29, Decembro 2020

Ano tras ano, o espazo cultural A Insua dos Poetas, ve medrar o número de esculturas que se agochan entre a natureza deste lugar con encanto da Esgueva, na parroquia de Madarnás. Por iso o Concello do Carballiño ven de tomar a decisión de editar uns folletos informativos para poñer en valor e difundir o que está chamado a ser un dos parques escultóricos máis importantes de Galicia, ademáis de ser un espazo cultural de gran interese e dinamismo.

O concelleiro de cultura, Diego Fernández, sinala a importancia da Insua dos Poetas como recurso turístico, pois “poder ver as obras dos máximos expoñentes galegos contemporáneos das artes plásticas nun entorno natural ao aire libre fai deste espazo algo único”. Por iso sinala que se editarán uns folletos informativos para promover a difusión deste patrimonio e que está previsto que podan estar na rúa antes de Semana Santa. Desta maneira O Carballiño aumenta a súa oferta turística ao tempo que se promove a posta en valor deste patrimonio cultural.

Veciños e visitantes poderán percorrer este espazo, coa axuda dunha guía, e ver obras monumentais de Buciños, Antón Pulido ou Acisclo Manzano, entre outros, paseando entre fontes e carballos. As fotografías dos folletos correrán a cargo do colectivo cultural O´Potiños e os textos están a ser redactados polo escritor e presidente da Fundación Insua dos Poetas, Luis González Tosar, quen ademais está traballando na creación dunha páxina “web” que amplíe os contidos sobre este espazo cultural.

29, Decembro 2020

A iniciativa das tarxetas penso que é boa. Pero distribuilas nun único punto xenera colas que non son recomendables neste contexto ademáis de resultar incomodísimo.

Agardo que con cada tarxeta tan só poda mercar unha persoa e non poda utilizar a mesma persoa tres tarxetas na compra dun produto. Dígoo porque podería darse a picaresca de que algúen que quera mercar algo de 150 por 75 podería facerse con 3 tarxetas (se nas tendas permiten utilizar as tres pra unha compra). O malo desto sería que a diversificación das compras reduciríase drásticamente o que afectaría a natureza desta axuda que pretende incrementar o consumo local, e a redistribución desta axuda seria menos equitativa (chegaría a menos tendas).

Non sei se está previsto algunha medida que evite esta posible picaresca.

Polo demáis boa iniciativa e agardo que se repita correxindo o das colas (implementando diversos puntos de distribución).

29, Decembro 2020

Parece que, definitivamente, O Carballiño poderá celebrar o "Feirón" do 31 de Decembro grazas a boa situación epidemiolóxica que presenta o municipio carballiñés, que mantén estable o número de casos activos de coronavirus, que son hoxe 6, os mesmo que onte.

Boborás e Beariz -respectivamente- mantéñense con 2 contaxios, e San Cristovo de Cea continúa cos mesmos 21 dos últimos dias, a maioria persoas residentes no xeriátrico da localdade.

A boa noticia deste antepenúltimo dia de 2020 na comarca é a do concello de Piñor, que consigue hoxe quedar libre de virus, sumandose asi á lista na que continúan os concellos de Maside, Punxín, O Irixo e San  Amaro.

28, Decembro 2020

Son en total 2.000 tarxetas cargadas con 50 euros, 25 que paga o cliente pola tarxeta e outros 25 euros que aporta o concello do Carballiño, promotor desta campaña "O Carballiño Contigo" acordada pola corporación municipal dentro do paquete de medidas para favorecer a reactivación do comercio e a hostelería, os sectores máis castigados pola crise do coronavirus.

As tarxetas están venda na Oficina de Turismo da Alameda, ata fin de existencias, en horario de 10 a 14 e de 17 a 21 horas. Cada persoa, maior de 18 anos, poderá retirar ata 3 tarxetas, unha persoal e as outras dúas en represntación de outras dúas persoas, neste caso deberán presentar unha autorización por escrito, cuxo modelo pode descargarse na páxina web "O Carballiño Contigo", onde tamén pode encontrarse a relación dos 132 establecementos do Carballiño que participan nesta campaña, e nos que deberán gastarse o diñeiro de cada tarxeta, que terán como data de caducidade o dia 31 de Xaneiro de 2021. Pode solicitar a tarxeta calquera cliente do comercio e hostalaría do Carballiño, sexa cal sexa o seu domicilio, no Carballiño ou calquera outro concello.

27, Decembro 2020

A comarca do Carballiño continúa aumentado a súa media da idade cada ano que pasa, según os últimos datos que se corresponden aínda ao ano 2019,  a maioria dos concellos están preto de alcanzar os 60 anos de idade media, unha barreira que xa superan os concellos do Irixo e Beariz.

Os municipios "máis xóvenes" pero aínda asi "maiores" en relación coa idade media galega e española, son os do Carballiño, con 48,08 anos, e Maside, que chega aos 52,56 anos. A idade media española está nos 44 anos, e a galega nos 47,24 anos.

Pero aínda máis envellecidos están os outros sete municipios da comarca carballiñesa, con O Irixo á cabeza e xa 61 anos de media da súa poboación, de preto séguelle Beariz con 60,07 e San Cristovo de Cea con 58,05. E camiño de ser "sesentós" tamén se sitúan San Amaro con 57,53 anos de idade media na súa poboación, Boborás con 57,45 anos , Punxín con 57,37 anos e Piñor, que conta cunha media de 56,02 anos.

26, Decembro 2020

Tras a celebración da noiteboa e o nadal os datos do coronavirus permanen prácticamente inalterables na comarca, con lixeiras variacións. O concello de San Cristovo de Cea notifica hoxe 21 contaxios activos, un menos que onte. O Carballiño mantén 7 casos activos, os mesmos que onte, e dous máis que o dia de noiteboa. Repiten dato Boborás (2) Beariz (2) e Piñor (1).

Catro concellos mantéñense libres de virus outro dia máis, que son os de Maside, Punxín, O Irixo e San Amaro.

24, Decembro 2020

 O Equipo de COPE O Carballiño pídevos que celebrédes o nadal  con " moita cabeciña" neste contexto que vivimos, e deséxavos unhas boas festas.

24, Decembro 2020

O Carballiño consigue chegar á noiteboa e o nadal nunha boa situación epidemiolóxica, resistindo contra o coronavirus, con 5 contaxios activos no municipio carballiñés neste xoves 24 de Decembro.

A peor noticia da comarca está no concello de San Cristovo de Cea, que vive estas datas con récord de contaxios diarios dende que se declarou a pandemia, ao rexistrar 22 casos activos, a maioria vinculados á Residencia de Maiores de Cea. Tamén volve ter contaxios o concello de Boborás, 2, despois de lograr pasar dúas semanas libre de virus, unha condición que sí manteñen os concellos de Punxín, Maside, O Irixo e San Amaro. No concello de Beariz mantéñense 6 contaxios activos, dos que 5 son usuarios da Residencia de Maiores da localidade. Finalmente, Piñor continúa notificando un caso de coronavirus.

23, Decembro 2020

"O Nadal da Praza de Abastos" celebrou sorteo no que repartíu 7 cestas de nadal e unha caixa de viño da adega Pazo Tizón entre a clientela que realizou compras no mercado carballiñés no transcurso das últimas semanas.

Lourdes Trigás poderá brindar esta noiteboa co viño ribeiro de Pazo Tizón. As 7 cestas de nadal con productos do comercio local foron para Eva de Cea, Concepción Riveiro, Mª Dolores Otero González, Irene Jimenez, Lucita Valeiras, Maria Genoveva Fernández Civeira e Puri.

A concelleira de Promoción Económica do concello do Carballiño, Silvia Baranda agradeceu o apoio da veciñanza coas súas compras tanto na Praza de Abastos como no coxunto do comercio local nestas datas de tanta animación comercial, e pola súa parte Eligio González "Quini" felicitou en nome dos praceiros a todas as premiadas neste sorteo, e trasladou o desexo dunhas boas festas para toda a veciñanza do Carballiño e comarca.

22, Decembro 2020

Un ano máis o Concello do Carballiño fixo entrega dos diplomas aos gañadores do concurso de escaparates de Nadal. O xurado valorou a calidade e a gran competencia do comercio local carballiñés, sendo un resultado que se resolveu dunha forma moi axustada.

A tenda de calzado infantil École foi a que levou o primeiro premio na súa primeira participación neste certame de Nadal. O Estanco n°5 da rúa Venezuela logrou o segundo premio e a mercería La Moderna o terceiro.

O concelleiro de Cultura do Carballiño, Diego Fernández, achegaba os parabéns aos participantes e recordaba "a importancia que ten o consumo no comercio local nunhas circunstancias tan especiais como as que estamos a vivir".

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS