2, Abril 2021

O Irixo rexistra unha incidencia acumulada a 14 dias que sobe ata os 633 casos por cada 100.000 habitantes, o que o convirte en concello candidato a un novo endurecemento de restricións, hoxe venres entrou en nivel alto, pero cos últimos datos todo indica que pasará a nivel máximo de restricións, o que implicará o peche perimetral do concello e a hostelería pechada. Son 9 novos positivos diagnosticados no Irixo neste intervalo de tempo, na IA a 14 dias. Ademáis, preocupa o dato do cribado do pasado mércores, no que se detectaron 4 asintomáticos entre as 389 persoas que participaron na mostraxe.

O Carballiño mellora hoxe o dato da incidencia acumulada a 14 dias, que baixa ata os 99 casos por cada 100.000 habitantes, con 17 contaxios activos. Maside resta un caso activo e quédase con 4. Boborás, Leiro e Cea teñen 1, e Avión ningún.

1, Abril 2021

A tromba de auga caída na tarde deste Xoves Santo no Carballiño asolagou algunas rúas do casco urbano, pero a maior incidencia afectou á Avenida de Compostela, na zona de confluencia coa rúa Piñor, onde asolagou baixos e sotos de edificios e vivendas. Varios propietarios afectados dirixirónse a esta emisora de radio para mostrar a súa indignación por un problema que, aseguran, é recurrente e arrastran dende fai 13 anos.

"Xa pasaron tres alcaldes e seguimos igual, levamos asi dende que se fixo a mal chamada reforma desta rúa, cada vez que chove algo forte repítese o problema, temos sufrido danos importantes e ata a avería do ascensor, os garaxes e os sotos énchensenos de auga, estamos fartos desta situación, estamos cansos de denunciálo no concello, pero seguimos igual, ata a próxima", son algunhas das manifestacións da veciñanza da zona.

A inundación na tarde deste xoves tamén provocou incidencias para o tráfico tanto na Avenida de Compostela como na rúa Piñor, a zona quedou intransitable por máis de dúas horas. Policia Local e Garda Civil desplazaron tres patrullas á zona afectada para desviar a circulación de vehiculos por rúas alternativas. Tamén se mobilizaron efectivos de bombeiros e do Grupo Municipal de Emerxencias do concello do Carballiño

 

 

1, Abril 2021

A área de turismo do Concello do Carballiño abre a oficina de turismo co fin de atender as necesidades e dar a información necesaria aos turistas que se acheguen ata a vila, dende este xoves festivo ata o domingo, cun horario de 10 a 14h e de 16 a 19h. Tamén estará aberto para veciños e visitantes o museo “Muíño do Anxo”, sito no Parque etnográfico Do Carballiño, en horario de 9 a 14h e de 16 a 21h. Tamén, dende a área de turismo, o concelleiro Manuel Dacal, recorda que as pallozas municipais están abertas ao público e tiveron unha alta demanda nestes días.

A Semana Santa, nos últimos anos, consolidouse como unha data que congregaba a moitos visitantes no Carballiño, sendo un lugar de referencia a nivel galego. Dende o Concello do Carballiño apuntan que nestes días segue a chegar xente ao Carballiño aínda que con menor intensidade que os últimos anos. Ademáis, a Cofradía da Veracruz viuse obrigada a suspender as actividades previstas para este ano debido á pandemia . Asemade, Concello e Cofradía, agardan que o ano que vén a Semana Santa poda transcurrir con total normalidade e se revirta a actual situación.

1, Abril 2021

O cribado realizado na tarde de onte no Irixo e no participaron 389 persoas do total das 500 que estaban citadas, servíu para detectar 4 casos positivos. Desta maneira, os contaxios activos son 9 neste municipio, no que a incidencia acumulada a 14 dias dispárase ata os 633 casos por 100.000 habitantes, de manterse esta incidencia siñificaría o peche perimetral do concello na próxima revisión do comité clínico, pasando ao nivel máximo de restricións.

O Carballiño mantén 18 contaxios activos, aínda que mellora un chisco no indicador da incidencia acumulada a 14 dias, que baixa hoxe ata os 127 casos por 100.000 habitantes. 

Maside continúa con 4 contaxios activos, Boborás e Cea con 1, e libres de virus o resto dos concellos da comarca carballiñesa. No Ribeiro, Beade sigue á cabeza con 7 contaxios activos, Leiro ten 1 caso, e Avión ningún.

31, Marzo 2021

Ao cribado convocado polo Sergas no polideportivo municipal acudiron 389 persoas do total das 500 que foron citadas a participar, o que representa unha participación do 77,7%, a máis alta entre os seis cribados -incluido éste- que se levaron a cabo na comarca. Os resultados coñeceránse nas próximas horas.

Nos últimos dias diagnosticáronse 5 positivos neste municipio, 4 deles vinculados a un mesmo foco familiar, o que levou ao comité clínico a elevar o nivel de restricións no concello do Irixo, que este venres dia 2 de Abril pasará a nivel alto, o que implicará que a hostalaría so pode atender en terraza cunha ocupación do 50%.

31, Marzo 2021

    Menudo revuelo veo por el cambio de nombre de una calle en Cea. Alguno que tiene la gaviota tatuada y pone aqui la denuncia de rigor, le aconsejo que se relaje o le va a dar un ictus. Suerte tienen de tener calles, se llamen Pepe o José, en Carballiño con nuestro amado lider, tenemos lo que se viene a llamar "corredoiras" y gracias. Eso si, nombres creo que si que tienen. 

   Si aqui hubiera o hubiese defensores del buen asfaltado como en Cea hay defensores de un señor que dudo supiese siquiera donde estaba Cea porque quiten su nombre a una calle mejor nos iría. En fin, para las proximas ya saben lo que hacer, votarle al de la gaviota.

30, Marzo 2021

Parece que o feito de que as ruas de Cea se chamen dunha ou doutra maneira, é algo capital para a veciñanza. Semella que para o BNG, a promoción do benestar dos galegos, que defende a súa Carta de Principios políticos, pasa necesriamente por que as placas do rueiro sexan o máis alonxado posible a todo o que aluda a historia de España. Eliminando esas referencias, Cea convírtese automáticamente nun concello exemplar, no que os servizos ós cidadáns melloran exponencialmente, acádase o pleno emprego e fíxase poboación.

Lamentablemente, no século XXI, e nun mundo que, nos guste máis ou nos guste menos, cada vez é mais globalizado, esta xentiña do BNG, sigue instalada permanentemente na utopía e persisten en promulgar entre os seus principios ideolóxicos o fin da suposta opresión  cultural por parte do estado español e impulsando a república de Galiza.

Pois nada amigos do BNG. Ánimo que non estades solos dentro do estado opresor. Contades con incondicional apoio do Otegui, Rufián e compañía. Podería ser Cea o xermen dun referéndum de autodeterminación para a independencia. Claro que sí ¿Por qué non? Ademáis coa que está caendo na saúde e a economía, parece o máis apropiado.

 

30, Marzo 2021

Un dos problemas ambientais primordiais ao que se enfronta a nosa sociedade na actualidade é a loita contra o cambio climático. Aínda que este preséntase como un fenómeno de dimensións globais que debe ser abordado no ámbito internacional, o feito é que a súa solución pasa, necesariamente, polo traballo conxunto de todos os sectores da sociedade, incluídos os diferentes niveis administrativos e, dentro destes, mención especial merece o labor dos concellos pola súa proximidade e relación directa cos cidadáns.

A Comisión Europea puxo en marcha en 2008 o Pacto dos Alcaldes (Covenant of Mayors), unha iniciativa aberta a todas as cidades e concellos en Europa co obxectivo de involucrar ás autoridades locais e aos cidadáns no desenvolvemento e a aplicación da política enerxética da Unión Europea. A partir do éxito do Pacto dos Alcaldes, en 2014 lanzouse a iniciativa Mayors´ Adapt, baseada no mesmo modelo de gestión pública, mediante a que se convidaba ás cidades para asumir compromisos políticos e tomar medidas para anticiparse para os efectos inevitables do cambio climático.

O 15 de outubro de 2015, a Comisión Europea lanzou o Pacto dos Alcaldes para o Clima e a Enerxía (Covenant of Mayors for Climate & Energy), o maior movemento mundial de autoridades para loitar contra o cambio climático, fusionando as iniciativas anteriores. Esta nova ferramenta pretende reunir aos alcaldes das cidades europeas nunha rede permanente de intercambio de información para a aplicación de boas prácticas: mellorar a eficiencia enerxética no ámbito urbano, conseguir unha redución das emisións de CO2 no ámbito territorial local e aumentar a resiliencia fronte ao cambio climático.

O Pacto dos Alcaldes para o Clima e a Enerxía consiste no compromiso dos concellos signatarios de facer propios os obxectivos da Unión Europea para o ano 2030 e reducir as emisións de CO2 no seu territorio en, polo menos, o 40% a través de medidas de eficiencia enerxética e dun maior uso de fontes de enerxía renovable, traballando á súa vez na implantación de medidas de adaptación ao cambio climático e aumento da resiliencia fronte a este, así como un aumento da cooperación coas autoridades locais e rexionais similares na Unión Europea e fóra dela para mellorar o acceso á enerxía segura, sostible e alcanzable.

Para alcanzar estes obxectivos, os concellos adheridos ao Pacto comprométense a redactar un Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sostible (PACES), nun prazo máximo de dous anos desde a data de adhesión que mostre a situación de partida fronte aos compromisos municipais fronte ao clima, recolla e programe as accións necesarias para o cumprimento dos obxectivos do Pacto e permita dar conta do cumprimento do Pacto á Oficina do Pacto das Alcaldías, a través da presentación de inventarios de seguimento cada dous anos, unha vez aprobado o PACES. O PACES inclúe un Inventario de Emisións de Referencia (IER) e unha avaliación de riscos e vulnerabilidades ante o cambio climático. Ademais, cada dous anos deberase presentar un informe de seguimento do PACES.
O Pacto, está coordinado en Galicia pola Xunta, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda que, segundo o establecido no Decreto 42/2019, do 28 de marzo, polo que se establece a súa estrutura orgánica, é o órgano da Administración da Comunidade Autónoma ao que corresponden, entre outras, as competencias e funcións en materia de ambiente, conforme ao establecido no Estatuto de autonomía para Galicia nos termos sinalados na Constitución española. E, segundo se sinala no citado decreto, será a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático a que exerza as competencias e funcións en materia de avaliación e control da incidencia que sobre o ambiente provoque a actividade humana.

O CASO SUPRAMUNICIPAL MASIDE - O CARBALLIÑO

Os Plenos dos Concellos do Carballiño e Maside aprobaron a súa adhesión ao Pacto de Alcaldes polo Clima e a Enerxía, asumindo así os compromisos da Unión Europea en materia de clima e enerxía para o ano 2030 e que formalizou co seu rexistro na web da Oficina do Pacto da Unión Europea (www.pactodelosalcaldes.eu).

Coa adhesión ao Pacto, ámbolos dous Concellos contribúen á consecución da Axenda 2030, un chamamento universal desenvolto polas Nacións Unidas para alcanzar un mundo máis xusto e sostible. Esta folla de roteiro concrétase en 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS), e mediante esta iniciativa póñense en práctica de modo máis directo o ODS 13 (Acción polo Clima) e o ODS 17 (Alianzas para alcanzar os ODS).

Unha vez aprobada a adhesión ao Pacto, o día 12 de xuño de 2020, os concellos de Maside e do Carballiño asinaron un convenio, único no contexto autonómico, para formar unha agrupación de entidades locais co fin de colaborar na elaboración conxunta dos seus respectivos PACES que garante o cumprimento dos seus obxectivos no ano 2030.

Unha vez redactado, cada PACES foi aprobado polo respectivo Pleno da corporación municipal e correctamente rexistrado, telematicamente, no sitio web da Oficina do Pacto da Unión Europea, segundo os procedementos establecidos pola propia Oficina.

As dúas entidades responsables comprométense tamén á elaboración, cada dous anos, dun informe de seguimento (o denominado «informe de acción») sobre a implantación do PACES.

Está prevista unha presentación pública dos PACES á veciñanza e aos empresarios dos municipios que terá lugar previsiblemente no auditorio municipal Manuel María do Carballiño nunha data que está pendente da evolución da pandemia da COVID.

A modo de resumo, coa súa adhesión ao Pacto dos Alcaldes, os dous concellos integran a loita contra o cambio climático como unha das variables que deben ter presente nas súas políticas, tanto desde o punto de vista de redución de gases de efecto invernadoiro como da necesaria adaptación ás consecuencias derivadas do quecemento global que está a sufrir o noso planeta. A realización dun Plan de Acción polo Clima e a Enerxía Sostible (PACES) é un dos compromisos adquiridos polos concellos asinantes do citado Pacto. O PACES incluirá medidas para o freo do cambio climático, consistentes na redución de consumos enerxéticos e a substitución de enerxías fósiles por renovables, reducindo así a pegada de carbono de ámbolos dous municipios.

30, Marzo 2021

O concello do Irixo pasará este próximo venres dia 2 de Abril a nivel alto de restricións, con tan so 5 casos de coronavirus localizados no mesmo foco familiar. O novo nivel de restricións obrigará á hosteleria a atender so en terraza cun aforo do 50%, aínda que conserva a liberdade de movemento, non hai peche perimetral do concello neste nivel. 

Este mércores, dia 31 de Marzo o Sergas convoca un cribado selectivo a 500 persoas maiores de 18 anos residentes no concello do Irixo, están citadas entre as 15 e as 19 horas para acudir ao pavillón de deportes da localidade.

Maside, con tan so 4 contaxios activos, abandonará o venres o nivel alto de restricións e pasará o nivel máis baixo, o chamado medio-baixo. A hostelería poderá atender en interiores ao 50% e ao 75% en exteriores.

Sen cámbios no resto de municipios, O Carballiño continúa en nivel medio de restricións, con 18 contaxios activos, 3 máis que onte, e cunha incidencia acumulada a 14 dias que está nos 127 casos por cada 100.000 habitantes.

Boborás mantén 1 contaxio activo, tamén Leiro ten un caso activo, e os demáis concellos continúan libres de virus.

30, Marzo 2021

Un señor que foi ministro na dictadura de Primo de Rivera non é un señor que merezca ser asasinado cando despois diso é elexido democráticamente nas Cortes na Segunda República. E moito menos debe ser vilipendiado 85 anos depóis como franquista. Tamén é facer gala dunha amplia ignorancia tildar a José Antonio Primo de Rivera como franquista.

E falar de rede clientelar é de traca, e non digo nada da inmensa ignarancia cando se fala de fascismo. Benito Mussolini, fundador do fascio procede do partido socialista italiano. O fascismo nada ten que ver co franquismo (sen que esto sexa unha defensa do franquismo, nin moito menos). Ten máis similitudes co comunismo ou coas esquerdas).

Queren coñecer fascistas do século XXI? Aí teñen a esquerda abertzle que asasinaba cun tiro na nuca a todo aquel que non comulgase cos seus postulados.

Queren coñecer fascistas en España? Un escolta do PSOE asasinaba ao  principal líder de la oposición.

Queren coñecer torcebotas que viven do público a costa da degradación social? Aí teñen a caixeira de tenda de electrodomésticos que pasa a multiplicar por cen o seu patrimonio xestionando 450 millóns de euros nun ministerio (chamado de igualdade) ao que chega polo mérito de ser a parella dun axitador de masas que rodea parlamentos cando non acada os resultados que agarda.

O que quere esta rancia e ultra esquerda, é blanquear todas as tropelías da esquerda,  sexa o asasinato dun home elexido democráticamente (Calvo Sotelo), sexa os asasinatos desa esquerda abertzale que agora forma parte do novo frente popular, ou sexan todos e cada un dos roubos ao erario público (eres de Andalucía, red neurona, rescate a unha compañia  cun avión e catro rutas por 54 millóns de euros, etc, etc, etc...)

Para señoritos Pablo Iglesias e a choni de Galapagar, ou Sánchez e a súa dona que dirixe cursos universitarios sen ter titulación universitaria.

Os do BNG de Cea, se non teñen que facer, que busquen algo máis útil que pegarlle patadas á Historia.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS