3, Agosto 2021

Un total de 31 locais da hostalaría carballiñesa ofrecen a próxima fin de semana o seu menú da Festa do Pulpo, dende o concello piden a todas as persoas, familias e grupos de amigos, que fagan a reserva con antelación para evitar aglomeracións e asi pode cumprir a normativa de seguridade ante a covid.

Esta mañá, os responsables municipais co alcalde Francisco Fumega á cabeza ofreceron unha recepción institucional no concello carballiñés ás entidades colaboradoras e patrocinadores, aos que o rexedor municipal agradeceu o apoio que cada ano prestan á Festa do Pulpo, este ano por culpa da pandemia -igual que xa acontecera en 2020- reconvertida en formato de xornadas gastrómicas na restauración local.

Pola sua parte, o delegado territorial da Xunta, Gabriel Alén transmitíu os parabéns a todos os que fan posible a organización desta convocatoria gastronómica malia as dificultades existentes, ao tempo que facía un chamamento público para poder gozar desta celebración gardando todas as medidas precisas que fagan deste evento un exemplo a seguir no contexto actúal.

No arquivo adxunto podes acceder á relación completa dos 31 locais adheridos a estas xornadas gastronómicas desta próxima fin de semana, sábado 7 e domingo 8 de Agosto:

3, Agosto 2021

Se a finca fora dun de nós, xa nos terían  MULTADO  teriamos salido na prensa, etc, pero como son dun sitio privado, son silvas que pertencen a alta clase social, son de alto prestigio,  non se poden cortar ou vós que pensades, aqui nesta Galiza todo se fai según a quen pertenzan as cousas. Esas Silvas e maleza non vos podedes imaxinar o poder económico que teñen, mais dun beneficiase de que sigan ahí. Por eso non dan a orden de cortalas e limpar o sitio, se a  nos ós traseuntes nos molestan temonos que aguantar.  Nós a pagar impostos e a calar.  Según quen sexas e o que teñas serás tratado dunha maneira ou de outra.

3, Agosto 2021

a mascota octavio...madre mía...quen tivo a idea de pasear unha mascota nun coche de cabalos? dende que teño uso de razón creo que é o máis patético que levo visto neste pobo....NUN COCHE DE CABALOS!! quen tivo esa idea? algúen neste pobo parécelle atractiva a idea? e mellor non saber os cartos que costou...non vaia ser que empreguen esos cartos en limpar as rúas que dan pena o sucias que están

2, Agosto 2021

O Carballiño quédase hoxe nos 101 contaxios activos, 4 menos en relación a onte domingo. Tamén restan 1 caso tanto Avión como Boborás, que siguen sendo os outros concellos máis afectados no ámbito intercomarcal O Carballiño-Ribeiro, Avión mantén 22 casos activos e Boborás 18.

No resto de municipios, os contaxios activos son os seguintes: Beariz (11) Maside (11) Piñor (4) O Irixo (3) San Amaro (3) Cea (3) Leiro (2) Punxín (2)

2, Agosto 2021

Union Fenosa ou como se chame, dando exemplo como todos os anos na Carreira, e o concello consentindo. ¿Cánto temos que esperar para que cumplan? ¿a qué esperan, a que non se poida pasar pola acera?

2, Agosto 2021

O Círculo Podemos no Carballiño vén de presentar unha proposta para traballar no desenvolvemento dos dereitos das persoas LGTBI e por unha vila libre de LGTBIfobia. Con isto pretende a implicación do conxunto de actores e veciñanza para frear a número crecente de agresións e vandalismo por motivos de LGTBIfobia.

“A loita contra a LGTBIfobia require do traballo conxunto das distintas institucións xunto a colectivos e veciñanza”, indica a enlace de feminismos do círculo, Alba González, quen continúa explicando que “por iso pedimos o respaldo da corporación a unha serie de medidas que van encamiñadas a dar unha resposta colectiva contra a LGTBIfobia”.

Esas medidas van dende o deseño dunha campaña para un ocio libre de LGTBIfobia, en colaboración coas asociacións de hostaleiros, ata a creación dun punto de información LGTBI municipal ou distintas iniciativas en colaboración cos centros de ensino posto que como sinala a enlace de feminismos, Alba González, “a educación é clave para erradicar a LGTBIfobia e máis cando falamos de que algúns destes actos violentos teñen como protagonistas a xente nova”.

Ademais, vimos de ter constancia de que entre a xuventude da vila se están a recibir ameazas nas redes sociais a certas mozos e mozas, ameazas que poñen como referente o ataque homófobo que se cobrou a vida de Samuel Luiz na Coruña, engade Manuel Nogueira voceiro local da agrupación morada, “ actitudes que son unha lacra e que repudiamos totalmente e contra as que a sociedade ten que loitar unida”.

Dende o círculo podemita poñerán en coñecemento das autoridades pertinentes as distintas capturas e mensaxes volcadas nas redes sociais das que teñen constancia, para que se actúe en consecuencia.

Finalmente, Podemos pide que a Xunta de Galicia se involucre poñendo os recursos para desenvolver de maneira axeitada a Lei 2/2014 pola igualdade de trato e a non discriminación de lesbianas, gays, transexuais, bisexuais e intersexuais, que lle dea impulso ao Observatorio galego contra a discriminación por orientación sexual e identidade de xénero para que sexa unha ferramenta eficaz e que, en diálogo cos colectivos LGTBI, redacte unha Lei Trans Galega.

31, Xullo 2021

Si xente e festa para adiante. Non esquecer que estamos nun concello, o do Carballiño, libre de Covid, ou non?. 

Penso que si, ou eso parece a o ver as medidas de nivel alto que pon a Xunta, e as que fai respetar concello e fan os hosteleiros. 

Ainda a dia de hoxe non me pediron certificado de vacunacion en moitos locias, para que, reduccion de terrazas tampouco, o contrario, mais que e Agosto e hai que facer cartiños, total estamos libre de covid e restriccions. Respaldos pegados, fumando nas terrazas, si fumando que ninguen abra os ollos que os ten coma os meus e ven, actividades do concello como si non pasase nada axudando a ese empuxe  etc. 

Pois ben que mais da, eo mesmo. Veña festas ,veña pulpo, e veña saltar medidas, cada vez mais, total e barra libre. Os que incumplen aproveitan, o que cumple non di nada, no concello miran si chove , a oposicion xoga o desgaste....que diivertido todo. Pois o dito felicito o concello por un carballiño libre de covid.

Si e que o final o traballo ben feito notase.....

Saudos...sen mascara, so faltaba.

 

30, Xullo 2021

O PSdeG-PSOE de Leiro lamenta a actitude do presidente da Entidade Local Menor de Berán por non dar resposta as preguntas que por escrito formularon dende a formación socialista sobre a situación actual das instalacións do antigo Balneario, asi como outras cuestións relativas ás responsabilidades do presidente da ELM, ao que tildan de "antidemocrático".

En concreto, os socialistas pregúntanse en que situación está na actualidade o antigo balneario de Berán ¿aberto ou Pechado? E se están pechadas ¿por qué motivo están sendo utilizadas? ¿hai algún cartaz advertindo que non poden utilizarse? A piscina exterior está chea de auga, polo que o grupo socialista pregúntase quen se fará responsable no caso de rexistrarse unha incidencia nestas instalacións, que son propiedade da Entidade Local Menor de Berán.

Tamén se interesan os socialistas polo novo balneario e, de forma expresa, peguntan sobre se houbo algún roubo nas súas instalacións e se fose asi, se foi presentada denuncia ante a Garda Civil. Finalmente, o PSdeG-PSOE mostra o seu interese por saber qué xestións se están levando a cabo por parte da Entidade Local Menor de Berán para o recoñecemento e promoción do Camiño de Santiago da Geira e dos Arrieiros ao seu paso pola localidade.

30, Xullo 2021

Este novo servizo que pon en marcha o concello de Avión serve como canle directa de comunicación dos danos que se detecten no equipamento urbano do municipio. Para todos aqueles que non poidan ou non saiban empregar esta APP, seguiráse coas canles de comunicación habituais de avarías: vía telefónica ao 988 48 60 00 ou de maneira presencial nas oficinas municipais.

Para utilizar o servizo é necesario descargar a APP en Google Play ou APP store de forma gratuíta. O usuario debe seleccionar o municipio sobre o que quere comunicar a incidencia. Para comunicar unha incidencia, basta con picar sobre o botón "Nova Incidencia". O usuario selecciona o tipo de incidencia que quere comunicar, podendo engadir fotos ou algún comentario. Unha vez enviada, o persoal do Concello recibe notificación do dano comunicado.

O cidadán recibe notificación no seu teléfono móbil sempre que se produza un cambio no estado da mesma. O Concello de Avión anima aos veciños do termo municipal a utilizar o servizo Liña Verde. Grazas á participación cidadá preténdese lograr un municipio que cumpra coas expectativas de benestar social dos seus veciños.

30, Xullo 2021

Na liña dos últimos dias, os datos do coronavirus confirman a tendencia á baixa nesta quinta onda da pandemia, no Carballiño o número de contaxios activos baixa hoxe ata os 117, son 11 menos que onte.

Boborás quédase en 19 contaxios activos, que son 5 menos que antonte.Tamén baixan Cea (-2) (3) Piñor (-1) (4) Leiro (-3) (3) e Avión (-2) (30) Temos repetición de datos en Maside (13) O Irixo (4) San Amaro (3) Punxín (1)

O único concello da comarca que incrementa hoxe os contaxios activos é o de Beariz, que pasa dos 12 contaxios que notifica onte aos 14 que rexistra neste dia 30 de Xullo.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS