20, Novembro 2020

Un brote localizado na Residencia de Maiores da localidade fai que se dispare o número de positivos en coronavirus no concello de Beariz, que suma hoxe 17 contaxios activos, dos que 16 están vinculados a este brote no xeriátrico bearicense. Fai apenas dous dias Beariz tiña un único contaxio activo de Covid-19, onte xa eran catro e hoxe venres dia 20 de Novembro pasan a ser 17.

Tamén rexistra hoxe un aumento de casos o concello de Maside, que pasa de 2 a 4 contaxios activos. Mentres, O Carballiño continúa dando boas novas e volve rexistrar un descenso, esta vez de 3 contaxios activos menos que onte, o que deixa a cifra en 23.  E sen variacións no resto de municipios, que presentan os seguintes casos positivos: Boborás (5) Piñor (4) San Cristovo de Cea (3) O Irixo (2) Punxín (1) e San Amaro (0)

20, Novembro 2020

Coincidindo coa conmemoración do 75 cabodano do pasamento do arquitecto Antonio Palacios Ramilo (27 de outubro de 1945), a área de Turismo do concello do Carballiño, que coordina Manuel Dacal, editou un folleto divulgativo do Templo da Veracruz. Trátase dun tríptico en edición bilingüe (galego e castelan) con información da xénese e dos protagonistas da construcción do templo, así como dos distintos elementos que conforman a súa arquitectura. Na portada e contraportada do folleto, figuran dúas imaxes con dúas perspectivas do templo, unha diurna e outra nocturna, esta última da fotógrafa Luisa Lorenzo.

Para a súa distribución, que se fará tanto nas dependencias de Turismo do concello como no propio templo e nos hoteis da vila, editáronse un total de 13.000 exemplares. Así mesmo, a concellería de Cultura programa por esta efeméride dous concertos extraordinarios do Orfeón do Carballiño no templo da Veracruz, que terán lugar os domingos 22 e 29 de novembro, respectivamente, pola limitación do aforo a causa das restricións polo coronavirus. Ainda que estas iniciativas estaban previstas para realizarse o mes de outubro, coincidindo coa data da efeméride, tiveron que retrasarse debido á nova situación do Carballiño pola segunda onda da pandemia. Ademais, suspendéronse outras actividades, como un ciclo de conferencias sobre o arquitecto e o encargo dun busto para colocar nos arredores do templo, que se retomarán cando sexa posible.

Antonio Palacios Ramilo morreu en Madrid, dous anos despois de dar comezo as obras do templo da Veracruz (1943), e cando ainda traballaba en ampliacións do proxecto, según deixou escrito Adolfo González Amézqueta, nun especial do nº 106 da revista do COAM publicado en outubro de 1967: “Los últimos años, Palacios, muy detractado y combativo, desplazado por las nuevas ideas que se iban infiltrando en España, las del “movimiento moderno” internacional, permaneció aislado y casi solitario, obsesionado por sus obras, cada vez más gigantescamente imaginadas. Retirado en su pequeña casa de El Plantío, en un diminuto estudio de 1,80 por 2,40 metros, donde había inventado, según él, el “cuarto de no estar”, con la vista muy disminuida, casi perdida, seguía entregado a dos de sus más monumentales concepciones, la iglesia de Carballiño, para la que imaginaba ampliaciones y que no llegó a ver terminada, y el proyecto de Santuario de la Gran Promesa, para Valladolid. Allí murío el 27 de octubre de 1945. Está enterrado en la Sacramental de San Lorenzo, de Madrid”.

20, Novembro 2020

Escribo este comentario para respaldar sen paliativos as medidas que vai aprobar o Parlamento galego para continuar a protexer a saude dos cidadáns de Galicia, ante algún comentario anterior, que por simple fobia política, constitue unha chamada a insumisión cidadá.

A pesar de ter mantido durante todo o que levamos de pandemia unha das tasas máis baixas de contaxios de toda España, teñen morto aquí xa máis de 1100 persoas dende marzo. Durante meses, somos moitos os que nos queixamos de que se aproben medidas que restrinxen as nosas liberdades, sen que éstas veñan acompañadas dun réxime sancionador. De nada vale que, por exemplo, o 50% da xente cumpra con todo o estipulado, se o outro 50% non o cumpre. Por eso é fundamental que si a administración sanitaria (os profesionais da saude, ós que o comentario anterior chama "chupatintas a cargo desta administración") detectan un positivo, e dictaminan que tódolos seus contactos deben facer coarentena e someterse a PCR, as consecuencias de non facelo deben ser gravísimas para o que tome tan imprudente decisión. Non tomar esas medidas nos leva a máis morte, a máis comercios e bares pechados, a mais pobreza...

O mesmo sucede coas vacinas. Éste é un debate aberto en todo o mundo, pero se existen vacinas aprobadas polas autoridades sanitarias internacionais, que superan os distintos ensaios clínicos por fases ás que se están sometendo con decenas de miles de voluntarios, a administración sanitaria ten a responsabilidade de que facer que esta chegue a meirande parte da poboación. Sólo así conseguiremos unha protección comunitaria suficiente, por que os que incluso os Miguel Bosé de turno que non a queiran poñer, se beneficiarán da barreira que supon que o resto dos cidadáns sí esté vacinado. Por este motivo, chamadas a non poñer a vacina, a poñer en dúbida a ciencia e o traballo dos sanitarios, paréceme unha tremenda irresponsabilidade. 

20, Novembro 2020

Levo catro meses no que vai de ano sen poder traballar, pagando relixiosamente seguridad social e impostos, de axudas, de momento moito latricar pero cero patatero. O que pasa neste país, e non de agora, é que o quere traballar chupanlle a sangre e pisanlle a cabeza, e o que non lle importa nin quere traballr danlle unha paga. E todo cansa.

19, Novembro 2020

A última actualización da Consellería de Educación reduce a cinco os casos de postivos en coronavirus nos centros educativos da comarca do Carballiño, que fai un mes chegou a alcanzar a cifra de 41 contaxios.

Según os últimos datos, actualizados a data do xoves dia 19 de Novembro a relación de centros e casos rexistrados é a seguinte: CEIP Boborás (1) CPI Terras de Maside (1) CEIP Calvo Sotelo (1) CPR Sagrado Corazón (1) IES Manuel Chamoso Lamas (1)

19, Novembro 2020

O grupo do PPdeG rexistrou este xoves no Parlamento a súa proposta para reformar a lei de saúde galega de 2008 para adaptala á pandemia. No texto, fíxanse diferentes sancións, entre as que se atopan multas de ata 60.000 euros por saltarse un illamento. Este texto --asinado polos 42 deputados populares, incluído Alberto Núñez Feijóo-- establece tres tipos de infraccións: leves (de 1.000 a 3.000 euros), graves (de 3.001 a 60.000 euros) e moi graves (de 60.001 a 600.000 euros). Saltarse unha corentena por parte de infectados ou persoas con síntomas compatibles co coronavirus está estipulado como infracción grave, pero pasará a ser moi grave se se fai de forma repetida ou se produce un dano elevado na saúde pública. O rexeitamento a vacinarse ou facer probas está estipulado como leve (entre 1.000 e 3.000 euros) no caso de que as repercusións tivesen unha "incidencia escasa ou sen transcendencia directa na saúde da poboación", pero poden pasar a graves ou moi graves en función do dano ocasionado.

E haberá xente que aplauda coas orellas estas brutais sancións, que até poden considerar como moi grave que unha persoa non se poña a vacina, se un chupatintas a cargo desta administración considera como moi grave os resultados de non poñerse a vacina, chegando até 600.000 euros de sanción.

A cuestión é a seguinte, se como resultado de poñerse a vacina (cuxas avalicións están nos informes que publicitou o mesmo CEO que vendeu as accións da empresa que a está experimentando) fina calquer cidadán de Galicia, CALES SERÁN OS EFECTOS PARA FEIJÓO E OS 40 DEPUTADOS DO PP?

Querellas criminales que serán arquivadas polos xuices negociados por PPSOE no Supremo?

Accións punitivas da xustiza contra Feijóo e os 40 deputados do PP?

Non sei que pensarán vostedes pero coido que a estas alturas é moi temerario aventurarse a facer unha lei que estea en sintonía cunha vacina que de momento non é máis que fume publicitario. Que a vaian poñendo Feijóo e os 40 deputados do PP, e tras observar os efectos (ogallá tamén os teña sobre a corrupción), se tal vamos vendo.

19, Novembro 2020

Os alcaldes de Maside e O Carballiño asinaron esta mañá o convenio de colaboración coa entidade "Suelo Empresarial del Atlántico" coa finalidade de promover a creación dunha área industrial de 90 hectáreas de superficie, das que 70 están situadas no territorio municipal de Maside e 20 no concello do Carballiño, e en ambos casos para dar continuidade á actuál zona industrial do Carballiño.

O proxecto precisará dun procedemento de expropiación no que se verán afectados 256 propietarios con terreos nesta zona. No caso do Carballiño, a ampliación faise dende a actúal parque empresarial ata as inmediacións do lugar de Framia, na parroquia de Arcos, mentres que dentro do territorio de Maside a superficie a expropiar é a situada nas inmediacións do lugar de Agro de Quinta, incluido o monte veciñal en man común desta localidade pertecente á parroquia de Dacón. Os propietarios afectados son 196 no concello de Maside e 60 no do Carballiño

O convenio asinado hoxe deberá ser rectificado polas respectivas corporacións municipais dos concellos do Carballiño e Maside, nas sesións que están previstas a celebrar no transcurso da semana que ven.

19, Novembro 2020

Onte lendo unha noticia de prensa poñia: A Xunta multara con ata 3000€ a quen rexeite poñer a vacuna do covid ou facer unha PCR.
Eu non digo que eso sea malo, eu refirome a cantidade de leis, decretos, reglamentos, normas, directivas,bandos, etc, de gobernos, autoridades e mesmo a propia sociedade nos impoñen baixo pena ou sancion, dende que nos levantamos ata que nos deitamos, non temos mais remedio pois senon, socialmente convertimonos en unhos marxinados, delincuentes, negacionistas etc.
Fixo falta unha pandemia para ver o fraxil que e hoxe en dia esa tan nombrada e renombrada liberdade do individuo dende que vota o pe fora da sua casa, incluso antes pois depende de cantos estamos dentro ou si todos vivimos na mesma casa.
Cada dia hai mais normas, non queda aspecto da nosa vida que non estee regulado. Si non se prohíbe, obligase, senon hai que pedir permiso.
Que prcentaxe da nosa vida queda a nosa libre elección mais alo de si o cafe o tomamos ,solo, cortado ou con leite, que hoxe hasta por ahi hai restricions.
Espero que ningun iluminado dos que nos mandan nos tempos que corren, se acostumbren a tratarnos coma ovellas, mais ainda do que xa nos trataban antes da escusa do covid.

19, Novembro 2020

O PSdeG-PSOE de Leiro denuncia o “arboricidio” levado a cabo polo Concello nas obras de reforma da Praza de San Clodio, a carón do mosteiro co mesmo nome. Os socialistas din “non dar creto” a tala indiscriminada de árbores que o rexedor decidiu cometer nesta emblemática praza do municipio. Dende o Grupo Municipal Socialista avogaban porque estas árbores se transplantasen a outro lugar, xa que segundo apuntan estaban “totalmente sans, cheas de vida e podían reempregarse en calquera outro punto do municipio, en lugar de botalas ao lixo como finalmente decidiu o rexedor.

O voceiro socialista en Leiro, Manuel Rodríguez afirma que “este é un novo exemplo da ausencia total de planificación por parte dun rexedor ao que non lle importa nin o futuro nin o presente do municipio”. O voceiro municipal tamén critica que se “gastasen cartos públicos en cortar e trocear as devanditas árbores, cando o máis sinxelo era volver a plantalas ou levalas a outros puntos do municipio”. Dende o PSdeG de Leiro tampouco comprenden que finalmente se plantaran outras árbores no lugar das “liquidadas” e afirman que “trátase de árbores novas, que tardarán en medrar e coller tamaño e que nestas datas co inverno achegándose, corren o risco de non ir arriba por mor das xeadas”. Para os socialistas este é un exemplo máis de “despilfarro dos cartos públicos”, por parte dun alcalde do que din “fai e desfai a súa maneira sen consultar con ninguén e sen ter en conta a opinión da oposición e da veciñanza”.

A obra de reforma da Praza de San Clodio está subvencionada pola Xunta de Galicia e conta cun investimento de 8.000 euros por parte do Concello de Leiro. Os socialistas din estar de acordo coas melloras de acondicionamento e pavimentación da praza, pero critican “este ataque contra o medio ambiente perpetrado polo rexedor de Leiro”.

18, Novembro 2020

Despois de mes e dez días de restriccións, que dende o comezo nos impediron xuntarnos con aqueles cos que non convivíamos necesitamos un pouco de alegría, estase facendo moi duro e costa arriba xa non poder  máis que ir traballar ou pasear, sentirte un criminal por querer ver a un amigo ou un familiar. 

Creo que xa cumplimos, 41 días de restriccións, temos boas cifras, mellores cas de outros concellos sen restriccións, xa vai sendo hora de darnos un pouco de aire, inda que non cambiemos moito os hábitos mentalmente sería un alivio, e é algo que nos cumpre moito. 

Tamén aproveito para reclamarlle as autoridades que sexan máis activos no rastrexo e prevención dos contaxios e que deixen únicamente de culpar a poboación, porque cada un é responsable de si mesmo pero eles teñen tamén unha responsabilidade e por suposto os medios. Focalizar soamente na hostelería é escurrir moito o bulto dos seus deberes.

 

Por eso, cando evalúen a situación dun concello que non miren só as cifras senón se a poboación pode aturalo máis.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS