5, Xaneiro 2021

Empeza a ser moi necesario que se bote sal nas beirarrúas do Carballiño...a xente fai números para non caer. Algún xa aterrou. E temos moita xentiña maior. ¿non sabian que ía pasar?

4, Xaneiro 2021

A última actualización anual do Padrón Municipal de Habitantes deixanos unha nova caída no número de habitantes no conxunto da comarca carballiñesa, a pesar de que catro concellos logran aumentar a súa poboación. Éste é o caso da capitalidade comarcal, O Carballiño, que suma 62 habitantes máis no padrón de 2020, ata alcanzar os 14.089 habitantes, asi e todo aínda por debaixo do seu teito poboaciónal que obtivo no padrón de 2013, ao rexistrar ese ano os 14.355 habitantes.

A sorpresa positiva deste último padrón anual na comarca é a que nos proporciona o concello de Punxín, que por vez primeira despóis de 20 anos consigue revertir a súa sangría demográfica cun incremento de 15 habitantes, pasando dos 693 do padrón anterior aos 709 habitantes que suma no actúal. Ademáis, outros dous concellos consiguen aumentar a súa poboación por segundo ano consecutivo en ambos casos, Maside, que chega aos 2.709 habitantes, 4 máis no último ano e cun incremento de 58 habitantes na suma dos dous últimos anos, igual que Piñor que suma agora 7 novos habitantes e 43 máis que fai dous anos, polo que a súa poboación chega aos 1.183 habitantes.

Os outros cinco concellos da comarca perden poboación, o que máis Boborás (-62) e quédase con 2.223 habitantes, seguido de San Cristovo de Cea que retrocede en 48 habitantes e sitúase con 2.089. Tamén rexistra un novo retroceso O Irixo, ata os 1.420 habitantes, tras perder 46 no último padrón. San Amaro baixa ata os 1.052 habitantes, tras perder 36 no último ano. Finalmente, Beariz, perde 1 habitante e fixa a súa nova cifra oficial de habitantes en 970. No cómputo dos nove concellos da Comarca do Carballiño o resultado é negativo, cunha pérdida de 106 habitantes, eso si, é a menor caída de poboación dos últimos anos.

Avión e Leiro

Ambos concellos non son alleos á sangria demográfica que ano tras ano sufre a comarca do Ribeiro. Avión perde no último Padron 59 habitantes, e quédase con 1.736 tras esta última actualización do INE. Pola súa parte, Leiro baixa ata os 1.525 habitantes, tras perder 43 durante o último ano.

4, Xaneiro 2021

O Carballiño comeza o ano cun repunte de contaxios, e alcanzado hoxe lúns dia 4 de Xaneiro os 14 casos activos de Covid-19,  tres máis que onte domingo. Desta maneira, O concello do Carballiño pasa de risco de nivel baixo no que permaneceu todo o mes de Decembro a situarse en nivel de risco medio, tras confirmarse 12 novos contaxios nos últimos dias.

No resto de municipios a situación permanece practicamente invariable, con 14 casos que ten o concello de San Cristovo de Cea, 2 casos Boborás e 1 caso o concello de Piñor. Con cero contaxios entran en 2021 os municipios de Beariz, O Irixo, Maside, Punxín e San Amaro.

3, Xaneiro 2021

Os datos facilitados por Sanidade neste domingo 3 de Xaneiro sitúan en 11 os contaxios activos de coronavirus no concello do Carballiño, 2 máis que onte, unha cifra que nos fai retroceder ata o dia 1 de Decembro pasado, daquéla tamén con 11 casos activos no municipio carballiñés.

No resto dos concellos non se producen variacións, San Cristovo de Cea continúa con 15 casos activos, Boborás con 2 e Piñor con 1. O resto de municipios están libres de virus, sen contaxios de coronavirus.

2, Xaneiro 2021

As Residencias de Maiores de San Amaro e As Caldas de Partovia recibiron esta mañá de sábado a visita -por adiantado- dos Reis Magos, os equipos de enfermeiros do Sergas que administraron a primeira dose da vacina contra o coronavirus aos usuarios e traballadores de ambos xeriátricos, os primeiros que reciben a vacina nas comarcas do Ribeiro e O Carballiño, ambos non rexistraron positivos en Covid-19 durante a pandemia.

En canto aos datos falicitados por Sanidade correspondentes a este sábado dia 2 de Xaneiro sobre o número de contaxios activos nos concellos da comarca, apréciase estabalidade en relación aos últimos dias de 2020. No Carballiño contabilizanse 9 casos activos de coronavirus, un menos que o dia de fin de ano. Boborás continúa con 2 contaxios, Piñor con 1, e San Cristovo de Cea baixa a cifra de contaxios activos a 15. Continúan con cero casos Beariz, Punxín, Maside, O Irixo e San Amaro.

1, Xaneiro 2021
31, Decembro 2020
31, Decembro 2020

O Carballiño despídese de 2020 cun repunte de contaxios activos de Covid-19, rexistra hoxe dia de fin de ano un aumento de 3 contaxios activos e alcanza os 10 casos, unha cifra que non rexistraba dende principios de mes, son o doble en relación ao dia de noiteboa. Tamén volve rexistrar un caso de coronavirus o concello de Piñor.

A boa noticia chega hoxe en Beariz, que logra despedirse do ano con cero contaxios activos, igual que o fan Maside, O Irixo, Punxin e San Amaro. Boborás continúa con 2 casos activos e finalmente, San Cristovo de Cea mantén 21 contaxios activos.

 

30, Decembro 2020

O ano 2020 deixanos unha "dictadura informativa do coronavirus" xa que das 10 noticias máis vistas en copecarballino.es, tan so unha delas non ten que ver coa pandemia, trátase da que daba conta do terceiro premio do millón do Euromillóns que tocaba no Carballiño nun intervalo de apenas 3 meses, unha noticia que difícilmente se vai repetir. As 9 noticias restantes teñen como argumento informativo a actualidade da Covid-19. Aquí está a relación completa:

1. Vista 37.345 veces: Unha carballiñesa de 69 anos, primeira veciña infectada polo virus que precisa hospitalización. http://copecarballino.es/novas/unha-carballinesa-de-69-anos-primeira-vec...

2. Vista 34.723 veces. Enterrado no cemiterio de Seoane o primeiro veciño da comarca vítima do coronavirus.http://copecarballino.es/novas/enterrado-no-cemiterio-de-seoane-o-primei...

3. Vista 31.323  veces. 39 positivos en tan so tres dias fan saltar as alarmas, O Carballiño sitúase como o municipio galego no que peor evoluciona a pandemia: http://copecarballino.es/novas/39-novos-positivos-en-so-tres-dias-fan-sa...

4. Vista 28.456 veces. As farmacias do Carballiño farán test rápidos gratuítos a todas as persoas que o soliciten:http://copecarballino.es/novas/farmacias-do-carballino-faran-test-rapido...

5. Vista 23.213 veces. 10 casos positivos no estudo de seroprevalencia do Sergan sitúan á comarca do Carballiño entre as de maior circulación do virus a nivel galego: http://copecarballino.es/novas/10-casos-positivos-rexistrados-no-estudo-...

6.-Vista 22.987 veces. Educación activa o protocolo do coronavirus no colexio da Uceira ao confirmarse un positivo nun 5º curso de primaria: http://copecarballino.es/novas/educacion-activa-o-protocolo-do-coronavir...

7.-Vista 22.567 veces. O millón do Euromillóns volve caer no Carballiño, o terciro no intervalo de tres meses, esta vez no Bar Paco: http://copecarballino.es/novas/non-hai-dous-sen-trese-era-certo-o-millon...

8.-Vista 20.189 veces. 78 contaxios activos de coronavirus, 39 deles nos últimos 3 dias, o alcalde Fumega reúnese co Conselleiro de Sanidade para avaliar a situación: http://copecarballino.es/novas/78-contaxios-activos-de-coronavirus-no-ca...

9. Vista 19.654 veces. Máis de 700 persoas da comarca do Carballiño serán chamadas dende Atención Primaria a partir deste xoves para participar no estudo galego de seroprevalencia: http://copecarballino.es/novas/mais-de-700-persoas-da-comarca-do-carball...

10. Vista 18.232 veces. Cuarto brote de coronavirus no Carballiño, de orixe familiar, afecta de momento a tres persoas: http://copecarballino.es/novas/cuarto-brote-de-coronavirus-no-carballino...

30, Decembro 2020

Ten a súa graza que Marina, diputada no Congreso, veña a alardear das súas "conquistas" de concelleira no ano 2016, e que repercuta unha dotación nos orzamentos do parlamento de Galicia para o ano 2021, a súa espectacular xestión. Pra non parar de rir.

O curioso e que non se lamente do que fixo onde realmente é competente para votar en contra dunhos orzamentos xerais do Estado que recortan os investimentos en Galicia un 11% sobre unhos investimentos que eran pírricos, os da era Rajoy. Aí sí é competente e aí é onde se viu o que aprecia a Galicia, e aos carballiñeses, votando a favor destes recortes drásticos nun contexto no que por exemplo increméntanse case un 50% os investimentos para Cataluña.

O de Fumega xa é un clásico. Quen ten potestade sancionadora, que veña a dicir que será duro, duro, duro, cando foi blando, blando, blando e permitiu todo tipo de excesos... Gustaríame preguntarlle qué faría se por exemplo viñesen Casado e Feijóo saltándose o da mascarilla e un posible peche perimetral. Sería tan duro, duro, duro??

É doado dicir que cruxes aos infractores cando non forman parte da casta política e pertencen ao pobo, pero agochar as orelliñas cando os infractores son da túa cor política, ou representantes doutra cor. De todolos xeitos calqueira cor política xa ten os seus palmeiros para sair na súa defensa a ultranza e choromicar porque se critica aos seus.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS