14, Febreiro 2021

Era un partido no que se xogaban algo máis de 3 puntos, xa que se enfrontaba o primeiro -Arenteiro- co terceiro -Alondras- cunha diferencia de 6 puntos na clasificación, de gañar o Alondrás quedaría a 3 e un partido menos, agora a distancia pasa a ser de 9 puntos a favor do Arenteiro máis o golaverage.

Por eso foi un golpe sobre a mesa do Arenteiro, e pecha con nota unha semana moi esixente de tres partidos ante Estradende, Arousa e Alondras, cun balance final de dúas victorias e un empate.

E por diante, seis partidos -incluído o adiado co Ourense CF- para rematar a primeira fase do campionato de liga na terceira división. No partido xogado esta tarde no campo do Morrazo o Arenteiro deixouno pronto encarrilado, xa que aos 8 minutos Victor Eimil pisou área local e aproveitou un pase de Naveira para marcar o 0-1, aos 16 minutos chegaría o segundo gol dos verdes, obra de Sylla ao cazar na área pequena un balón que lle servíu de cabeza Joni. E asi ao descanso.

Na segunda parte o Arenteiro defendeu ban o resultado sen pasar por apuros, deixando pasar os minutos, xa no tempo de tempo de desconto -minuto 93- o Alondras aproveitou o único fallo defensivo do Arenteiro para marcar o seu gol. Pero xa sen tempo para máis que ver como os 3 puntos eran para o equipo carballiñés, tras o 1-2 que sinalaba o marcador final no campo do Morrazo.

Para ver a ficha do partido sigue a ligazón: http://www.futgal.es/pnfg/NPcd/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodAc...

14, Febreiro 2021

Los socialistas de la Agrupación socialista de Leire y mediante su portavoz Manuel, han registrado un escrito pidiendo al Grupo de Gobierno la retirada inmediata por el peligro que suponen, unas piedras de gran tamaño que se encuentran en la cuneta llegando al pueblo de Nogueira perteneciente a la Parroquia de Lamas y que llevan más de 20 días sin ser retiradas, por lo que nos da a entender, que a este grupo de gobierno solo le interesa y le preocupan sus habitantes cando hay elecciones y para pagar impuestos y tasas ya que estos hechos, sumamente graves.

Una vez más los socialistas quieren recalcar la dejadez de sus funciones y facilitar el bienestar de nuestros vecin@s de nuestro Ayuntamiento, y prueba de ello lo tenemos en este caso, por el tiempo que ha transcurrido desde que pasaron estos hechos y que ha día de hoy aún no fueron retiradas dichos pedruscos.

También queremos destacar por ultimo el estado lamentable de la carretera municipal de Lamas a Nogueira que parece mas “camino de cabras” que una infraestructura acorde con los tiempos que corren, por lo que esto denota el pasotismo y dejadez del Concejal del Partido Popular de esa zona, que solo esta disponible para salir en las fotos, lo cual se le da muy bien, a los hechos nos remitimos, que no se preocupa para nada del conjunto de su Parroquia, solo para lo que le interesa.

Fdo: Agrupación Local Socialista de Leiro.

14, Febreiro 2021

A incidencia acumulada (IA) a 14 dias continúa a evolución á baixa, e acumula hoxe domingo 79 novos positivos neste periodo de tempo, tamén continúa o descenso dos contaxios activos que se quedan en 81 casos no Carballiño, catro menos que onte.

No resto dos municipios da comarca a última actualización de datos deixanos os seguintes contaxios activos: Maside (13) Cea (12) Boborás (10) Punxín (5) San Amaro (1) O Irixo (1) Piñor (1) Beariz (0)

13, Febreiro 2021

Os centros educativos da comarca completan a semana previa ás vacacións entroido con 20 casos positivos, deles 9 no IES Chamoso Lamas do Carballiño.

O resto de centros que continúan notificando contaxios de coronavirus son: IES nº 1 (4) CPR Vila do Arenteiro (3) CEIP Calvo Sotelo (1) CEIP O Irixo (1). Finalmente, con 5 casos figura nesta relación o CIP Terras de Maside, que ademáis mantén unha aula pechada.

13, Febreiro 2021

O Carballiño rexistra este sábado dia 13 de Febreiro a maior baixada tanto de incidencia acumulada (IA) a 14 dias como tamén no número de contaxios activos, no primeiro indicador baixa dos 92 casos aos 81, a maior caída nun dia nesta terceira onda da pandemia en canto aos novos positivos no intervalo dos últimos 14 dias. Esta tendencia tamén se manifesta nos contaxios activos, que baixan no Carballiño dos 92 de onte ao 85 que rexistra hoxe.

Nos demáis concellos da comarca tamén se manifesta esta mesma tendencia nos casos de coronavirus, trala actualización de datos deste sábado, os contaxios activos en cada concello son os seguintes: Maside (16) Cea (12) Boborás (11) Punxin (5) Piñor (1) O Irixo (1) San Amaro (1) Beariz (0)

13, Febreiro 2021
12, Febreiro 2021

A crise que vive Ciudadanos na provincia de Ourense deixa ao partido laranxa sen o único concelleiro co que contaba nos concellos da comarca do Carballiño, Eulogio González, edil da corporación municipal de Punxín ven de comunicar que se da de baixa en Ciudadanos e que seguirá agora como concelleiro non adscrito.

No concello de Punxín, no que exerce como 1º tenente-alcalde, o apoio de Eulogio González foi decisivo para que o actúal alcalde do Partido Popular, Manuel Vázquez "Casalta", retivese a alcaldía en minoria tras as eleccións municipais de 2019. 

12, Febreiro 2021

O próximo dia 16, que debería ser martes de entroido e a pesar da suspensión de todas as actividades festivas, seguirá sendo día inhabil a efectos laborais, polo tanto festivo de carácter local en todos os concellos da comarca, agás no de San Cristobo de Cea. Asi que será dia festivo local nos municipios de Beariz, O Irixo, Boborás, Piñor, Maside, Punxín, San Amaro e O Carballiño, tamén no concello de Avión.

En consecuencia, no Carballiño adiántase a primeria feria do mes de Febreiro, que tocaba ese dia, ao lúns dia 15. O alcalde do concello do Carballiño asinou un decreto no que da conta que, tendo en conta a actúal situación sanitaria pola pandemia do cororavirus e o cumprimento das normas de prevención en vigor, autoriza a celebración da feira reducida aos postos do agro e alimentación, igual que xa aconteceu coa segunda do mes de Xaneiro.

12, Febreiro 2021

O coronavirus parece estancarse no Carballiño, non empeora a situación pero tampouco mellora. Manténse a incidencia acumulada, con 93 novos casos diagnosticados nos últimos 14 dias no concello do Carballiño, e tamén estancamento nos contaxios activos, que igual que onte tamén hoxe son 92.

Nos demáis concellos da comarca o número de contaxios activos é hoxe os seguinte: Maside (-4) (18) Cea (-1) (14) Boborás (+1) (12) Punxín (-1) (7) San Amaro (-) (2) Piñor (-) (1) Beariz (-) (0) O Irixo (-) (0)

12, Febreiro 2021

O Concello de Maside quere recoñecer a gran labor que durante tantísimos anos están a realizar os compoñentes das distintas comparsas do concello, que cada ano cobran protanonismo polo tempo do entroido.

É por elo, que neste Entroido tan atípico que nos toca vivir este 2021, o concello masidao recoñece o traballo colectivo "pola ilusión, polos ánimos, pola alegría, pola diversión, polo traballo, polo esforzo, polo tempo invertido, polos bos momentos que nos fan vivir, ano tras ano para facernos disfrutar do Entroido". 

Se por algo o Concello de Maside se pode enorgullecer -engaden-  é por ter uns veciños e veciñas que viven con paixón esta tradición, e elo vese reflexado cada ano chegadas estas datas, cando vemos saír as comparsas do Bardelás, Os Arrieiriños de Dacón, os Azucarados de Maside e por suposto ós Felos, disfrutando e facendo desfrutar ós demáis. E como agradecemento o Concello de Maside outorgará unha subvención a estes catro grupos que manteñen vivo o lume do Entroido en Maside. Todos eles recibirán 150 € como recoñecemento á súa labor, de mans do alcalde o vindeiro martes de Entroido no concello de Maside.

Ademáis, o concello masidao invita a transformar estes dias de entroido " nun  ano que non teremos o noso tradicional desfile do luns de entroido, pero queremos ter balcóns, fiestras, fachadas das casas cheas de colorido, cheas de Entroido!! Queremos que os veciños e veciñas poñan en marcha a imaxinación e nos sorprendan!!! Que se disfracen e nos fagan chegar as súas fotos, colgaremolas na web do concello e nas nosas redes sociais, queremos seguir a desfrutar do Entroido".

Finalmente, remarcan que "este ano tocanos vivir un Entroido diferente, por eso queremos pedirlles que cumpran coa normativa sanitaria establecida, que non poñan en risco a súa saúde nin a dos demáis. Que non esquezan que de todo esto temos que saír xuntos, pero sobre todo, temos que saír tod@s".

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS