8 casos, mentres a maioría de concellos manteñen casos illados, agás Boborás, Beariz e Punxín, que continúan resistindo con cero contaxios activos.

29, Novembro 2021

Boas tardes, quero darlle as grazas o alcalde do carballiño ou a quen corresponda,xq hai unha semana que puxen unha a queixa acerca do alumeado público de Porto Egoas, e os catro dias os electricistas foron ó Porto a poñer as bombillas as forolas afundidas, pero deixoume algo triste ver que una das farolas que esta xunto a casa do Josefa quedou sen poñer, e é un dos camiños máis transitados polos veciños,

29, Novembro 2021

A fin de semana deixanos outro acelerón de coronavirus no concello do Carballiño, son xa 65 os contaxios activos que temos hoxe lúns no municipio carballiñés, deles 50 son positivos diagnosticados nos últimos 7 dias.

En apenas dous dias, dende o pasado venres, O Carballiño incrementou en 25 os contaxios activos, o que sitúa ao concello entre os de peor comportamento nos últimos dias en toda Galicia.

No resto de municipios da comarca continúa contendose ao coronavirus nesta sexta fase expansavia, con Maside manténdose á cabeza con 8 contaxios activos e casos illados en varios concellos, e mesmo con catro municipios resistindo libres de virus, como son os de Beariz, Boborás, Piñor e Punxín.

28, Novembro 2021

O Arenteiro volveu repetir o guión de anteriores partidos, acaso fai o máis dificil que é poñerse por diante no marcador, pero acaba indo de máis a menos, e cedendo o empate ante os seus rivais. Tamén aconteceu ante a Gimnástica Segoviana, á que deixou ir con vida ao descanso, e coller aire tras o paso por vestiarios.

A primeira parte foi claramente verde, o Arenteiro logrou facer da Segoviana un equipo ramplón, Renán marcou de penalti e pudo facer o segundo pero o balón foise o poste. No inicio da segunda parte os visitantes lograron empatar no primeiro tiro que facían no partido entre os tres paus, gol sicolóxico nada máis comezar ao que non soubo reaccionar un Arenteiro que xa foi a remolque o resto do partido. No último cuarto o partido pudo caer de calquera bando, cunha clara ocasión de gol desperdiciada para cada equipo.

CD ARENTEIRO (1): Diego García, Germán (Manu Mariña, min 46), Portela, Vitra, Eimil, Joseca, Álex Fernández, Renan, Adrián Cruz (Raúl Blanco, min 70), Marquitos (Sobrido, min 75) e Adri Castro (Rubén Arce, min 86).

GIMNÁSTICA SEGOVIANA (1): Carmona, Adrián Pérez, Mansour, Javi Marcos (Rui, min 86), Rahim, Nogueira (Cidoncha, min 86), Manu, Szymanoski (Borao, min 86), Nanclares (De la Mata, min 61), Rafa Llorente (Dani, min 73) e Fran Adeva.

GOLES: 1-0, min 19: Renan, de penalti; 1-1, min 47: Nogueira.

ÁRBITRO: Castellanos Argüeso, do comité cántabro. Ensinou cartóns amarelos a Germán, Manu Mariña, Raúl Blanco, Álex Fernández no Arenteiro; Rafa, Nanclares Fran Adeva e Marcos, na Segoviana.

Vídeo resumen do partido: https://www.g24.gal/-/o-arenteiro-deixa-escapar-outra-vantaxe-e-acaba-em...

O MÉRCORES DIA 1, ÁS 20:30 HORAS, A COPA DO REI ANTE O LOGROÑÉS
Tras a autorización da RFEF para que o partido poida xogarse en Espiñedo, o Arenteiro xa prepara a eliminatoria -a partido único- ante o equipo rioxano, unha das revelacións na actúal competición no grupo primeiro da Primeira RFEF, que este pasado sábado empataba a dous goles no seu partido de liga no estadio do Badajoz.

Para este encontro, o club anunciou a venda anticipada de entradas nas taquillas de Espiñedo, lúns e martes de 10 a 13:30 horas, e de 17 a 19:30 horas, e o propio dia do partido -o mércores- de 10 a 13:30 horas e de 17 horas en adiante.

28, Novembro 2021

Nos últimos 7 dias O Carballiño rexistrou 49 novos positivos en Covid-19 confirmados con probas PCR, a segunda peor semana no que vai de ano 2021 nos indicadores do coronavirus no municipio carballiñés. Unha alta incidencia que tamén se reflicte no indicador do Sergas a 14 dias, con 59 casos diagnosticados no Carballiño neste intervalo de tempo.

No resto dos concellos da comarca a situación é máis tranquila, con Maside á cabeza con 8 contaxios nas últimas dúas semanas, e con casos illados no resto de municipios, e mesmo con catro concellos resistindo libres de virus nesta nova fase expansiva da pandemia, como son os de Boborás, Beariz, Punxín e  Piñor, que non notificaron contaxios nos últimos 14 dias.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS