
Por vez primeira dende dende que entramos en 2021 a incidencia acumulada a 14 dias, esto é, os novos casos de Covid diagnosticados mediante probas de infección activa neste intervalo de tempo, baixa levemente no concello do Carballiño, pasando dos 101 casos que reflectía onte este indicador que manexa o Sergas aos 99 casos neste mércores dia 3 de Febreiro.
Pero soben os contaxios activos, 4 máis que onte no Carballiño, que alcanza un novo record nesta terceira onda da pandemia, con 109 casos. Tamén incrementan casos activos San Amaro (+1) (4) Cea (+1) (11) e Punxín (+2) (3). Baixa Maside (-1) (23) e repiten dato de persoas con infección activa Boborás (14) Beariz (3) Piñor (2) O Irixo (1)

Os casos positivos de Covid-19 nos centros educativos da comarca carballiñesa increméntanse ata os 21 no inicio desta semana nos centros educativos da comarca carballiñesa, tamén se confirma unha aula pechada no Colexio Vila do Arenteiro.
A relación de centros afectados e o número de casos notificados é a seguinte: CPR Sagrado Corazón (6) IES nº 1 (4) IES Chamoso Lamas (4) CEIP Calvo Sotelo (2) CPI Maside (2) CPR Vila do Arenteiro (2) e CEIP Boborás (1)
O resto dos centros educativos da comarca do Carballiño están libre de virus, según a última actualización informativa correspondente a este martes dia 2 de Febreiro.

O próximo martes dia 16 deste mes de Febreiro é o primeiro festivo de carácter local deste ano 2021 no concello do Carballiño, tal como está fixado no calendario laboral de Galicia, coincidindo co martes de entroido, aínda que este ano non se celebrarán actividades festivas propias da data, sí que se mantén o dia inhábil a efectos laborais para todos os centros de traballo, empresas, centros educativos, sanidade, administración ou comercio.
Asi as cousas, a ordenanza municipal recolle que sendo dia festivo a feira debe adiantarse ao dia anterior hábil, neste caso ao lúns dia 15. Non obstante, o alcalde Francisco Fumega avanzou en COPE O Carballiño que non descarta manter a celebración da feira coincidíndo co dia festivo local "dadas as circustancias imos estudar a posibilidade, creo que de forma excepcional podia ser o 16, aínda que sexa festivo", subliñou.
O segundo dia festivo de carácter local será, como cada ano que non coincide en domingo, o 17 de Setembro, festividade de San Cibrán, este ano no calendario da semana cadra a dia venres.

O Carballiño incrementa no último dia en 6 os contaxios activos e alcanza os 105 casos. Maside ten unha persoa menos enferma que onte, e quédase con 24 contaxios activos de coronavirus.
Non hai variacions nos demáis concellos, nos que permanecen os mesmos contaxios activos: Boborás (14) Cea (10) San Amaro (3) Beariz (3) Piñor (2) Punxín (1) O Irixo (1)

Entre o 29 e o 31 de xaneiro, os axentes realizaron da Policía Autonómica na provincia de Ourense, realizáronse 33 dispositivos que deron como resultado un total de 340 identificacións e 16 denuncias en Allariz, O Carballiño, Leiro, Ourense, Ribadavia, San Cibrao das Viñas, San Cristovo de Cea e Verín.
Durante os operativos, os axentes controlaron que nos establecementos abertos ao público se estaban a cumprir as medidas aprobadas polas autoridades sanitarias para facer fronte á covid-19, como o uso obrigatorio de máscara, o cumprimento da distancia de seguridade, o aforo e horario de peche dos locais e a prevención do botellón.
Estes dispositivos enmarcase no seo da colaboración entre as forzas e corpos de seguridade, cada unha no marco das súas competencias.
Se nos fiamos dos datos, no carballiño cunha poboacion de 13939 habitantes hay 99 casos, e dicir 0.7 por cada 100 habitantes.
No cribado que fixo a xunta deron de de 1304 que se presentaron 99 positivos, 1 de cada 100.
Polo tanto hay 0.3 cada 100 sen diagnosticar, 41 persoas, probablemente menos, pero como non saben que están infectados van ir subindo os casos, mentres contaxian a mais xente,
E 700 persoas sen facer os test, se foran empanadas gratis veríamos.
Existen irregularidades en porto pereiras Boboras para comenzar se realizo denuncia en sanidad ya que el agua estaba contaminada ,el ayuntamiento simplemente coloco una cloradora sin arreglar el deposito de agua que esta totalmente dteriorado, el ayuntamiento da largas para hacerce cargo del agua y de la sdanidad del mismo. Entre otras cosas hay denuncia de vecinos por un cerco electrico colocado en sector piblico del pueblo y el Ayuntamiento continua haciendo oidos sordos a dichos reclamos, El ayuntamiento no deja otra posibilidad que hacer denuncias por este medio.
Con 47 anos( todos eles vividos no Carballiño) creín que xa poucas cousas me sorprenderian, pero non.
Vimos de rematar un Nadal esperpéntico no nosa Vila: bares con moita xente todo o Nadal, bares onde a condensación era palpable dende fóra, bares con grupos de 6,7,8 persoas.... etc etc
¿Éste é o Modelo Carballiño?, un mes no bar e outro na casa ou hospital (ou no tanatorio)??
Seguinte sorpresa, Feijoo. Abre peches perimetrais nas datas máis sinaladas, emerxe coma o salvador do Nadal e.... ¿Agora?
Agora bótalle a culpa ó Goberno Central.
E a mais grande de todas: Gonzalo Caballero preséntase no Carballiño para loar ós nosos veciños.... Solo lle faltou pagar unha ronda nalgún bar.

O Sergas comunicou esta tarde que, unha vez coñecidos os resultados das PCR realizadas onte no cribado selectivo do concello do Carballiño, detectaronse 14 persoas asintomáticas, o que representa unha porcentaxe de positividade do 1,1% sobre o total das 1304 persoas que participaron este domingo na convocatoria no Pavillón de Deportes do Carballiño.
Desta maneira, resulta que do total dos veciños e veciñas do Carballiño que realizaron as probas este domingo, 1.290 deron resultado negativo, e 14 foron diagnosticados como positivos. Nos test de antíxenos foron detectados 5 positivos, e os 9 restantes mediante PCR.
Os negativos foron notificados no transcurso da xornada de hoxe a través de SMS e os positivos comunicados a través do centro de saúde do Carballiño

Son catro contaxios activos máis que onte no concello de O Carballiño, que entra no mes de Febreiro con 99 contaxios activos de coronavirus, dos que 95 son casos diagnosticados nos últimos 14 dias. Tamén comeza a ser relevante a incidencia acumulada a 14 dias o concello de Maside, 25 casos, unha cifra que coincide hoxe co número de contaxios activos, tamén 25.
Incrementa un caso Boborás, que suma 14. Baixa 2 contaxios activos o concello de San Cristovo de Cea, que pasa de 12 a 10. E non se producen alteracións no número de contaxios activos no resto de concellos: Beariz (3) San Amaro (3) Piñor (2) Punxín (1) O Irixo (1)
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 283
- 284
- 285
- 286
- 287
- 288
- 289
- 290
- 291
- …
- seguinte ›
- última »