
O cribado selectivo que se levou a cabo na xornada deste xoves 18 de Marzo en Maside conseguíu a participación máis alta entre todos os cribados realizados nos ultimos meses na comarca, acudiron a esta cita no polideportivo de Maside 633 persoas do total de 900 que foron chamadas polo Sergas, o que representa unha particpación do 70,3%.
As persoas participantes recibirán os resultados das PCR serán notificados nos próximos dias mediante SMS no caso dos negativos, e comunicados dende o Sergas no caso dos positivos.

Este pasado martes dia 16 O Carballiño rexistraba 6 contaxios por coronavirus, pero en apenas dous dias, os contaxios activos suben ata os 13, que notifica Sanidade para o municipio carballiñés, na actualización de datos correspondente a este xoves dia 18 de Marzo.
Un dato certamente preocupante, debido á aparición de ata 10 novos positivos diagnosticados durante a última semana, a incidencia acumulada a 14 dias sitúase hoxe nos 70 casos por cada 100.000 habitantes. Todo un serio aviso para O Carballiño.
Tamén aumenta dous casos Maside, que xa suma 13, os mesmos do Carballiño. E continúa a súa melloría Boborás, que resta outros dous contaxios e quédase hoxe con 4 persoas con infección activa.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de adxudicar a redacción de proxecto de acondicionamento da estrada autonómica OU-212, ao seu paso polo concello de Beariz, no treito que vai ata o desvío do núcleo do Alto de Couso. O contrato foi adxudicado á empresa Diagrama Ingenieria Galicia S.L. por máis de 18.000 euros.
O adxudicatario conta con 6 meses de prazo para redactar o proxecto. Esta actuación ten como obxectivo a execución das obras de ensanche e mellora do tramo da citada estrada, comprendido entre Beariz, no punto quilométrico 6+250, e o desvío ao núcleo do Alto de Couso, no quilómetro 12+320. A redacción do proxecto tamén deberá valorar a rectificación de curvas nas zonas onde sexa necesario.
Este novo traballo contratado polo departamento de Infraestruturas da Xunta seguirá, en liñas xerais, o mesmo criterio de deseño das obras executadas no seu momento entre o desvío de Couso e Avión, no punto quilométrico 20+540.

Unha das obras máis agardadas nos últimos anos no Estadio Municipal de Espiñedo será unha realidade este mesmo ano, a reposición integral do terreo de xogo, que ten unha superficie de 105X67 metros.
A directiva do CD Arenteiro fixo público hoxe un comunicado informando que "tal como comunicou o presidente da Deputación Manuel Baltar a Argmiro Marnotes, presidente de CD Arenteiro, o importe da execución desta obra será incorporado na modificación orzamentaria da Deputación e aprobaráse no pleno deste mesmo mes de marzo".
O proxecto, elaborado polo arquitecto municipal do concello do Carballiño, ascende a algo máis de 186.000 euros. Consistirá en levantar a totalidade do terreo de xogo, instalacion de rede de tubaxes de drenaxe, capa de grava, capa de area e tepes, asi como un novo sistema de rego.
Nos últimos anos, e tamén na actúal tempada, o club veuse obrigado a trasladar o partidos oficiais na terceira división ao campo da Regueiriña de Barbantes, ante o estado impracticable para o fútbol do terreo de xogo. O Club agradece publicamente no seu comunicado "a sensibilidade que se mostra dende a Deputacioón con esta necesidade ao afrontar integramente a obra, e ao concello do Carballiño por ter realizado o proxecto técnico necesario para a execución do proxecto". Nos últimos anos a entidade provincial xa financiou a construcción de novos vestiarios e a instalación de bancadas no recinto deportivo.
Agora, o club agarda que a obra de poida adxudicar canto antes para que o Estadio de Espiñedo "mostre a súa mellor cara xa dende os inicios da próxima tempada".

Confírmase asi as previsións avanzadas este mediodia por esta emisora de radio. O comité de expertos decidíu hoxe que o concello de Maside pase a nivel de máximas restricións, o que siñificará que a mobilidade quedará restrinxida para a veciñanza ao propio territorio municipal, do que non poderá sair, nin tampouco entrar os de fora, agás por causa debidamente xustificada. Ademáis, pecha a hostelería, que so poderá atender para recoller no local ou servir a domicilio, e quedan prohibidas as reunións de persoas non conviventes.
O endurecemento das restricións para o concello de Maside chega tras o empeoramento da pandemia nos últimos dias, chegando hoxe a 11 contaxios activos, a maioria diagnosticados os ultimos dias. O Sergas convocou para este xoves dia 18 un cribado selectivo no pavillón de deportes de Maside coa finalidade de detectar persoas asintomáticas.
A boa noticia desta semana é para Boborás, que abandona o nivel de maximas restricions e pasa ao nivel 2, o nivel intermedio, o comité clínico tivo en conta a boa evolución da situación epidemiolóxica do municipio, no que non se rexistrou ningún novo contaxio por coronavirus nos últimos 7 dias. A hostelería pode volver ofrecer servizo en terraza, e ademáis queda sen efecto o peche perimetral do concello, a mobilidade volve estar permitida.
As novas medidas, tanto para Maside, como para Boborás, entrarán en vigor a partir das 00:00 horas deste próximo venres dia 19 de Marzo, coincidindo co festivo de San Xosé.
Sobre todo en lo referente a denunciar al alcalde. La policia local hace lo que le mandan y está claro que no la mandan. De todas formas estoy esperando a que despues de Semana Santa cuando llegue la cuarta ola y vuelvan a cerrar los bares, a ver a quien le echan la culpa, porque seguro que apareceran por aqui diciendo que la culpa es de la gente que va a misa de 10.
Lo del sabado pasado una autentica vergüenza y encima delante del ayuntamiento para mas inri. En medio de la calle sin dejar pasar, completamente borrachos sin mascarilla y hacinados delante de cierto bar que todos sabemos que incumple continuamente las normas.
Supongo que es lo que nos queda en este pueblo mientras siga estando el alcalde que hay.

O sergas ven de comunicar a organización dun cribado selectivo coa finalidade de detectar asintomáticos ao que van ser citadas 1000 persoas veciñas do concello de Maside, no rango de idade entre os 18 e os 74 anos.
Serán convocadas mediante mensaxe SMS ao teléfono móbil, no que se lle comunicará a hora á que deben acudir este xoves dia 18 de Marzo dende as 3 da tarde en adiante, ao pavillón de deportes de Maside, onde se practicarán as mostras nasais para as probas PCR. Dende o Sergas, e tamén dende o concello de Maside, piden a colaboración de toda a veciñanza que sexa convocada para que participe neste cribado selectivo. Maside ten, según os datos de hoxe, 11 contaxios activos.
No resto dos concellos, en Boborás os contaxios activos baixan a 8, dous menos que onte. Tamén resta un caso O Carballiño, que ten hoxe 6 contaxios activos. Cea continúa con 1, e con cero contaxios permanecen os demáis concellos da comarca.

A Xunta, na súa aposta polo desenvolvemento sostible, solicitará á Secretaría de Estado de Turismo que teña en conta o Plan de Sustentabilidade Turística para o proxecto Ourense Termal na convocatoria dos Plans de Sostenibilidade Turística en Destino do presente ano. A Xunta incluirá na nova convocatoria o proxecto promovido pola Deputación de Ourense.
Nunha visita do vicepresidente primeiro á Deputación de Ourense, onde mantivo unha xuntanza co presidente do organismo provincial, Manuel Baltar, Alfonso Rueda -que asistiu acompañado por Nava Castro, directora da Axencia Turismo de Galicia- recordou que tanto o plan Ourense Termal como o da Mariña lucense foron, entre os seleccionados polo Ministerio de Turismo na convocatoria do ano pasado, os que obtiveron maior puntuación da Xunta. Tendo en conta a súa importancia para os ourensáns e que a propia Secretaría de Estado de Turismo manifestou o seu interese en apoialos, a Xunta é partidaria de presentalos de novo. De aprobarse, sumaríanse aos de Santiago de Compostela e da Ribeira Sacra, seleccionados no 2020.
O turismo termal en Galicia é un dos recursos con máis potencialidade para a recuperación do sector logo dun ano marcado pola crise da pandemia. Galicia é a comunidade líder no conxunto do Estado en canto á oferta mineiro-medicinal, con máis dun 20% dos establecementos balnearios, e tamén a comunidade con maior número de distintivos de calidade nos establecementos termais.
Ourense conta cun importante número de concellos ricos en recursos termais, pero que precisan dun plan e de axudas para poder explotalos economicamente e como fonte de riqueza no turismo de saúde e benestar. O proxecto desenvolvido pola Deputación provincial é, ademais, unha oportunidade para xerar emprego na provincia, fixar poboación e frear a emigración. De aí que a Xunta aposte por presentalo de novo á convocatoria deste ano e que comprometa unha inversión de 1,3 millóns de euros, o 45% do orzamento total, para o seu desenvolvemento nos vindeiros tres anos.

A Asociación de Persoas con Discapacidade Física e Orgánica do Carballiño e comarca (ASDIFICA) leva xa varios anos de constante crecemento, acadando gran relevancia dentro do seu eido. Entre as súas encomiables funcións está, nin máis nin menos ca a de prestar apoio e facilitar a vida diaria e a integración social e laboral dos seus asociados, destacan dende Espazo Común.
Segundo cifras facilitadas por eles mesmos, son máis de 100 persoas ás que atenden de xeito regular. Espazo Comun pon en valor o seu traballo "Con moi escasos recursos, son quen de ofrecerlles servizos coma o de fisioterapia, o de rehabilitación, o de asistencia psicolóxica, cursos ou mesmo o de orientación laboral.Incluso durante os confinamentos, estiveron a levar a termo un seguimento constante da situación de todos e cada un dos asociados, un colectivo especialmente castigado pola pandemia".
Subliñan que para acometer todas estas accións absolutamente imprescindibles nunha sociedade que pretenda ser xusta e inclusiva, sempre teñen que enfrontar un obstáculo de moita envergadura: a carencia absoluta de infraestruturas propias "levan xa case un ano nun pequeno local do concello cedido por Espazo Común, a onde chegaron por non poder seguir empregando un aínda máis cativo que tiñan prestado no Centro Sociocomunitario. Vense na obriga de alugar ou pedir prestados emprazamentos para poder seguir traballando. A todas luces, isto dificulta enormemente o día a día da asociación".
É obvio -engaden- que ASDIFICA precisa con urxencia dun lugar de seu. Habilitado, amplo e sen problemas de accesibilidade "a estas alturas, xa dispoñen incluso de convenios que lles permitirían financiar as obras que fosen necesarias para o seu acondicionamento".
Remarca ESCO que "tódolos que formamos parte deste Concello, temos a obriga moral de prestarlles todo o apoio posible e de darlle prioridade absoluta á cesión dun local, despois de diferentes conversas con eles, consideran que a mellor opción dentro das posibles, sería parte dos baixos da Estación de Autobuses".
A proposta que a través dunha mocion ante o pleno da corporación municipal vai presentar Espazo Común pasa, en primeiro lugar, porque o Concello do Carballiño tente chegar a un rápido acordo coa Xunta para que esta realice unha cesión directa dese espazo a ASDIFICA, garantíndolle un número de anos suficiente para que poidan acometer con tranqulidade as inversións necesarias para a súa adaptación.
No caso de non ser isto posible a curto prazo, demandarán que se elabore unha listaxe formal das opcións que o Concello pode ofrecerlles.
Incrible o do sábado en Carballiño, bares que levan incumplindo meses.... cheo de xente bebendo na rúa e pelexa con feridos e unha cristaleira rota e decenas de rapaces e non tan rapaces borrachos 2 horas despois de que os locales teñan que cerrar...
E mentres a policía local facendo a vista gorda ata que houbo a pelexa e non tiveron outra opción que aparecer por fin...
Esto e o que pasa cando as nosas forzas de seguridade pasan de facer o seu traballo como levan facendo case un ano enteiro, permitindo que os dous locais de sempre segan incumplindo as normas.
¿qué por certo, non era que o alcalde dicía que os iban cerrar fai non moito por incumplir a normas no mesmo voso programa?)
Xa que a nosa policía non fai nada e o noso alcalde menos, ¿vai por fin a fiscalía a empezar a denunciar a nosa policía, alcalde ou de quen sexa a responsabilidade por prevaricación dunha vez ou vamos ter que ser os veciños o que tomemos esa decisión?
Pido dende este medio auxilio ou a fiscalía ou a policía autonómica para que tome cartas no asunto canto antes. O do sábado foi so a gota que colma o vaso, pero levamos meses con locáis e xente que incumplen, con dificultades para baixar a curva neste povo, e agora tamén temos que aguantar pelexas de xente que bebe na rúa cando non se pode.
¡Que vergoña de povo!
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 279
- 280
- 281
- 282
- 283
- 284
- 285
- 286
- 287
- …
- seguinte ›
- última »