25, Novembro 2024

Unha familiar foi á entrevista para o obradoiro de emprego e pídenlle un certificado de que non ten estudos para poder acceder. E resulta que ese certificado non llo fan en ningún sitio porque solo certifican os estudos que ten, non os estudos que non ten. É increible que unha persoa sen estudos quede fóra do obradoiro de emprego porque non pode presentar un documento imposible de conseguir. E o peor: entrarán no obradoiro persoas con formación e os encargados da selección de candidatos quedarán tan tranquilos. Lamentable que non sexan capaces de redactar unhas bases que polo menos sexan legais, porque pedir requisitos imposibles moi legal non parece.

24, Novembro 2024

A Banda de Gaitas e Danzas O Irixo estivo presente no acto celebrado en Ribadavia para presentar o proxecto de declaración do baile e música tradicionais como Ben de Interese Cultural

Nun encontro celebrado no Museo Etnolóxico de Ribadavia, o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, anunciou o inicio dos trámites coa publicación no Diario Oficial de Galicia deste luns 25 de novembro, da declaración do noso patrimonio inmaterial como BIC.

A agrupación xestionada pola Asociación de Gaiteiros do Irixo, cunha pequena representación de once integrantes, presentou unha mostra da súa música e bailes tradicionais como colofón do evento. Nun formato de cuarteto tradicional e tres parellas de baile, membros desta escola puxeron en valor o gran traballo de formación que se leva na Banda de Gaitas e Danzas O Irixo, que con máis de 50 alumnos segue apostando pola formación de xeracións futuras, contribuíndo así á divulgación e defensa da nosa cultura e manifestacións artísticas propias.

23, Novembro 2024

Os verdes mereceron máis que un punto e ao final, e menos mal, tiveron que conformarse co empate ante o equipo navarro que sen facer apenas merecementos lograron adiantarse no minuto 84 de partido, catro minutos despóis Martin Solar lograba o 1-1 definitivo.

O Arenteiro, que con este empate acumula 12 xornadas cunha única derrota, pudo e debeu gañar este partido, pero no fútbol non sempre gaña sempre o que máis o merece, e o partido de hoxe foi un bo exemplo.

Tanto na primeira como, sobre todo na segunda parte, o Arenteiro foi claro dominador do encontro ante un Osasuna que achicaba como podia, a veces con bastante fortuna, as acometidas do Arenteiro sobre a portería navarra. Pero non era a tarde e non pudo ser.

Agora, toca xa pensar na próxima xornada na que o Arenteiro volve xogar en Espiñedo, recibindo desde as 17:30 h. do domingo 1 de decembro ao filial do FC Barcelona, o Barsa Atlectic.

Video resumen do partido:

https://www.youtube.com/watch?v=c4pEjnobyjE

Cronica do partido:

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2024/11/24/arenteiro-rebel...

23, Novembro 2024

O concello do Carballiño executou o proxecto de reforzo da iluminación do Estadio de Fútbol Municipal de Espiñedo, a través dunha achega económica de 60.000 euros da Consellería da Presidencia, Xustiza e Deportes.

A nova iluminación xa luciu no partido do campionato de liga da Primeira Federación que xogaron na tarde-noite deste sábado Arenteiro e Osasuna Promesas, desde as 19:30 horas, con luz artificial.

A iluminación instalada con tecnoloxía LED, permite tanto a mellora lumínica que poideron comprobar a afección que seguíu o partido no propio estadio, como os que o fixeron a través da G2 ou FEF TV, que retransmitiron en directo o partido. Ademáis, tamén obtén agora unha maior eficiencia e aforro enerxético.

O Club Deportivo Arenteiro cumpre asi as esixencias federativas, que viñan advertindo da deficiente iluminación, non apta para a actúal categoria na que está a competir por segundo ano consecutivo, a categoria de bronce do fútbol español  e antesá da Liga de Fútbol Profesional.

 

 

23, Novembro 2024

Xa bastante filtro teñen feito dende a Cope..., senon esto arderia... pero tu empeza por aplicarte o conto... e firma xa tu co teu nome e apelidos... e non veñas dar aqui leccións de nada, e menos tu.... non se viu aqui nada escrito de ningun traballador... non mintas que tu xa te delatas... se che escoce rascate que ainda che vai escocer moito mais....

22, Novembro 2024

Na tertulia deste venres 22 de novembro acompañan a Xan Pinal nos estudios de COPE O Carballiño, María Luisa Rodríguez, Manuel Nogueira, Fátima Gómez e José Antonio Barge.

Entre os asuntos tratados está o interés do alcalde de Ourense, Gonzálo Jácome, por emitir a súa televisión Auria no Carballiño, tras o cese nas súas emisións de Badal Novas fai unhos meses atrás.

Escóitaa aquí.

21, Novembro 2024

O persoal da residencia pública de mairoes do Carballiño, que xestiona a empresa GESMEDICAL DIS SL, concentrouse este xoves ás portas do centro convocado polo Comité de Empresa, para demandar melloras tanto nas condicións de traballo como na atención asistencial.

O Comité de Empresa valora moi positivamente o apoio a esta primeira protesta, asegurando que "tivo o apoio de preto do 100% dos traballadores e traballadoras" desta residencia pública, que ten unha capacidade asistencial de 80 prazas, a maioría de persoas dependentes.

21, Novembro 2024

Estamos todos los dias con la misma critica dirigida a los dirigentes do Concello do Irixo y ciertos trabajadores.

Creo que las denuncias estas anonimas se acabarian cuando tuvieran que poner el nombre de quien la formula.

Porque ese tipo de personas no serian tan valientes de hacer esa critica si se vieran identificadas,es muy facil criticar sin dar la cara ni poner quien es el autor.

Sin mas un vecino 

Un saludo

21, Novembro 2024

O xerente do Servizo Galego de Saúde, José Ramón Parada, anunciou esta tarde no Parlamento de Galicia a inminente ampliación do persoal de enfermería nos Puntos de Atención Continuada (PAC) do Carballiño, asi como nos do Barco de Valdeorras, Xinzo de Limia e Ourense, con 12 novos profesionais desta especialidade.

Así, e no marco da Comisión 5ª de Sanidade, Política Social e Emprego, o responsable do Servizo Galego de Saúde explicou que desde xaneiro de 2025 estes centros sanitarios de atención primaria verán incrementados os seus recursos humanos de acordo á demanda asistencial que rexistran na actualidade.

En resposta a unha pregunta parlamentaria, José Ramón Parada remarcou que a planificación do persoal dos PAC realízase en función da poboación e das cargas de traballo, e non da equiparación entre persoal sanitario.

Neste sentido, apuntou que no caso da provincia ourensá “a súa dotación é semellante á do resto das áreas sanitarias galegas”. Actualmente, a área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras conta con 14 Puntos de Atención Continuada, aos que se engaden dúas Zonas Especiais (A Gudiña-Mezquita e A Veiga-O Bolo).

Sobre este particular, e en alusión ás novas incorporacións de persoal, precisou que os PAC de Ourense, O Barco de Valdeorras, Xinzo de Limia e O Carballiño “terán unha equiparación completa”, no que atinxe á ratio médico-enfermeira.

21, Novembro 2024

O xoves 21 de novembro, levouse a cabo unha manifestación na Residencia de maiores da xunta , situada no cornuval , e con xestión privada, empresa Gesmedical .

As traballadoras e  usuarios, reclaman traballo e condicións dignas.

Parece que dende fai uns meses a cousa non é o que era e deixa moito que desexar a nova administración .

O Carballiño debía apoiar a estas traballadoras e os usuarios do centro

Que triste chegar a vello e que os coidados que recibes non sexan os máis adecuados

Que triste traballar e que nin recibas un trato digno  nin un soldo en tempo e forma

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS