26, Novembro 2020

O Carballiño baixa hoxe en 4 casos os contaxios activos en relación a onte, e sitúa a cifra actualizada en 12 persoas. Tamén descenden as persoas enfermas de Covid-19 en Cea, que onte tiña 3 positivos activos e hoxe quédase cun único caso.

Non hai variacións no resto dos concellos, no que destaca negativamente o concello de Beariz, que continúa con 30 contaxios activos. Maside, Piñor e Boborás mantéñense en 3 casos. No Irixo, 2 e con cero contaxios activos, libre de virus, estan outro dia máis San Amaro e Punxín.

26, Novembro 2020

Es imposible que la policía controle el cumplimiento de las normas contra el covid cuando los que mandan y ordenan ( o no) se las pasan por el arco de triunfo fumando y bebiendo en una terraza de la carreteras general y sin mascarilla. Señores del gobierno hay que dar ejemplo y hacer cumplir  las normas  o este pueblo estará acabado.

26, Novembro 2020

Son moitas as veces o longo do día, nas  que varios comerciantes do Carballiño se preguntar para que vale (entre outras) a concelleria de comercio .

Queda estupendísimo, posar co eslogan "merca comercio local". Nos medios comunicación, mais do mesmo, pero eu  e moitos preguntamonos, ¿e vostedes, onde mercan?, porque fales con fales, sexa do sector que sexa, - exceptuase hosteleria-, NIN SE LLES VIU, SIN SE LLES VE, NIN SE LLES ESPERA. 

Sres.  políticos, TODO, absolutamente todo nesta vida se paga, e as veces tarda en pagarse, pero o seu, xunto con algún  presidente dunha coñecida asociación, é  mais que VERGOÑENTO.

Voulle dicir unha cousiña,  a todos vostedes, por se non o saben, o comercio do Carballiño, sostense dos veciños de a pé do pobo (non todos), que  non queren ver morrer o pobo e cren nel, sostense dos veciños dos pobos da comarca, sostense de veciños incluso de Ourense e outras cidades que lle gusta o que lle ofrecemos, sostense dos emigrantes que o valoran notablemente e sostense porque algús comerciantes  nos mercamos entre sí.

Os impostos  que nos cobran, para os que nos costa moito xuntar os cartiños, saen desa clientela,  ABSOLUTAMENTE DESA, e son os que permiten que relixiosamente cobren os seus megasoldos, polo que vostedes, só vostedes, sabrán se merecen.

O  do  tema  das subvencions, tratareino cando o meu médico me recete algún tranquilizante. 

VOSTEDES MESMOS

25, Novembro 2020

O concello do Carballiño difundíu un manifesto institucional con motivo do Dia Internacional da Eliminación da Violencia contra as mulleres, que se conmemora cada ano o 25 de Novembro, coa cor morada lucindo tanto na fachada do consistorio carballiñés como no monumento ao emigrante.

Doutra parte, dende o Programa de Educación Familiar da Mancomunidade de Concellos do Carballiño viñamos traballando nos últimos anos en colaboración cos Concellos para a realización de actividades comunitarias, financiadas polo Fondo Social Europeo. Neste eido, leváronse a cabo diversas edicións de contacontos para toda a familia nos concellos integrantes: Bearíz, Boborás, Irixo, Piñor e San Amaro, sempre tendo unha gran acollida e participación.

Este ano, a pandemia provocada pola Covid-19 conleva unha serie de restricións que limitan a realización de actividades grupais presenciais dun xeito seguro e efectivo. Por este motivo, o Equipo Técnico do Programa pon en marcha a iniciativa innovadora denominada Contos pola Igualdade, que no canto de dirixirse a toda a poboación o que se centrará é en apoiar na tarefa de educar en igualdade nas familias coas que se está a realizar intervención familiar individualizada. É ben certo que son moitas as actividades comunitarias que se veñen realizando, pero é o traballo con familias en situación de risco é o punto central do mesmo, apoiando e axudando ás familias con menores a cargo con diversas problemáticas (conflitividade familiar, menores en situación de risco, drogodependencias...). O Programa de Educación Familiar da Mancomunidade de Concellos de O Carballiño conta cun equipo técnico formado por 4 educadoras familiares, que actualmente están a intervir con máis de 30 familias e cun total de 47 menores. Serán estes últimos os destinatarios da iniciativa Contos pola Igualdade, de maneira que ó longo deste mes as educadoras farán entrega ás familias dun conto para cada menor que trate temas vinculados á igualdade de xénero, para traballar de maneira amena e lúdica cos seus fillos e fillas . Os contos foron escollidos tendo en conta varios factores, incluída a idade, permitindo así levar a cabo unha actividade o máis individualizada posible. É importante a colaboración dos pais e nais nesta iniciativa, para acompañar a aqueles más cativos que aínda non saiban ler, e para apoiar e animar a aqueles más grandeiros a facer deste un mundo mellor e máis igualitario.

25, Novembro 2020

Hoxe, se queres facer unha poda para un aproveitamento forestal de uso doméstico tes que solicitalo a Medio Rural. Ata ahí todo ben, os que somos responsables estamos pola labor. Pero a sorpresa é que non te atenden de maneira presencial e física. Tes que solicitalo si ou si de maneira telemática, e para iso tes que ir de maneira presencial ao Centro comarcal a solicitar unha chave de acceso, presentar o teu DNI, darlles o teu número de móvil, e eles envíanche a chave ao móvil para que podas operar telemáticamente. E esto non é pola pandemia, seica vai ser así sempre.

Complicadísimo para unha persoa que non ten dominio das novas tecnoloxías ou non teña móvil, porque ata onde eu sei non é unha obriga telo a non ser que éstes do PP saquen unha lei que obrigue a telo.

Cando entras na aplicación, unha das preguntas que che fan cando queres presentar a declaración responsable, que é unha obriga para poder facer a poda, son os metros cúbicos que vas cortar e as toneladas. E fanche unhas preguntas sobre as especies arbóreas, afectacións de posibles especies ribereñas, e outra serie de preguntas que unha persoa normal non pode contestar, se non ten un título de inxeniería agrónoma ou forestal.

Tes que contestar a boleo e de boa fe.

Pois pregúntanlle ao conselleiro sobre esta cuestión, e di que todo esto é para que os funcionarios de Medio Rural non cobren comisións.

En serio?

Ten probas deste presunto delito?

O PP leva gobernando doce anos e xestionando Medio Rural. Os demáis conselleiros nunca denunciaron estes ilícitos probablemente penais?

Cando se denuncian cousas que non teñen nin pes nin cabeza, os palmeiros din que é aversión ao PP. É aversión ao PP, ou é o PP o que ten aversión aos funcionarios dos seus departamentos.

Penso que este home non é un astronauta que vive nos astros, coido que ata é de Maside. Non entende que a xente normal precisa asesoramento pra poder facer unha auténtica declaración responsable? Ou é posible que pola a súa afiliación política considere de xeral uso o das comisións.

25, Novembro 2020

A incidencia acumulada durante os últimos 14 dias no municipio do Carballiño rexitra un total de 12 novos contaxios de coronavírus confirmadas por probas diagnósticas practicas polo Sergas, mentres que o núnero de contaxios activos descende hoxe en dúas persoas, e quédase en 16. Tamén baixaron no último dia o casos activos en Piñor, que pasou de 4 a 3, e sen variacións no resto dos concellos onde se manteñen os seguintes contaxios activos: Boborás (3) Cea (3) Maside (3) O Irixo (2) Punxín (0) San Amaro (0)

Continúa preocupando o concello de Beariz, que incrementa un caso máis que onte e alcanza os 30, a maioria deles vinculados ao brote no xeriátrico da localidade.

25, Novembro 2020

O Alcalde do Carballiño e responsable municipal de Urbanismo, Francisco Fumega, está citado na súa condición de investigado para tomarlle declaración o próximo dia 1 de Decembro no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción nº 2 do Carballiño, e no marco dun procedemento de dilixencias previas que foron abertas tras a denuncia presentada por un veciño exercendo a acción pública e cuestionando a actuación do concello do Carballiño en relación a unha resolución municipal de reposición da legalidade urbanística.
O conflicto urbanístico que da lugar a esta investigación xudicial remóntase ao ano 2008 con Carlos Montes na alcaldía, cando o concello dera un prazo de tres meses ao propietario dun edificio ubicado entre a Praza da Alameda e a rúa Rosalia de Castro, e con fachada a ambos lados, para que restituíse a legalidade urbanística, ordenando o derrubo dunha planta do edficio, tendo en conta que sobrepasaba a altura establecida no Plan Xeral de Ordenación Municipal –PXOM- vixente dende o ano 1999.
A Dirección Xeral de Urbanismo da Xunta rexeitara unha modificación puntual proposta polo concello carballiñés para pedir a compensación de alturas entre a rúa Rosalía de Castro e Alameda, polo que o ático non é legalizable. Non obstante, doce anos despóis non se executou a órden de derrubo, nin por parte do propietario nin por parte do concello.
A actuación municipal en relación a todo este asunto é o que motiva agora a investigación por presunta prevaricación ao actúal alcalde do Carballiño Francisco Fumega, que ademáis exerce directamente as competencias municipais de Urbanismo.

25, Novembro 2020

O Tremor de terra foi advertido por algunhas persoas, según recolle o informe do Instituto Xeográfico Nacional, que rexistrou o seismo ás 20:53 horas deste pasado martes dia 24 de Novembro.

A magnitude deste pequeno terremoto foi de 2.8 e o epicentro na localidade de Portela de Riba, na parroquia de Coiras, esto é, no concello de Piñor.

24, Novembro 2020

Por medio do proxecto impulsado polo concello do Irixo para comercializar os productos ecolóxicos e artesáns elaborados no municipio xa poden adquirirse a través da tenda virtual que foi presentada polo alcalde Manuel Cerdeira e varios dos productores que participan desta inciativa.

Na páxina  "www.tendaoirixo.gal" poden encontarse esta oferta "con productos de calidade que se comercializan agora co distinto da marca O Irixo, un proxecto do que estamos moi contentos pola acollida recibida e que tamén queremos ampliar a outros productores da comarca", subliñou o rexedor municipal.

Ademáis, de forma expresa para a campaña de nadal, a tenda ofrece tres lotes navideños con distintos productos que terán un prezo, respectivamente, de 20, 35 e 50 euros. Os encargos serán enviados gratuítamente aos domicilios que pidan os clientes.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS