26, Xullo 2021

Tras varias semanas de incremento diario no número de contaxios activos, O Carballño consigue un primeiro descenso, xa que na útlima actuliazación de datos de Sanidade notifícanse 130 casos de coronavirus no municipio carballiñés, 4 menos que o dia anterior.

Tamén resta 1 caso Avión, que se queda con 31 e Maside, que ten 13 contaxios activos, e tamén ten un caso menos Beariz, que se queda con 12. O Irixo pasa de 5 contaxios de onte aos 4 de hoxe.

 Pola súa parte, Boborás manténse cos mesmo contaxios activos que xa tiña, 22. Tamén repiten datos Leiro (8) Cea (6) Piñor (5) San Amaro (3) e Punxín (1)

 

26, Xullo 2021

A Xunta de Galicia lembra á cidadanía que as persoas identificadas como contacto estreito non precisan recorrer aos servizos de atención primaria, agás no caso de presentar síntomas.

Neste mesma liña, o Executivo galego reforza con 250 profesionais á Central de Seguimento de Contactos, co ánimo de garantir unha óptima atención ás persoas corentenadas por mor do coronavirus, ao tempo que, evita unha sobrecarga de traballo ao persoal de atención primaria.

Os servizos dependentes do departamento de Saúde Pública, como son as xefaturas territoriais ou a Central de Seguimento de Contactos, informan de que estarán exentas de gardar corentena aquelas persoas que, malia ser consideradas contacto estreito, estean vacinadas con pauta completa na data do último contacto coa persoa contaxiada; así como aquelas persoas asintomáticas que pasaran a enfermidade -confirmada mediante proba diagnóstica- nos seis meses previos á última xuntanza co caso positivo.

Con todo, en ambos os dous casos, existen tres excepcións que si obrigarían a estes contactos estreitos a gardar corentena. Nomeadamente, no caso de tratarse de persoas inmunodeprimidas, se existe a sospeita de que o contaxio se debe a unha variante especial do virus -beta e gamma-, ou ben, se o contaxio procede dun visón.

Os protocolos sanitarios determinan que os servizos dependentes de Saúde Pública son os encargados de identificar, entrevistar, declarar ou non a corentena, facer o seguimento e solicitar as probas diagnósticas destas persoas.

De acordo con estes documentos, considéranse contactos estreitos aquelas persoas que compartiran espazo cunha persoa infectada por coronavirus, cunha distancia interpersoal inferior aos 2 metros e durante un período de tempo superior aos 15 minutos. Ademais, tamén se considera contacto estreito ás persoas que, proporcionando coidados a un caso covid-19, estivesen en contacto cos seus fluídos.
Seguimento dos contactos estreitos exentos de corentena

Aquelas persoas que sexan identificadas por Saúde Pública como contacto estreito, e sempre e cando o departamento sanitario non lle indique a obrigatoriedade da corentena, permanecerán baixo vixilancia. Deste xeito, Saúde Pública encargarase de citalas para a realización de probas diagnósticas nas seguintes datas á súa identificación.

Cómpre subliñar que estas probas PCR serán solicitadas por Saúde Pública dun xeito automático, polo que non é preciso nin chamar nin acudir aos centros de atención primaria para concertalas.

Os contactos estreitos exentos de gardar corentena deberán seguir as instrucións xerais de prevención e control: evitar lugares e eventos concorridos, o contacto coas persoas máis vulnerables á enfermidade, estar localizable, realizar as probas PCR que lle indique Saúde Pública, manter a distancia de seguridade e usar sempre a máscara.

Se por calquera motivo, as persoas exentas de illarse non poideran respectar as medidas de prevención e control, estas deberán gardar a correspondente corentena.
Seguimento dos contactos estreitos con obrigatoriedade de corentena

Pola súa banda, os contactos estreitos aos que Saúde Pública determine a obriga de gardar corentena, contarán cun seguimento diario, ben por vía telefónica, ou ben, mediante a plataforma Telea. Sanidade remarca que será este departamento sanitario quen contacte directamente con estas persoas.

Ás persoas con obriga de gardar corentena, Saúde Pública solicitaralle unha PCR aos 5 e aos 10 días do seu último contacto coa persoa contaxiada. Así, o resultado destas probas diagnósticas será comunicado por SMS. Neste senso, se a proba realizada no décimo día obtén un resultado negativo, remataría a corentena; pola contra, se o resultado dalgunhas desta probas é positivo, o contacto pasará a considerarse caso confirmado, polo que recibirá unha nova chamada de persoal médico, no que se lle indicará como debe proceder en cada momento, e como se implementará o seguimento de corentena.

25, Xullo 2021

O Carballiño continúa aínda á alza nesta quinta onda da pandemia, e alcanza hoxe domingo os 134 contaxios activos, son 4 máis que o dia anterior. Tamén volve incrementar o número de persoas con infección activa Boborás, 22, que son 3 máis que onte.

Maside tamén sobe 2 casos, e stitúase con 14. O concello de Avión rexistra hoxe 1 caso máis que onte e volve aos 32 contaxios activos. San Amaro notifica hoxe un caso máis que onte, polo que son 3 os contaxios activos neste municipio

Non se observan variacións no resto de municipios según a actualización de hoxe domingo dia 25 de Xullo, polo que o mapa municipal  do coronavirus no noso ámbito queda asi: Beariz (13) Leiro (8) Cea (6) O Irixo (5) PIñor (5) Punxín (1)

25, Xullo 2021

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, e o alcalde de Beariz, Manuel Prado López, asinaron onte un acordo bilateral no que se establecen as bases para o financiamento das obras de reforma do centro de saúde da localidade. No acto, estiveron acompañados polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén Castro, e polo xerente da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, Félix Rubial Bernárdez. O investimento deste proxecto de mellora ascende a 122.967 euros, partida económica que será cofinanciada a partes iguais polo Sergas e o concello.

O conselleiro de Sanidade agradeceu a boa disposición do alcalde e, tamén, o papel de interlocución que fixo o delegado territorial da Xunta para poder asinar este convenio, con tempo suficiente para que se poida licitar a obra e executarse en prazo. Deste xeito, o persoal e os pacientes do centro de saúde de Beariz contarán a partir do ano que vén cun centro de saúde mellor e máis confortable.

As obras, logo do informe dos técnicos do Sergas que visitaron o centro, consistirán na mellora da accesibilidade do centro, que na actualidade non conta cun acceso adaptado. Para iso, a proposta do Concello, optouse por un proxecto que prevé pasar a área asistencial a andar semisoto, ao que se accede directamente dende a rúa por unha porta situada na fachada lateral dereita do edificio, e deixar no andar baixo unicamente a sala de xuntas, o almacén e unha sala covid próxima ó acceso pola entrada actual. Esta actuación suporá a remodelación de toda o andar, creando aseos adaptados, realizando a apertura dos ocos das ventás, o cal provoca unha modificación das fachadas do edificio e a renovación de toda a carpintería.

Ademais, aproveitarase a actuación para realizar unha limpeza de toda a cuberta, reparando as tellas que se atopen deterioradas e especialmente os encontros cos lucernarios.

24, Xullo 2021

Este sábado dia 24 de Xullo marca un record no número de contaxios activos nun dia desde que se declarou a pandemia en marzo de 2020, son 275 contaxios activos os que se rexistran hoxe nas comarcas do Carballiño-Ribeiro.

O concello do Carballiño sigue incrementado contaxios e chega hoxe aos 130 casos, 7 máis que onte. O segundo concello con máis contaxios activos é Avión, que hoxe notifica 31 casos, aínda que por vez primeira nas últimas semanas consigue un descenso no número de casos activos, xa que onte Avión rexistraba aínda 33 contaxios, hoxe ten 2 menos.

Na comarca carballiñesa o mapa do coronavirus ofrece hoxe os seguintes contaxios activos en cada concello: Boborás (19) Beariz (13) Maside (12) Cea (6) Piñor (5) O Irixo (5) San Amaro (2) e Punxín (1)

No Ribeiro, Ribadavia (27) Leiro (8)  Carballeda de Avia (4) Cenlle (4) Arnoia (4) Cortegada (2) Castrelo (1) Melón (1) Beade (0)

23, Xullo 2021

O Carballiño continúa de dia en dia rexistrando un novo record de contaxios de coronavirus nesta quinta onda da pandemia, hoxe venres ten 7 contaxios máis que onte, polo que alcanza a cifra de 123 contaxios activos. 

Tamén incrementan hoxe os contaxios Maside (+2) (12) Avión (+1) (33) Piñor (+1) (5) e Cea (+1) (5)

Repiten datos o resto de municipios, que manteñen os seguintes contaxios activos: Boborás (20) Beariz (13) Leiro (8) O Irixo (7) San Amaro (2) Punxín (1)

23, Xullo 2021

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda colaborará co Concello de Boborás na construción dunha piscina municipal, cunha achega de algo máis de 330.000 euros.

A conselleira, Ángeles Vázquez, e a alcaldesa, Patricia Torres, asinaron esta mañá o acordo de cooperación, polo cal a Xunta achegará un 70% do orzamento previsto e o Concello a porcentaxe restante. A parte que corresponde ao concello será aportada pola Deputación de Ourense,segundo avanzou a alcaldesa de Boborás.

Tal e como indicou a conselleira, coa sinatura desta colaboración avánzase un paso importante, xa que esta rúbrica permite ao Goberno galego licitar as obras, sempre que se conte co proxecto aprobado polo Concello, así como a libre disposición dos terreos nos que se localizará esta instalación deportiva.

A Xunta é consciente da importancia que ten para os concellos a materialización de determinados proxectos urbanísticos para mellorar a calidade de vida dos seus veciños e dinamizar determinadas zonas. Neste sentido, os equipamentos urbanos desempeñan un papel fundamental como factor dinamizador para o desenvolvemento social e cultural da sociedade e son, ademais, elementos estruturais da contorna.

Ambas responsables coincidiron en que con este compromiso tamén se atende a unha vella demanda veciñal, xa que Boborás é dos poucos municipios da comarca que non conta aínda cunhas instalacións deste tipo.

22, Xullo 2021

O Carballiño sigue incrementando contaxios activos e suma hoxe 116 contaxios activos, son 16 máis que o dia anterior.

Tamén soben os casos en Boborás, que hoxe notifica 20 casos, Beariz con 2 persoas máis que onte e suma xa 13 contaxios. Avión tamén aumenta un caso en relación a onte e chega hoxe aos 32 contaxios neste municipio.

Non se observan variacións no resto de municipios, nos que seguimos cos mesmos contaxios activos que xa había onte: Maside (10) Leiro (8) O Irixo (7) Cea (4) Piñor (4) San Amaro (2) e Punxín (1)

 

22, Xullo 2021

Trátase dunha demanda que Espazo Común vai trasladar en forma de moción ante o pleno da corporación municipal, e coa idea de que o concello promova a construcción dun segundo pavillón de deportes no Carballiño.

Entenden que é manifesta "a carencia de instalacións  é un handicap demasiádo complexo de superar, as instalacións ao aire libre son poucas e mal coidadas e de promesas como a da pista de atletísmo nunca maís se soupo" mentres que "con respecto ás actividades en interior, o Pavillón Pacho Chao é a todas luces insuficiente para a demanda a pesares do parche recurrente das pistas dos institutos, que non contan apenas con infraestructura, non hai nada máis".

Espazo Común reflexiona sobre a necesidade do "fomento da vida sana e o deporte, promover accións encamiñadas á súa practica en todas as franxas de idade e ofrecer cantas máis posibilidades, en todos os sentidos, mellor".

Finalmente, remarcan que "é unha necesidade imperiosa que o concello se poña a traballar e permita satisfacer a demanda e xerar actividades de ocio alternativas para a xente máis novoa". Porque "para calquera adolescente é moito máis doado meterse nun bar ou nunha casa de apostas que practicar según que deportes, e eso é xusto o que hai que evitan", subliñan.

21, Xullo 2021

Medio centenar de establecementos participan ata o próximo dia 1 de Agosto na "2ª Ruta Povarelo da Comarca do Carballiño" na que poderá acompañarse "o noso vermút" con tapas de queixo Palo Santo, que serán ofrecidas gratuítamente. Nesta segunda edición, ademáis dos carballiñeses, incorpóranse hosteleiros de San Amaro, Dacón e Garabás.

Trátase dunha iniciativa promocional do vermút Povarelo elaborado no Carballiño por Destilerías Paniagua, que conta coa colaboración dos hosteleiros e o concello do Carballiño, a ruta foi presentada na Praza da Veracruz por José Manuel Nóvoa en representación da organización e Manolo Dacal, concelleiro de turismo do Carballiño.

Os clientes que se suman á ruta Povarelo poderán participar nun sorteo que terá varios premios, entre eles unha noite de hotel con SPA no Grove, actividades no circuíto Racing Dakart de Sanxenxo ou packs de Povarelo.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS