
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu hoxe no Pazo provincial aos xogadores, corpo técnico e directiva do Club Deportivo Arenteiro, que este domingo pechou unha tempada histórica ao proclamarse campión de terceira división, logo de conseguir con anterioridade o ascenso á segunda RFEF.
Baltar, acompañado polo asesor de Deportes da Deputación, Bernardino González, puxo de relevo que o acto de hoxe "era o mellor momento para abrir de novo as portas do salón provincial de plenos, logo de meses pechado", felicitando aos xogadores porque " en circunstancias como estas destes o mellor de vós, como tamén os afeccionados que sempre estiveron aí, e agora representades á elite do fútbol ourensán".
Pola súa banda, o presidente do club, Argimiro Marnotes, encomiou "o gran traballo feito durante todo o ano nun gran proxecto deportivo, no que ademais contamos co recoñecemento da Deputación e o seu apoio para as novas melloras no estadio".

O singular espazo que une natureza e intelectualidade: a Insua dos Poetas (A Esgueva, Madarnás, O Carballiño), celebra o vindeiro 17 de maio, no 13º aniversario deste parque temático da cultura galega, unha xornada de jazz e poesía, a cargo da banda 4 Mal Quartet Jazz e os poetas Rochi Novoa e Quico, quen lembrarán a Xela Arias, a poeta, profesora, editora e tradutora galega á que se lle dedica este ano a efemérides das nosas Letras. A actividade, titulada "Musicando versos", conta co patrocinio da Deputación de Ourense, a través da Rede de Auditorios Provinciais, e o apoio do Concello do Carballiño. Terá lugar ás 19.00 horas.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, define o evento como: "Un espazo único acolle un evento único da nosa cultura", e lembra que para o goberno provincial "todos os días do ano son o Día das Letras Galegas". Neste sentido, o creador e impulsor da Insua dos Poetas, o escritor porteño ourensán Luís González Tosar (Bos Aires, 1952) destaca que esta cita cultural en plena natureza comezou o 17 de maio de 2009, ano dedicado a Ramón Piñeiro, e foise consolidando "como un proxecto singular en defensa do medio ambiente, encravado no rural, que promove a lingua e a cultura de Galicia". En relación a Xela Arias, Tosar expresa: "Marchou demasiado pronto, pero aínda así converteuse nunha das voces más innovadoras e rupturistas da poesía contemporánea en lingua galega".
Precisamente, o pasado 27 de marzo, Xela Arias pasou a integrar a nómina de autores que conforman o universo literario da Insua dos Poetas. Un espazo público destinado á creatividade cultural no que a natureza dialoga coas artes plásticas e coas mellores palabras dos nosos poetas. Naquela ocasión, a Insua celebrou o IX Día da Auga, da Árbore e da Poesía, que se converteu na primeira homenaxe ourensá a Xela Arias. Poesía, danza e música mesturáronse nun acto que incluíu o descubrimento dunha escultura do artista ourensán Alberto Fernández que, dun xeito simbólico, interpreta a poesía de Arias. O acto, titulado "Xela Arias en liberdade: auga, árbores e palabras", contou cun espectáculo de música, danza e poesía conducido pola escritora Yolanda Castaño.
Nestes trece anos de traballo ininterrompido, teñen sido instalados na paraxe da Insua, autores das letras galegas de todos os tempos, desde Rosalía de Castro, Manuel Curros Enríquez e Eduardo Pondal, ata Eduardo Blanco-Amor, Celso Emilio Ferreiro, Pura e Dora Vázquez, Xosé María Díaz Castro, Antón Tovar, Carlos Casares, Víctor Campio Pereira e os integrantes da Xeración Nós: Vicente Risco, Antón Losada Diéguez, Ramón Otero Pedrayo, Castelao e Ramón Cabanillas.

O alcalde Francisco Fumega e a concelleira de deportes Silvia Baranda tributaron esta mañá un recoñecemento institucional ao club carballiñés, que ven de conseguer o título de campión de terceira división por vez primeira nos 63 anos de historia, un éxito que ademáis leva consigo o ascenso á Segunda RFEF.
O recibimento no salón de actos do consinstorio contou coa presenza da totalidade de fútbolistas e corpo técnico que lograron este éxito que ofreceron ao pobo do Carballiño. O alcalde Fumega, que lles transmitíu os parabéns, recordou o vínculo que o concello mantén co club, e o do club co Carballiño "que foi sempre un pobo de fútbol, xa desde mediados do século pasado, tendo sempre unha das mellores afecións de toda Galicia".
A concelleira carballiñesa de deportes Silvia Baranda, que se presentou como "unha verde de corazón" dixo sentirse orgullosa "de ser a concelleira de deportes nestes momentos nos que ademáis falta nos facía unha alegría no Carballiño".
Finalmente, o presidente do club, Argimiro Marnotes referíuse a "un proxecto moi bonito para O Carballiño, un Arenteiro que ten que ser un activo máis para que a xente de fora veña o noso pobo".

O Programa de Educación Familiar da Mancomunidade de Concellos do Carballiño ten como traballo base a intervención con familias con diversas problemáticas, contando actualmente con máis de 30 familias usuarias, ás cales se lles presta o apoio e axudas pertinentes a través de entrevistas, visitas a domicilio e coordinación con outros axentes sociais e recursos da comunidade. Non obstante, non podemos esquecer a intervención comunitaria, é dicir, tratar de intervir con toda a poboación para fomentar a parte máis preventiva. Nos últimos anos, e en colaboración cos Concellos integrantes (Beariz, Boborás, Irixo, San Amaro e Piñor), leváronse a cabo diversas actividades comunitarias cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (obradoiros variados, contacontos...).
Co obxectivo de dar a coñecer o programa e traballar coa poboación temas que se consideran de especial relevancia, lanzouse a actividade lúdico-educativa ENCONTRO DE FAMILIAS, visibilizando as funcións das técnicas do programa e xuntando a pais, nais, menores, avós, avoas... para pasar un tempo en familia e aprender, todo ó mesmo tempo. Neste eido, levouse a cabo o I ENCONTRO DE FAMILIAS en setembro de 2019 no Concello de Piñor, sendo unha experiencia moi positiva. Lamentablemente, debido á pandemia do COVID19 non se puido levar a cabo a segunda edición no ano 2020. Trala evolución da situación e tendo en conta tódalas medidas sanitarias e a autorización da Dirección Xeral de Saúde Pública, o vindeiro sábado 15 de maio (Día Internacional da Familia) terá lugar o II ENCONTRO DE FAMILIAS, esta vez no Concello de O Irixo.
A iniciativa será totalmente gratuíta. Terá lugar na zona da Praia Fluvial do Irixo (ó aire libre) dende as 17:00H ás 21:00H, ofrecendo as seguintes actividades:
-OBRADOIRO DE CREATIVIDADE EN FAMILIA: teatro, pintura, danza e contacontos. A partir das 17:00H.
-ESPAZO DE XOGOS PAPORRUBIO: circuito de xogos de madeira para empregar en familia.
Rogamos a toda familia interesada en participar que asista coa máxima puntualidade posible, para unha organización óptima do Encontro. Tendo en conta as últimas medidas publicadas, non se poderá exceder de 50 participantes en exterior e 25 en interior.
No caso de condicións climatolóxicas adversas, a actividade será trasladada ó Pavillón de Deportes do Concello do Irixo.

O Grupo Municipal de Espazo Común do Carballiño vai presentar, para que sexa tratada no pleno deste mes de maio, unha iniciativa para que o Concello "deixe ben clara e sen ambaxes, fixada a súa postura de oposición radical á proposta do goberno do PSOE de cobrar impostos por circular polas autovías dentro de pouco máis de dous anos".
Engaden que "de saír adiante este atentado contra as pequenas economías, os carballiñeses perderíamos a posibilidade de viaxar sen ter que pagar por elo a Madrid, Vigo ou mesmo a Ourense, O único que se acadaría sería unha saturación das estradas nacionais (as cales non se descarta que tamén sexan de pago no futuro), que non están preparadas para absorber todo o fluxo circulatorio existenten nos máis dos casos. Como exemplo disto, temos as estampas vividas durante os últimos meses, namentres estivo pechado o túnel da Cañiza".
Espazo Comun tamén fai referenia a "complicacións que esta medida suporía para a seguridade vial". Transportistas, autónomos obrigados a desprazamentos constantes, pequenas empresas que precisan da mobilidade dos seus obreiros, e outros moitos sectores veríanse de novo atacados por decisións políticas nas súas, xa precarias, economías unha nova carga impositiva que sumada ao insufrible castigo que xa supón para a maioría a crise actual é dunha inxustiza intolerable, remarcan.
Recordan como todos e cada un deles, xa afrontan pagos abondo co imposto de circulación que se liquida cada ano ou cos incontables impostos cos que está gravado o combustible. Remata Espazo Común cunha reflexiión "consideramos incrible que un goberno coma o do señor Pedro Sánchez, que se dí socialista poida defender unha medida tan lonxana á tan cacareada pero nunca posta en marcha fiscalidade progresiva".

A comarca do Carballiño deixa atrás o estado de alarma, que decae ás 00:00 deste domingo dia 9 de Maio, coa incidencia Covid máis baixa a nivel de toda Galicia. Tan so o concello do Carballiño mantén contaxios activos, que son 3 según a última actualización de datos feita por Sanidade, mentres que os 8 concellos restantes da comarca non rexistran casos activos de coronavirus, e todo eles -incluído O Carballiño- presentan o nivel de incidencia máis baixa nos indicadores a 7 e 14 dias.
No Ribeiro, Ribadavia ten 6 contaxios activos, Cortegada 2 e Avión 1. O resto de municipios ribeiráns non teñen casos activos de coronavirus.

O PSdeG pedirá explicacións ante a Conselleria de Infraestructuras e Mobilidade pola limpeza da Ponte da Esperela a través da Axencia Galega de Infraestructuras “xa que non hai un ano, que se levou acabo dita intervención de limpeza e conservación na estrada autonómica OU-209 como principal acceso de entrada e saida da localidade de Leiro” e que foi adxudicada a empresa OutraVertical SL por un montante de 30.000€".
Os socialistas recordan que "o obxetivo de esta intervención na Ponte da Esperela consistía na retirada da vexetación existente beneficiando a conservación e mellorando a imaxen da mesma e que os socialistas de Leiro reclamamos cantidade de veces tanto en Plenos, como escritos ano tras ano a sua limpeza".
Por eso,o PSdeG quere saber "cal ou cales son os motivos en que menos de un ano, estea saindo de unha forma abundante outra vez a maleza, por eso a nosa preoucupación, de que algo non se fixo ven, cando se levou acabo dita limpeza, porque temos que recordar e así saiu algún medio de comunicación que se iba a retirar a maleza, raíces e terra das xuntas, pero por o que vemos o traballo non se fixo como se debería facer, por iso vamos a presentar un escrito, xa que coa cantidade de diñeiro que se invertiu nesta limpeza e conservación e moi importante,que é diñeiro de todos os ciudadans, por eso que a nosa inquedanza, de que o diñeiro publico non se pode nin se debe mal gastar, por eso a nosa fiscalización e control",remarcan.

O xurado dos XXVII Premios de Gastronomía de Galicia ven de outorgar un dos oito galardóns desta edición ao empresario carballiñés Francisco Gómez, premiando a súa traxectoria no apartado da promoción culinaria. Trátase dunha convocatoria que cada ano promove o concello de Lalín, e que naceu ligada á festa do cocido.
Nacido no seo dunha familia con tradición pulpeira de Arcos, non será o primeiro galardón que recibirá, xa anteriormente Francisco Gómez xa fora elixido como o "mellor pulpeiro de Galicia" no Forum Gastronómico na cidade de A Coruña.
Francisco Gómez xestiona actualmente o restaurante A Feira en Ourense e 8 restaurantes en Asturias, nos que se sirve o tradicional pulpo á feira como producto estrela.

Todos os concellos das comarcas do Carballiño e O Ribeiro están nunha boa situación epidemiolóxica, o que lles vai permitir entrar a partir deste próximo domingo dia 9 de Maio nunha nova etapa de volta á normalidade. Galicia, no seu conxunto, deixa de estar en peche perimetral.
Poderáse entrar ou saír da comunidade sen restricións. Manteráse un rexistro de viaxeiros nos que deben anotarse as persoas chegadas desde unha zona de incidencia alta. Os peches perimetrais manteranse nos municipios que superen os 500 casos a 14 días e os 250 casos a 7 días. Nestes momentos son Cambados, Vilanova de Arousa, Cualedro, Laza e Padrón.
Elimínase o toque de queda desde a medianoite do sábado ao domingo. O sábado o toque de queda xa será ata as 24.00 horas. Pero haberá excepcións: manterase ata as 23.00 horas nos municipios en situación de risco extremo (máis de 250 casos a 7 días ou 500 a 14) para o que se necesitará a autorización xudicial do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
Amplíanse os horarios da hostalería: os bares e cafeterías poderán abrir ata as 23 horas e os restaurantes ata as 1.00 horas.
Limitación de reunións de non conviventes entre as 1.00 e as 6.00 horas, unha medida que tamén necesitará autorización xudicial.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 261
- 262
- 263
- 264
- 265
- 266
- 267
- 268
- 269
- …
- seguinte ›
- última »