14, Xullo 2021

O concello carballiñés comunicou hoxe que "haberá pulpeiros por toda a vila pero non se organizará a comida do recinto no parque municipal", será "unha festa do pulpo restrinxida" e tamén este ano reducida ao ámbito urbano.

Recomendaráse a reserva para poder degustar o polbo á feira nos locais da hostelería carballiñesa non so o domingo 8 de agosto, senón durante toda a semana previa, igual que xa acontecera o ano pasado. 

Dende o concello do Carballiño manifestan que "apóstase todos os anos por potenciar a programación cultural  e as actividades para todos os públicos e tamén se contará novamnte con propostas para animar e dinamizar o O Carballiño nas xornadas pre-pulpo", agardando que para o próximo ano 2022 poida recuperarse o programa tradicional da festa e os acontecementos que cada ano fan do Carballiño a referencia festiva e gastronómica de toda Galicia.

13, Xullo 2021

HOXE dixéronme de varios positivos en rapaces de 14/15 anos, penso que é urxente que se faga un cribado no Carballiño entre a poboación de 12 a 18 anos, a cousa ponse fea.

13, Xullo 2021

Hoxe día 13 de Xullo temos 47 casos positivos na vila do Carballiño e 62 no total da comarca.

Hoxe fai 12 días que se abriu o ocio nocturno pouco tempo despois da relaxación das medidas propias desta pandemia, véxase a mascarilla, o toque de queda ou as limitación das reunións en grupos numerosos. 

Hoxe, todo parece indicar que máis cedo ca tarde volveran a pechar o pobo.

E se ben é certo que todos e cada un dos que residimos na vila temos algo de responsabilidade, é unha obviedade que algúns a teñen máis ca outros. Non quero caer ca criminalización da xente nova, porque igual que vexo os rapaces xuntos bebendo, vexo a xente adulta facendo o propio. Supoño que despois dun ano tan duro, todo o mundo precisa disfrutar o máximo para non rematar de volverse tolo.

Pero se hai algo que me resulta radical e absolutamente intolerable é que as autoridades pertinentes miren cara outro lado para que unhos poucos gañen cartos durante unhos días e os outros teñamos que sufrilas consecuencias duante o nos verán, durante as nosas vacacións. Négome a creer que a policía local situada a escasos 50 ou 100 emtros dalguns dos locales de maior actividade nocturna do pobo non sexan capaces de controlar a situación. Négome a crer que haxa lugares sen lei onde se poden xuntar decenas de personas sen mascarilla a beber e cantar sen ningún pudor ou vergoña.

Coma sempre, pagaremos xustos por pecadores. E coma sempre ninguén asumirá ningún tipo de responsabilidade. Porque se algo caracteriza ó Carballiño é a desresponsabilización a todolos niveles. E así nos vai, a segunda vila en importancia da provincia sen servizos públicos de ningún tipo, sen un nivel minimamente adecuado de limpeza ou orde e sumidos nunha mediocridade terrible na que únicamente se pensa nos bares e nas festas en lugar de xerar un lugar para vivir, asentar poboación e non ter que ser noticia única e exclusivamente por ter o dudoso honor de dar nome ó modelo máis restrictivo de medidas anti covid.

13, Xullo 2021

A última actualización de datos correspondente a este martes dia 13 de Xullo deixa un novo incremento de contaxios no Carballiño, 8 máis que onte, que fan un total de 47 contaxios activos.

Tamén é sigñificativo o aumento de casos no concello de Avión, que alcanza hoxe os 10 contaxios activos, 3 máis nas últimas horas.

Rexistran os primeiros casos desta quinta onda da pandemia os concellos de Leiro (2) e San Amaro (1) No resto de municipios afectados os casos covid activos a dia de hoxe son os seguintes: Beariz (5) Piñor (3) O Irixo (2) Boborás (1) 

13, Xullo 2021

O concello pon a disposición do público as entradas gratuitas para asistir aos catro eventos máis importantes do Verán Cultural 2021, que terán lugar na praza da Veracruz: o concerto de Pablo Milanés, o concerto de Verto e os monólogos de Touriñán e “El Sevilla”.
As entradas poderán solicitarse dende hoxe nos seguintes enlaces da plataforma woutick.es.
EL SEVILLA. 22 de xullo ás 21,00 h.
https://www.woutick.es/evento/1549/entradas-el-sevilla-en-carballino?pla...
PABLO MILANÉS. 6 de agosto ás 23,00 h.
https://www.woutick.es/evento/1551/entradas-pablo-milanes?place=770&date...

TOURIÑÁN. 15 de agosto ás 20,30 h.
https://www.woutick.es/evento/1552/entradas-tourinan-en-carballino?place...

VERTO. 29 de xullo, ás 23,30 h.
https://www.woutick.es/evento/1550/entradas-verto-en-carballino?place=76...

No resto dos eventos o acceso realizarase por orde de chegada ata completar o aforo.

12, Xullo 2021

Os datos actualizados neste lúns dia 12 de Xullo, volven poñer de manifesto un novo incremento dos contaxios de coronavirus no Carballiño, que chega hoxe aos 39 casos, a cifra máis alta dende o pasado dia 20 de Febreiro.

Tamén experimenta un incremento de casos activos o concello de Beariz, que pasa dos 2 que tiña onte aos 5 que rexistra hoxe.

Non se observan variacións no resto de municipios: Avión (7) Piñor (3) O Irixo (2) Maside (2) Boborás (1) Cea (0) Punxín (0) San Amaro (0) Leiro (0)

12, Xullo 2021

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense aprobou hoxe a concesión de achegas económicas en materia de cooperación cos concellos, que desta vez beneficia a dous municipios da comarca carballiñesa.

O concello de San Cristovo de Cea recibe 48.000 euros para a pavimentación de beirarrúas no polígono industrial de titularidade municipal, sito no Fondo de Cea.

Semellante cantidade, tamén 48.000 euros, destínase ao concello de Punxín, neste caso para a instalación de barreiras de seguridade en estradas da rede viaria municipal.

11, Xullo 2021

A actualización de datos feita polo Sergas neste domingo dia 11 de Xullo incrementa en 4 os contaxios activos no municipio do Carballiño, polo que os contaxios activos soben ata os 35 casos..

Tamén se diagnosticaron novos contaxios en Maside e O Irixo, 1 caso -respectivamente en cada concello- polo que son 2 os contaxios activos tanto en Maside como no Irixo. Beariz continúa con 2 contaxios activos, Piñor con 3, e Boborás con 1.

O concello de Avión rexistra un novo contaxio nas útlimas horas, o que eleva o número total en Avión aos 7 casos activos. No resto dos concellos ribeiráns non se observan variacións, agás no concello de Ribadavia, que rexistra un incremeto de 2 novos contaxios e alcanza os 32.

10, Xullo 2021

O Carballiño, que hoxe sábado alcanza os 31 casos supera xa a Ribadavia (30) en contaxios activos no territorio intercomarcal O Carballiño-Ribeiro. Tamén incrementa os contaxios o concello de Avión (+2) e alcanza os 6 contaxios activos.

Na actualización deste 10 de Xullo non non se observan variacións no resto de municipios, que manteñen os seguintes casos Covid:
Beariz (2) Boborás (1) O Irixo (1) Maside (1) Piñor (3)A Arnoia (4) Beade (2) Carballeda de Avia (5) Cenlle (1) Cortegada (2) e Melón (1). Continúan resistindo o avance desta nova onda, de momento sen que rexistren casos, os concellos de Leiro, Castrelo, Punxín, San Amaro e Cea.

9, Xullo 2021

O Portavoz do Grupo Municipal Socialista do Concello de O Irixo, Iago Fariñas Valiña, presenta unha moción para ser tratada no próximo Pleno da Corporación, PARA DOTAR DE SANEAMENTO OS MÁIS DE 30 POBOS DO IRIXO QUE NON TEÑEN.
Os socialistas na súa moción expoñen:
PRIMEIRO.- Que xa o pasado 8 de setembro de 2017, os socialistas presentamos e levamos o pleno unha moción para DOTAR DE SANEAMENTO OS MÁIS DE 30 POBOS DO IRIXO QUE NON TEÑEN, case 4 anos despois O Irixo segue con esta gran deficiencia dun servizo básico tan importante, xa que O Irixo na actualidade ten máis de 30 núcleos de poboación sen servizo de saneamento, algún incluso sen abastecemento de auga corrente.
SEGUNDO.- Que o grupo socialista ven de constatar que de forma total ou parcial no Irixo os seguintes núcleos carecen de Saneamento: Segade, Cangues, A Pedriña, Santiso, Outeiro de Readegos, Cerdeira de arriba, Cerdeira de abaixo, As Antas, Valdesoiro, Paredes, A Ermida, Frixe, Surribas de Froufe, Zebral, O Espiño, Sidre, Covelo, Espiñeira, A Esfarrapa de abaixo, Vila, Trabazón, Munin, Nabas, Barro de San Cosme, Rio, O Coto, Chelos, Zacarade.... e outros moitos...
TERCEIRO.- Que é impensable que en pleno século XXI un goberno municipal non so non sexa capaz de acometer estes servicios básicos para a súa veciñanza, senón que anuncie a construción de pistas de padel e outras custosas infraestruturas para o desfrute principalmente de foráneos, e non sexa quen de ter este servicio básico cuberto para a súa veciñanza, con axuda de outras administracións ou cos seus propios recursos, o saneamento de todos estes pobos ou núcleos de poboación.
CUARTO.- Que debemos recordar que nos últimos días o alcalde do Irixo ve de facer alarde dunha gran inversión na estación dun centro deportivos para as familias, con pistas de padel e outras infraestruturas cando a escasos metros os pobos e a veciñanza carecen dos servizos esenciais para poder vivir dignamente no rural.
QUINTO.- Que entendemos que e imperdoable que se anuncien obras e proxectos para atraer os de afora O Irixo mentres non se fai nada por mellorar a vida polos que residen dentro do Irixo.
SEXTO.- Que entendemos unha falta de traballo imperdoable do goberno municipal, que tendo medios e recursos económicos para acometer o saneamento dos núcleos de poboación do concello non o fai, mestres gasta parte dos seus recursos noutras obras que non son prioritarias como si o é que os veciños teñan o saneamento das súas vivendas garantido.
SEPTIMO.- Que é especialmente preocupante que nalgún pobo se acometese a instalación de saneamento das casas do pobo e finalmente se canalizase e deixase a ceo aberto vertendo por un rego sen finalizar nunha fosa séptica.
Por todo o manifestado, o Grupo Municipal Socialista do Concello de O Irixo presenta para a súa consideración e aceptación polo Pleno Municipal a seguinte MOCIÓN instando ó Concello a:
Que o Concello de O Irixo mediante unha modificación de crédito habilite unha partida orzamentaria para poñer en marcha cos seus propios medios e/ou a axuda de outras administracións o saneamento integral de tódolos pobos de O Irixo como prioridade máxima para o Concello fronte a outros proxectos non necesarios.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS