21, Setembro 2021

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense aprobou as bases do programa de Termalismo Saudable e Cultura Termal de 2021, que oferta estancias e tratamentos en sete balnearios da provincia, facilidades para a mobilidade e a oportunidade de coñecer os recursos naturais e culturais da provincia. Unha iniciativa que procura o desenvolvemento e promoción dun sector económico e social estratéxico no marco do plan "Ourense, Provincia Termal". As axudas incluídas neste programa concederanse por orde de recepción das solicitudes ata esgotar o seu orzamento total, que alcanza os 40.000 euros.

O programa de Termalismo Saudable consta de dúas modalidades: estancias balnearias con ou sen transporte en tren, e tratamentos terapéuticos sen estancia. As estancias balnearias, con axudas que van desde os 10 ata os 60 euros, terán unha duración de seis días, de luns a sábado, en réxime de pensión completa, incluíndo 10 técnicas balnearias, a posibilidade de revisión médica e animación social. Para as estancias con transporte en tren, os usuarios teñen incluído o billete de ida e volta desde algunha das "estacións termais" que participan no programa –referidas no convenio subscrito entre Deputación de Ourense e Renfe- con destino á estación de Ourense. Neste caso, os balnearios proporcionan o traslado ata as instalacións e rutas culturais seleccionadas. Existen tamén estancias con ou sen tren para grupos formados por un mínimo de 20 persoas. Os tratamentos terapéuticos sen estancia (reumatolóxico e respiratorio) inclúen axudas de entre 20 e 70 euros, con consulta médica e a posibilidade de realizar 35, 20 ou 10 técnicas balnearias repartidas ao longo de 15 días.

O programa de Cultura Termal financia con entre 10 e 20 euros estancias de fin de semana nos balnearios da provincia de dous días de duración, de sábado a domingo, incluíndo pensión completa e dúas técnicas balnearias para adultos.

Os balnearios adheridos ao programa son os de Baños de Molgas, O Carballiño, Arnoia, Laias, Lobios, Cortegada e Caldas de Partovia. As solicitudes poderán presentarse por vía telemática (termalismourense.com) desde o día seguinte á publicación destas bases na Base de datos Nacional de Subvencións.

21, Setembro 2021

   Las nuevas leyes parece que no tienen mucha cabida en Carballiño por lo que se ve. Lo de no fumar en terrazas ni cerca de otras personas se lo siguen pasando por el forro todo el mundo. Lo de no llevar atado y con bozal el perro igual, lo de recoger sus cosas ya ni te cuento. Y lo de circular a 30 o a 20 dependiendo de la calle se ve que tampoco.

   El otro día una energúmena al volante de un volvo rojo de los nuevos se me puso hecha una fiera porque pobre de mi iba en bicicleta por el medio del carril, será que no puedo hacerlo en ciudad. A mayores le diría a esta señora que iba a 30 km/h. con lo que ya voy al limite de la velocidad máxima, cosa que rebasó con creces al adelantarme y que si llega a estar un radar la risa no me iba a pasar en un mes, a ella estoy seguro que no le iba a hacer gracia ninguna. 

   Ese mismo día, volviendo de un viaje, entre con mi coche obviamente a 30 km/h., pero el que venia detrás se le quemaba la cena porque no se cansó de hacer sonar el claxón, y más en la zona del Gadis donde hay múltiples pasos de cebra, será que dan premio si atropellas a alguien. 

   Así que me pregunto si en Carballiño la gente está tan sumamente estresada como para comportarse de esta manera o es que simplemente son tan antisociales, incívicos y maleducados como hacen ver. Lógicamente, la mayor parte de estes problemas son del consistorio quien tiene que poner orden y hacer cumplir las normas.

20, Setembro 2021

Con esta nova convocatoria de axudas que ven de resolver a Dirección Xeral do Maior e Persoas con Discapacidade da Xunta de Galicia, a do Carballiño pasará a ser a comarca galega con máis Casas do Maior, cada centro terá unha capacidade de 5 prazas, que serán gratuítas para os usuarios, que deberán ser persoas maiores de 60 anos e a diferencia de convocatorias anteriores, non terán necesariamente que ter recoñecida discapacidade algunha. A atención será de lúns a venres cun máximo de 8 horas diarias.

No caso da comarca carballiñesa, os 10 novos proxectos están promovidos por persoas físicas, que recibirán en cada caso unha axuda de 59.058 euros en 3 anualidades (2021, 2022 e 2023), polo que as axudas suman un total de 590.580 euros para estas 10 novas Casas do Maior nos concellos de Boborás, Maside, San Amaro, O Irixo, Piñor e Punxín.

Boborás poderá contar con 3 centros, promovidos por Ana María Pereira, Ana María Vidal e José Manuel Lois.

Maside terá 2 novos proxectos, cuxas promotoras son María Luisa Rodríguez e Ana Belén Fernández.

San Amaro abrirá 2 novas Casas do Maior, das que serán as titulares as emprendedoras Cristina Vázquez e Antonia Suárez.

Completan a relación de proxectos subvencionados para a apertura deste servizo na comarcas, os promovidos por Purificación Fernández no concello do Irixo, Rosa María Dacunha para o municipio de Piñor e Manuel Pérez en Punxín.

As persoas beneficiarias destas axudas teñen agora dous meses de prazo para achegar a documentación requerida na convocatoria e acreditar o acondicionamento dos inmobles nos que se ubicarán estas Casas do Maior.

 

17, Setembro 2021

O programa "O país das bandas" achega dous concertos esta fin de semana, no Carballiño na Praza da Veracruz o sábado 18 ás 12:30 horas a cargo da Banda Xuvenil de Barro-Pontevedra; e o domingo 19 ás 17 horas na Praza do Concello de Piñor, coa Banda de Música de Chapela.

Ademáis, a Banda de Música de Boborás ofrecerá un concerto ás 18:15 horas deste domingo no entorno da capela da Saleta, en Astureses, onde ás 19:30 horas tamén do domingo acturá o Mago Deimi, ambas actividades programadas polo concello de Boborás.

Completa este programa musical Os Coribantes, a banda de música tradicional galega volve a O Carballiño, este sábado 18 a partir das 19 horas cun espectáculo na Praza da Veracruz no que estarán acompañados das Pandeireiteiras de Dorrón. Tamén este sábado na Praza Emilia Pardo Bazán do Carballiño actuará a compañía de títeres Fantoches Baj, todo elo no Setembro cultural do concello do Carballiño, que tamén inclúe para a tarde deste venres dia 17 -ás 19 horas- o espectúculo "Camiñantes e Cantantes" da orquestra La Oca Band, acompañada de Pili Pampín e Manuel Manquiña.

No Irixo, este venres ás 20 horas "O Camiño de Nos", no parque da praia fluvial do Irixo.

Finalmente, no Novocine de Leiro, temos 3 películas en carteleira: "D Artacán y los 3 mosqueperros", "Shang-Chi" e "García y García"

 

 

17, Setembro 2021

Primeiro coa tradicional procesión da imaxe de San Cibrán polas rúas máis céntricas, e logo coa misa solemne no Templo da Veracruz, a parroquia carballiñesa celebrou hoxe a festividade do patrón do Carballiño.

Pola tarde, ás 19:00 horas na praza da Veracruz está programada por parte do concello a única actividade festiva que temos este 17 de Setembro no Carballiño, o espectáculo musical "Camiñantes e cantantes", no que a orquestra La Oca Band contará con colaboración dos artístas Manuel Manquiña e Pili Pampín.

17, Setembro 2021

Hace unos días, tres patrullas de la Policía Local de Carballiño y una de la Guardia Civil se encontraban en la Avenida do Balneario en una situación de extrema violencia que se desarrolló en un domicilio, donde se vendían drogas a diario (discusiones, peleas). Varios vecinos de la Avenida do Balneario ya han denunciado esta situación a la Guardia Civil pero, hasta el momento, las actuaciones realizadas no han dado ningún resultado. 

Con el fin de reducir la inseguridad y la delincuencia que se produce en esta calle, sería recomendable que tanto la Guardia Civil como la Policía Local incrementen la vigilancia y el control en la misma, antes de que sea demasiado tarde. 

16, Setembro 2021

O Concello de Piñor informa da apertura do prazo de inscrición para o Programa PIÑOR CONCILIA “Familias Tardías” para o curso escolar 2021-2022, que será gratuito para tódalas familias. Trátase dunha medida de conciliación da vida familiar e laboral, validada pola Xunta de Galicia, e que pretende acadar as seguintes finalidades:
-Fomentar a incorporación á vida laboral das familias con membros en situación de desemprego.
-Potenciar a redución das dificultades de conciliación que comporta tamén unha vida familiar máis satisfactoria para todos os membros da unidade familiar.
-Ampliar o horario no que os nenos/as están baixo supervisión e apoio de educadores/as, dando tranquilidade e garantías as familias.
-Reducir o desaxuste existente entre o horario escolar cos horarios laborais.

Este servizo finánciase integramente pola Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral da Igualdade.

O servizo de Familias Tardías atende ós cativos dende a saída do colexio ata as 19:30h, de luns a venres no Centro Social (Albarona). Para elo, os participantes poderán cambiar a parada escolar para Albarona, onde o/a monitor/a os esperará para acompañalos ó Centro Social. Finalmente, deberán ser recollidos ás 19:30h polas familias no propio Centro Social. Como outros anos, ofrecerase apoio escolar diariamente ós cativos que cursen Primaria ou ESO, e o programa desenvolverase dende o luns 4 de outubro de 2021 ó 21 de xuño de 2022.
Seguirase o calendario escolar do colexio de referencia (CPI Virxe da Saleta), de maneira que os días non lectivos de carácter esporádico (ponte, etc) Familias Tardías pasará a ofrecerse en horario de mañá, de 10h a 14h. Por outra banda, nos períodos vacacionais (Nadal, Semana Santa e Entroido), o concello ofrecerá outras actividades de conciliación de carácter máis lúdico.

Destacar que, por mor do COVID19, haberá:
-Medidas preventivas hixiénicas e sanitarias, que serán dadas a coñecer ás familias usuarias.
-O alumnado participante deberá levar máscara en bo estado. Non obstante, na aula haberá máscaras para poder empregar de forma puntual, en casos de rotura ou extravío.
-Prazas limitadas: velando así polo mantemento da distancia de seguridade e medidas sanitarias por mor do COVID19. A orde de inscrición será por orde de entrada no rexistro municipal.

Por motivos organizativos, o prazo de inscrición será ata o 30 de setembro. Toda persoa interesada debe acudir a Servizos Sociais, onde obterá máis información.

16, Setembro 2021

A sala de exposicións do Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela, acolle a mostra "Seica" de Xesús Carballido que ofrece un percorrido polos primeiros anos de traballo do artista, inaugurada coa presenza de diversas personalidades, entre elas o conselleiro de cultura, Román Rodríguez.

Trátase dunha exposición na que, tal e como explicou o titular de Cultura do Goberno galego, queda reflectida a voz “singular e propia de Carballido que soubo plasmar nas súas creacións a memoria emocional de toda unha xeración elevando aquilo que nos é cotiá a categoría de obxecto artístico”. Neste senso, engadiu que o autor do Carballiño é capaz de revitalizar o pasado para dar forma ao presente “abrindo un diálogo que conecta ambos marcos temporais”.

Así, a nova mostra do Museo do Pobo Galego reúne unha retrospectiva que permite descubrir a súa obra e comprobar como foi evolucionando ao longo dos anos. “Con esta exposición podemos viaxar desde os seus primeiros pasos, cara comezos da década dos 90, ata chegar á fase de madurez”, precisou Román Rodríguez.

En total, Seica está composta por máis dun cento de obras elaboradas por Carballido entre as que se inclúen colaxes, ensamblaxes, caixas e debuxos. Nos seus traballos, o autor bota man de todo tipo de pequenos obxectos, desde tipos de imprenta a ferros forxados, restos de xoias ou etiquetas de produtos comerciais, para conformar as súas pezas.

Neste sentido, o artista traballa cunha linguaxe profundamente persoal, recuperando obxectos da vida cotiá para integralos e compoñer dunha maneira equilibrada unha nova obra de arte. Trátase de obxectos que deixaron de empregarse, que xa non teñen utilidade, e que adquiren de novo vida propia dentro da peza, evocando lembranzas, recordos e ideas.

Exposicións en Galicia, Francia ou Cuba
Xesús Carballido (O Carballiño, 1954) comezou a expoñer individualmente en 1992, en Noia, aínda que na actualidade as súas obras xa foron exhibidas na meirande parte das cidades e principais vilas galegas así como noutras urbes españolas e do resto do mundo.

De feito, colectivamente apareceu na terceira Mostra Unión Fenosa de 1993 e posteriormente a súa obra estivo presente en mostras de Ourense, A Coruña, Vigo, Castela A Mancha, Madrid, Francia e Santiago de Cuba. Do mesmo xeito, atópase representado na Colección de Unión Fenosa da Coruña, na Colección de Arte Abanca e na Fundación Granell de Compostela, así como noutras coleccións de Galicia e Cuba.

15, Setembro 2021

No patio exterior da entrada principal podemos ver a exposición "O Asilo en tempos de pandemia", unha escolma fotográfica que mostra distintas esceas cotiáns por parte de residentes e persoal do centro durante o último ano e medio que levamos de pandemia do coronavirus.

Este mércores 15 de Setembro tivo lugar o acto central de celebración deste 120 aniversario da gran obra dos irmáns Prieto Pereira, a apertura do Asilo do Carballiño, que 120 anos despóis xestiona a Fundación que leva o nome dos filántropos carballiñeses, un xeriátrico que acolle hoxendía a 105 residentes. Celebrouse unha misa solemne na capela do Asilo e presentouse o documental "Cando o fogar é sentimento" con intervención de varios dos residentes, e no marco dunha xornada na que houbo un aperitivo especial nas propias instalacións da residencia.

As actividades continúan no resto da semana, o xoves 16 en horario matinal desenvolveránse as "Olimpiadas Irmáns Prieto", unha xornada de divertimento e deporte, e ás 18 horas o Orfeón do Carballiño ofrecerá un concerto. Xa finalmente, o venres 17 coincidiendo coa festividade do patrón do Carballiño serviráse un xantar especial e actuará a Banda de Gaitas.

No arquivo do programa local de COPE O Carballiño, correspondente ao dia 15 de Setembro de 2021, podes escoitar a entrevista con Nuria Iglesias, actúal directora do Asilo-Residencia dos Irmáns Prieto.

14, Setembro 2021

O terreo edificable deberá ter unha superficie mínima de 4.000 m2 compatible con usos sanitarios no Plan Xeral de Ordenación Municipal, calquera propietario poderá presentar as súas ofertas. Para elo, o concello do Carballiño convocará un concurso público para "elixir o terreo que mellor se adapte o que piden os técnicos do Sergas, tan pronto secretaría redacte as bases, publicaráse a convocatoria deste concurso", esto foi o que avanzou o alcalde Francisco Fumega durante a súa intervención hoxe en COPE O Carballiño.

Desta maneira, o rexedor municipal saía ao paso das críticas a este procedemento por parte de Espazo Común, ao considerar falta de transparencia por parte da alcaldía. Fumega admitía que baralla dúas posibles ubicacións no entorno do actúal centro de saúde "nun dos terreos sería necesario desenvolver unha área de reparto urbanístico", en todo caso, asegurou que se considerá calquera outra posible opción noutras zonas do Carballiño.

Asi mesmo, dixo que na resolución deste concurso "participarán todos os grupos políticos e calquera veciño do Carballiño, xa que como en calquera outra adxudicación que fai o concello, será a porta aberta".

Fumega tamén desvelou algúns aspéctos técnicos do que será o futuro centro de saúde, según avanzaronlle os técnicos ao propio alcalde, o edificio terá unha superfice construída de 4.000 m2 repartida en dúas plantas, polo que quedarían 2.000 m2 dispoñibles para zona de parking e outros posibles usos.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS