
A incidencia acumulada de Covid-19 continúa caendo en picado no municipio do Carballiño, neste indicador que reflicte a aparición de novos casos confirmados con probas diagnosticas nos últimos 14 dias, son 43 os casos de coronavirus notificados nos últimos 14 días.
Son xa tres os concellos da comarca, os de Beariz, Piñor e San Amaro, nos que non se notificaron novos contaxios de coronavirus nas últimas dúas semanas.
En canto a contaxios activos, O Carballiño (-14) rexistra hoxe 42 persoas pasando a enfermidade, Cea (-2) quédase con 8, Maside (-3) ten 6, Punxín continúa con 5, Piñor con 1 igual que O Irixo. E continúan libres de virus San Amaro e Beariz. O único concello que rompe esta tendencia á baixa hoxe é o de Boborás (+1) e sitúase con 9 contaxios activos.

O Consello da Xunta aprobou hoxe o decreto polo que se declara a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios para executar as obras de acceso ao parque empresarial de Lebozán, en Beariz, desde a estrada OU-212. O orzamento estimado polo Goberno galego para este proxecto supera os 390.000 euros, en que se inclúen o pagamento das expropiacións dos 6 predios necesarios para executar esta actuación. As obras teñen como obxectivo darlle operatividade ao futuro parque empresarial de Lebozán.
Esta conexión vén concretar a proposta prevista no Plan especial de creación de solo industrial neste concello da comarca do Carballiño, desenvolvendo a solución prevista no informe de sustentabilidade ambiental do citado plan especial A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade procederá ao levantamento de actas previas e á licitación das obras na primavera. As obras teñen un prazo de execución de 4 meses. A actuación proxectada prevé a execución dun novo acceso desde a estrada OU‐212 entre os puntos quilométricos 1+542 e 1+771 na súa marxe esquerda.
A solución desenvolvida polo departamento de Infraestruturas da Xunta é a resultante da realización previa dunha análise de 6 alternativas desde o punto de vista da súa xeometría, funcionalidade e seguridade viaria. Para iso, proxéctase unha intersección que permite todos os movementos con cuñas de aceleración e deceleración de 30 metros de lonxitude, así como un carril central de espera para os xiros desde a estrada OU‐212 cara ao futuro parque empresarial.
O deseño adáptase ás particularidades da contorna aproveitando as estruturas existentes sobre un regato afluente do rego de Ponte da Pedra e respectando os parámetros indicados na normativa. Na actuación prevese unha canalización baixo a berma que serve de protección contra os desprendementos de terras, en previsión da necesidade futura de darlle continuidade á iluminación viaria do parque empresarial.
Gustaríame saber que teñen pensado facer no Carballiño cos parques infantiles, se é que van xa estar pechados a perpetuidade,ou se teñen algunha previsión para a súa reconversión para outros usos. Debe ser que os señores e señoras que dirixen o concello xa teñen as crianzas maiorciñas e pasan ampliamente, pero igual algún dos palanganeros de Fumega que de dedican a escribir por aquí pode enviarlle o enlace:
https://ourensenarede.com/barbadas-abrio-parques-infantiles/
Se quere enviolle unhos cantos máis

Estado no que se encontra a Rúa Fonte Barreiros en Corzos.
No es normal que se pueda hacer una rampla de acceso a un inmueble ocupando media calle como la que existe en la travesía de la plaza mayor de Cea.
Ahora que están arreglando la calle esperamos que corrijan semejante disparate.
Para nada me gusta sair na defensa deste alcalde tan errático. Pero ao César o que é do César, e a Deus o que é de Deus.
Deixo aquí a información que acredita que a FEGAMP amosou o seu malestar cos errores da Xunta.
https://www.nosdiario.gal/articulo/social/xunta-culpa-varios-concellos-d...
A oposición errática do Partido Popular do Carballiño que nin está nin se lle espera (andan no fútbol) amosa ás claras a escasa adicación á política porque para o pouco que saen, meten a pata.
Eu pensaría cambiar de sede como fixo Casado, así quizáis o tomarían en serio (Casado di que cambiando de sede desaparece a corrupción), e forrarían cartos nos balcóns de celebracións.

Como pode apreciarse na fotografía, o desbordamento do río Arenteiro ao seu paso polo Carballiño asolagou algunhos tramos do paseo fluvial e mesmo leiras lindantes. Ademáis, as constantes choivas das últimas semanas agravaron o deterioro que sufre esta senda peonil nas ribeiras do río Arenteiro.
Nas últimas 24 horas o pluviómetro recolleu 44 litros de auga por metro cadrado no Carballiño, tras unha noite-madrugada deste xoves dia 18 de Febreiro que rexistrou abundantes precipitacións, aínda que ao producirse nun intervalo de varias horas apenas provocaron incidencias reseñables na zona urbana, como sí ten acontecido noutras ocasións nas que as precipitaciós se acumulan en grandes cantidades e nun reducido intervalo de tempo.

O alcalde Francisco Fumega afirmou hoxe en COPE O Carballiño que "recibimos o requerimento o dia 9, ese mesmo dia xa trasladamos a petición á empresa que xestiona o SAF e o dia 10 remitimos a documentación á FEGAMP". O rexedor entende que "debeu haber algún problema informático" e asegurou que esta mañá volveuse remitir esta documentación.
As asevaricións do alcalde do Carballiño chegaban despóis de que a Xunta volvese hoxe incluir a O Carballiño entre a listaxe de concellos -19 en toda Galicia- que non remitiron a documentación solicitada por Sanidade, co persoal do Servizo de Axuda no Fogar "para acelerar o proceso de vacinación", e tamén tras as críticas formuladas polos tres grupos políticos da oposición municipal no concello carballiñés.

O Carballiño resta 5 contaxios, en relación a onte, e quédase hoxe con 56 persoas con infección activa. Tamén sigue baixando a IA, con 53 novos casos diagnosticados nos últimos 14 dias no municipio.
Según a actualización deste xoves dia 18 de Febreiro, a relación de persoas que están pasando pola enfermidade nos concellos de comarca é a seguinte: Cea (10) Maside (9) Boborás (8) Punxín (5) Piñor (1) O Irixo (1) Beariz (0) San Amaro (0)
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 282
- 283
- 284
- 285
- 286
- 287
- 288
- 289
- 290
- …
- seguinte ›
- última »