1, Setembro 2021

Os deputados do Partido Popular pola provincia de Ourense, Ana Vázquez e Celso Delgado, rexistraron hoxe unha proposición non de lei no Congreso na que instan ao Goberno a repoñer e planificar novos servizos ferroviarios de calidade nas conexións co Carballiño, incluíndo a mellora do material móbil e atención presencial na estación, "para poñer fin á inaceptable diminución do dereito á mobilidade que sofren os habitantes desta comarca e que xa non se xustifica coa actual situación sanitaria".

Na súa iniciativa, os representantes populares destacan que O Carballiño, ademais de capital dunha importante comarca, é o segundo municipio da provincia de Ourense en poboación, con 14.089 habitantes. "Unha vila de gran tradición termal que experimentou grandes cambios e un deles derivouse da inauguración, en 1957, dunha estación de ferrocarril", lembra Celso Delgado.

Non obstante, e trala posta en servizo en decembro de 2011 da liña de alta velocidade entre Ourense-Santiago-A Coruña, operada por trens Avant e que por ser de novo trazado xa non pasa polo Carballiño, "Renfe iniciou unha paulatina redución de frecuencias dos servizos ferroviarios para os carballiñeses, tanto con Ourense como con Santiago de Compostela, agravada o pasado ano polas restricións de mobilidade impostas por motivo da pandemia da Covid-19".

"A situación a día de hoxe non pode ser máis deplorable", afirmou Delgado, explicando que Renfe só ofrece dous servizos con parada nesta vila: o tren rexional 12960 que sae de Ourense ás 15:30 e chega ao Carballiño ás 16:01 e a Santiago de Compostela ás 17:10. En sentido inverso, o mesmo tren sae de Santiago ás 17:25, chega ao Carballiño ás 18:41 e finalmente a Ourense ás 19:06.

Estes horarios, lamentou, "carecen de atractivo para a inmensa maioría dos potenciais usuarios, posto que un viaxeiro do Carballiño que salga ás 15:56 desa estación chega á capital de Galicia ás 17:10, o que imposibilita acudir a actividades laborais, asistenciais, educativas ou citas sanitarias". Ademais, "para acudir á capital da provincia, saír da vila ás 18:41 e chegar vinte e cinco minutos despois fai inviable calquera xestión similar".

Os deputados recollen na súa proposición non de lei o sentir da sociedade carballiñesa e da comarca, "onde as súas forzas políticas, organizacións sindicais, empresariais e a activa plataforma pola defensa do transporte público veñen expresando de forma reiterada o seu malestar e fastío por este abandono".

Para facer fronte a esta situación, reclaman como mínimo "a plena reposición de todos os servizos ferroviarios suprimidos con ocasión da pandemia, que se dispoñan trens de calidade e con capacidade suficiente para as persoas e as súas equipaxes, así como horarios racionais con trens á primeira hora en ambos os sentidos que permitan acudir ás cidades e aproveitar a xornada, facilitando o enlace con outras conexións que parten desde Ourense a diferentes destinos e cos futuros trens de alta velocidade, ademais de servizos especiais as fins de semana para facilitar a mobilidade dos estudantes".

"A segunda poboación en importancia de Ourense -abondou Celso Delgado- con atractivos turísticos de relevo, riqueza termal, patrimonio e co atractivo gastronómico do mellor polbo do mundo- ben merece ter na estación un servizo presencial de atención ao público que ofreza información aos viaxeiros, cando hoxe só hai a posibilidade de comprar billetes para o tren rexional nunha máquina de autovenda".

A proposición non de lei rexistrada polos deputados ourensáns inclúe os seguintes cinco puntos:

1.- Repoñer de inmediato todos os servizos ferroviarios de RENFE que tiñan parada na estación do Carballiño antes da pandemia da covid-19.

2.- Realizar unha nova planificación por parte de RENFE das frecuencias e dos horarios dos trens, de modo que haxa servizos que permitan viaxar á primeira hora en ambos os sentidos para acudir ás cidades e aproveitar a xornada, ademais de enlazar con outros que parten agora desde Ourense a diferentes destinos e cos futuros trens de alta velocidade.

3.- Establecer servizos especiais as fins de semana para posibilitar a mobilidade dos moitos estudantes de Carballiño e a súa comarca que retornan ou van ás universidades ou centros educativos das capitais.

4.- Mellorar o material móbil que opera nesta liña garantindo aos usuarios a calidade de servizos que merecen.

5.- Dotar á estación do Carballiño dun servizo de atención ao público presencial, acorde coa importancia desta poboación e os seus grandes atractivos turísticos.

1, Setembro 2021

Quero a través desta denuncia advertir aos veciños do Carballiño que nesta vila se está a facer o timo da auga. 

Hoxe a primeiras horas da tarde presentouse no meu edificio unha rapaza que visitou tódolos pisos dicindo que viña a facer unha análise de auga voluntaria. A pesar de que esta rapaza levaba unha acreditación dunha empresa, supoño que falsa, desconfiei das súas intencións, xa que me pareceu raro que unha empresa que non sexa a adxudicataria do servizo da auga do Carballiño fixera estas análises.

Tras facer unha consulta pola internet descubrín que esta análise se trata dun timo. ¿En que consiste dito timo?. Pois, que un comercial dunha empresa se presenta na túa casa decindo que ven a facer unha análise de auga. Tras facer unha serie de pobras a empresa do comercial ponse en contacto cos habitantes da casa para decirlles que a análise da auga  revelou que a nosa auga da traída é perxucial para a nosa súde e que se apreciamos esta a empresa que fixo a análise se ofrece a instalarnos, pagando claro está, un filtro que mellorara, sustancialmente, a calidade da nosa auga.

Rogo, pois aos habitantes de Carballiño e a súa comarca que estean alerta por si un ou unha comercial vai pola súa casa para facer unha análise de auga para que non sexan víctimas desta estafa.

Para máis información:

https://www.huffingtonpost.es/2017/04/03/la-guardia-civil-avisa-del-timo-del-grifo-de-agua_a_22023464/

 

31, Agosto 2021

A conselleira de Política Social, Fabiola Garcia, sinalou que máis de 800 persoas gozaron este verán dunhas vacacións en familia nas residencias públicas do Carballiño e de Panxón. Aproveitou a súa visita á residencia de tempo libre do Carballiño para conversar e coñecer as experiencias dalgunha das familias participantes.

Este programa emblemático tivo que ser suspendido o ano pasado por mor da covid-19. Neste 2021 retomouse con todas as precaucións e con máis facilidades ca nunca para as familias que máis o necesitan: as numerosas, as monoparentais, as de acollida e as vítimas de violencia de xénero. Como novidade todas elas tiveron prioridade en todas as quendas ofertadas.

Así mesmo, Fabiola García fixo fincapé en que os participantes contaron con todas as garantías e medidas de seguridade. Para iso, foi necesario facer reducións de aforo, ofertar a metade de prazas que durante un ano normal, realizar test aos usuarios á súa entrada á residencia e reforzar as medidas hixiénico-sanitarias.

31, Agosto 2021

A edición 2021 do Festival de Teatro Galego terá dous escenarios, o auditorio municipal, onde se presentarán as obras de teatro sempre a partir das 22.00 horas, e a Casa da Cultura, onde desde ás 19.00 horas o público poderá gozar dos monólogos. Así, o domingo 5 de setembro no auditorio está programada a estrea da obra do CDG Serva me, servabo te; o luns, día 6, será a quenda para a compañía Traspediante coa obra Bailar agora; e na última xornada, día 7, La Quintana Teatro estreará O Premio.

Polo que respecta aos monólogos, o día 5 na Casa da Cultura Patty Diphusa-Malala Ricoy presenta o seu traballo Sexo seguro, seguro? Seguro! A compañía O Chuso de Catoira interpretará o día 6 Un vikingo no Fetega; e no último día do festival, o martes 7, Marta Doviro falará das súas Memorias dunha rapasa na costa.

Como actividades paralelas haberá teatro de rúa con Barafunda, que ao longo do festival presentará os espectáculos titulados A rede social, Carballiño me gusta e O Mundo interactúa no Fetega. Na sala de exposicións do auditorio están programadas dúas mesas redondas que abordarán A violencia de xénero escondida na arte, e O amor versus a sexualidade: ferramentas de subxugación ao rol feminino.

O festival, reducido este ano a tres dias de programación, pecharase o martes día 7 coa entrega do citado premio de honra, así como dos galardóns á mellor actriz e actor, ao mellor espectáculo e monólogo cómico. As xornadas teatrais están organizadas pola asociación FETEGA,coa colaboración económica do concello carballiñés, Xunta e Deputación.

31, Agosto 2021

Todos os anos no mes de xullo o Concello do Carballiño viña facendo traballos de desbroce nos pobos da parroquia de Santa Uxia de Lobás, pero este ano, a 31 de agosto, todavia ten esa labor sen facer.

30, Agosto 2021

O concello de San Cristovo de Cea sitúase á cabeza no proceso de inmunización na comarca do Carballiño, rondando o 90% da súa poboación maior de 12 anos xa coa pauta completa da vacinación.

Moi preto, superando lixeiramente o 87% de inmunización na súa poboación están os concellos de Piñor e O Irixo. Entre o 82% e o 84% de inmunidade ante a covid  entre a súa veciñanza están os concellos de Leiro, San Amaro e Punxín, mentres Maside sitúase no entorno do 80%.

No Carballiño, o 75% das persoas mairoes de 12 anos xa completaron a pauta de vacinación, o que representa unha poboación de 9.684 veciños e veciñas do Carballiño que xa están inmunizados, mentres que outras 3.229 persoas aínda están pendientes de acadar a inmunidade, ás que hai que sumar 1.176 menores de 12 anos de idade, o que fai un total de 4.405 persoas que aínda non contan con protección ante a covid.

Por detrás está Boborás, co 72,80% de persoas que xa contan con inmunidade. Xa finalmente, á cola do proceso de vacinación están os concellos de Beariz co 65% da súa poboación diana, e Avión, co 65% da súa poboacion, que son ademáis os dous concellos de toda Galicia máis atrasados según os datos de Sanidade. Unha situación que tería a súa explicación para o alcalde de Avión "temos moitos emigrantes que contan coa súa tarxeta do Sergas, pero que xa viñeron vacinados dos seus países de residencia, por eso non figuran nos datos do Sergas como vacinados, cando a maioría sí o están", aclarou nesta emisora de radio o rexedor municipal de Avión, Antonio Montero.

27, Agosto 2021

A derradeira fin de semana do mes de agosto chega con tempo caluroso e tamén con moitas actividades para o ocio, a cultura e o lecer.

Cine

O Novocine de Leiro proxecta durante toda a fin de semana e ata o xoves da semana entrante 3 películas: Bebé Jefazo 2, A todo tren destino Asturias, e Free Guy. O concello de Boborás proxecta cine de comedia "Hasta que la boda nos separe", sábado 28 ás 22:30 horas na carballeira de Moldes.

Maxia de verán no Irixo

A praia fluvial do Irixo será o escenario de "Maxia de verán" a cargo da compañía de espectáculos culturais "Hípica Celta", o venres 27 ás 21 horas.

"A Lira" en Leiro

A Banda de Música "A Lira" ofrece un concerto ás 20 horas deste venres na Praza do Cruceiro de Leiro, único acto programado polo concello de Leiro neste ano de NON Festa da Vendima.

San Vitorio en Maside

Sen verbenas este ano, aínda que cun variado programa de actividades, entre as que temos -venres e sábado- a animación musical da Banda A Lira e a Banda de Boborás. Tarde de folc e troula -o venres 27- dende as 20:00 horas co grupo "Tanto nos ten" e a charanga CLK. O sábado, de 19 a 22 horas animación coa charanga Castro Bello, e dende as 22:30 horas, noite de concerto cos grupos "le Blank", "The impossiblues" e "Malditos pendejos".

O actor Avelino González en Pazos de Arenteiro

Con moito humor no seu monólogo"Contos de contrabando" dende as 19:30 horas do domingo 29 no adro da Igrexa de San Salvador de Pazos de Arenteiro, dentro da programación de verán do concello de Boborás que aínda terá continuidade no mes de Setembro.

"Ourenrock" na Insua dos Poetas

Do venres 27 ao domingo 29 este festival ofrece ata seis actuacións musicais. O programa, ao detalle, podes encontrálo nesta mesma páxina WEB.

27, Agosto 2021

El Grupo Socialista de Leiro exige explicaciones del Alcalde a los vecinos claras, creíbles y convincentes relativos a la construcción de un pozo y una cisterna para garantizar el suministro del agua en O Salgueiral y en O Mesón.
Mantienen los socialistas que en el pleno del 28/06/2021 el alcalde informo y aclaro que se iba a proceder a la construcción y montaje de un pozo y un aljibe para regadío del campo de futbol y de O Salgueiral. También aclaraba, el Alcalde, que con esta inversión se evitaba agravar los problemas de suministro de agua que se producen en verano a causa del incremento de la población.

Estos días hemos podido observar como en los medios de comunicación se anunciaba el convenio de colaboración entre la Vicepresidencia Primera y la Conselleria de Presidencia, Xustiza e Turismo y el Concello para acometer la construcción de un pozo y una cisterna para resolver parte de los problemas ocasionados por la seca estival y así poder proceder al regadío de dos zonas de marcado carácter medio ambiental y paisajístico como son O Salgueiral y O Mesón. Inversion de la que nos alegramos desde el Grupo Socialista.

Desde el grupo socialista exijimos al Alcalde que explique.

¿Porque el incluye el riego del campo de futbol que exige un mayor volumen de agua que O Salgueiral y O Mesón, cuando en la documentación de la Xunta no se contempla?

¿Que pasa con los alrededor de 315 vecinos de Leiro que no tiene agua de la traída oficial del concello?

Habrá de dar explicaciones el señor Alcalde a los vecinos de Leiro, por los supuestos problemas de suministro de agua en verano, pues el concello dispone de 988 M3 de agua almacenados en los depósitos municipales y la demanda diaria de agua de los vecinos es de 135,5 M3 día, que puede alcanzar los 271 M3 en época de verano.
El Alcalde deberá explicar, como responsable único del control de la gestión del servicio municipal del agua,
¿Porque incluye el abastecimiento para regar el campo de futbol y la Xunta no?

¿Porque teniendo la capacidad en depósitos para suministrar agua durante casi cuatro días sin necesidad de reponer agua en los depósitos con una demanda estival de 271 M3 al día, el concello tiene problemas de suministro de agua a los vecinos en verano?

¿Porque justifica la inversión en el pozo y cisterna por problemas de suministro de agua en verano cuando los datos dicen lo contrario?

25, Agosto 2021

A Insua dos Poetas, no Carballiño, tomará do 27 ao 29 de agosto o relevo como escenario do festival “OurenRock Sound 2021”, cuxa presentación tivo lugar hoxe no espazo de natureza e cultura da Esgueva (Madarnás) coa presenza do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, que comprometeu o apoio da institución provincial, como patrocinador principal, “para que ano tras ano este evento siga a coller músculo e se convirta en todo un referente musical non só en Ourense, senón no resto de Galicia, no noroeste de España e de Portugal”.

“Sen dúbida –dixo Baltar- é o que merecen os promotores deste festival, que foron quen de xuntar un cartel con artistas de diferentes estilos musicais que, acostumados a tocar en espazos de características moi semellantes, van facer unha parada nun lugar único onde se xuntan a natureza e a poesía”. Ademais de felicitar aos organizadores, o presidente provincial tamén tivo palabras de agradecemento a Luis González Tosar por acoller o festival na Insua dos Poetas, así como ao traballo realizado pola área de Cultura que dirixe Aurelio Gómez Villar, “porque este tipo de eventos aportan cultura e lecer, pero ademais singularizan e visibilizan un espazo como este”.

No acto de presentación tamén participaron o delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén; o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega; o presidente da Fundación Insua dos Poetas, Luis González Tosar; e o promotor do festival, Rubén Álvarez.

O “OurenseRock Sound 2021. XS Edición Limitada” alcanza a súa segunda edición nun formato diferente aos anteriores eventos, cun aforo de 600 prazas adaptado aos protocolos sanitarios contra a Covid-19. Na primeira xornada, o venres 27, actuarán no auditorio da Insua do Poetas o grupo galego Dakidarría, que fusiona diferentes estilos e ritmos urbanos e que tras quince anos de traxectoria xa ten editados oito discos. O segundo concerto correrá a cargo da banda TanDuB, onde se mesturan música galega e de Marrocos.

O sábado 28 o público poderá gozar dun dos referentes actuais da música indie en España, Iván Ferreiro, que xa espertou un enorme interese do público quedando tan só 90 entradas para o seu concerto. Nesta xornada tamén actuará Indomable, artista galego con música en formato acústico y en solitario.

O festival pechará a presente edición o domingo 29 con Carlos Tarque e Ricardo Ruipérez, os supervivintes de MClan, cun formato acústico auténtico e que xa levan vendido máis do 70 % das entradas. Lau, cantante coruñesa de ascendencia brasileira, será a segunda invitada nesta xornada.

25, Agosto 2021

O acceso as fincas que dan para o regato do varón na rúa Aquilino Sanchez, son un desastre, o concello non as debroza, o acceso e moi complicado e hai xente maior que accede a elas. Calquer día vai haber un accidente.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS