
O PSdeG-PSOE de Leiro critica que o rexedor do municipio, o popular Francisco José Fernández, non pode “xustificar” o desembolso de 42.000 euros achegados pola veciñanza para a limpeza das fosas sépticas. Os socialistas denuncian que levan máis de dous meses solicitando a documentación sobre a limpeza destas fosas no termo municipal de Leiro e atópanse agora con que a resposta do rexedor e que “se comprobou que están en orde” e que “de cando en vez se miran como están”.
Para o Grupo Municipal Socialista esta resposta e modus operandi do grupo de goberno municipal do Partido Popular deixa en evidencia que o alcalde e o seu equipo “descoñecen” o contido das cláusulas do contrato da auga, así como o estudo técnico que eles mesmos aprobaron a finais de 2014. Os socialistas tamén lembran que o propio alcalde “asumiu persoalmente” a responsabilidade do control e a fiscalización da execución e cumprimento do contrato por parte da empresa concesionaria. Dentro de ese contrato e do estudo técnico que regula o servizo municipal de auga faise referencia a que as catorce fosas sépticas que recollen as augas residuais de 223 veciños e veciños téñense que limpar dúas veces ao ano cada unha delas. A veciñanza desembolsa por este servizo 7.000 euros anuais polo que despois de 6 anos dende a firma, a cantidade desembolsada chega xa os 42.000 euros, afirman.
Para o voceiro do PSdeG-PSOE de Leiro, Manuel Rodríguez, “todo fai prever que non se cumpriu co establecido no contrato e non se limparon as fosas sépticas”. O concelleiro socialista acusa ao alcalde de “estar encubrindo” estes incumprimentos, namentres alardea de “traballar polo benestar e dereitos da veciñanza”, pero “permite que se lle cobre por un servizo de limpezas de fosas sépticas que non se está cumprindo”.
Os socialistas tamén poñen o foco na preocupación do rexedor polo desabastecemento de auga que se produce coa chegada da época estival. Para Rodríguez “resulta difícil entender que non haxa auga”, xa que tal e como explica o volume de almacenamento de auga, segundo o estudo técnico do Concello, “contempla un total de oito depósitos cunha capacidade de 988 metros cúbicos”. A demanda diaria de auga é de 135,5 metros cúbicos e tal e como sinala o voceiro socialista “aínda que no verán se dobra a poboación de Leiro, a reserva de auga seguiría sendo de 717 m3”.
Ante esta situación, os socialistas teñen claro que todo indica a que o problema da falta de auga “ven motivado polas graves fugas de auga que hai na rede municipal”. Dende o Grupo Municipal Socialista teñen claro que estas fugas de “gran magnitude xeran un desgaste e deterioro acelerado das instalacións que da lugar a un mantemento correctivo das avarias, que non se contempla no contrato coa concesionaria e que polo tanto corre a cargo dos veciños e en consecuencia da veciñanza”. Os socialistas esíxenlle ao alcalde que se “deixe de grandilocuencias e se baixe o terreo a comprobar as consecuencias da súa nefasta xestión ao fronte do Concello de Leiro”.

O Carballiño rexistra hoxe martes 96 contaxios activos, deles 59 son novos positivos diagnosticados na última semana.
O coronavirus continúa a súa escalada no concello de Avión, que hoxe alcanza xa os 31 contaxios activos, a cifra record neste concello dende que se declarou a pandemia.
Boborás aumenta 1 caso e chega aos 13 e Beariz suma 10 contaxios activos, 2 máis que onte. No resto de municipios os casos que permanecen activos, os mesmos de ontes son os seguintes: Maside (10) O Irixo (7) Leiro (7) Cea (4) Pñor (3) San Amaro (2) Punxín (0)
No se si solo pasa en Carballiño o es general pero lo de fumar en las terrazas y se está pasando de castaño oscuro. La gente es una maleducada, ya no es que fumen, es que encima te echan el humo a la cara. Al final tienes que acabar denunciando porque la policía ni está ni se le espera. Y no son los jóvenes como dicen en otra denuncia, es gente mayor y bien mayor que se cree el amo y señor. Otros de los que también parece que no va con ellos son los foráneos, ponen la mascarilla si se equivocan sino están sin ella que para eso son los amos también.

Despois de varios dias de incremento constante de contaxios activos tanto no Carballiño como en Avión, os datos de hoxe son os mesmos de onte, polo tanto temos 92 contaxios activos no Carballiño e 26 no concello de Avión.
Incrementan hoxe casos activos os concellos de Maside (+3) (10) Boborás (+1) (12) e O Irixo (+1) (7) Repetimos os mesmos datos nos concellos de Cea (4) San Amaro (2) Leiro (7) e Punxín (0)
Finalmente, descenden os contaxios activos en Beariz (-1) (8) e Piñor (-1) (2)

A Xunta de Galicia estudará colaborar co Concello de Beariz para seguir avanzando na mellora e na integración paisaxística do núcleo rural de Alvite, unha aldea singular que nos últimos anos experimentou un importante desenvolvemento desde o punto de vista social, demográfico e turístico grazas aos investimentos realizados para impulsar a súa recuperación.
Así o acordaron a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e o rexedor, Manuel Prado, no transcurso dunha reunión que mantiveron recentemente para abordar este e outros asuntos de interese municipal.
Cómpre lembrar que nos últimos anos a aldea de Alvite tamén foi obxecto de dúas actuacións urbanísticas importantes cofinanciadas pola Consellería e o Concello a través do Plan Hurbe e co obxectivo común de humanizar e acondicionar espazos de uso público, concretamente unha rúa e unha praza.
A intención do Goberno local, segundo explicou o alcalde, é seguir intervindo nesta zona a través de diferentes tipos de actuacións que contribúan á súa posta en valor e eliminen e corrixan os posibles impactos paisaxísticos existentes.
A este respecto, Ángeles Vázquez valorou a proposta municipal e avanzoulle que, precisamente, o seu departamento está ultimando unha nova orde de axudas dirixida ás entidades locais para mellorar a contorna paisaxística tanto en núcleos de poboación como en zonas rurais ou naturais. A convocatoria está prevista para este mesmo ano, polo que animou ao rexedor a acollerse a ela co fin de intervir sobre edificacións ou elementos etnográficos de titularidade municipal localizados en Alvite.

Chegamos ao domingo 18 de Xullo cun novo repunte de coronavirus en varios dos nosos concellos, co Carballiño á cabeza que rexistra hoxe 92 contaxios activos, son 8 máis que onte. Tamén Avión eleva a súa cifra de contaxios ata os 26, que son 2 máis nas últimas horas.
Boborás (+1) chega aos 11 contaxios activos e Beariz (+1) ten 9 persoas con infección activa. Non se rexistran variacións no resto de municipios, que presentan os seguintes contaxios activos: Maside (7) Leiro (7) O Irixo (6) Cea (4) Piñor (3) San Amaro (2) Punxín (0)

O Sergas convoca un cribado poboacional na Comarca Carballiño e o concello de Avión para persoas entre 16 e 40 anos, que terá lugar o martes dia 20 de Xullo no pavillón de deportes Paco Chao do Carballiño, en horario de 16:00 a 21:00 horas.
Pídeselle as persoas que estean nesta franxa de idade, ente os 16 e os 40 anos, que se inscriban a través do seguinte enlace:
https://coronavirus.sergas.gal/cribado/Rexistro.aspx
Posteriormente, unha vez realizada a inscrición, as persoas anotadas recibirán citación individualizada a través dun SMS A convocatoria diríxese a persoas con médico no Centro de Saúde dalgún dos seguientes concellos: Avión, Beariz, Boborás, O Carballiño, O Irixo, Maside, Piñor, Punxín, San Amaro, San Cristobo de Cea. Son criterios excluíntes: persoas que teñan superado a Covid-19 con anterioridade ou persoas que estean actualmente en illamento ou cuarentena.
Actualización de datos do sábado 17 de Xullo:
O Carballiño notifica hoxe 84 contaxios activos, 3 máis que onte. Tamén soben os contaxios en Boborás, que chega aos 10 casos, Maside que se sitúa con 7, Cea que ten 4 contaxios activos e Avión, que alcanza os 24 contaxios activos. Non hai variacións no resto dos concellos.

A Unión Musical da Limia en Cea
Esta agrupación musical ofrece un concerto ofrece un concerto versionando temas pop-rock da historia da música ás 20 horas deste sábado na Praza Maior de Cea, unha actuación que forma parte do progrma da Rede de Auditorios da Deputacion de Ourense. Gratuíto.
Autocine en Boborás
O campo de fútbol de Boborás acollerá a proxección en pantalla grande da película "Padre No Hay Más que Uno", de Santiago Segura. Gratuíto, sábado ás 22:30 horas.
Cine en Leiro
O novo Cine de Leiro proxecta durantes estes dias dúas películas: "Spirit Indomable" en sesión ás 16 horas, e "Operación Camarón" ás 18,15 e 20:30 horas.
Literatura e Música no Carballiño
A escritora Raquel Piñeiro presenta a súa novela "Albania" acompañada coa música en vivo do grupo Guezos e do gaiteiro Isidro Vidal. Gratuíto, o sábado ás 20 horas no auditorio da Praza da Veracruz.
Percusionistas ODAIKO
Concerto dos percusionistas ODAIKO familiar, un espectáculo para todos os públicos. Gratúito, o domingo 18 ás 20 horas na Praza da Veracruz.

Record de novos positivos nun dia no Carballiño nesta quinta onda da pandemia, pasando dos 61 casos de onte aos 81 contaxios activos que o Sergas notifica hoxe venres para o concello do Carballiño.
Tamén continúan incrementandose os contaxios no concello de Avión, que chega hoxe aos 23 casos activos, que son 7 máis que o dia anterior. Tamén se incrementan as persoas enfermas de covid en Beariz (+3) (8) Boborás (+2) (8) Leiro (+1) (6) Cea (+1) (2) Repiten os datos de onte, co mesmo número de contaxios activos O Irixo (6) Maside (5) Piñor (4) e San Amaro (2) Resiste sen contaxios o concello de Punxín.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 251
- 252
- 253
- 254
- 255
- 256
- 257
- 258
- 259
- …
- seguinte ›
- última »