4, Febreiro 2021

A delegación do goberno (respondendo a XUCA) xa deixou claro que non hai demanda e que polo tanto non fan falta os trens que quitaron fai un ano. Logo que sentido ten facer agora unha intermodal se so vai haber autobuses. Para eso que deixen os autobuses onda estan agora que ali hai sitio de sobra para todos tal e como dixo o anterior denunciante. Os aguistas, a xente das feiras, venlle millor a ubicación actual ca tel que levalo todo hacia a estación de tren. Agora sí que sí asistimos a morte do ferrocarril no Carballiño. Non provoquemos o mesmo cos autobuses cambiandoos de sitio.

4, Febreiro 2021

Son xa catro as aulas pechadas nos centros educativos da comarca por culpa do coronavirus, dúas na Escola Infantil Trastes do Carballiño, unha no Colexio Vila do Arenteiro e unha no CEIP Nosa Señora de Xuvencos de Boborás.

En canto a casos positivos -que hoxe soben ata os 25 en total- os centros afectados son os seguintes: IES Chamoso Lamas (6) CPR Sagrado Corazón (5) IES nº 1 (4) CPR Vila do Arenteiro (3) CEIP Calvo Sotelo (3) CIP Terras de Maside (2) CEIP Boborás (1) E.I. Trastes (1)

4, Febreiro 2021

O coronavirus non parece ter freo no Carballliño, que rexistra hoxe un incremento de 6 contaxios activos e alcanza a cifra record desta terceira onda da pandemia, 115 persoas con infección activa neste xoves 4 de Febreiro no Carballliño.

Tamén incrementan os casos activos en Boborás (+1) (15) Cea (+2) (13) e  Punxín (+1) (5). Baixan un caso Beariz (-1) (2) e Maside (-1) (23) Sen variacións en San Amaro (4) Piñor (2) e O Irixo (1).

4, Febreiro 2021

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, mantivo por videoconferencia un encontro cos alcaldes de Avión, Antonio Montero, Castrelo de Miño, Avelino Pazos, Cortegada, Avelino de Francisco, e a alcaldesa de Porqueira, Susana Vázquez, aos que informou sobre a concesión de 95. 479,84 euros para proxectos de mellora enerxética nos catro municipios.

Gabriel Alén informou que as axudas permitirán substituír as actuais caldeiras de gasóleo por biomasa na "Casa Roxa" de Avión cunha achega de 11.616 euros, e na Casa do Concello, de 22.860 euros. Dúas caldeiras de biomasa no concello de Castrelo de Miño, na vivenda comunitaria, 8.228 euros e na aula CeMIT, 9.680 euros. No concello de Cortegada, a instalación dunha caldeira de biomasa no Centro Cultural, 8.571 euros, e unha caldeira de biomasa na residencia e maiores do concello de Porqueira por un importe de 34.523 euros.

Unha suma de 95. 479,84 euros en axudas aos catro concellos, aos que hai que engadir a liña orzamentaria destinada a empresas e particulares cunha achega de 328.251 euros; que fan un total de 423.730 euros na provincia de Ourense.

Deste xeito, o delegado territorial da Xunta destacou a aposta do Goberno galego por lograr unha Galicia máis verde, a través de apoios que buscan fomentar tanto o uso das enerxías renovables como unha maior eficiencia enerxética, tanto no eido dos fogares galegos, como das administracións, empresas e entidades.

Gabriel Alén tamén subliñou que “a Xunta de Galicia segue co seu labor de apoio aos concellos en todas as áreas e atendendo ás súas necesidades e, loxicamente, unha cuestión de tanta importancia como a eficiencia enerxética, que permite aforrar recursos e dotar aos espazos públicos de maior comodidade, está entre as prioridades do Goberno galego”.

Convocatorias abertas para empresas e autónomos

Por outra banda, cómpre lembrar que xa están abertas dúas convocatorias para impulsar as enerxías renovables e a eficiencia enerxética nas empresas. Trátase, en concreto, da liña de axudas para proxectos de empresas e autónomos do sector agrícola primario que contan cun orzamento de 2,5 millóns de euros, o que facilitará a mobilización dun investimento final público-privado de 8,5M€ en aproximadamente 200 iniciativas. Promoveranse instalacións de biomasa, biogás, aerotermia, xeotermia, solar térmica, fotovoltaica e eólica, así como actuacións de mellora da eficiencia que reduzan o consumo inicial en polo menos un 40% en proxectos de iluminación ou nun 10% no resto de iniciativas.

Tamén está aberto o prazo para solicitar axudas para realizar proxectos de aforro e eficiencia enerxética en empresas dos sectores industrial e de servizos. Destinaranse 10M€ co obxectivo de mobilizar máis de 42M€, e propiciar un aforro enerxético equivalente a nove millóns de litros de gasóleo ao ano, así como un aforro económico de 7M€ anuais nas facturas enerxéticas e a creación de 340 empregos.

3, Febreiro 2021

Soben os casos de positivos nos centros educativos do Carballiño e comarca, ademáis xa son tres as aulas pechadas en aplicación do protocolo anti-covid, dúas na Escola Infantil Trastes e unha no Colexio Vila do Arenteiro.

Os centros afectados e os casos que rexistran -que suman 23 en total- son os seguintes: CPR Sagrado Corazón (6) IES Chamoso Lamas (5) IES nº 1 (4) CEIP Calvo Sotelo (2) CPR Vila do Arenteiro (2) CIP Terras de Maside (2) CEIP Boborás (1) Escola Infantil Trastes (1)

3, Febreiro 2021

O Concello do Carballiño asinou un convenio ca empresa pública de servizos agrarios SEAGA para a elaboración do Plan De Incendios e o establecemento dun sistema de xestión da biomasa nos montes ou terreos forestais incluídos nas redes de faixas secundarias de xestión de biomasa . Así, a partires do próximo mes, comezará a limpeza das marxes das estradas daqueles núcleos rurais que presenten maior perigo, sendo prioritarios os que teñen unha soa entrada e saída.
A concelleira de Medio Rural, Rosa Fuentes, apunta, entre outros, os seguintes tramos: Varille-Montegrande-As Caldas, As Lámparas-Sagra-A Fraga, Pena Cobertoira- Bouteiro, Seoane-Mouriz, Saa-A Granxa- A Lama-Pol e a entrada a San Félix de Barón. Tamén recorda o valor de levar a cabo accións na eliminación desta masa forestal para previr a propagación dos lumes e facilitar a actuación contra os mesmos establecendo líneas de defensa. Facendo así, un chamamento ”á sensibilidade e participación cidadá na prevención e loita contra os incendios forestais, que por unha beira poñen en risco ás persoas,pero tamén, por outra, ao noso patrimonio natural”.
Ademais, o Concello publicará un bando ,para avisar con antelación, do prazo do que dispoñen os propietarios para a corta das árbores afectadas pola franxa de seguridade marcada no plan de incendios . No caso de que non se efectúe dita corta, será SEAGA a que realice as cortas e retire a madeira, co fin de que non quede combustible que facilite o avance do lume.

3, Febreiro 2021

Nos quedamos sin tren en Carballiño eso no queda duda y ahora quieren una intermodal de que autobus a  taxi a autobus por que tren no hay  si eso sucede nos quedaremos tambien sin autobuses por que haber quien va ir a la esplanada de la renfe por que pronto renfe cerrara la estacion y estaremos al aire libre si no tiempo al tiempo para  cojer el autobus no habra ni informacion de bus ni de tren ni de nada cabeciña señores gobernantes subecionen el bus que el tren es una batalla perdida reformen la estacion de autobuses hay espacio para todo locales sociales para la juventud y para los viajeros del bus y para proccion civil y si le dan una altura hasta pueden meter el centro medico CABECIÑA

3, Febreiro 2021

Por vez primeira dende dende que entramos en 2021 a incidencia acumulada a 14 dias, esto é, os novos casos de Covid diagnosticados mediante probas de infección activa neste intervalo de tempo, baixa levemente no concello do Carballiño, pasando dos 101 casos que reflectía onte este indicador que manexa o Sergas aos 99 casos neste mércores dia 3 de Febreiro.

Pero soben os contaxios activos, 4 máis que onte no Carballiño, que alcanza un novo record nesta terceira onda da pandemia, con 109 casos. Tamén incrementan casos activos San Amaro (+1) (4) Cea (+1) (11) e Punxín (+2) (3). Baixa Maside (-1) (23) e repiten dato de persoas con infección activa Boborás (14) Beariz (3) Piñor (2) O Irixo (1)

2, Febreiro 2021

Os casos positivos de Covid-19 nos centros educativos da comarca carballiñesa increméntanse ata os 21 no inicio desta semana  nos centros educativos da comarca carballiñesa, tamén se confirma unha aula pechada no Colexio Vila do Arenteiro.

A relación de centros afectados e o número de casos notificados é a seguinte: CPR Sagrado Corazón (6) IES nº 1 (4) IES Chamoso Lamas (4) CEIP Calvo Sotelo (2) CPI Maside (2) CPR Vila do Arenteiro (2) e CEIP Boborás (1)

O resto dos centros educativos da comarca do Carballiño están libre de virus, según a última actualización informativa correspondente a este martes dia 2 de Febreiro.

 

2, Febreiro 2021

O próximo martes dia 16 deste mes de Febreiro é o primeiro festivo de carácter local deste ano 2021 no concello do Carballiño, tal como está fixado no calendario laboral de Galicia, coincidindo co martes de entroido, aínda que este ano non se celebrarán actividades festivas propias da data, sí que se mantén o dia inhábil a efectos laborais para todos os centros de traballo, empresas, centros educativos, sanidade, administración ou comercio. 

Asi as cousas, a ordenanza municipal recolle que sendo dia festivo a feira debe adiantarse ao dia anterior hábil, neste caso ao lúns dia 15. Non obstante, o alcalde Francisco Fumega avanzou en COPE O Carballiño que non descarta manter a celebración da feira coincidíndo co dia festivo local "dadas as circustancias imos estudar a posibilidade, creo que de forma excepcional podia ser o 16, aínda que sexa festivo", subliñou.

O segundo dia festivo de carácter local será, como cada ano que non coincide en domingo, o 17 de Setembro, festividade de San Cibrán, este ano no calendario da semana cadra a dia venres.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS