
O grupo municipal de Espazo Común manifesta ter a sensación "de que non teñen tempo de atender a outra cousa ca verbenas" en relación ao procedemento de modificación de bases para a segunda convocatoria das axudas COVID para autonómos e microempresas do Carballiño.
Recordan como na anterior convocatoria "non se cumprira nada do acordado e se deixara fora das liñas de axuda a moitos pequenos negocios e autonómos por unhas bases mal feitas" e tamén como xa no mes de Xaneiro Espazo Común levou a pleno unha moción "que foi aprobada or todos para a modificación das mesmas de cara a facer chegar a máis xente este apoio no ano 2021".
Afean ao goberno municipal que pasaron cinco meses "e aínda non foron quen de sacar adiante a nova convocatoria", unha situación que perxudica ás pequenas empresas do Carballiño "que ven como son enganados e maltratados por unha administración que debera estar para axudarlles nuns momentos tan complexos".
Espazo Común remata concluíndo que "de novo estamos inmersos na inoperancias e as falsidades, xa no pleno de febreiro afirmouse por parte do goberno que xa estaban listas, asemade no pleno de abril fíxose a mesma afirmación e, dende aquela, o únoco que vimos foron titulares e anuncios diversos".

A Unidade Orgánica de Policai Xudicial da Garda Civil, nunha operación conxunta coa Unidade de Pontevedra e no marco da operación "Veracruz-Miradoiro" ven de culminar coa desarticulación dun grupo delictivo dedicado a cometer roubos con forza en vivendas do Carballiño, Vigo, Lalín e Porrriño.
A operación de investigación tivo como resultado o esclarecemento de ata un total de 40 roubos con forza en vivendas habitadas das citadas localidades, a investigación púxose en marcha a mediados do mes de Abril e culminaba esta pasada fin de semana coa detención de 5 persoas, 2 veciños de Madrid e 3 de Ourense capital, aos que se lles imputa roubos con forza, e tamén delitos de tráfico de drogas e blanqueo de capitais.
No marco da operación, realizáronse 2 rexistros domiciliarios no Carballiño, onde se incautaron diversos obxetos roubados relacionados cos roubos, asimesmo intervíronse 3 vehículos que eran utilizados para os desprazamentos para cometer os roubos.
Os detidos pasaron xa nas últimas horas a disposición xudical, no Xulgado de Insrucción nº 2 do Carballiño, que decreou o ingreso en prisión de catro deles. A operación continúa aberta.

A Xunta de Goberno da Deputación acordou na súa reunión deste lúns 14 de Xuño unha achega económica para o concello de Avión, no apartado de cooperación cos concellos, por importe de 200.000 euros, e con destino á obra de ampliación da residencia de maiores.
Desta maneira, o obxetivo é crear 12 novas prazas para persoas residentes, dada a demanda existente, xa que as prazas dispoñibles -32 na actualidade- están cubertas e existe lista de agarda. A residencia de maiores forma parte do centro de Centro de Servizos Sociais Alvetus, que xestiona a Fundación Anduriña, creada polo concello de Avión para a xestión de todos os servizos de carácter social que son depedentes da institución municipal.
Así se atopan os nenos de infantil , nenos de 3,4 e 5 anos con herbas màis altas ca eles no patio.
Semella que òs que mandan neste pobo non lles pareceu suficiente castigo que tiveran que soportar o frio nas clases , o mal tempo sen poder sair ò patio, as mascarillas todo o tempo ou o parque infantil pechado.
Ahora que fai bo tempo tampouco poden disfrutar nin da 1/2 h de recreo.

Xa está dispoñible o enlace da páxina WEB de incrición para a verbena piloto coa orquestra-espectáculo Cinema, que se celebrará o próximo sábado 19 deste mes de Xuño a partir das 21 horas, que será finalmente na finca das Barcias -na zona do parque municipal- en sustitución do estadio de Espiñedo, onde fora anunciara inicialmente.
Para incribirte, preme na seguinte ligazón:
https://www.woutick.es/evento/1483/entradas-prueba-piloto-carballino?pla...

Empresa Montañesa, concesioraria do servizo de transporte de viaxeiros entre O Carballiño e Ourense actualiza os horarios dos servizos diarios entre ambas localidades, tratando de adaptarse á demanda existente para cubrir da mellor maneira posible as necesidades existentes.
Desta maneira, son 5 as frecuencias diarias que se ofertan en ambos sentidos de lúns a venres e unha durante as fines de semana.
Saida dende O Carballiño: 7:50 - 9:30 - 11:50 - 14:45 e 19 horas. Sábados e domingos ás 19:45 horas.
Saída dende Ourense: 8:45 - 10:15 - 12:30 - 15:30 e 19:40. Sábados e domingos ás 20:30.

Desde o PSdeG-PSOE e baixo o lema “MELLORANDO LEIRO” veñen de solicitar por escrito ante o rexistro municipal, para que se proceda coa a máxima celeridade a posta a punto e o acondicionamento unha das zonas máis demandadas tanto pola veciñanza, como polos visitantes como e a zona de baño do Misieiro "xa que adecentála e acondicionala e o primordial, e sobre todo as altas temperaturas que estamos a padecer nestes días", manifestan.
Os socialistas consideran "que tamen se ten que dotar de máis papeleiras, contenedores tanto para o vidro como para o plásticos, xa que son escasos, e ante a posiblidade que esta zona e moi transitada sobre de todo nesta época do ano, como tamen poñer unhs cartazos recordando as medidas COVID19 que temos que gardar e ser responsables do nosos actos, xa que a pandemia ainda non terminou, todo este tipo de cousas tan necesarias e primordiales para poder disfrutar de esta zona tan bonita que temos en Leiro como e o SALGUEIRAL, como tamen outro tipo de atractivos que temos no noso Concello como senderismo, etnográfico, vitivinícola, monumentos históricos e outros", remarcan.

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, reuniuse no Pazo Provincial co presidente do centro de estudos "Chamoso Lamas", José Luis Sobrado, con que analizou o momento actual "desta importante entidade cultural non só da comarca do Carballiño senón tamén no ámbito da provincia de Ourense, con case trinta anos de existencia". O presidente do goberno provincial salientou a importancia desta entidade cultural "polas súas publicacións e o seu carácter investigador, e sobre todo, por esa vocación de atender a cuestións históricas patrimoniais e culturais, que contribúen a fortalecer a nosa identidade".
Baltar confirmou "a máxima cooperación" por parte da Deputación de Ourense co "Chamoso Lamas", e avanzou a sinatura dun convenio de colaboración en materia económica "para que este centro de estudos siga a desenvolver a súa planificación e divulgación de proxectos de investigación sobre o noso patrimonio, e para que siga na vangarda cultural desde unha comarca como a do O Carballiño, que ten moito do que presumir", agradecendo ademais o traballo de José Luis Sobrado e animando ao centro de estudos a seguir levando a cabo o seu importante labor.
Fai dous anos nun figón masidao no que se papa moi ben, unha trotaconventos de nome Celsetina, reunía un mozo e unha moza pra facer un amaño de conveniencia. A moza saiu alcaldesa, e o mozo saiu coa promesa dunha futura alcaldía. Meses despois a moza renunciou a alcaldía e saiu un novo mozo. E o primeiro mozo mantivo a esperanza do pacto asinado pola trotaconventos.
A trotaconventos esqueceuse de tal xuntanza como tamén esqueceu as xustanzas que meses antes e na nocturnidade mantivo con outros persoeiros no mesmo distrito, pra defenestrar a un compañeiro de Piñor, porque non interesaba aos desexos da trotaconventos, a adicación do compañeiro a Deputación.
O mozo convidado de pedra no figón masidao, segue prendado do amor dibuxado pola trotaconvendos. E busca no secretario do Concello un fedatario público que dea fe dese pacto firmado ex legis polos protagonistas do figón. Semella descoñecer que o pacto privado promovido pola trotaconventos é un pacto nulo de pleno dereito porque especifica condicións que xa están reguladas por lei. E a lei regula que o único xeito de que o mozo acade o amor dibuxado pola trotaconventos é que o PSOE de San Amaro se faga unha moción de censura contra sí mesmo, ou que a faga o mozo e sexa apoiada polo PSOE. Outra cousa non hai, mozo namorado. Vese ben difícil.
Moralexa: Ten coidadiño coas trotaconventos, e estuda a legalidade de pactos picarescos se pretendes ser alcalde.

No acordo de cogobernanza suscrito a principios do actúal mandato municipal entre PSOE e Xuntos por San Amaro recollíase que os socialistas terían a alcaldía entre 2019 e 2021, e Xuntos por San Amaro asumiría a alcaldía entre o 2021 e 2023.
A data na que deberia producirse o relevo é a do próximo dia 15 deste mes de Xuño, non obstante distintas fontes consultadas por esta emisora de radio dubidan que se vaia producir este relevo tal como se pactara entre ambas formacións politicas, ante as reticencias manifestadas por membros do actúal grupo de goberno bipartito que preside o alcalde socialista Rubén Gómez.
Non obstante, o primeiro tenente alcalde e candidato á alcaldia de Xuntos por San Amaro Carlos Paz en declaracións a COPE O Carballiño asegurou que "non hai ningún motivo para pensar que non se vai cumplir o acordado, tanto ten que sexa o dia 15 como o 25, pero é o que está acordado". Paz asegurou que xa pactou co actúal alcalde que "a principios da semana que ven reunirémonos para ultimar os detalles, o goberno vai ser o mesmo, o único que se vai producir é o acordado relevo na alcaldía", subliñou.
A corporacion municipal de San Amaro está integrada por nove concelleiros e concelleiras, o Partido Popular -na oposición- conta con catro representantes, mentres que PSOE con tres concelleiros e Xuntos con dous, completan o pleno do concello.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 254
- 255
- 256
- 257
- 258
- 259
- 260
- 261
- 262
- …
- seguinte ›
- última »