Din os de Espazo Común que hai oscurantismo. Pero as bases están publicadas para quen queira consultalas no taboleiro de anuncios dos concellos involucrados.
Para os vagos deixo aquí o resumo:
BAREMO SELECCION ALUMNADO DOS OBRADOIROS DE EMPREGO DIRIXIDOS A MELLORAR A EMPREGABILIDADE DAS PERSOAS MOZAS INCLUÍDAS NO FICHEIRO DO SISTEMA NACIONAL DE GARANTÍA XUVENIL. (max. 10 puntos).
CRITERIOS PUNTOS IDADE
De 18 ata 20 anos. 0,50
De 21 ata 22 anos. 0,50
De 23 ata 24 anos 1,50
De 25 ata < 30 anos 2,00
DISCAPACIDADE ≥ 33% (Sempre que poidan realizar os traballos) 1,00
Experiencia laboral (Segundo vida laboral actualizada)
Ningunha ou inferior a 6 meses 2,00
De 6 a 36 meses 1,00
> 36 meses 0,50
NIVEL DE FORMACIÓN
Baixa(que non posúan un carne profesional, certificado de profesionalidade de nivel 2 ou 3, título de F.P. ) Ata graduado en ESO. 2,00
Media (que posúan un carne profesional, certificado de profesionalidade de nivel 2, FP ciclo medio ou Bacharelato) 1,00
Alta (que posúan certificado de profesionalidade de nivel 3, título de FP de ciclo superior ou titulación universitaria) 0,50
PARTICIPACIÓN EN OBRADOIROS antes dos cinco anos previos á realización deste obradoiro
A NON participación noutro obradoiro de emprego 2,00
PERTENZA A COLECTIVOS DESFAVORECIDOS OU EN RISCO DE EXCLUSIÓN SOCIAL (documentación acreditativa). 1,00

A Deputación de Ourense, a través do Inorde, celebra os seus 25 anos de asistencia ininterrompida ao Salón Internacional de Turismo Gastronómico, Xantar, promovendo a presenza de dous restaurantes, “de tal xeito que redobramos esforzos sumando ao tradicional espazo dedicado á provincia e aos seus produtos de calidade un restaurante cos hostaleiros da capital”, dixo o presidente do Inorde, Rosendo Fernández, na presentación de este evento gastronómico que se celebrará en Expourense entre os próximos días 24 e 27 de outubro.
Rosendo Fernández, que felicitou a Expourense polo 25 aniversario “dun salón totalmente pioneiro en España”, puxo en valor a aposta que desde 1999 vén de facer o Inorde, e polo tanto a Deputación, “pola promoción dos nosos produtos agroalimentarios”.
Unha liña de traballo que tamén ten outro importante piar na colaboración público-privada, apuntou. Así, o tradicional restaurante “Provincia Enogastronómica” conta coa cooperación de empresas punteiras como Coren e Grupos Cuevas, ao tempo que promociona o programa de Razas Autóctonas dando protagonismo este ano “aos gandeiros ourensáns especializados na produción de cordeiro de ovella galega, un dos pratos estrela deste menú, marinado con viños das catro denominacións de orixe de Ourense”. Estas novas elaboracións con base de cordeiro estarán acompañadas con Pataca de Galicia, produto vinculado ao Centro Agrogandeiro da Limia, e o pan de Cea grazas á colaboración da Indicación Xeográfica Protexida deste produto.
Con todo, Rosendo Fernández puxo énfase na colaboración coa Unión de Hostaleiros de Ourense, que suporá ofrecer aos público unha mistura entre a gastronomía tradicional e a nova cociña baixo o paraugas da marca Ourense Enogastronómica. “Un exemplo de posta en valor do motor turístico que ten que ser a cidade, apostando por un modelo de calidade que nace da cooperación entre Expourense, a Deputación de Ourense a través do Inorde e maila Unión de Hostaleiros Ourensáns.
O presidente do Inorde lembrou que a presenza da Deputación en Xantar completarase coa presenza dos dous xeodestindos turísticos que xestiona, Trevinca-Valdeorras e Terras de Celanova-Serra do Xurés, presentando produtos como viños e queixos.
Tamén terán protagonismo en Xantar dous proxectos asociados ao turismo, a produción agrícola e a dinamización do territorio: a promoción da Vía da Prata como principal itinerario xacobeo da provincia e as actuacións formativas que desenvolve o Inorde para as persoas interesadas en elaborar as súas producións no Centro de Transformación de Cantoña..
--

Van maís de cinco meses desde que se asfaltaron algunhos tramos da estrada que vai a Lugo, a N540, permanece sen a sinalización horizontal, un perigo e sobre todo os dias de neboa.
Nas últimas datas foron varias as persoas que se dirixiron a nós con queixas sobre a máis que dúbidosa selección de persoal realizada para o obradoiro de emprego Carbomas que tivo lugar en datas recentes.
Despois de buscar información sobre o proceso nas páxinas web dos tres concellos participantes (O Carballiño, Boborás e Maside) non fomos quen de atopar nada ao respecto polo que só poidemos acceder aos escasos datos publicados no taboleiro físico do Concello do Carballiño.
Con asombro, comprobamos que na puntuación final para baremar aos candidatos, foi decisiva a entrevista persoal realizada por un tribunal con representantes das tres administracións, contando case tanto na puntuación final como a situación persoal.
No caso do Carballiño resulta chocante pois esta modalidade de entrevista persoal para a selección de traballadores foi derogada no ano 2015, sendo concelleiro de persoal Adolfo Nogueira nada máis chegar ao goberno, para cumplir coa promesa de evitar que esta práctica que se presta excesivamente para “colocacións a dedo” seguise sementando dúbidas e inxustizas.
Se temos en conta o tipo de preguntas que se realizaron neste caso concreto, as sombras aínda son moito máis longas pois, segundo nos contan os participantes, foron do tipo:
-Qué modulos hai neste obradoiro? -Para que idades é este obradoiro?
Quremos pensar que non houbo ningunha clase de nepotismo nesta selección pero o oscurantismo, a esaxerada valoración da entrevista persoal e o histórico do PPSOE nestas lides fannos ter moitas dúbidas.
Así, nos vindeiros días pediremos toda a información relacionada con este proceso, incluídas as actas que deberan estar publicadas para o acceso de tódolos interesados.
Vese que hai alboroto por un comentario dun home que escribiu contra a inmigración e contra o poboado. A verdade e que estaba u home obsesionado coa xente de fóra, pero o que me fixo máis gracia e ver o pepeiro abandeirado dicindo cousas do Maduro. Só lle faltou falar do Putin, China e o Rego para completar a tríade do mal. Eu son nacionalista e de esquerdas, son galego e creo que Galiza ten que ser pos galegos, abertos os que traballen ollo, a min que non me veñan con caralladas de que somos do mundo ou cosas así. Dito o anterior, o nacionalista anterior pasouse, pero era de extrema direira dura ollo, pero que veña o pepero de turno a darnos lecciós! Co que rouban o PP e o PSOE alimentase a África e América, ademáis dos Galegos, Catalás ou Casteláns que andamos tamén moi necesitados. O do poblado e outra vergoña, como pode ser que cos cartos do concello non se lles fagan casas en condicións para todos e se remate coa falta da limpieza do actual goberno PPSOE que está o Carballiño morto.
Un saúdo a todos os pepeiriños quemados do Orcellón e Redores!!!

Un gol de Diego Gómez culminando un contragolpe de alta escola futbolista no que tamén participaron Enol e Ferreiro foi suficiente para que os máis de 1200 seguidores do Arenteiro que estaban no Couto e que non pararon de animar durante todo o partido, regresasen felices para O Carballiño.
Os verdes xogaron unha primeira parte primorosa, 45 minutos de fútbol de salón que convertiron ao partido nun monólogo futbolistico do Arenteiro, o único pero foi irse ao descanso cunha vantaxe tan curta no marcador.
Na segunda parte o Ourense fixo varios cámbios e logrou equilibrar o partido, calquera dos dous equipos pudo marcar, pero o marcador xa non se movería. Outros tres puntos que soben ao Arenteiro ao segundo posto da táboa clasificatoria na Primeira Federación, consumido xa o primeiro cuarto do campionato. Son dias de prosperidade e felicidade na parroquia do Arenteiro.
Video resumen do partido co gol do Arenteiro:
https://www.youtube.com/watch?v=sTL7d0nih_8
A ficha do partido:
https://www.resultados-futbol.com/partido/Ponte-Ourense-Cf-Senior/Arenteiro
Cronica do partido en "La Voz de Galicia": https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2024/10/21/arenteiro-golpe...
Non son moi dado a escribir por este medio, pero acabo de leer o comentario dun ointe de Cope Carballiño ó que lle desagrada de forma profunda a chegada de inmigrantes venezolanos ás terras do Carballiño, e non podo deixar de contestalo. A eles achaca o ointe as pragas de bechos que sufrimos os veciños do Carballiño, e sobre todo, algo que parece afectar especialmente ó ointe: a perda de galegofalantes. Por asi decilo, o autor da última denuncia é o que decide quen é un bo e mal carballiñes. O bo, o galegofalante, con oito apelidos do carballiño, o malo, o que chega de fora coas pragas e o seu español.
Coido que este comentario merece pouca resposta. É tan solo unha mostra de racismo e xenofobia, do excluinte a intolerante que pode a chegar o nacionalismo, sexa do tinte que sexa. Vox e o nacionalismo galego dicindo o mesmo, os extremos tócanse. Noxo de discurso, noxo de ideas. Si non hai orixinarios do carballiño, é por que os que o somos non temos fillos, por que non podemos pola situación laboral, ou por que prefirimos vivir máis cómodos sen eles, nada mais. Pero neste caso, e dado que esto parece difícil de cambiar, prefiro un carballiño con vida e bandeiras venezolanas nas rúas, que un Carballiño morto, coma sucede noutras vilas do interior de Galicia, e de España.
E por certo, para o ointe, seguramente sen discursos como o do BNG e Ana Pontón, que lexitiman o dictador Maduro, máis Venezolanos vivirían na sua patria, e non lonxe dela... Para a reflexión.
Saudos á xente de ben.

A Praza de San Pedro na cidade do Vaticano acolleu nesta mañá de domingo a celebración solemne presidida polo papa Francisco no que tivo lugar a canonización do novo santo nacido no concello de Piñor, e que desta maneira convértese no primeiro santo da comarca do Carballiño que a igrexa católica sobe aos altares.
Ademáis dun cento de persoas, entre elas veciños e veciñas do propio concello de Piñor, estiveron presentes en Roma, a maioría delas formando parte dunha perigrinaxe organizada pola Diocese de Ourense, encabezada polo bispo Leonardo Lemos. En representación do Goberno de España participou neste acto o Ministro da Presidencia, Félix Bolaño.
O papa Francisco, que loubou a santidade de Juan Jacobo Fernández, tivo un recordo especial para "a atormentada Palestina, polo Líbano e por Ucrania". Como colofón á celebración, a Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense interpretou o himno do Antigo Reino de Galicia e o himno da Alegria, unha peza especialmente composta para esta ocasión.
A HISTORIA DO NOVO SANTO DE PIÑOR
O dia 9 de xullo de 1860, oito franciscanos e tres seglares foron martirizados en Damasco (Siria), a mans da minoría islamita dos drusos. Entre os mártires atopábase Juan Jacobo Fernández, nacido en 1808 en Moire, na parroquia de Santa María de Carballeda, no concello de Piñor. No lugar consérvase en bo estado a súa casa natal, e a idea tanto da Diócese como do concello de Piñor é que a mesma poida acoller un pequeno museo.
Os Mártires de Damasco, como llos coñeceu na posterioridade, foron beatificados polo Papa Pío XI no ano 1926, case cen anos despóis soben os altares da igrexa católica.
O primeiro santo co que conta a comarca do Carballiño procedía dunha familia numerosa, que o seguiu sendo despois da súa morte. Iso facilitou que o sucedesen parentes de relevancia notable.
Camilo José Cela, premio Nobel de Literatura en 1989, asegura na súa obra Xudeus, Mouros e Cristiáns, que o pai do novo santo de Piñor, do que o escritor era tataranieto, exerceu de médico no Carballiño, desde onde cruzaba correspondencia con Jean Lle Rond D'Alambert, un dos pais da Ilustración francesa.
Agora aparece outro colchón ao fondo da rúa. Onde os contedores da praza frente ao Gran Balneario.
Xa está ben. Multas para estes comportamentos incívicos.
Di o alcalde Fumega, que O Carballiño é a única vila que medra na nosa provincia, Mais non medra a vila galega do Carballiño, fráguase no seu seo unha pequena Caracas, a maiores do problema da Fontela-, cos problemas que isto supón: deixadez institucional, terceiromundización das institucións, lixo polas rúas, sudre e pragas, asfaltado e beirarrúas en estado ruinoso en amplas zonas da vila (esto por mor da inutilidade pública)... as bandeiras de Galicia e de España son substituídas polas das decaídas repúblicas latinoamericanas. para que xente coma Francisco Fumega, Manolo Dacal, Diego Fernández e os do Partido Pancho mamen da teta do estado a costa nosa, dos cidadáns que traballamos? Un dos problemas máis acuciantes desta nova oleada migratoria é a reducción do número de galegofalantes, pois dada a política de anormalización linguística da xunta do PPdeG, a nosa língua esmorece como ben puidemos comprobar esta semana con esa alarmante enquisa que reflicte que o galego xa é a língua minoritaria dos galegos por primeira vez en 900 anos. A maioría destes novos Carballiñeses (salvo honrosas excepcións) non mostran interés ningún en valorar a noso máis profundo sinal de identidade nin de poñelo en práctica.
Por outra parte, a manipulación electoral do censo producido polas regularizacións e a política clientelar do concello PP-PSOE e da mediocre oposición da lugar a fraudes que se ben son na práctica legais, son totalmente inaceptables,
Coñezo ben aos indianos, pero estes que "fan medrar ao Carballiño" non son precisamente os homes e mulleres que tiñamos coñecido e que axudaron a construi-lo noso pobo.
Recapitulando, o problema da infravivenda e enchufes ilegais, á beira do Carrás, a carón do domicilio do rexedor municipal e diante do centro de saúde; ademáis da colonia chabolista en plena entrada á vila, no cruce das principais arterias do Carballiño (N-541, OU-504 e AG-54) deixando de lado os evidentes problemas de imaxe que tan ominoso espectáculo ofrecen aos transeúntes e turistas que atravesan a nosa vila, é un foco de insalubridade e inseguridade, (polo menos cos cartos que recauda o concello de Maside, chegará para mercarlles unhos tendedoiros e que non teñan que facer uso dos quitamedos e dos carteis termais do Fumega&cia), se houbo 200000 euros para facer o pendello da intermodal, tamén os haberá para arranxar estes problemas.
Un saúdo e moitas grazas por habilitar este espazo para a libre expresión dos cidadáns.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 28
- 29
- 30
- 31
- 32
- 33
- 34
- 35
- 36
- …
- seguinte ›
- última »