Que volvan abrir os sabados por favor. Somos moitos os que non podemos acudir entre semana e non podemos sair do traballo. Por favor arranxen iso. Ou eso ou que abran pola tarde.
Saudos.

No concello do Carballiño diagnosticáronse 13 novos positivos nos úlitmos 14 dias, o que sitúa a incidencia aculada a 14 dias no municipio carballiñés nos 92 casos por cada 100.000 habitantes. No Irixo, onde foron diagnosticados 9 novos contaxios nos últimos 14 dias, a incidencia acumulada neste periodo de tempo aínda se mantén por riba dos 500 casos por cada 100.000 habitantes.
No resto dos concellos da comarca non se diagnosticaron novos positvos nos últimos 14 dias, e mesmo en varios deles levan máis dun mes sen que se rexistren novos casos de coronavirus.
Tan so 3 concellos teñen contaxios activos: O Carballiño (15) O Irixo (9) e Maside (1)

Onte a administración autonómica publicou un informe de impacto ambiental sobre un proxecto de traslado dunha planta de tratamento de residuos (tanto perigosos como non) de chan industrial a chan rústico. Ao marxe da demora en colgar o informe, teño que decirlle que está plagado de gravísimas carencias.
Como pode vostede ver no propio informe a Xunta solicitou a Enerxía e Minas e Saúde Pública, dous órganos propios da Xunta o informe pertinene, e pese a que a Xunta reiterou a solicituce, a día de hoxe seguen sen contestar.
O 11.11.2020 e o 29.12.2020 reiteráronse as solicitudes de informe ás direccións xerais de Enerxía e Minas eSaúde Pública, Instituto de Estudos do Territorio, Confederación Hidrográfica Miño-Sil, e ao Concello de Maside.
Como comprenderá resulta moi chamativo, especialmente no caso da Dirección Xeral de Saúde Pública que faga caso omiso á reiteración de solicitude de informe da propia Xunta.
Será para eludir calquer posible responsabilidade se se producen danos na saúde pública?
Tampouco contestou o Concello de Maside (pero como probablemente vostede saiba xa é habitual, e sexa posible que a norma subsidiaria non permita este tipo de proxecto en zona rústica e non queren manchar as mans.
Pero tampouco contesta e fai caso omiso da reiteración de solicitude de informe a Dirección Xeral de Enerxía e Minas?
Das nove institucións ás que se lle solicitaron reiteradamente informe tan só contestaron cinco. E aínda así o xefe de servizo insiste en seguir adiante co informe simplificado (simplificadísimo).
Ten vostede a oportunidade de gañarse o soldo porque penso que a súa función debe ir máis alá de facerse fotos cos alcaldes do PP. E solventar esta flagrante e preocupante carencia do informe da Dirección Xeral de Saúde Pública, porque penso que a saúde dos veciños de Dacón paga a pena, e este informe pode contemplar actuacións relevantes a tales efectos.
Atentamente, un daconés calquera.

Onde van os cartos para obras??.Este e o arranxo que fixeron na Rúa Loureiro,despois de meses coa Rúa fundida ata medio metro....e todo tapado con cemento e.... listo acabouse o problema...

A Asociación de Pulpeiros do Carballiño-Arcos ven de designar una nova xunta directiva,que encabeza como presidente Roberto Pereira, ao que acompañan como vicepresidentes Jesús Pereira e Olivier Fernández. Como secreatria exercerá Maria Lage e como tesoureira Leticia Justo, completando esta nova directiva como vogais Enríque Carral e Marcos Lage.
Nesta nova etapa a directiva proponse potenciar a asociación, promover a integración do maior número posible de pulpeiros e pulpeiras do municipio carballiñés e defender os intereses dos asociados, tal e como se recolle nos estatutos fundacionais. Entre os obxectivos figuran asimesmo a posta en valor da marca “pulpeiros e pulpeiras do Carballiño-Arcos” como un referente da gastronomía máis xenuina e popular de Galicia. Neste senso, a nova directiva ten previsto desenvolver proxectos dirixidos a relanzar a asociación, e para os cales espera contar coa colaboración das institucións, en especial, do Concello do Carballiño, da Deputación Provincial de Ourense e da Xunta de Galicia.
Como herdeiros dunha tradición ancestral na elaboración do pulpo á feira, que non ten comparanza en ningún outro lugar, os integrantes desta directiva convidan a todos os pulpeiros e pulpeiras do Carballiño a implicarse coa asociación e participar na toma de decisións que contribúan a lograr melloras para esta actividade profesional tan arraigada no Carballiño, e máis concretamente, na parroquia de Arcos.

O Concello do Carballiño dotarase dun novo Regulamento de Honras e Distincións, normativa que terá por obxectivo fixar os procedementos para premiar merecementos excepcionais en todas as ordes ou servizos destacados, prestados en beneficio de O Carballiño e o seu concello. Cinco serán as modalidades que se inclúen no documento de Honores e Distincións que será presentado á corporación municipal.
- Nomeamento de fillo predilecto do Concello do Carballiño. - Nomeamento de fillo adoptivo do Concello do Carballiño., - Medalla de ouro do Concello do Carballiño. - Medalla de prata do Concello do Carballiño. - Nomeamento de presidente honorario da Corporación do Carballiño.
Para a concesión dos honores e distincións previstos será precisa a instrución do correspondente expediente, no que se deberan acreditar os méritos e circunstancias da persoa ou entidade á que se pretende distinguir. Cando concorran extraordinarios e notorios méritos no interesado, poderá prescindirse do expediente, sempre que o acordo se adopte por aclamación. A iniciativa do expediente poderá partir da presidencia da Corporación do Carballiño; de proposición asinada por nove concelleiros da Corporación municipal (como mínimo) ou de instancia subscrita alomenos por cen residentes no concello; ou por unha entidade, institución ou corporación da provincia de recoñecido prestixio.
Haberá un número máximo de distincións (8 nos casos de fillos predilectos, adoptivos e medalla de ouro e 15 no das medallas de prata). As distincións non se poderán acordar sen a existencia previa de vacantes. Cando os titulares da mesma sexan persoas xurídicas, as vacantes entenderanse que se producen a partir dos 10 anos da data do acordo da concesión. As concedidas a título póstumo non se computarán a efectos de número máximo de medallas de ouro e de prata.
Segundo se recolle no Regulamento de Honores e Distincións do Excelentísimo Concello do Carballiño, en todos os casos a presidencia da Corporación será o órgano competente para ordena-la instrución no expediente, así como para o nomeamento do instrutor.
O que debería facer a Xunta é ter a disposición o informe cando fai a publicación no DOG, e non facelo con demora. Deixo aquí o informe pra persoas interesadas (non me permite a páxina deixar arquivo pdf).
Premer aquí https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos
En clave expediente poñer 2020/0196
Haberá que estar atentos

Hoxe vense de publicar no DOG o informe de impacto ambiental do traslado dunha planta de tratamento de residuos do Carballiño a Maside. A Xunta, incumplindo a norma, non fixo posible a data de hoxe a consulta do proxecto na web habilitada a tales efectos para consultar o expediente 2020/0196. (astracanadas de Feijóo e os seus mariachis). https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos
Tendo en conta que o alcalde ten íntima relación cunha xestora autorizada de residuos, e tendo en conta os antecedentes deste grupo de goberno que quería instalar unha planta de incineración de neumáticos nun monte veciñal en man común, sería interesante que a caótica adminitración da Xunta de Galicia, en cumplimento da normativa vixente, permitise a consulta do expediente de impacto ambiental que permita á cidadanía coñecer a ubicación deste traslado.
Agardo que esta información sexa de utilidade á ineficiente oposición masidá por moito que se aproxime a campaña antivelutínica e lle impida facer fronte a outras continxencias.

O Parlamento de Galicia entregou este martes, 6 de abril, a súa medalla á Xeración Nós, personificada nas catro fundacións que dan continuidade á memoria e ao labor dos galeguistas que a integraron: a Fundación Otero Pedrayo, a Fundación Castelao, a Fundación Antón Losada Diéguez e a Fundación Vicente Risco. Ao acto asistiron en representación da Fundación Antón Losada Diéguez os alcaldes do Carballiño Francisco Fumega e a alcaldesa de Boborás, Patricia Torres, que foi a encargada de recoller a medalla.
O acto celebrouse este mediodia no Pazo do Hórreo e contou coa participación de representantes das entidades homenaxeadas, que recibiron cadansúa medalla das mans do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, e do titular do Parlamento, Miguel Ángel Santalices Vieira.
O 30 de outubro de 1920 ve a luz o primeiro número da revista Nós, ideada, editada e sostida, entre 1920 e 1936 por un grupo de intelectuais galeguistas liderados por Antón Losada Diéguez, Vicente Risco, Alfonso R. Castelao, Arturo Noguerol, Florentino López Cuevillas e Ramón Otero Pedrayo, círculo que se iría ampliando a un conxunto máis heteroxéneo de colaboradores que participaron neste proxecto, nas súas distintas fases, ata a súa desaparición en 1936.
Personalidades como Xavier Prado “Lameiro”, Ánxel Casal ou Ramón Cabanillas resultan esenciais neste proxecto, ao igual que todas as figuras –preto de 200- do denominado segundo círculo, que colaboraron nas diferentes etapas da revista.
Uns e outros conformaron un conxunto de persoas cosmopolitas, europeístas, cultas e vangardistas, mais fondamente enraizadas na realidade local. Con eles, a denominada Xeración Nós, o galeguismo comezou unha nova andaina.
A experiencia de Nós rematou abruptamente co golpe de estado de 1936, a guerra civil e a ditadura, pero a súa semente e o seu exemplo permaneceron imperecedoiros na Galicia territorial e na emigración, sinala o acordo unánime adoptado pola Mesa da Cámara.
O vixente Estatuto de Autonomía de Galicia, promulgado o 6 de abril de 1981, é herdeiro e continuador do truncado Estatuto de 1936, froito do esforzo e o compromiso galeguista inzado pola Xeración Nós.
O acordo da Mesa considera que a autonomía política da Galicia actual é tributaria da semente depositada pola Xeración Nós, méritos que a Cámara galega quere recoñecer coa concesión da Medalla do Parlamento de Galicia 2021.
Por iso, no primeiro centenario da aparición da revista Nós, a Medalla do Parlamento de Galicia 2021 ao conxunto dos integrantes da Xeración Nós e os seus discípulos será entregada ás catro únicas fundacións que, a día de hoxe, perpetúan a memoria dos persoeiros constituíntes da Xeración Nós.
40 aniversario do Estatuto de Autonomía
Ao igual que nas edicións anteriores, a Medalla do Parlamento de Galicia entregouse esta mañá coincidindo co aniversario da promulgación do Estatuto de Autonomía de Galicia, que este ano celebra o seu 40 aniversario.
Nas anteriores edicións, a Medalla do Parlamento de Galicia foi entregada aos/as expresidentes/as do Parlamento de Galicia (2006); Comisión dos 16 (autores do anteproxecto de Estatuto de Autonomía de Galicia, en 2017); Cáritas diocesanas, COGAMI e Aldeas Infantiles SOS (2018); e á emigración galega (entregada aos 14 centros e entidades que integran a Comisión delegada do Consello de Comunidades Galegas, como lexítimos representantes do conxunto da emigración galega de todos os tempos, na edición de 2019).
No pasado ano, 2020, a Medalla do Parlamento de Galicia non foi concedida porque a Cámara se atopaba disolta na data prevista para o acto de entrega que coincidía, ademais, co confinamento derivado da primeira onda da covid-19.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 265
- 266
- 267
- 268
- 269
- 270
- 271
- 272
- 273
- …
- seguinte ›
- última »