
O Carballiño chega a este lúns de pascua cun descenso na incidencia acumulada a 14 dias, que se sitúa hoxe en 85 casos por cada 100.000 habitantes, tamén baixan os contaxios activos que son 12.
O Irixo continúa con 9 casos activos de coronavirus, Maside mantén 2, e Boborás e Cea, 1. Continúan libres de virus o resto dos concellos da comarca.
O pasado mércores 31 de marzo (Feira no Carballiño) as obras en Evaristo Vaamonde, anunciadas a bombo e platillo polo Concello de O Carballiño para solucionar os problemas de inundacións sufridos por esta rúa, foron cementadas. Entendemos con isto que se da por concluído o groso da intervención (falta recoller o refugallo e limar detalliños estéticos, pero os tubos e as franxas están metidos e pechados respectivamente).
Lamentablemente, o Xoves Santo (01-04-21) o Carballiño volveu vivir un episodio TORMENTOSO na súa vida cotiá. Evaristo Vaamonde unha vez máis converteuse nun río, con augas fecais a modo de Géiser e ratas saíndo do sumidoiros e fuxindo por diante do supermercado. MOI HIXIÉNICO TODO!!!
As casas, sotos ou garaxes que se inundaban antes das obras seguen inundándose, e garaxes en Eusebio Lorenzo que non se inundaban agora inúndanse. MENUDO PANORAMA!!!
Se arranxas Eusebio Lorenzo e non lle deixas sumidoiros ao longo da rúa para que a auga da choiva se canalice, esta baixa “cual río” polo asfalto, subindo a beirarrúa e penetrando polos buratos mal feitos da obra, inundando garaxes, sotos e o que tope por diante. Seica, a idea era que toda esa auga desbocada se metese ela soíña pola reixa do fondo, sen saírse do rego, “cual catarata do Niágara.”
Evidentemente, esta falta de previsión incrementou o problema de inundacións que se daban en Evaristo Vaamonde, pois agora a auga chega sen control pola Praza da Veracruz e por Eusebio Lorenzo.
A nova idea, propia dun “illuminati,” para disimular a desfeita do arranxo de Eusebio Lorenzo, foi a obra acometida nas últimas dúas semanas na que se tentaba canalizar a auga da reixa de Eusebio Lorenzo cara a Avenida 25 de Xullo, que por certo, está máis alta que Evaristo Vaamonde (nunca che vin a auga correr costa arriba!). Imos a ser ben pensados e confiar en que alguén supervisaría esa obra e obrigaría a baixar a cota dos tubos para que a auga desaloxase.
POIS BEN, ALGO FALLA, PORQUE O XOVES AQUELO NON ERA UN RÍO, ERA UN TSUNAMI.
Estimados concidadáns do Carballiño, poderán pensar vostedes que falar é fácil, pero debo dicirlles que antes do comezo das devanditas obras tivemos unha conversa co alcalde, no que lle presentamos as dúbidas razoables respecto a esta obra e lle indicamos que non ía a solucionar os problemas de Evaristo Vaamonde, a razón principal é que para solucionar os problemas de Evaristo Vaamonde hai que arranxar Evaristo Vaamonde ao completo, e non desviar inutilmente fondos e esforzos sobre 25 de Xullo nin Conde Vallellano.
Espero que o alcalde estea a desfrutar da Semana Santa, algúns de nós non podemos botar pé fóra da casa se queremos evitar 50 cms. de auga nos nosos garaxes.
Atentamente,
Milagros Chao Castro
O outro día en Cope Carballiño escoitei na súa charla terturiana decian que o PP estaba en contra do aborto e agora da eutanasia, pero agora se é necesario levar unha filla para abortar, fano con normalidade. NON PODO ESQUECER ESTO.
Aclaro.Non son do PP.
A cuestión do aborto e da eutanasia é discutible, pero nunca se debateu socialmente. Aprobouse e promoveuse. A sociedade adoutrinouse con esta idea, como ocorreu coa eutanasia sen ningún tipo de información verificada como quixeron os políticos á súa vez. Se non se debate agora é porque convenceron oficialmente á xente de que estas leis son as mellores e a ninguén lle importa. Se algún día aproban unha lei sen consenso social sobre que matar aos coxos, cun brazo,mancos, cegos ou mudos, será o mesmo? Pois sera normal. É por iso que me indigna ese comentario que por certo non tivo resposta. Se a lei legaliza o asasinato, non será malo e o fará o político que estaba en contra. ENFERMO DESHUMANIZADO. Hoxe en día, todas as persoas con síndrome de Down están abortadas e, con todo, a maioría dos pais de nenos así declaran que son a súa alegría, felicidade e motivo da vida. DE QUE FALAMOS ?. Somos peores que os animais. E logo fan películas como Champions para destacar certos valores que atacan por outra banda legalmente con toda inmoralidade progresiva. Que pena! Non hai perdón de Deus.

O Irixo rexistra unha incidencia acumulada a 14 dias que sobe ata os 633 casos por cada 100.000 habitantes, o que o convirte en concello candidato a un novo endurecemento de restricións, hoxe venres entrou en nivel alto, pero cos últimos datos todo indica que pasará a nivel máximo de restricións, o que implicará o peche perimetral do concello e a hostelería pechada. Son 9 novos positivos diagnosticados no Irixo neste intervalo de tempo, na IA a 14 dias. Ademáis, preocupa o dato do cribado do pasado mércores, no que se detectaron 4 asintomáticos entre as 389 persoas que participaron na mostraxe.
O Carballiño mellora hoxe o dato da incidencia acumulada a 14 dias, que baixa ata os 99 casos por cada 100.000 habitantes, con 17 contaxios activos. Maside resta un caso activo e quédase con 4. Boborás, Leiro e Cea teñen 1, e Avión ningún.

A tromba de auga caída na tarde deste Xoves Santo no Carballiño asolagou algunas rúas do casco urbano, pero a maior incidencia afectou á Avenida de Compostela, na zona de confluencia coa rúa Piñor, onde asolagou baixos e sotos de edificios e vivendas. Varios propietarios afectados dirixirónse a esta emisora de radio para mostrar a súa indignación por un problema que, aseguran, é recurrente e arrastran dende fai 13 anos.
"Xa pasaron tres alcaldes e seguimos igual, levamos asi dende que se fixo a mal chamada reforma desta rúa, cada vez que chove algo forte repítese o problema, temos sufrido danos importantes e ata a avería do ascensor, os garaxes e os sotos énchensenos de auga, estamos fartos desta situación, estamos cansos de denunciálo no concello, pero seguimos igual, ata a próxima", son algunhas das manifestacións da veciñanza da zona.
A inundación na tarde deste xoves tamén provocou incidencias para o tráfico tanto na Avenida de Compostela como na rúa Piñor, a zona quedou intransitable por máis de dúas horas. Policia Local e Garda Civil desplazaron tres patrullas á zona afectada para desviar a circulación de vehiculos por rúas alternativas. Tamén se mobilizaron efectivos de bombeiros e do Grupo Municipal de Emerxencias do concello do Carballiño

A área de turismo do Concello do Carballiño abre a oficina de turismo co fin de atender as necesidades e dar a información necesaria aos turistas que se acheguen ata a vila, dende este xoves festivo ata o domingo, cun horario de 10 a 14h e de 16 a 19h. Tamén estará aberto para veciños e visitantes o museo “Muíño do Anxo”, sito no Parque etnográfico Do Carballiño, en horario de 9 a 14h e de 16 a 21h. Tamén, dende a área de turismo, o concelleiro Manuel Dacal, recorda que as pallozas municipais están abertas ao público e tiveron unha alta demanda nestes días.
A Semana Santa, nos últimos anos, consolidouse como unha data que congregaba a moitos visitantes no Carballiño, sendo un lugar de referencia a nivel galego. Dende o Concello do Carballiño apuntan que nestes días segue a chegar xente ao Carballiño aínda que con menor intensidade que os últimos anos. Ademáis, a Cofradía da Veracruz viuse obrigada a suspender as actividades previstas para este ano debido á pandemia . Asemade, Concello e Cofradía, agardan que o ano que vén a Semana Santa poda transcurrir con total normalidade e se revirta a actual situación.

O cribado realizado na tarde de onte no Irixo e no participaron 389 persoas do total das 500 que estaban citadas, servíu para detectar 4 casos positivos. Desta maneira, os contaxios activos son 9 neste municipio, no que a incidencia acumulada a 14 dias dispárase ata os 633 casos por 100.000 habitantes, de manterse esta incidencia siñificaría o peche perimetral do concello na próxima revisión do comité clínico, pasando ao nivel máximo de restricións.
O Carballiño mantén 18 contaxios activos, aínda que mellora un chisco no indicador da incidencia acumulada a 14 dias, que baixa hoxe ata os 127 casos por 100.000 habitantes.
Maside continúa con 4 contaxios activos, Boborás e Cea con 1, e libres de virus o resto dos concellos da comarca carballiñesa. No Ribeiro, Beade sigue á cabeza con 7 contaxios activos, Leiro ten 1 caso, e Avión ningún.

Ao cribado convocado polo Sergas no polideportivo municipal acudiron 389 persoas do total das 500 que foron citadas a participar, o que representa unha participación do 77,7%, a máis alta entre os seis cribados -incluido éste- que se levaron a cabo na comarca. Os resultados coñeceránse nas próximas horas.
Nos últimos dias diagnosticáronse 5 positivos neste municipio, 4 deles vinculados a un mesmo foco familiar, o que levou ao comité clínico a elevar o nivel de restricións no concello do Irixo, que este venres dia 2 de Abril pasará a nivel alto, o que implicará que a hostalaría so pode atender en terraza cunha ocupación do 50%.
Menudo revuelo veo por el cambio de nombre de una calle en Cea. Alguno que tiene la gaviota tatuada y pone aqui la denuncia de rigor, le aconsejo que se relaje o le va a dar un ictus. Suerte tienen de tener calles, se llamen Pepe o José, en Carballiño con nuestro amado lider, tenemos lo que se viene a llamar "corredoiras" y gracias. Eso si, nombres creo que si que tienen.
Si aqui hubiera o hubiese defensores del buen asfaltado como en Cea hay defensores de un señor que dudo supiese siquiera donde estaba Cea porque quiten su nombre a una calle mejor nos iría. En fin, para las proximas ya saben lo que hacer, votarle al de la gaviota.
Parece que o feito de que as ruas de Cea se chamen dunha ou doutra maneira, é algo capital para a veciñanza. Semella que para o BNG, a promoción do benestar dos galegos, que defende a súa Carta de Principios políticos, pasa necesriamente por que as placas do rueiro sexan o máis alonxado posible a todo o que aluda a historia de España. Eliminando esas referencias, Cea convírtese automáticamente nun concello exemplar, no que os servizos ós cidadáns melloran exponencialmente, acádase o pleno emprego e fíxase poboación.
Lamentablemente, no século XXI, e nun mundo que, nos guste máis ou nos guste menos, cada vez é mais globalizado, esta xentiña do BNG, sigue instalada permanentemente na utopía e persisten en promulgar entre os seus principios ideolóxicos o fin da suposta opresión cultural por parte do estado español e impulsando a república de Galiza.
Pois nada amigos do BNG. Ánimo que non estades solos dentro do estado opresor. Contades con incondicional apoio do Otegui, Rufián e compañía. Podería ser Cea o xermen dun referéndum de autodeterminación para a independencia. Claro que sí ¿Por qué non? Ademáis coa que está caendo na saúde e a economía, parece o máis apropiado.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 266
- 267
- 268
- 269
- 270
- 271
- 272
- 273
- 274
- …
- seguinte ›
- última »