5, Decembro 2020

Débeche moito a Historia Patricia de Boborás

A valentía coa que despachaches a Feijóo non ten parangón. Nin Agustina de Aragón amosou tal bravura co invasor francés. Nin María Pita co inglés.

Feijóo, nunha arremetida feroz, promete non sei qué e non sei canto para Beariz e Boborás. E ti, brava Patricia, cámaras e todo, tiveches o arroxo de enfrentarte a tal siniestra figura. Maria Pita enviou ao abanderado inglés á sepultura, e Agustina de Aragón fíxoo cun batallón. Pero ti, sometiches a Feijóo, e ni tan siquera lle mancaches o mentón.

Eres a envexa de todas, dende Concepción Arenal ata Emilia Pardo Bazán.

Comeza anexionando O Carballiño, continúa pola Canda e O Padornelo, e chega ata Madrid onde outra brava dama amosa inxenio e valor contradecindo a Feijóo, que pecha bares cuan tirano do medievo.

É un clamor popular Patricia faino xa!!

4, Decembro 2020

Xa somos moitos os que pensamos que O Carballiño merece outro alcalde, e mais merece unha alcaldesa como a que ten Boborás. Que sorte tendes os de Boborás coa alcaldesa que tendes, xa non é só que o faga ben e consiga cousas é que ademais e unha muller cercana, agradable, e con valentía. E pensando ben non e cuestión que deixe Boborás, é cuestión que fusionen Boborás co Carballiño e goberne ela. Garantizado que outro galo cantaría. 
 

 

4, Decembro 2020

A nevarada caída este venres dia 4 de Decembro provocou numerosas incidencias nas zonas de media e alta montaña en varios concellos, sendo os de Avión, Beariz e Boborás os máis afectados, e en menor medida nos concellos do Irixo, Piñor e San Cristovo de Cea. Nalgunhos puntos nas zonas máis altas de Boborás -na parroquia do Regueiro- chegaron a acumularse 8 cm. de neve, mentres que nalgunhas localidades de Avión o espesor da neve chegou ata os 12 cm.

A zona con maiores incidencias foi o concello de Avión, onde os efectivos do Grupo Supramunicipal de Emerxencias (Ambas fotos corresponden aos traballos que realizaron) tiveron que multiplicarse para deixar transitables as estradas do municipio, aínda que varias localidades quedaron incomunicadas por estrada, entre elas A Hedreira, Camposancos e Cortegazas. Dende o concello de Avión recomendan aos veciños evitar desprazamentos se non son urxentes.

No transcurso da tarde foron varias as saídas de vehículos, como os que se rexistraron na rede viaria dos concellos do Irixo e Boboras. En Beariz, na estrada N-541 un vehículo colidíu cunha máquina quitaneves, cunha persoa ferida -a conductora do vehículo- que precisou de asistencia sanitaria. Árbores e ramas caídas sobre na estradas motivaron numerosas incidencias para o tráfico, ata que foron retiradas polos equipos de emerxencias e de mantemento de estradas. Os cortes de suministro eléctrico tamén foron unha constante no transcurso da xornada, aínda que a primeira hora da noite a situación parece normalizada.

4, Decembro 2020

Voluntarios dos dous colectivos, da Asociación Camiño Miñoto Ribeiro e a Plataforma Berán no Camiño, están levando a cabo traballos de limpeza e desbroce no tramo Beade-Berán-Lebosende do "Camiño da Geira-Arrieiro", unha via de peregrinaxe xacobea recoñecida "por resolución do Arcebispado de Compostela dende Marzo de 2019, recordan dende ambos colectivos, que manteñen diverxencias coa asociación impulsada polos concellos que promoven esta mesma ruta, xa que no trazado "oficial" deixaron fora este tramo que atravesa a parroquia de Berán, e que propiciou precisamente a creación da plataforma "Berán no Camiño", que conta co apoio da asociación creada fai anos para reivindicar esta ruta xacobea que partindo dende a cidade portuguesa de Braga percorre as comarcas do Ribeiro e O Carballiño en dirección a  Terra de Montes.

Ademáis, están a ultimar o proxecto de sinalización deste mesmo tramo Beade-Berán-Lebosende, e anuncian que están a traballar nun programa de actividade cara  o Ano Xacobeo 2021 "ademáis de seguir investigando no denso patrimonio histórico-artístico deste itinenarario do camiño da Geira-Arrieiro".

4, Decembro 2020

Moi breve porque o palmeo coas orellas a alcaldesa de Boborás pouco máis merece. Tamén podería palmear coas orellas ao de Beariz, que sae tamén na foto con Feijóo. Máis propaganda do PP. De pouco sirve traer centros se o partido podre lles recorta os medios

https://www.nuevatribuna.es/articulo/galicia/lamentable-situacion-atenci...

 

Veña, a seguir aplaudindo e medrando, pero coidado cos cotilleos que fan moito dano ao Carballiño. E non chupamos o dedo

4, Decembro 2020

Hay que dar un aplauso a la alcaldesa de Boborás una mujer con sangre en las venas. Se planta ante Feijoo y se trae un centro de salud para Boborás. Y el señor alcalde de este pueblo a que anda?

Aquí se nos cae el centro de salud a cachos, no cojen el teléfono, lista de espera para el fisio de meses, no hay clases de preparación al parto porque no hay sito, no hay psicólogo porque no hay sitio y un largo ectcetera de deficiencias  del centro de salud y de su atención.

Pero a que está el señor Fumega? Debe estar muy ocupado con sus asuntos judiciales. 

Carballiño se merece una alcaldesa como Patricia Torres, trabajadora y preocupada por sus vecinos y por su pueblo, con arrojo y valentía y no un alcalde olgazán, que solo se preocupa de lo suyo y que anda de juzgados a saber dios porqué.

4, Decembro 2020

CAMBIAREMOS UNA ESTACION DE AUTOBUSES EN EL CENTRO CON BUENA UBICACION CON CAFETERIA,AMPLIA QUIZAS DE MAS CON HOTELES AL LADO,SUPERMECADOS,TIENDAS A UN PASO DEL CENTRO POR UNA PARADA DE AUTOBUS EN LAS AFUERAS DEL PUEBLO SIN CAFETERIA SIN UNA SALA DE ESPERA INTERIOR QUE NO LLEGA A LOS 40 METROS CUADRADOS EN LA ESTACION NOS JUNTAMOS A LAS 8 DE LA MAÑANA MAS DE 40 ESTUDIANTES MAS LOS VIAJEROS QUE NOS VAN APIÑAR EN 40 METROS CUADRADOS A TODOS INTERMODAL SI PERO CON UN PROYECTO CON DARSENAS A CUBIERTO PARA COJER EL BUS CON INFORMACION A LOS VIAJEROS CON UNA SALA DE ESPERA DECENTE YO VOY A RENFE Y NO HAY NADA Y ASI VA QUEDAR DESPUES EMPEOAREMOS EN TODO SI NO TIEMPO AL TIEMPO  

3, Decembro 2020

O alcalde do Carballliño avanza un 2021 que será o máis inversor dos últimos anos "van investirse case catro millóns de euros en obras, imos darlle unha volta tanto o rural como a vila,  O Carballiño non o vai coñecer nin quen o inventou", remarcou , no transcurso dunha intervención en COPE O Carballiño. Aclarou, ademáis, que serán sufragadas con fondos municipais "se ben é certo que solicitarémos axudas á Xunta para completar a financiación, pero en todo caso están aseguradas igualmente", dixo.

Fumega tamén avanzou que as inversións repartiránse a partes iguais entre a zona urbana e o rural "investirémos 140.000 euros en cada unha das parroquias" e entre as actuacións que se levarán a cabo no ámbito urbano citou a obra de reforma integral da rúa Ourense "que sobrepasa o medio millón de euros, e incluirá redes de saneamento e abastecemento, beirarrúas, iluminación, rotonda e pavimentación, será unha das obras que se executarán o ano que ven", asegurou.

Investigacións xudiciais

O rexedor municipal manifestou que non está seguindo o xuizo que se está celebrando estes dias aos exalcaldes Pachi Vazquez e Carlos Montes, xulgados por presunta prevaricación continuada na contratación de traballadores municipais no concello do Carballiño entre 1999 e 2011, Fumega confesou que "estiven máis centrado na acusación que me fixeron a min por non derrubar un ático nun edificio da rúa Principal, o que fixen foi e será cumplir a legalidade urbanística, pasaréi á historia por ser o alcalde que derrubou un ático que leva 20 anos en situación irregular", subliñou.

Reapertura de parques infantís

Fumega anunciou nesta intervención radiofónica en COPE O Carballiño a reapertura dos parques infantís "de inmediato, estamos evaluando a apertura dos parques da Veracruz, Catro Camiños e o da Alameda, aínda que precintarémos o tobogán porque non temos medios para poder desinfectar". O alcalde eloxiou a lección dos cativos carballiñeses durante a pandemia "están tendo un comportamento exemplar, vou escribirlle aos Reis Magos para pedirlle algo especial para eles", destacou.

 

 

 

2, Decembro 2020

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, abordou hoxe coa alcaldesa de Boborás, Patricia Torres, a colaboración da Xunta na construción dun novo centro de saúde. Feijóo comprometeuse a trasladar á Consellería de Sanidade a posibilidade de encargar a redacción do proxecto construtivo en canto o Concello poña a disposición os terreos para a súa construción e cando as necesidades asistenciais así o confirmen. De levarse a cabo este proxecto, o edificio que ocupa o actual centro de saúde destinaríase a un espazo de coworking.

Así mesmo, na reunión abordaron a execución de diversas reformas no CEIP Nosa Señora de Xuvencos e, no eido das instalacións deportivas, Feijóo incidiu na inclusión no cadro de investimentos do proxecto para a construción da piscina pública no núcleo de Boborás. A Xunta aportará o 45% do investimento, mentres que a Deputación de Ourense financiará outro 45% e o Concello o 10% restante. Durante a xuntanza, o titular do Executivo galego destacou a colaboración entre ambas administracións, coa entrega de material -máscaras, xel hidroalcólico, luvas, batas, traxes, desinfectantes e pantallas faciais- para a loita contra a covid por parte da Xunta.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS