
A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración financiará con 220.000 euros un novo Programa Integrado de Emprego compartido por oito concellos do sur de Lugo e cinco da provincia de Ourense.
O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, explica que este programa daralle continuidade ao clausurado hoxe en Chantada, tamén financiado pola Xunta con 220.000 euros con cargo á convocatoria do ano pasado.
Ademais de Chantada, participaron os municipios lucenses de Pantón, Bóveda, Paradela, O Saviñao, Sober, Taboada e Carballedo; xunto cos ourensáns de Coles, A Peroxa, San Cristovo de Cea e Vilamarín. Na nova edición súmase Amoeiro (Ourense).
Cada proxecto vai dirixido a 100 persoas desempregadas pertencentes a colectivos con especiais dificultades de inserción laboral, que durante un ano participan en accións formativas encamiñadas a facilitar o seu acceso ao mercado de traballo.
O delegado destacou que a experiencia demostra o resultado positivo deste tipo de actividades, que na súa planificación teñen en conta as demandas do tecido empresarial do territorio no que se desenvolven. No caso do programa que agora comeza, implica a sectores como o agroalimentario, industria, servizos e sociosanitario.
Durante todo o proceso formativo, o alumnado recibe asesoramento e orientación sobre aspectos prácticos como a motivación para buscar emprego, obradoiros de entrevistas, técnicas para potenciar as habilidades sociolaborais, elaboración de currículos ou inscrición en portais de emprego. Tamén hai accións enfocadas ao fomento da capacidade emprendedora e a prospección empresarial. Ademais, está prevista a realización de prácticas profesionais non laborais.
Así mesmo, impártense horas de formación en especialidades concretas. Algunhas das que se prevén nesta edición son manipulador de alimentos, acompañante de transporte escolar ou introdución á apicultura tradicional e ecolóxica.
Señora susana ni no irixo ahí tanto machismo nin usted es tan buena como vos tede nos quere facer ver faga usted como o abogado que quedou como un señor que se viste polos pes e dimita
Que menuda que usted e acusando de machistas a todos os homes de irixo
Susana dimisión

A alcaldesa do Irixo manifestou en COPE O Carballiño que no Irixo non hai ningún tipo de enfrontamento e que o clima que se respira entre a veciñanza é o da tranquilidade.
Susana Iglesias lamenta que "algunhos poucos antepoñan os seus intereses propios aos de traballas polo Irixo", e mesmo afirmou que detrás da situación política do Irixo "está o feito de ser unha muller, non quero ir de vítima, é triste decílo pero continúa habendo moito machismo".
Podes escoitar a súa intervención rafiofónica íntegra no PODCAST de COPE O Carballiño.

María Luisa Rodríguez, Fátima Gómez, Sebas Lamazares e Luis Tosar comentaron con Xan Pinal o máis destacado da semana na Tertulia dos Venres, con especial atención á crise política que vive o concello do Irixo.
Aquí podes escoitala, no PODCAST de COPE O Carballiño.

Vaia forma esta empresa de xestionar as obras na rúa Ourense, talaron varias arbores que no proxecto poñia que se iban a conservar, unhos preciosos aligustres que daban sombra, lle meteron a motoserra e ale, ademais nalgun caso non deixaron o alcorque para poñer arbores, veremos como remata todo, pero case seguro me atrevo a aventurar que acabaran con retraso e a empresa sancionada por incumprir os prazos, a 60,000 euros por mes.

A Xunta e o Servizo Público de Emprego Estatal financian con 250.000 euros a posta en marcha dun Programa Integrado de Emprego para 100 persoas da totalidade dos concellos das comarcas do Carballiño-O Ribeiro.
Os itinerarios aos que está orientado este programa de formación serán os turístico, cociña e restauración, verde e sostible. O 50% dos participantes obterán un contrato de traballo en 2025, dispoñen dunha dieta por asistencia ás actividades de 10 euros ao dia, e pasarán a formar parte das bolsas de emprego na na empresas do Carballiño-O Ribeiro.
As persoas participantes deberán cumprir varios requisitos, podes escoitar todos os detalles na entrevista de COPE O Carballiño ao alcalde de San Amaro, Fernando Redondo.

A crise política que vive o goberno municipal do Irixo tivo hoxe no programa local de COPE O Carballiño un novo e trascendental episodio, ao anunciar Iago Fariñas -o portavoz do grupo socialista e primeiro tenente alcalde- a súa renuncia á acta de concelleiro, que fará efectiva esta mesma tarde a través da sede electrónica do concello do Irixo.
Iago Fariñas levaba 10 anos exercendo como concelleiro socialista na corporación municipal deste concello, o pasado ano 2023 asinou xunto a outra concelleira socialista e os tres representantes do grupo Xuntos Polo Irixo unha moción de censura que desaloxou da alcaldía a Manuel Cerdeira "Lito", do PP, que fora o máis votado nas últimas eleccións municiapais, saindo elexida como nova alcaldesa Susana Iglesias, do grupo de Xuntos polo Irixo.
Ao pouco tempo comezaron os enfrontamentos no propio grupo de Xuntos, no que Juan Manuel Villanueva desmarcouse da alcaldesa, á que deixou en minoria en varias votacións no pleno municipal, mesmo retirandolle o soldo e competencias delegadas por parte da corporación, a instancias do Partido Popular.
A alcaldesa acusou ao portavoz socialista -e socio de goberno- de terlle feito unha chantaxe, e foi esta acusación o detonante do distanciamento total entre alcaldesa e grupo socialista, tras unha tensa relación de varios meses.
Escoita aquí a entrevista íntegra a Iago Fariñas en COPE O Carballiño:

O primeiro tenente alcalde do concello do Carballiño adiantou en COPE O Carballiño o proxecto no que traballa o concello, a modernización da praza de abastos do Carballiño para convertela en "Mercado Excelente", contando coa axuda da Xunta.
Pepe Castro-Gil atendeu no transcurso da súa visita aos estudios desta emisora de radio diversas queixas e demandas da audiencia de COPE O Carballiño
Podes escoitalo no seguinte audio:

A Deputación de Ourense vén de integrarse no sistema de emerxencia galego disposto para dar a resposta máis precisa e eficiente ás necesidades dos damnificados pola traxedia de Valencia, coordinación que desde a institución provincial cualifícase como esencial para a efectividade do complexo movemento de solidariedade que se está a producir desde toda España.
O presidente da Deputación, Luis Menor, participou esta mañá nunha reunión telemática convocada desde a Xunta de Galicia e na que ademais de diversos departamentos do goberno autonómico tamén participaron as deputacións galegas e representantes da Federación Galega de Municipios e Provincias.
Entre os resultados desta reunión constatouse que a administración valenciana precisa sobre todo de apoio profesional, tanto humano como técnico, capítulo no que a Deputación de Ourense colaborará a través do Consorcio Provincial de Bombeiros “pero sempre segundo a axuda que se nos pida e mediante os procedementos que se nos indiquen”.
Luis Menor expresa “a total e absoluta sensibilidade da institución coa traxedia vivida en Valencia”, trasladando tamén o sentir do Goberno provincial polos efectos desta dana en Castela a Mancha e Andalucía.
“Estamos en plena disposición e preparados para axudar”, explica Luis Menor, que fai unha chamada a colaboración a través dos cauces oficiais abertos desde as administracións afectadas, entidades financeiras ou organizacións sociais como Cruz Vermella, Cáritas ou o Banco de Alimentos”.
“Síntome orgulloso da sempre rápida disposición da cidadanía a colaborar fronte a calquera traxedia”, afirma o presidente, que non obstante incide en que “a mellor colaboración e máis eficiente é aquela que está coordinada”.
Desde o sistema de emerxencia galego, engadiu, constátase que produtos como auga, comida, roupa ou medicamentos non están entre as prioridades, cargamentos de solidariedade que neste momento só crearían problemas loxísticos en orixe, pero sobre todo en destino, de aí que se pida que toda a colaboración cidadá sexa a través de achegas económicas nos cauces oficiais.

O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, ven de asinar un convenio co alcalde do concello de Beariz, Manuel Prado, para acondicionar a cuberta do centro social de Muradás, de titularidade municipal. O Executivo autonómico destinará 48.300 euros a financiar estes traballos, que se encargará de executar no que resta de ano o concello.
Perfecto Rodríguez destacou que as obras de mellora do tellado contemplan o cambio da tella e a instalación dunha lona térmica sobre un falso teito. Isto permitirá eliminar filtracións e mellorar a eficiencia enerxética do edificio. Ademais, a memoria do proxecto inclúe a colocación de dúas ventás no propio tellado e mellorar o sistema de iluminación para reducir o consumo.
Este inmoble leva máis de 25 anos acollendo diferentes actos e encontros organizados pola veciñanza. Neste sentido, o xerente do Consorcio destacou que as accións que se financian están destinadas a mellorar o día a día dos veciños de Beariz. Neste senso, recalcou que se trata da posta a punto dunha infraestrutura que xa forma parte da historia da vila e que, ademais, permite dende hai anos a dinamización social deste concello rural.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 25
- 26
- 27
- 28
- 29
- 30
- 31
- 32
- 33
- …
- seguinte ›
- última »