1, Marzo 2021

O concello do Carballiño rematou o proceso de licitación para a realización das melloras que buscan solucionar, de forma definitiva, as inundacións da rúa Evaristo Vaamonde. Nesta primeira fase levarase a cabo a recollida das augas procedentes da rúa Eusebio Lorenzo, que serán canalizadas hacia o colector xeral que atravesa a rúa 25 de xullo. As obras foron adxudicadas á empresa Viaqua por un importe aproximado de 40.000 euros.

Nunha fase posterior procederase á sustitución do colector da rúa Conde Vallellano ca finalidade de aumentar a sección do desaugue, pois na actualidade o cruce entre as augas procedentes de Evaristo Vaamonde e este colector sufren importantes retencións como consecuencia da falta da capacidade do colector de Conde Vallellano, producíndose retornos que inundan os baixos de varios edificios.

1, Marzo 2021

O Comité Clínico actualizará esta semana o nivel de restrición de cada concello en base á súa situación epidemiolóxica. Punxín, que está no nivel 2 coa mobilidade restrinxida ao propio concello, ten un único contaxio activo e unha incidencia a 14 dias no rango entre 50 e 150 casos por 100.000 habitantes. 

Boborás, con 6 contaxios activos, manténse no parámetro 150-250 casos por 100.000 habitantes de incidencia acumulada a 14 dias, a aparición de novos casos pode poñer en risco a súa continuidade no nivel 3, o que siñificaría pasar o nivel 2 de restricións, con peche perimetral e hostelería sen poder utilizar os interiores dos locais.

No resto de municipios, a situación mánténse estable, con 11 contaxios activos no Carballiño (IA de 63 casos por 100.000 habitantes), Cea ten 2 contaxios activos e Maside 1. San Amaro, Piñor, O Irixo e Beariz non teñen contaxios. 

28, Febreiro 2021

Sanidade notifica hoxe domingo 11 contaxios activos no Carballiño, e a incidencia acumulada a 14 dias de novos positivos diagnosticados cae ata os 63 casos por 100.000 habitantes.

Boborás continúa con 6 contaxios activos, Cea con 3, e Maside e Punxín con 1 contaxio activo, respectivamente. Catro concellos non teñen contaxios activos, son os de Beariz, O Irixo, Piñor e San Amaro.

27, Febreiro 2021

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou o proxecto Irixoga, un parque infantil cuberto destinado a fomentar a conciencia ecolóxica no que a Xunta colaborou no marco da Orde de Infraestruturas de uso público cunha achega de máis de 34.000 euros. Á visita tamén acudiu o delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén.

O parque sitúase fronte ao pavillón municipal de deportes e accesible desde o CEIP da Virxe da Pena. O espazo conta con xogos adaptados a distintos rangos de idade, cun pavimento que garanta a seguridade e con catro parterres, un areeiro con pá e un mesa de traballo para que os nenos e nenas poidan adquirir conciencia do respecto do medio ambiente levando a cabo labores de plantado ou de coidado de especies vexetais.

O Goberno galego destina este exercicio á convocatoria da Orde de Infraestruturas de uso público 4 millóns de euros, mantendo o orzamento do ano pasado despois de incrementalo en 2020 nun millón de euros. Así, a Administración autonómica financia os proxectos dos concellos galegos para a creación e/ou mellora das infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais.

En concreto, a construción, ampliación ou mellora das redes de luz pública; parques infantís, incluíndo a posta en marcha de parques cubertos como Irixoga ou a cubrición dos existentes; así como edificios ou dependencias municipais destinados á prestación de servizos municipais e instalacións deportivas de uso público, onde tamén se apoiará a mellora da súa accesibilidade e a dotación de equipamentos

Natalia Prieto destacou o compromiso da Xunta por manter o apoio que precisan os municipios para levar a cabo actuacións que contribúan a mellorar a calidade dos seus veciños e, sobre todo, a paliar as consecuencias económicas da crise sanitaria da covid-19 dos concellos en canto á prestación de servizos.

A Xunta leva investidos no concello do Irixo máis de 900.000 euros nos últimos anos en melloras ambientais e de infraestruturas como a creación deste parque infantil cuberto Irixoga ou a pavimentación de varias vías municipais. Tamén se inclúen actuacións que se enmarcan no Fondo de Compensación Ambiental, ao que o Goberno galego destina este ano 12 millóns de euros, para melloras de eficiencia enerxética no alumeado público ou na rede de saneamento e recuperación de espazos ambientais.

27, Febreiro 2021

Outro día máis no que sigue mellorando a situación epidemiolóxica do Carballiño, onde a incidencia acumulada a 14 dias  cae hoxe sábado ata os 92 casos por 100.000 habitantes, ao contabilizarse 13 novos positivos diagnosticados neste intervalo de tempo. Tamén sigue en caída o número de contaxios activos, que hoxe son 12 no municipio.

No concello de Boborás, permanecen 6 contaxios activos e unha incidencia acumulada a 14 dias que está perigosamente rondando os 250 casos por 100.000 habitantes, se rebasa ese rango na próxima revisión que fará a principios da semana o comité clínico siñificaría pasar ao nivel 2 de restricións, no que agora mesmo está Punxín, con mobilidade restrinxida ao propio municipio.

Nos demáis concellos non hai variacións e os contaxios activos son os seguintes: Cea (3) Punxín (1) Maside (1) San Amaro (0) O Irixo (0) Beariz (0)

27, Febreiro 2021

Los socialistas de Leiro después del pleno celebrado este lunes nos reafirmamos en calificar el comportamiento de su Alcalde y Presidente de la Mancomunidad de prepotente, manipulador e irresponsable.
En el pleno celebrado el lunes en Leiro, entre otros puntos, se trataron la aprobación de los nuevos presupuestos para el 2021 y las cuentas de la Mancomunidad del Ribeiro del 2020.
Una vez más, el Alcalde y Presidente, ante la falta de argumentos sólidos, por su parte, volvió a recurrir a la descalificación gratuita del concejal socialista y a la crítica fuera de lugar de la acción del Gobierno Central.
Consideramos los socialistas que es el momento de acabar con el efecto placebo con el que durante estos veinte años el alcalde y Presidente viene engañando y manipulando la voluntad de los vecinos de Leiro.
En el pleno de este lunes, la oposición argumento con datos oficiales como y porque los Aytos de Beade, Cortegada, Cenlle y Leiro pagaban parte del coste del servicio de basuras correspondientes al Ayto de Arnoia y que gestiona la Mancomunidad, cuando tanto Arnoia como Beade recaudaban en tasas a los vecinos más de lo que le cuesta el servicio, según datos oficiales de la Mancomunidad y de los Aytos. La respuesta del Presidente se limito a repetir exactamente los mismos argumentos esgrimidos en su día por el anterior presidente Rogelio Martínez en el año 2007 y afirmar de manera irresponsable que “Si recaudan más de lo que cuesta el servicio será en beneficio de los vecinos” .
Consideramos que estas y otras muchas cuestiones que hipotecan la gestión de los recursos del Ayto y en consecuencia la prestación de servicios municipales y el encarecimiento de los mismos para los vecinos, son los que el alcalde oculta a los vecinos y por las que niega la documentación a la oposición que se ve obligada a recurrir a otras instituciones para poder fiscalizar la gestión de este Alcalde y su equipo. En definitiva el Principio de Trasparencia del que alardea el P.P. provincial, en Leiro no llego y no se le espera.

26, Febreiro 2021

O Concello do Carballiño, o I.E.S. Chamoso Lamas, GRI TOWERS e Grupo DIZMAR veñen de reunirse para colaborar e impulsar a implantación da Formación Profesional Dual en Soldadura e Caldeirería, co obxectivo de mellorar a empregabilidade a través dunha formación de calidade, así como a dotación a estas empresas de profesionais axustados as súas necesidades reais.

Esta iniciativa conta coa colaboración de dúas empresas punteiras do sector do metal de Galicia, como son Grupo DIZMAR e GRI TOWERS. Por unha banda, o Grupo DIZMAR está especializado na fabricación e montaxe de estruturas metálicas con importantes proxectos de obras nacionais e internacionais. Entre as súas obras emblemáticas dos últimos anos, figura a ponte St. Laurence ( Montreal-Canadá), o viaduto Kwame Nhrumah (Ghana) o subministro de pezas para a ampliación da Ponte de Rande e recentemente a estrutura para o Hospital de Epidemias da Comunidade de Madrid. Por outra banda, Gri Towers é provedora de torres e bridas para o sector eólico, produce unhas 8 torres eólicas por semana, o que supón unhas 400 torres cada ano. Opera principalmente en España, Francia, Italia, Suecia, Finlandia, Noruega, EEUU, Norte de África e Europa do Este. Gañou máis dimensión ao incorporar no ano 2018 as seccións de corte e biselado.

O sector do metal imponse como xeradora de emprego na Comarca do Carballiño, con un total de aproximadamente 600 traballadores e traballadoras, segundo os datos facilitados por Carlos Rivas (Grupo Dizmar) e Fernando Puente (Gri Towers). Estas empresas insisten na importancia da contratación local e dinamización do mercado laboral. Ademais ,sinala Fernando Puente (Gri Towers), o apoio a maior incorporación da muller no sector do metal, e atraer o talento feminino. Ambas empresas manifestan o seu compromiso para traballar conxuntamente co Centro educativo, facilitando os períodos de prácticas e o apoio de profesionais con ampla experiencia neste sector.

A esta xuntanza tamén asistiu José Manuel Vázquez López, director do I.E.S. Chamoso Lamas e José Luís Osorio, dinamizador FP Dual deste Centro, como impulsores da iniciativa de ampliar a oferta formativa e dar resposta ás demandas do mercado laboral. O alcalde de O Carballiño, Francisco Fumega e o Concelleiro de Emprego, Manuel Dacal, manifestan o seu compromiso con esta iniciativa e ven unha gran oportunidade para mellorar a formación e inserción no mercado laboral. O Concelleiro de Emprego, Manuel Dacal, comprometeuse a concertar unha reunión coa Consellería de Educación da Xunta de Galicia para a solicitude da posta en marcha deste proxecto para o vindeiro curso escolar.

26, Febreiro 2021

Outro dia máis de melloria dos indicadores do coronavirus no concello do Carballiño, a incidencia acumulada sitúase hoxe nos 113 casos por 100.000 habitantes, e os contaxios activos baixan ata os 15, nesta última actualizacion de datos feita por Sanidade.

No resto de municipios a única nota discordante é a de Boborás, que incrementa hoxe o número de contaxios activos, 2 máis que onte, polo que son 6 as persoas con infección activa neste concello.  Con repetición de datos nos demáis municipios, que notifican os seguintes casos: Cea (3) Punxín (1) O Irxo (1) Maside (1) Beariz (0) San Amaro (0) Piñor (0)

 

25, Febreiro 2021

Estes días escoito ao alcalde do Carballiño falar das obras ou millor dito arranxos que conta facer cos seica tres millóns, catro ou non sei xa cantos de euros do famoso remanente, paréceme importante, xusto e necesario os asfaltados e todo tipo de arranxos que se fagan pero esta vila tamén precisa de grandes obras como era a prometida hai anos para os que vivimos dos 4 camiños pra riba, temos un minúsculo parque infantil e de esparcimento para os nenos e maiores onde xa hai tempo se anunciaba a bombo e pratillo unha gran plaza na que se ampliaría o túnel do tren, esta seica valía creo lembrar uns 500.000€.

Baixo a miña humilde opinión, que comparte moita máis xente de distintos barrios do Carballiño, sería unha importante obra para engadir metros de ocio e esparcimento nunha vila na que non se proxectaron prazas nen zonas verdes, soamente edificios e de cantas máis alturas millor, agora vemos e sufrimos a deficiencia deste tipo de zonas. Esta obra sería moi importante para todo o pobo pero sobre todo para os veciños dos 4 camiños pra riba, agora pódese poñer outra excusa pero por cartos non será....

Porque supoño que nesa zona aínda é O Carballiño, ou non?

25, Febreiro 2021

A totalidade dos postos que cada quince dias se instalan na feira do Carballiño poderán volver facélo este sábado dia 27 de Febreiro, unha vez que O Carballiño figura no nivel 3 de restricións en vigor deste o 26 de Febreiro. Este mes, que so ten 28 dias, o derradeiro cadra en domingo e en consecuencia a feira adiántase ao dia anterior.

Asi ven de comunicalo o concello do Carballiño "logo da retirada de parte das restricións que dificultaban a realización da feira, a concelleira de servizos públicos, Rosa Fuentes, anuncia que o sábado 27 de febreiro volverán a ter presenza na vila todos os postos adxudicados, xa que nas anteriores edicións só estiveron presentes os postos de agro e alimentación". Ademáis, nestas últimas feiras a hostelería estivo pechada.

En todo caso, o concello carballiñés recorda que "os postos deberán ter unha separación de 1'5m entre os mesmos e cumprirán as normas vixentes en materia sanitaria. Ademais, Rosa Fuentes, fai un chamamento á veciñanza e aos visitantes para que disfruten da feira con responsabilidade e prudencia".

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS