17, Novembro 2020

Si señor, se o concello non o fai, sempre está a colaboración cidadán, ademáis con material respetuoso co entorno desta zona do Muiño das Lousas.

17, Novembro 2020

Os responsables dos catro ximnasios do Carballiño, Luciano Cendón, do ximnasio Kórpore; Claudio Mateo, do ximnasio Madokoan; Fidel Gómez, do ximnasio Funfit, e José Manuel Soto, do ximnasio Olimpia, reuníronse coa concelleira de Deportes, Silvia Baranda, co obxectivo de acadar o apoio do concello para a próxima reapertura dos establecementos, prevista para o próximo luns, 23 de novembro.
Trátase dunha actividade que resultou moi perxudicada pola pandemia, xa que estes establecementos permaneceron pechados a maior parte do tempo, polo que é necesario dar todo o apoio, según dixo a concelleira.
Silvia Baranda, ao igual que os responsables dos ximnasios, aseguran que son instalacións que gardan escrupulosamente as medidas sanitarias de prevención polo coronavirus, que teñen un índice moi baixo de contaxio e que favorecen que se faga exercicio físico, que é moi necesario para poder manterse en forma e combatir mellor o virus.
Como apoio desta campaña, editouse un video anunciando a reapertura dos catro ximnasios o 23 de novembro, e animando á veciñanza a acudir ás instalacións sen ningún medo, xa que contan con todas as medidas de seguridade.

16, Novembro 2020

O indicador que mide a incidencia acumulada a 7 dias nos concellos galegos, sitúa hoxe a O Carballiño con luz verde, nivel cero de alerta, o que siñifica que na última semana rexistrarónse no municipio entre cero e sete novos contaxios confirmados por PCR. O Carballiño entra asi na relación de concellos con mellor situación epidemiolóxica.

En canto aos contaxios activos, según esta última actualización, O Carballiño rexistra hoxe 31 casos, Boborás 7, Piñor 4, San Cristovo de Cea e O Irixo manteñen 3 persoas enfermas de Covid-19, Beariz ten 2, Maside e Punxín un único caso e finalmente, San Amaro confirma que está libre de virus, con cero casos.

16, Novembro 2020

A petición de Espazo Común, que levará o pleno da Corporación Municipal, chega nun momento no que "a crise do COVID-19 está a cebarse de xeito salvaxe co Carballiño que leva xa máis tempo con restriccións de extrema dureza ca ningún outro sitio de Galicia".

Fan referencia á situación concreta que vieven a hostalaría case pechada por completo e os comercios sufrindo a baixada de clientes de xeito angustioso. O resto de sectores, desgraciadamente, tamén se ven afectados polo freazo en seco que todo esto supón para a actividade económica.

Neste complicado contexto, o grupo municipal de Espazo Común entende que "semellaría lóxico que o Concello fíxera tódolos gastos que fose posible en empresas locais para tentar paliar ese desfondamento. Nun mundo normal, con xestores normais, sería fácil apreciar o valor desta medida como factor de apoio real aos negocios do pobo".

Espazo Común manifesta a súa contrariedade cun "goberno caótico e alonxado da realidade social, o alcalde Fumega e o seu grupo, seguen mercando e contratando maioritariamente con empresas de fóra do Carballiño servizos e produtos dos que dispoñen negocios locais".

Asemade, recordan qu xa non é primeira vez que fan esta advertencia "o ano pasado co exemplo do dato de que das 54 empresas convidadas polo rexedor a presentar proxectos, só 17 eran do Carballiño, a tendencia semella que non só non mellora, se non que tende a agravarse".

Finalmenente, dende Espazo Común anuncian que levará a pleno unha moción "para tentar facer obrigado, na medida do posible, que o Concello faga os seus gastos con empresas do Carballiño".

16, Novembro 2020

O Carballiño amplía a sinalización turística do patrimonio histórico-artístico e etnográfico do municipio, co obxectivo de ofrecer a información máis ampla sobre os monumentos de interese que se poden visitar na vila e nas parroquias carballiñesas.
Así, no entorno do Parque Etnográfico do Arenteiro, que é un lugar moi transitado por veciños e visitantes, instalouse un panel cun plano do municipio, que inclúe unha guía de referencia e situación de trinta emprazamentos de monumentos de relevancia patrimonial.
Neste mesmo lugar, instalouse outro panel con ampla información da antiga fábrica de papel da Lavandeira e da súa importancia como parte esencial do patrimonio industrial do Carballiño no século XIX.
Para este proxecto cóntase coa colaboración da Dirección de Turismo da Xunta de Galicia, que financia a iniciativa.

15, Novembro 2020

Xa se pode visitar o novo mirador da Pena dos Namorados, situado no alto deste emprazamento de interese arqueolóxico e paisaxístico no entorno do Parque Etnográfico do Arenteiro, fronte á antiga fábrica de papel da Lavandeira e a carón das pallozas do camping municipal.
Un sendeiro, unha pasarela e unha escaleira de madeira conducen ao cumio deste lugar caracterizado por estar coroado por unha gran rocha, que diu pé a diversas lendas, e que se atopa nunha zona de interese arqueolóxico e na que houbo unha torre na Idade Media, según considera o arqueólogo Joge Lamas, responsable da área de arqueoloxía do Centro de Estudios Chamoso Lamas.
Asimesmo, rehabilitouse o mirador-área de descanso que xa existía, melloráronse os accesos con sendeiros e colocáronse sinais informativas.
Este proxecto, que contou co financiamento de Turismo da Xunta de Galicia, incrementará o interese desta zona turística do Carballiño, que se revalorizará tras a reforma para a reapertura do Muíño das Lousas, que ten previsto levar a cabo a empresa hostaleira O Barazal, adxudicataria do concurso para a súa explotación.
Tamén se levarán a cabo diversas melloras no camping municipal e concluir o edificio da recepción da fábrica de papel da Lavandeira.

15, Novembro 2020

Os datos deste domingo 15 de Novembro continúan reflectindo o paulatino descenso de contaxios activos na comarca carballiñesa, na que o  concello de San Amaro consigue hoxe quedar libre de virus, tras a alta médica da única persoa que estaba pasando a enfermidade neste municipio. Ademáis, a un paso de quedar libre de virus están Maside (1) e Punxín (1).

Con 2 casos activos figura o concello de Beariz, e con 3 están O Irixo e San Cristovo de Cea. Con 5 casos encóntraxe Piñor e con 7 o concello de Boborás. Finalmente, a capitalidade comarcal, O Carballiño rexistra 32 contaxios activos según este último informe de Sanidade.

14, Novembro 2020

Tarde mal e nunca. O partido podre (é unha opinión persoal e intransferible) do Carballiño, despois de mes e medio das restriccións máis brutais de toda España, tras manterse éstas absurdamente malia que se logrou revertir a situación, ven agora con esto...

Foi realmente bochornoso escoitar ao conselleiro de sanidade promover chismes, non do comité cínico, senon das pedras dos concellos que observaban contaxiados en bares. E agora, ven a piar este ...

Faino no fin de semana, e probablemente teña razón no que di. Pero non tivo tempo antes??? Andan moi ocupados co fútbol?? Un chisco de responsabiilidade porque o sector servizos do Carballiño anda na UCI.

 

14, Novembro 2020

O Partido Popular manifesta que "o alcalde do Carballiño ten instruccións claras por parte da Xunta de Galicia sobre como aplicar correctamente as normas de restriccións que afectan ao Concello do Carballiño, e máis en concreto as normas que afectan ao peche perimetral con relación aos Concellos da nosa contorna, dos que somos cabeceira de comarca".

Desta maneira, os populares fanse eco das numerosas queixas que se están rexistrando por parte de veciños da comarca, sobre todo dos procedentes do concello de Boborás, que se ven obrigados a retroceder cando pretenden achegarse a O Carballiño e son interceptados por parte da Policia Local do Carballiño. Tamén son moitas as queixas por parte dos comerciantes locais, que ven como se lles priva de que clientes habituais poidan desprazarse a O Carballiño para realizar compras consideradas como esenciais.

Os populares culpan da situación ao alcalde do Carballiño "faise preciso que transmita á policía Local do Carballiño con claridade, contundencia e autoridade o que lle vén dado dende a Xunta de Galicia, que é quen fai as restricións e quen, ademáis, está para aclarar calquera dúbida sobre como actuar. O alcalde nunca debe deixar en mans doutros a interpretación sobre a normativa", apuntan. "Non pode ser que pola falta de autoridade sexa xusto o Alcalde do Carballiño o que esté a prexudicar a negocios do noso pobo, que se ven privados de clientela de concellos da nosa comarca; prexudicando tamén a veciños/as da nosa comarca, que non por capricho, senón porque llo permite a normativa, teñen que acudir ao Carballiño para facer actividades esenciais como a compra de alimentos, productos farmacéuticos e de primeira necesidade",afirman dende o Partido Popular.

Engaden que "a interpretación dunha orde de restrición como a actual non se pode facer nunca de forma ampla, pois nun estado de dereito como o que temos, se debe procurar que a liberdade das persoas sexa unha prioridade por ser un dereito constitucional, e porque se se quixera facer a orde máis restritiva, xa se redactaría de forma expresa nela". Aseguran que Son moitas as persoas da nosa comarca que pretenden acceder ao Concello do Carballiño para actividades que están perfectamente xustificadas dentro das consideradas como esenciais. E reproban o feito "de que están sendo obrigadas a dar a volta, incluso con recomendacións de dirixirse a outros lugares, dificultando así a súa vida, sinxelamente por un exceso de celo á hora de facer cumprir unha normativa".

Asemade, pregúntanse se "acaso no é esencial vestirse, calzarse, encher o depósito do coche, incluso comprar peixe fresco, unha simple bombilla...? E moitas outras cousas que non sempre se poden facer no lugar de residencia de moita xente da nosa comarca? Por que ese empeño en ser máis restritivo que a propia norma? Son interrogantes que se fan no Partido Popular do Carballiño.

"Estanse tirando pola borda moitas das iniciativas do comercio local, pois a todas estas persoas da nosa comarca estáselle invitando implicitamente a tirar da compra online. O máximo responsable desta situación é o noso Alcalde do Carballiño.Esperamos que o señor Fumega poña o traxe de Alcalde, isto é, o de Autoridade, e transmita órdenes claras, públicas e transparentes á Policía local para que as faga cumprir",remarcan dende o Partido Popular.

Consideran que "faise preciso que transmita á policía Local do Carballiño con claridade, contundencia e autoridade o que lle vén dado dende a Xunta de Galicia, que é quen fai as restricións e quen, ademáis, está para aclarar calquera dúbida sobre como actuar. O alcalde nunca debe deixar en mans doutros a interpretación sobre a normativa".

14, Novembro 2020

A Concellería de Benestar Social, Igualdade, Sanidade, Educación e Normalización Lingüística do Concello do Carballiño, a través do Centro de Información da Muller (CIM), está levando a cabo unha campaña dentro do marco do Pacto de Estado para a prevención, sensibilización e visualización da violencia contra as mulleres.
En concreto, estanse a entregar mascarillas para os alumnos e alumnas de infantil e primaria dos centros educativos da vila. A concelleira desta área municipal, Guadalupe Sobrado, visitou os centros para realizar esta entrega.
O obxectivo desta iniciativa, para a que se conta con 1.500 mascarillas, é fomentar accións de sensibilización da sociedade sobre o dano que produce a desigualdade e as condutas violentas, e axudar a tomar conciencia sobre a magnitude da violencia contra as mulleres e as consecuencias que ten para a súa vida e a das súas fillas e fillos.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS