
O concello do Carballiño advirte a todas as persoas posibles infractoras que se investigará a autoría dos verquidos incontrolados que nos últimos meses están proliferando na zona rural do municipio, e procederáse á apertura de procedementos sancionadores.
Recordan a prohibición de tirar resíduos en espazos non habilitados, xa que os vertedoiros incontrolados supoñen un serio risco para a saúde e danan o medio ambiente natural. Ademáis, dende o concello carballiñés infórmase do funcionamento do servizo municipal de recollida de voluminosos, simplemente hai que chamar ao teléfono 662 090 738 para facilitar os datos correspondentes, despóis indicaránlle o dia e hora para depositar os voluminosos. Tamén poden levarse directamente ao Punto Limpo, sito na estrada de Cea a carón da Mancomunidade, en horario de lúns a venres de 12 a 14 horas.

A comisión de festas de Cea recupera, en formato covid, a animación festiva da Saleta, aínda que tampouco este ano sen as súas multitudinarias verbenas, aínda que sí cun variado programa de actividades que se prolonga durante catro dias, entre o venres 24 e lúns 27, que ademáis será festivo de carácter local no municipio.
Venres 24
Ás 23 horas, na Praza Maior, "Música no Camiño" unha actividade do Xacobeo co dúo "Soul&Roll"
Sábado 25
Dende as 17 horas, na Praza Maior "Pan de Festa" unha degustación de productos galegos de calidade acompañados de pan de Cea. A esta mesma hora, comezarán a animar as rúas de Cea coa súa música a charanga CLK e o grupo "Feitizo de Pau", que ademáis desplazaráse ao pobos da parroquia. Os nenos terán un espectáculo infantil co mago "Deimi" e pola noite terá lugar unha actuación sorpresa.
Domingo 26
Pola mañá, haberá pasarrúas e acompañamento da procesión a cargo da Banda de Música de Vilatuxe, que despóis ofrecerá un concerto na Praza Maior. Pola tarde, música tradicional e para os nenos e nenas de Cea unha xornada de xogos medievais. äs 19 horas a Banda de Vilatuxe ofrecerá un novo concerto e pola noite outra sorpresa musical na Praza Maior.
Lúns 27
O dia festivo de ámbito local estará amenizado pola Banda de Música de Muimenta e o grupo de música tradicional "Terras do Arenteiro". Finalmente, ás 22:30 horas o grupo "De Perdidos al Trio" estará en concerto na Praza Maior de Cea.

"Despois de anos debatendo sobre pobreza enerxética e as súas consecuencias, este ano, tal concepto, adquire máis sentido ca nunca", reflexionan dende o grupo municipal de Espazo Común no concello do Carballiño,e xustificando esta convocatoria de axudas por parte da institución municipal carballiñesa.
Engfaden que "a voracidade das multinacionais do sector, sumada á falla de control, polo menos ata o de agora, por parte das administracións, levou ao prezo da electricidade a convertirse en artigo de luxo".
É por iso que moitas familias e moitos pequenos negocios van ter que sumar esta problemática ás xa moitas sufridas no último par de anos, afirman.
Por medio dunha moción que defenderán ante o pleno da corporación municipal do Carballiño demandarán con esta proposta "que o concello faga un esforzo para darlles un pequeno respiro e que realice a convocatoria dunha liña de axudas directas, rápidas e sinxelas para dar respaldo a estes veciños".
BUENOS DIAS ES PARA RESPONDER POR EL COMENTARIO ANTERIOR SOBRE EL SERVICIO DE AUTOBUSES DE CARBALLIÑO A OURENSE CREO ANTES DE PONER UN COMENTARIO HAY QUE INFORMARSE POR QUE LO QUE PUSO ES ENGAÑOSO POR QUE POR EL MOMENTO Y HACE YA BASTANTE TIEMPO HAY 8 IDAS Y 8 VUELTAS DE CARBALLIÑO A OURENSE LOS LABORABLES Y LOS FINES DE SEMANA HAY 2 IDAS Y 2 VUELTAS INFORMARSE ANTES DE COMENTAR
O PSdeG-PSOE de Leiro denuncia as prácticas “caciquís” e antidemocráticas” do rexedor do municipio, o popular Francisco José Fernández, ao que acusan de retirar da orde do día unha moción na que os socialistas instaban ao concello ao arranxo da rúa Real. Defenden que a mesma foi presentada en “tempo e forma”, pero o rexedor decidiu non incluíla na orde do día do pleno e optou por escusas “baratas” para amosar unha vez máis que Leiro e a súa veciñanza “non lle importan absolutamente nada”.
Os socialistas defendían en dita moción que se procedese o arranxo e humanización da rúa Real, en pleno casco urbano de Leiro, xa que segundo se pode comprobar, a rúa presenta numerosas deficiencias e anomalías coma perigosos desniveis e fochancas. Estes problemas provocaron un deterioro no pavimento ante a falta de conservación e mantemento e cos perigos que isto supón tanto para os peóns como para os vehículos que por aló circulan. Os socialistas avogaban por unha actuación máis que necesaria que “rematase cos perigos de mobilidade e mellorase a calidade de vida da veciñanza que vive nesta rúa”, pero tal e como relatan “atopámonos coa negativa do alcalde, que priva aos veciños e veciñas de Leiro de melloras máis que necesarias”.
Dende o Grupo Municipal Socialista relatan que o alcalde alegou no pleno que dita moción non se incluíu na orde do día porque segundo palabras textuais do propio rexedor “non imos permitir que vostedes nos digan e nos marquen que infraestruturas temos ou non que renovar”. Unha resposta que para os socialistas “está totalmente fóra de lugar” e que amosa que o rexedor “non ten, nin quere ter en conta a labor da oposición, impedindo que loitemos por melloras necesarias para o noso municipio”.
Para o voceiro do PSdeG-PSOE en Leiro, Manuel Rodríguez Vázquez, esta situación “non é nova”, xa que segundo relata “non é a primeira, nin a segunda vez que o alcalde decide non aceptar mocións dos socialistas, a pesar de estar rexistradas en tempo e forma”. Unha práctica que para o concelleiro socialista “afástase totalmente do papel democrático que ten que ter o pleno dun concello” e acusa ao rexedor do Partido Popular de “coartar a liberdade de expresión da oposición á hora de presentar mocións, co único fin de tapar a súa nefasta xestión ao fronte do Concello de Leiro”.
Rodríguez Vázquez tamén denuncia a “inacción total” do grupo de goberno municipal do Partido Popular, aos que acusa de “mirar para outro lado, namentres as fochancas e o lixo inundan as nosas rúas”. O voceiro socialista considera “inaudito” que un rexedor público “se negue en rotundo a buscar solucións para mellorar a situación dunha rúa que presenta graves deficiencias, que supoñen un risco tanto para os viandantes como para os vehículos que por ela circulan”.
Os socialistas pídenlle ao alcalde de Leiro que “deixe de correr cortinas de fume e se poña dunha vez por todas a traballar para mellorar a calidade de vida e os problemas que día a día teñen que padecer os veciños e veciñas de Leiro debido a súa pésima xestión”.
Mentres que pola semana de luns a venres hai un número aceptable de servicios de autobús (5-6), as fins de semana e festivos apenas hai un único autobús as 19:45 horas da tarde-noite, polo que na práctica non serve se queres ir a Ourense ao cine, visitar a alguén, etc. Estaría ben poder millorar isto. Do tren xa non falo porque xa sabemos como estamos dende fai un par de anos.

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, e o alcalde de Maside, José Manuel Iglesias Araújo, asinaron esta mañá un acordo bilateral no que se establecen as bases para o financiamento das obras de reforma do centro de saúde da localidade. No acto, estiveron acompañados pola directora xeral de Recursos Económicos, María Jesús Piñeiro Bello.
O investimento deste proxecto de mellora ascende a 48.399 euros, partida económica que será cofinanciada a partes iguais pola Xunta e o concello. O conselleiro de Sanidade agradeceu a boa disposición do alcalde e o papel de intermediación do delegado territorial para poder asinar este convenio, con tempo suficiente para que se poida licitar a obra e executarse en prazo.
Deste xeito, o persoal e os pacientes do centro de saúde desa localidade contarán, a partir do ano que vén, cun centro de saúde mellor e máis confortable, ademais de mellorar a eficiencia enerxética do edificio e aforrar no consumo.
As obras, logo do informe dos técnicos do Sergas, consistirán na renovación da carpintería exterior, a adaptación do aseo, acabados interiores e a renovación da calefacción.

O vindeiro sábado, día 25 de setembro ás 11 horas, terá lugar a andaina cultural “Camiño de Nós” ambientada na viaxe a pé que realizaron dende Ourense a Santiago, en 1926, Ano Santo, os galeguistas do Grupo Nós: Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo, Florentino Cuevillas, Xavier Pardo, Afonso Vázquez Monxardín, Lois Feixoo e Antón Sánchez.
Para rememorar un camiño que xa existía dende a Idade Media, a organización ten prevista a ambientación oportuna baseada na tradición e nas investigacións históricas. Farase fincapé na rememoración cultural, na que haberá xinetes a cabalo, carreteiros, arrieiros, música tradicional, etc., unha forma de que os participantes se acheguen á historia e ao patrimonio cultural e natural da nosa comarca.
A ruta coincide co Camiño dos Arrieiros, importante vía de comunicación e de transporte de mercadorías, especialmente o viño, dende o Ribeiro a Compostela.
Neste percorrido histórico do tramo carballiñés entre Ourense e Compostela, poderán participar as persoas e colectivos interesados. As inscricións poderán presentarse no Departamento de Cultura ou ben por correo electrónica en oixcultura@carballino.gal
O percorrido será de4,5/5 km aprox. (10 km ida e volta aprox.) Pola Normativa COVID-19 é obrigatorio o uso de máscara e manter a distancia de seguridade necesaria. Ás 11,00 h. será a cooncentración e punto de encontro na Ponte Veiga, logo continuará a andaina a través de Ponte Veiga,A Costiña,Barro,O Pazo,Madarnás (entregarase froita e auga),A Esgueva e Ínsua dos Poetas.
Organiza:
Fundación Ínsua dos Poetas
Concello do Carballiño
Asociación de Concello do Camiño de Nós
Consellería de Cultura, Educación e Universidade. Secretaría Xeral de Cultura, Xacobeo 21-22, Deputación de Ourense-Ourensanía
Patrocinan:
Consellería de Cultura, Educación e Universidade
Xacobeo 21-22
Deputación de Ourense - Ourensanía

Os socialistas do Irixo recordan que "a limpeza do río Viñao era unha demanda dos socialistas que xa dende o ano 2016 levamos os plenos do Irixo diversas mocións para a limpeza do rio Viñao e outra media ducia de mocións relacionadas ca conca hidrográfica". Por esto é que agora "o grupo municipal socialista celebra que a Confederación Hidrográfica acometese a limpeza do rio Viñao ao seu paso pola Ponte, no Irixo".
Recordan que "o portavoz socialista do Irixo Iago Fariñas Valiña, reuniuse no seu día co Presidente da Confederación Hidrográfica Miño Sil José Antonio Quiroga Díaz para solicitar a limpeza do rio Viñao, xunto con outras actuacións, especialmente o seu paso pola Ponte". Para o PSdeG, o concello do Irixo "suspende en canto a xestión municipal relacionada ca conca hidrográfica, así tódolos anos debido a súa nefasta xestión, a veciñanza do Irixo paga en sancións á Confederación Hidrográfica preto de 20 mil euros, O Irixo suspende en limpeza e conservación dos seus ríos cun saneamento deficitario ou inexistente, fosas sépticas sen legalizar ou vertendo o rio directamente cando non o medio dun rego ou dunha silveira sen fosa séptica", aseguran.
Agradecen os socialistas o traballo da Confederación Hidrográfica Miño Sil e do seu presidente José Antonio Quiroga Díaz e instan o goberno municipal e o seu alcalde "a que faga unha xestión real e transparente para toda a veciñanza, que pasa por acometer o saneamento integral do Irixo para manter a limpeza dos rios, como xa teñen demandado reiteradamente en diversas mocións".
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 237
- 238
- 239
- 240
- 241
- 242
- 243
- 244
- 245
- …
- seguinte ›
- última »