17, Febreiro 2021

A conselleira de Política Social, Fabiola García, anunciou que o Consello da Xunta aprobará mañá unha nova orde de axudas para a creación de 20 casas niño no rural. Foi durante unha visita realizada ao centro situado no concello de Maside, un dos primeiros de Galicia, na que estivo acompañada do alcalde da localidade, José Manuel Iglesias, e do delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén.

Trátase da sexta convocatoria de casas niño que o Goberno galego impulsa desde o ano 2016, cando se crearon estas pequenas escolas infantís, totalmente gratuítas para as familias, en pequenos concellos do rural. A conselleira lembrou que coa posta en marcha destes 20 novos centros, Galicia contará antes de rematar o ano cun centenar de casas niño espalladas por toda Galicia.

Esta convocatoria estará dotada con 1,6 millóns de euros, que se empregarán para o funcionamento das instalacións, ao que se destinan 19.600 euros anuais por centro; así como para a adecuación das instalacións nas que se van situar, para o que cada casa recibe 15.000 euros. A conselleira resaltou que estes recursos de conciliación teñen demostrado ao longo destes anos ser útiles para os cidadáns, ao adaptarse ás características do rural galego; e prestar un servizo de gran calidade.

17, Febreiro 2021

Tan so unhas horas despóis de poñerse en marcha o operativo de busca foi encontrado morto este veciño de Ventosa, na parroquia de Xurenzás, despóis de que a familia advertira a súa desaparición sobre as dez e media da mañá. O home padecía a enfermedidade de alzheimer.

A primeira hora da tarde o concello de Boborás fixera un chamamento para colaborar na súa localización. O 112 mobilizou aos bombeiros do Carballiño, con equipamento de drones, efectivos do GES de Avión, Grupo de Emerxencias do Carballiño, Garda Civil e Protección Civil de Boborás.

17, Febreiro 2021

O concello de Boborás ven de facer unha chamada á colaboración cidadán para localizar a un veciño da localidade de Ventosa, na parroquia de Boborás, que se atopa desaparecido dende as primeiras horas desta mañá de mércores.

Xa se mobilizaron os medios de emerxencias, non obstante o concello de Boborás fai un chamamento para todas aquelas persoas que poidan sumarse á búsqueda de Emilio ou facilitar calquera dato que axude á súa localización, chamando ao 112. Viste chaqueta con capucha verde e pantalón beige.

17, Febreiro 2021

A crise socioeconómica provocada pola pandemia da Covid-19 está a ter “desvastadores efectos” no sector vitivinícola galego, con especial incidencia en Ourense ao posuír catro das cinco denominacións de orixe de Galicia, onde centos de viticultores e adegas poden verse na obriga de abandoar as súas colleitas e os seus negocios ante as elevadas perdas rexistradas polo peche da hostalería, a restauración e maila inactividade no ámbito do turismo enolóxico. Esta é a análise que sobre o sector reflicte unha moción presentada polos senadores ourensáns -Miguel Ángel Viso, Carmen Leyte, Francisco José Fernández e Jesús Vázquez- na que reclaman ao Goberno medidas específicas de apoio á industria do viño a través de novas vías de financiamento, promoción e exportación.

En concreto, os senadores solicitan ao Executivo que negocie coa Comisión Europea a incorporación de financiamento extra máis aló dos programas nacionais de apoio ao sector vitivinícola español; o deseño de campañas de promoción para fomentar a cultura do viño; desenvolver plataformas telemáticas de comercialización; aprobar un plan estratéxico de Internacionalización para recuperar e abrir novos mercados exteriores; e levar a cabo accións dirixidas a potenciar o consumo interno, incluíndo o apoio ao enoturismo.

En Galicia, con cinco denominacións de orixe (Rías Baixas, Ribeiro, Monterrei, Valdeorras e Ribeira Sacra) hai preto de 10.700 viticultores, 449 adegas, preto de 8.400 hectáreas de superficie cultivada e unha producción anual superior aos 64 millóns de quilos de uva. A provincia de Ourense, non obstante, é un caso singular en Europa por ser un dos escasos territorios nos que conviven tantas denominaciós de orixen xuntas: Ribeiro, Monterrei, Valdeorras e Ribeira Sacra, que comercializan preto de 19,2 millóns de litros de viño e facturan case 90 millóns de euros. Un sector estratéxico para a economía da provincia, actuando como un dos grandes cohesionadores do rural ourensán.

Segundo os expertos, “o balance global é unha diminución do consumo, a redución dos prezos medios e, por tanto, do valor total das vendas, do volume de negocio e dos beneficios das adegas”, advirte o senador ourensán Miguel Ángel Viso, que destaca os resultados dun estudo realizado pola Federación Española do Viño, segundo o cal o 96 % das adegas españolas rexistran graves danos nos seus negocios pola continua caída do consumo interno, esperando un descenso do 35 % en volume de viño comercializado e unha perda de máis do 50 % do valor de vendas. E todo iso pese ao repunte de vendas nos supermercados (64,5 %) e sobre todo vía online (161,2 %), “que non compensará a forte caída en restauración e hostalería debido ao peche destes negocios e á inactividade no turismo enolóxico, así como a ausencia de promoción pola suspensión de salóns, feiras e mesmo festas tradicionais”.

UNHA PRODUCIÓN DE CARÁCTER ESTRATÉXICO.

As medidas incluídas na proposta, que se debatirá na comisión de Agricultura do Senado, reforzarían a consideración da viticultura como unha produción de carácter estratéxico, afirma o senador, que contrapón estas accións ás axudas ao sector aprobadas no seu momento polo Ministerio de Agricultura para paliar a crise de mercado derivada da pandemia, “pois non se adaptan ás singularidades do modelo de viticultura en Galicia, como a destilación para vinagres e alcohol de uso sanitario, o almacenamento de excedentes en adegas que non dispoñen de capacidade, ou a vendima en verde para superficies de máis de 3.000 metros cadrados, cando o tamaño medio en Galicia é de 1.400 metros cadrados”.

Ademais, conclúe Miguel Ángel Viso, “xunto á importancia económica, a xeración de emprego nas zonas produtoras e a súa contribución á cohesión do rural hai que sumar o valor ambiental deste sector polas súas achegas ao mantemento da diversidade, da paisaxe e a redución de C02”.

17, Febreiro 2021

O coronavirus continúa en retroceso no Carballiño, tanto na incidencia acumulada dos útlimos 14 dias como nos contaxios activos, os dous indicadores son coincidentes por segundo dia consecutivo, con 61 persoas -catro menos que onte- con infección activa no Carballiño, todas elas contraeron a enfermidade nos últimos 14 dias.

No resto de municipios os contaxios activos notificados hoxe por Sanide son os mesmo que aparecían na relación de onte, esto é: Cea (11) Maside (10) Boborás (8) Punxín (5) Piñor (1) San Amaro (1) O Irixo (1) Beariz (0)

16, Febreiro 2021

Nunca tantos mecos se viron na comarca como este ano de "non entroido", hainos ata con carácter reivindicativo como o que pode verse en Salamonde, en demanda dunha mellora na deficiente cobertura da telefonía móbil e o acceso á interet. 

O entroido volverá con forza o ano que ven, viva o entroido !!

16, Febreiro 2021

Con este acto o concello de Maside celebrado no mediodia deste martes de entroido ás portas do consistorio, a institución municipal quixo recoñecer a gran aportación que cada ano fan estas agrupacións na animación do entroido masidao e mesmo levando o nome de Maside a outros entroidos da comarca e provincia.

Un pequena representación das comparsas "Os Silleiros", "Os Azucarados de Maside", "Os Arrieiriños de Dacón" e "Os Felós" recibiron dos responsables municipais un agasallo en forma de axuda económica por importe de 150 euros a cada unha das catro comparsas.

16, Febreiro 2021

Esta terceira onda da pandemia do coronavirus continúa desacelerando no Carballiño, tanto na incidencia acumulada que reflicte a aparición de novos positivos como no indicador de contaxios activos, que hoxe son 12 menos que onte, polo que a cifra actualizada baixa a 65 pesoas, as que están pasando a enfermidade no Carballiño.

Baixan tamén os contaxios activos en Cea, que se queda con 11, Maside con 10 e Boborás con 8. Non hai variacións no resto dos municipios, que maneñen os seguintes casos activos: Punxín (5) San Amaro (1) O Irixo (1) Piñor (1) e Beariz (0)

15, Febreiro 2021

Espazo Común reproba o feito de que o alcalde do Carballiño filtrase a un xornal provincial un avance do proxecto de orzamento municipal para ete ano 2021 e para elo acuden á hemeróteca, cando afirman que "corría o ano 2012 no Carballiño, Argimiro Marnotes do PP era alcalde con maioría absoluta dende había un ano e avanzaban os meses sen ter novas sobre orzamentos para ese mesmo exercizo. Ata que un día de maio apareceron, sen previo aviso, numerosos detalles da proposta en varios medios de comunicación. O PSOE daquela na oposición, enterouse así das liñas xerais dun dos documentos máis importantes, se non o máis, para o funcionamento dun concello.A reacción de Fumega, daquela xefe da oposición non se fixo agardar e remitiu un comunicado atacando duramente a actitude de Marnotes", aseguran.

Continúa ESCO aseverando que "dicía no mesmo que por primeira vez en moitos anos, se daban a coñecer antes os orzamentos á prensa que á oposición, o que consideraba unha desfachatez e unha falla de respecto. Engadía que ven demostrando dende o principio do seu mandato que, polo feito de ter maioría absoluta, pensa que ten patente de corso para facer e desfacer ao seu antoxo e saltarse os cauces mínimos de normalidade insitucional”.

Relatan ademáis como "o comunicado remitido aos medios remataba criticando as tentativas do alcalde de subirse o soldo, as mentiras, os catro meses que leva sen respostar ás preguntas feitas pola oposición en pleno e, coma guinda, dous soldos para dous concelleiros do seu grupo que pagamos todos co encarecemento da contribución”. Os excompañeiros de Fumega daquéla no PSOE e agora en Espazo Común consideran que Fumega "é un exemplo demasiado evidente daquela máxima de fai o que eu digo pero non o que eu fago".

Todo este relato faise dende Espazo Común tras encontrarse no xornal "La Región" detalles específicos dos orzamentos para 2021, sen que a dia de hoxe teñan recibido ningún tipo de información ou adianto do borrador de orzamento elabarado polo grupo de goberno socialista. Despóis de acusar ao alcaldde de “cínico” e “dono dunha dobre moral que fai moito dano a este pobo”, cualifican de "lamentable o seu comportamento cos orzamentos, incumpre a súa propia palabra de facilitarnolos con 20 días de antelación para ter tempo de analizalos e poder así facer propostas".

Finalmente manifestan que "a suba de soldo do alcalde, das mentiras, dos 22 meses sen repostar ás preguntas en pleno e dos catro concelleiros con soldo pagados coa suba do IBI xa non fai falla nin falar. A crúa realidade é que hai máis mentiras en calquer frase ou acción de Fumega que en tódalas películas de Pinocho xuntas", remarcan.

15, Febreiro 2021

A incidencia acumulada aos últimos 14 dias sigue baixando no Carballiño, con 73 positivos diagnosticados neste periodo de tempo no municipio. Tamén se manifesta esta tendencia nos casos activos, que tamén están á baixa, hoxe son 77 contaxios activos os que se notifican para o concello do Carballiño por parte de Sanidade.

Tamén baixa un contaxio activo Boborás, que se queda on 9. E hai hoxe repetición de datos en relación a onte no resto de municipios: Maside (13) Cea (12) Punxín (5) Piñor (1) O Irixo (1) San Amaro (1) Beariz (0)

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS