Asi, sin control, estan algunos bares, repito, algunos, bien conocidos ya por todos, sin mascarilla, de pie, en grupos numerosos, y un cumulo de detalles que en circunstancias normales serian aceptables, pero en una pandemia y con normas que lo prohiben no.
Riesgo de contagios, impotencia y enfados entre el resto del sector que si cumple y asombro de vecinos y visitantes, son motivos para el boca a boca y los comentarios sobre imagenes que circulan por las redes.
Quiero pensar, que en este ayuntamiento gobierna alguien, algun partido politico que fue votado por la mayoria de los vecinos para gobernar, si, si tambien en estos casos. Porque esto no es apoyar la hosteleria ni el pueblo. Esto es...el pueblo sin ley y sin gobierno.
Es facil hacerse una foto cuando las cosas vienen de cara y dificil tomar decisiones firmes ...sin foto.
Siempre nos quedara ver peliculas del Oeste, para aprender eso de ...la ley del mas fuerte.
Saludos

A comarca do Carballiño entra no mes de Maio na mellor situacion epidemiolóxica dende practicamente os inicios da pandemia. O concello do Carballiño, que mantén 5 contaxios activos, é o único que notifica casos de coronavirus, xa que o resto de municipios están todos eles limpos de virus, en condicións de nova normalidade.
Ademáis, no caso do concello do Carballiño non se diagnosticou ningún novo positivo dende fai máis dunha semana, asi o reflicte a incidencia acumulada, sen ningún caso nos últimos 7 dias.

O concello de Maside acaba de estrear un novo servizo de punto limpo móbil financiado grazas a unha subvención de preto de 60.000 euros concedida pola Xunta de Galicia.
A directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, Sagrario Pérez, asistiu esta mañá ao acto de presentación desta nova infraestrutura municipal, un camión pequeno dotado con caixa e chasis con varios compartimentos para clasificar os diferentes tipos de residuos que lle permitirá ao concello achegar este servizo a todas as súas parroquias e núcleos de poboación do municipio
Tras lembrar que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda convocou o ano pasado unha orde de axudas para proxectos municipais destinados a implementar novas medidas de xestión dos residuos, Sagrario Pérez explicou que, en total, o seu departamento destinará preto de tres millóns de euros a financiar 69 actuacións e iniciativas neste eido entre as anualidades 2020 e 2021.
De feito, o punto limpo móbil de Maside foi un dos proxectos seleccionados ao abeiro da devandita orde. Así, o Goberno local recibiu unha axuda da Xunta de 57.670 euros para adquirir un camión e unha grúa pequena para cargar grandes electrodomésticos e residuos voluminosos. O orzamento total do proxecto presentado polo concello ascendía a 73.000 euros, incluíndo tamén unha campaña de comunicación e sensibilización para promocionar o servizo, polo que o Goberno local achegou os 15.330 euros restantes.
Neste sentido, Sagrario Pérez felicitou ao alcalde pola iniciativa, que permitirá ofrecer á súa veciñanza, por primeira vez, un servizo gratuíto de recollida a domicilio de mobles vellos, restos de madeira, electrodomésticos, chatarra ou metais, entre outros.
Así, entre as vantaxes derivadas da implantación dun punto limpo móbil, subliñou que se mellorarán as ratios de recollida de residuos, evitaranse os puntos de vertido incontrolado e darase un novo servizo á cidadanía, tanto no rural como na zona urbana, establecendo unha ruta regular por varios puntos previamente seleccionados para que poidan ter acceso a un sistema cómodo e itinerante para o depósito de voluminosos e residuos perigosos.

Despois da entrada en vigor do Real Decreto que limita o uso das bolsas de plástico, os hábitos están cambiando e mesmo obrigando á industria a dar un xiro nas súas liñas de negocio.
Asi o entendeu o grupo Valtalia, que utilizará as instalacións da antiga Laminor no parque empresarial do Carballiño, unhas instalacións que adquiríu fai unhos anos atrás, para iniciar un novo proxecto industrial que centrará a súa actividade na fabricación de envases e bolsas de papel. Cando estea a plena producción, creará 50 postos de traballo.
O Grupo Valtalia mantén dende fai anos a súa presenza no parque empresarial do Carballiño, a través de "Sociedad Gallega de Polímeros" (SOGAPOL) outra das empresas que forman parte deste grupo empresarial galego.

Argirmiro Marnotes comunicou esta mañá nunha comparecencia ante os medios informativos a súa renuncia como concelleiro da corporación municipal do Carballiño, da que formou parte nos últimos 18 anos, catro deles como alcalde e oito como portavoz do grupo municipal popular, cargo do que foi relevado por Ricardo Perea tralas eleccións municipais de 2019.
Marnotes decide renunciar a súa acta de concelleiro para ter maior dedicación como presidente de Club Deportivo Arenteiro tras consumarse o ascenso do primeiro equipo da entidade á Segunda Federación do fútbol español.
"Quería darvos as grazas a todos, pois sei que vos alegrastes do ascenso do Arentiro, do que son presidente dende fai 10 meses, este ascenso ten unhas consecuencias inmediatas pois ser presidente dun club asi en nova categoria con máximas esixencias necesita tempo e dedicación", subliñou,
Desta maneira, Argimiro Marnotes deixa atrás unha etapa certamente lonxeva como edíl do concello carballiñés, sendo un dos concelleiros con máis anos de presenza na corporación municipal. Tivo sentidas palabras de agradecemento "para todos os que me soportaron durante este tempo, membros das distintas corporacións de todas as cores políticas, a todos os que foron concellais do PP conmigo, ao persoal do concello, deixo unha etapa marabillosa da miña vida, sempre actúei coa intención de favorecer o interese xeral de toda a veciñanza e o progreso do pobo, e pido discupas polos fallos que poidera ter cometido", subliñou, poñendo en valor e facendo unha chamada á veciñanza carballiñesa para que se involucre no compromiso da política local "independientemente das siglas coas que se faga".
Agora, unha vez presentada a súa renuncia no rexistro do concello, a vacante que deixa no grupo municipal popular correspóndelle cubríla a Pilar Caride, que xa exerceu tamén durante varios anos como concelleira, regresando á corporación carballiñesa asi en substitución de Marnotes.
Aló delegado provincial: Quero manifestarlle a miña máis enérxica queixa pola situación caótica da atención primaria en Galicia que foi substituida pola atención telefónica. Ao marxe que nos últimos dez anos a sanidade galega sufriu unha merma de máis de 3000 sanitarios entre persoal médico, enfermeiros, celadores e o resto de categorías, a situación actual da atención primaria é caótica.
A decadencia e a degradación que está a sufrir o SERGAS, contrasta coa súa nova faciana de exercer de pregoeiro propagandístico das políticas nefastas de Feijóo. Resulta moi desalentador ver a un delegado provincial adicándose a exercer de vendedor de tómbola -"le damos la gorrita, le damos el carnet, le damos el reloj, y le damos el champán, champán de L´aixartel el que anuncia el Orson Welles y el Adolfo Marsillach-. É penoso ver a un delegado provincial anunciado en Boborás unhas axudas para feísmo urbanístico que son para toda Galicia, e que son pírricas. E o máis penoso é constatar como exerce o seu cargo como un mero influencer do partido.
"Mirusté" como dirían os seus: Feijóo sacou unha lei de saúde que é unha Infamia e que ademáis ven a ser unha lei marcial que mete as zarpas en dereitos fundamentais sen ter potestade normativa. O Tribunal Constitucional xa lles tirou das orellas paralizando a infame obriga da vacinación sen resolución xudicial, sometendo aos galegos a sancións leoninas de ata 600.000 euros.
Os recortes flagrantes de reursos na sanidade galega, que contrastan cun endebedamento público de 12.000 millóns de euros -porque Feijóo é un artista da propaganda e un pésimo xestor- non poden ser agochados nin con leis marciais e documentos normativos infames, nin con facianas de vendedor de feira.
Así que lle fago unha proposta constructiva: Faga vostede algo por revertir a tendencia decadente da sanidade en Ourense na medida das súas posibilidades, porque se vai a seguir limitándose á propaganda baleira, vai ter que acostumbrarse a esta crítica e a do resto de cidadáns que comezan a estar moi fartos.

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, informou esta mañá no Carballiño da posta en marcha do programa Bonos Activa Comercio por parte da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación co obxectivo de favorecer e impulsar a reactivación do comercio local e de proximidade. Esta iniciativa despregará un total de 330.000 bonos, orientados a todas as galegas e galegos maiores de idade, cun orzamento total de 10 millóns de euros.
Acompañado do alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, e de Julián Garriga, presidente do Centro Comercial Aberto, o delegado territorial visitou o establecemento de venda de roupa “Kirschen”, onde detallou todas as cuestións desta medida, que se poden consultar na páxina web www.bonosactivacomercio.gal. Os comercios interesados en adherirse a esta campaña teñen aberto o prazo de inscrición ata o vindeiro 15 de maio.
Gabriel Alén subliñou que a Xunta é perfectamente consciente de que os efectos da pandemia durante o último ano, así como as necesarias medidas restritivas para protexer a saúde dos cidadáns, están a menoscabar o volume de negocio das tendas e dos comercios e por iso, dado o seu compromiso co sector e a mellora da situación pola chegada das vacinas fronte á covid-19, cremos que é o momento de incentivalo con esta importante inxección económica a través dos cidadáns, aos que lles pido que aposten polo comercio local”,
O representante do Goberno galego tamén indicou que en canto aos consumidores, deberán darse de alta no portal dos Bonos Activa Comercio en Internet facilitando os seus datos ou de xeito presencial nas sedes da Dirección Xeral de Comercio ou as xefaturas territoriais da Consellería. A partir da próxima semana, poderán descargar o bono de 30 euros, que ten formato dixital a través dun código QR que estará dispoñible para a súa utilización na aplicación móbil Wallet, e gozar de descontos nas súas compras -a pagar en efectivo ou con tarxeta bancaria- nos establecementos adheridos –a previsión é que os clientes poidan usar o bono a partir da primeira semana de maio–. As rebaixas serán de 5 euros para as operacións iguais ou superiores a 30 euros e de 10 no caso das compras iguais ou superiores a 50.
“Presentamos unha medida novidosa e excepcional, pero cremos que a situación o require para animar o consumo e empuxar ao comercio local, que é garantía de calidade e o que dá vida ás nosas vilas e aos nosos barrios”, sinalou o delegado territorial, que detallou que, se a campaña culmina con éxito e se emprega o 100% da contía dos bonos, “inxectaranse, só con esta iniciativa, ao redor de 55 millóns de euros nos establecementos de proximidade, o cal consideramos un punto de partida máis que interesante para a reactivación do sector”.

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, destacou na súa visita ao concello de Boborás que por primeira vez a Xunta convoca unha orde de axudas para emendar e corrixir máis de 300 impactos paisaxísticos nos concellos galegos, á que destina 1 millón de euros.
Acompañado da alcaldesa, Patricia Torres, o delegado territorial animou aos veciños a solicitar esta orde de axudas para que os cidadáns leven a cabo pequenas intervencións nas vivendas e inmobles da súa propiedade, co obxectivo de mellorar visualmente a edificación e evitar un punto de impacto na contorna na que se asentan. Gabriel Alén recalcou que “ata o 31 de maio, os particulares ou comunidades que desexen acollerse a esta liña de axudas poden presentar a súa solicitude, que cubrirá o 70% do importe global da proxecto de mellora paisaxística, que poderá incluír unha ou varias actuacións, e que, en todo caso, non superará os 3.000 euros por solicitude”. Aos interesados só se lles poñerá unha condición: a actuación deberá adaptarse aos criterios que fixan a Guía de cores e materiais de Galicia e a Guía de boas prácticas de caracterización e integración paisaxística. Así, aquelas persoas que desexen cambiar un tellado ou mellorar o aspecto da medianeira do seu edificio poden pedir axuda para o tratamento da mesma; no caso de que unha persoa teña a fachada da súa vivenda con ladrillo á vista tamén pode solicitar unha subvención para revistar e pintar a fachada, así como para cambiar a tonalidade da pintura e renovar o exterior, seguindo a solución que a Guía de cor propón para a súa contorna.
Esta nova orde busca o esforzo e a implicación de todos para incrementar o valor patrimonial dos inmobles e da paisaxe de Galicia. Nese sentido, Gabriel Alén animou aos veciños de Boborás e de toda a provincia a levar a cabo este tipo de intervencións, axudándolles a asumir o custo que implica, e para o que deberá seguir unha tramitación fácil e simple, posto que só deberán presentar unha pequena memoria explicativa da actuación, unha reportaxe fotográfica, a factura da actuación e a xustificación do pago. Así mesmo, o representante do Goberno autonómico tamén incidiu na importancia da colaboración dos concellos, a administración máis próxima aos cidadáns, axilizando as xestións e trámites que son da súa competencia, como as autorizacións de carácter municipal que sexan necesarias para o desenvolvemento deste tipo de actuacións. Ademais, recalcou a necesidade do seu apoio para divulgar a información relativa a esta convocatoria de axudas entre os posibles beneficiarios.

Os datos de diversos estudos que se están realizando evidencian o impacto do confinamento e, por suposto, da crise económica que terá consecuencias sociais e de saúde para as que temos ir preparándonos. A Organización Mundial da Saúde (OMS) advertiu xa a mediados do ano pasado das consecuencias para a saúde mental que está a ter a COVID-19 no mundo e as que vai ter no futuro, cun posible aumento de suicidios e de trastornos, e instou aos distintos gobernos a non deixar de lado a atención psicolóxica.
Na sanidade pública galega hai menos de catro psicólogos clínicos por cada 100.000 habitantes, o que provoca a demora na atención e unha maior periodicidade entre consultas. Estas deficiencias no sistema público non deixan outras alternativas aos pacientes cá medicación, ou a sanidade privada, á que a gran maioría da cidadanía non pode acceder.
“Ante esta situación, dende o Círculo de Podemos de O Carballiño propoñemos apostar polo reforzo da Saúde Mental na liña que marca o Plan de Saúde Mental de Galicia PostCOVID19 do SERGAS, que toma como referencia o Plan de Acción sobre Saúde Mental 2013-2020 da OMS” comenta o portavoz local, Manuel Nogueira. “E para iso suxerimos tres liñas de actuación que se resumen nos acordos que vimos de expoñer na nosa proposta e que estamos a presentar en outros concellos de toda Galicia” apunta Nogueira.
Os acordos que formulan dende a agrupación morada serían:
1. Que o Pleno do Concello de O Carballiño inste ao SERGAS e ao Goberno da Xunta de Galicia á ampliación da área de psicoloxía do centro médico de O Carballiño.
2. Solicitar por parte do Concello ao Goberno da Xunta de Galicia e ao SERGAS a creación do ETAC (Equipo de Tratamento Asertivo Comunitario) no CHUO co obxectivo de garantir o servizo de saúde mental a domicilio de pacientes e usuarias no noso hospital comarcal de Ourense.
3. Instar á Xunta de Galicia a realizar unha diagnose sobre o impacto da COVID19 na saúde mental da poboación galega que reflicta a realidade do noso Concello.
4. Deseñar un plan de saúde mental municipal co fin de dotar ao Concello de O Carballiño dunha estratexia para abordar as políticas de mellora neste ámbito que inclúa:
◦ A Creación dun Gabinete Psicolóxico Municipal para complementar e coordinarse co servizo que teña que prestar o ETAC ás distintas pacientes e usuarias do concello de O Carballiño.
◦ Un programa de asesoramento e apoio en saúde mental a entidades sociais e profesionais que facilite a detección precoz de problemas psicolóxicos durante as súas actividades.
◦ Apoio ás entidades que traballan na inserción sociolaboral e psicosocial das persoas con problemas de saúde mental, para reforzar os servizos e programas de acompañamento e orientación no ámbito laboral ás persoas afectadas, baixo supervisión pública e cláusulas sociais.
◦ Desenvolvemento das competencias municipais en materia de saúde e sanidade. Reivindicación do papel dos concellos en materia de promoción da saúde, hábitos de consumo e saúde ambiental.
◦ Reactivación de tódolos órganos de participación do noso concello para a elaboración de plans de saúde mental coa participación de profesionais da rede de saúde mental pública, persoas relevantes do campo da saúde mental no noso concello e persoal con experiencia propia.
◦ Integración do noso Concello nos órganos de participación que dende o SERGAS e as distintas administracións van a desenvolver e avaliar as distintas liñas do Plan de Saúde Mental de Galicia PostCOVID-19 20202024 do SERGAS.
◦ A realización de campañas de sensibilización e contra a estigmatización das persoas con problemas de saúde mental.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 264
- 265
- 266
- 267
- 268
- 269
- 270
- 271
- 272
- …
- seguinte ›
- última »