24, Decembro 2020

 O Equipo de COPE O Carballiño pídevos que celebrédes o nadal  con " moita cabeciña" neste contexto que vivimos, e deséxavos unhas boas festas.

24, Decembro 2020

O Carballiño consigue chegar á noiteboa e o nadal nunha boa situación epidemiolóxica, resistindo contra o coronavirus, con 5 contaxios activos no municipio carballiñés neste xoves 24 de Decembro.

A peor noticia da comarca está no concello de San Cristovo de Cea, que vive estas datas con récord de contaxios diarios dende que se declarou a pandemia, ao rexistrar 22 casos activos, a maioria vinculados á Residencia de Maiores de Cea. Tamén volve ter contaxios o concello de Boborás, 2, despois de lograr pasar dúas semanas libre de virus, unha condición que sí manteñen os concellos de Punxín, Maside, O Irixo e San Amaro. No concello de Beariz mantéñense 6 contaxios activos, dos que 5 son usuarios da Residencia de Maiores da localidade. Finalmente, Piñor continúa notificando un caso de coronavirus.

23, Decembro 2020

"O Nadal da Praza de Abastos" celebrou sorteo no que repartíu 7 cestas de nadal e unha caixa de viño da adega Pazo Tizón entre a clientela que realizou compras no mercado carballiñés no transcurso das últimas semanas.

Lourdes Trigás poderá brindar esta noiteboa co viño ribeiro de Pazo Tizón. As 7 cestas de nadal con productos do comercio local foron para Eva de Cea, Concepción Riveiro, Mª Dolores Otero González, Irene Jimenez, Lucita Valeiras, Maria Genoveva Fernández Civeira e Puri.

A concelleira de Promoción Económica do concello do Carballiño, Silvia Baranda agradeceu o apoio da veciñanza coas súas compras tanto na Praza de Abastos como no coxunto do comercio local nestas datas de tanta animación comercial, e pola súa parte Eligio González "Quini" felicitou en nome dos praceiros a todas as premiadas neste sorteo, e trasladou o desexo dunhas boas festas para toda a veciñanza do Carballiño e comarca.

22, Decembro 2020

Un ano máis o Concello do Carballiño fixo entrega dos diplomas aos gañadores do concurso de escaparates de Nadal. O xurado valorou a calidade e a gran competencia do comercio local carballiñés, sendo un resultado que se resolveu dunha forma moi axustada.

A tenda de calzado infantil École foi a que levou o primeiro premio na súa primeira participación neste certame de Nadal. O Estanco n°5 da rúa Venezuela logrou o segundo premio e a mercería La Moderna o terceiro.

O concelleiro de Cultura do Carballiño, Diego Fernández, achegaba os parabéns aos participantes e recordaba "a importancia que ten o consumo no comercio local nunhas circunstancias tan especiais como as que estamos a vivir".

22, Decembro 2020

A Área de Educación do Concello do Carballiño e o SNL do que é titular a concelleira Guadalupe Sobrado Pérez promove unha campaña de dinamización lingüística dirixida ao comercio local do Carballiño. Esta campaña está deseñada para fornecer con materiais atractivos e para facilitarlles aos comerciantes que poidan levar a cabo a súa actividade en galego.

Neste caso trátase dun folio de etiquetas, deseñadas pola marca OZOCOgz deseño galego, para colocar nos agasallos que merquen os clientes e as clientas, con distintos lemas (Bo Nadal, Boas Festas, Un bico moi forte, Quérote, Desexo que che guste, Parabéns, Feliz Aniversario, Cos meus mellores desexos.).

En cada un dos folios inclúese o logotipo da institución Ademais, tamén se repartirán carteis coa inscrición REBAIXAS onde cada letra é unha foto dun lugar emblemático do Concello do Carballiño, así podemos ver o balneario, a Veracruz ou o parque municipal, enttre outros.

22, Decembro 2020

Se o quinto premio no Bar Estatequieto foi o primeiro do sorteo, o que visitou o Bar Lérida na Praza dos Irmáns Prieto do Carballiño, foi dos máis tardíos, o penúltimo do sorteo xa soprepasada a unha da tarde. O 43.831 deixa outro "petisco" no Carballiño, un décimo (podería ser máis de un) premiados con 6.000 euros.

22, Decembro 2020

O 86.986, un dos quintos premios do tradiconal Sorteo Extraordinario do Nadal, visitou o Bar Estatequieto do Carballiño. Foi vendido na terminal de lotarias deste coñececido e céntrico bar carballiñés, na Praza do Emigrante. Está premiado con 6.000 ao décimo, pero non se sabe de momento si se trata dun único ou varios décimos. Está moi repartido por numerosas localidades de toda España, entre as que figuran 12 galegas.

21, Decembro 2020

Parece que algunhos solo queren ver "irresponsables" nun bando, están moi atentos, incluso aínda que sexan "cazados" un momento sen mascarilla e pidan disculpas públicas por elo, pero dos que acuden o consello de ministros estando en plena cuarentena parece que non se enteran...ou acaso non sexa grave, ou das que olvidan a mascarilla... parece que os unhos son perversos e e os outros son honestos. Sinceramente, somos moitos os que empezamos a estar fartos de tanta politiquería burda, aínda que co nivel que hai, nada extraña xa.

https://okdiario.com/espana/irene-montero-unica-sin-mascarilla-peloteo-c...

ttps://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2020/12/21/feijoo-da-negativo-covi...

21, Decembro 2020

Non, a culpa non é dos botellóns dos rapaces, nin da hostaleiría. Hai moito irresponsable en todos os estratos da sociedade. E aquí podemos ver dous.

O máximo representante da administración autonómica, que debería servir como exemplo, que debería comportarse como un cidadán exemplar, sae dun restaurante da Coruña co "líder" do principal partido da oposición, e fanno os dous sen mascarilla, e sen importarlles o risco ao que someten a profesionais que dan cobertura a un evento do PP.

Penso que hai moito charlatán descerebrado que pide sentidiño aos demáis cando eles non teñen nin o máis mínimo.

21, Decembro 2020

Unhos minutos antes das once da mañá recibíuse o aviso na central de Emerxencias 112, que de inmediato mobilizou ao bombeiros do Carballiño e Garda Civil, tamén se incorporaron ao operativo efectivos do Grupo de Emerxencias Municipal do concello do Carballiño e do 061 Urxencias Sanitarias.

O lume, por causas que se descoñecen, afectou a unha vivenda habitada na localidade de Dacón, aínda que no momento de declararse o incendio ningunha persoa se encntraba na mesma, polo que non houbo que lamentar ningunha incidencia para as persoas. Os bombeiros controlaron o lume, pero a vivenda sufríu importantes danos materiais, que a deixan inservible.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS