
O Partido Popular manifesta que "o alcalde do Carballiño ten instruccións claras por parte da Xunta de Galicia sobre como aplicar correctamente as normas de restriccións que afectan ao Concello do Carballiño, e máis en concreto as normas que afectan ao peche perimetral con relación aos Concellos da nosa contorna, dos que somos cabeceira de comarca".
Desta maneira, os populares fanse eco das numerosas queixas que se están rexistrando por parte de veciños da comarca, sobre todo dos procedentes do concello de Boborás, que se ven obrigados a retroceder cando pretenden achegarse a O Carballiño e son interceptados por parte da Policia Local do Carballiño. Tamén son moitas as queixas por parte dos comerciantes locais, que ven como se lles priva de que clientes habituais poidan desprazarse a O Carballiño para realizar compras consideradas como esenciais.
Os populares culpan da situación ao alcalde do Carballiño "faise preciso que transmita á policía Local do Carballiño con claridade, contundencia e autoridade o que lle vén dado dende a Xunta de Galicia, que é quen fai as restricións e quen, ademáis, está para aclarar calquera dúbida sobre como actuar. O alcalde nunca debe deixar en mans doutros a interpretación sobre a normativa", apuntan. "Non pode ser que pola falta de autoridade sexa xusto o Alcalde do Carballiño o que esté a prexudicar a negocios do noso pobo, que se ven privados de clientela de concellos da nosa comarca; prexudicando tamén a veciños/as da nosa comarca, que non por capricho, senón porque llo permite a normativa, teñen que acudir ao Carballiño para facer actividades esenciais como a compra de alimentos, productos farmacéuticos e de primeira necesidade",afirman dende o Partido Popular.
Engaden que "a interpretación dunha orde de restrición como a actual non se pode facer nunca de forma ampla, pois nun estado de dereito como o que temos, se debe procurar que a liberdade das persoas sexa unha prioridade por ser un dereito constitucional, e porque se se quixera facer a orde máis restritiva, xa se redactaría de forma expresa nela". Aseguran que Son moitas as persoas da nosa comarca que pretenden acceder ao Concello do Carballiño para actividades que están perfectamente xustificadas dentro das consideradas como esenciais. E reproban o feito "de que están sendo obrigadas a dar a volta, incluso con recomendacións de dirixirse a outros lugares, dificultando así a súa vida, sinxelamente por un exceso de celo á hora de facer cumprir unha normativa".
Asemade, pregúntanse se "acaso no é esencial vestirse, calzarse, encher o depósito do coche, incluso comprar peixe fresco, unha simple bombilla...? E moitas outras cousas que non sempre se poden facer no lugar de residencia de moita xente da nosa comarca? Por que ese empeño en ser máis restritivo que a propia norma? Son interrogantes que se fan no Partido Popular do Carballiño.
"Estanse tirando pola borda moitas das iniciativas do comercio local, pois a todas estas persoas da nosa comarca estáselle invitando implicitamente a tirar da compra online. O máximo responsable desta situación é o noso Alcalde do Carballiño.Esperamos que o señor Fumega poña o traxe de Alcalde, isto é, o de Autoridade, e transmita órdenes claras, públicas e transparentes á Policía local para que as faga cumprir",remarcan dende o Partido Popular.
Consideran que "faise preciso que transmita á policía Local do Carballiño con claridade, contundencia e autoridade o que lle vén dado dende a Xunta de Galicia, que é quen fai as restricións e quen, ademáis, está para aclarar calquera dúbida sobre como actuar. O alcalde nunca debe deixar en mans doutros a interpretación sobre a normativa".

A Concellería de Benestar Social, Igualdade, Sanidade, Educación e Normalización Lingüística do Concello do Carballiño, a través do Centro de Información da Muller (CIM), está levando a cabo unha campaña dentro do marco do Pacto de Estado para a prevención, sensibilización e visualización da violencia contra as mulleres.
En concreto, estanse a entregar mascarillas para os alumnos e alumnas de infantil e primaria dos centros educativos da vila. A concelleira desta área municipal, Guadalupe Sobrado, visitou os centros para realizar esta entrega.
O obxectivo desta iniciativa, para a que se conta con 1.500 mascarillas, é fomentar accións de sensibilización da sociedade sobre o dano que produce a desigualdade e as condutas violentas, e axudar a tomar conciencia sobre a magnitude da violencia contra as mulleres e as consecuencias que ten para a súa vida e a das súas fillas e fillos.

Suspendéronse as dúas feiras do mes de Outubro e tampouco se autoiza esta primeira do mes de Novembro, que tocaba celebrar este próximo luns.
Asi ven de recordálo o concello do Carballiño "en consonancia coas restriccións vixentes, e como medida preventiva para evitar calquera posible contaxio por covid, siguen suspendidas as feiras no Carballiño, polo que a correspondente ao luns 16 de novembro tampouco se celebrará, esperando que o paulatino descenso de caos positivos nas últimas semanas permitan que se poidan celebrar canto antes",subliñan.
Buenos días.
Seguimos sin una solución al tema de las matanzas. Hemos comprado los cerdos, llevamos meses alimentándolos y necesitamos un protocolo para las matanzas en tiempos de COVID.
CUESTIONES
- ¿Cuántas personas NO CONVIVIENTES nos podemos juntar? La matanza necesita de personas que agarren el cerdo, que lo deshagan, laven tripas y hagan chorizos.
- ¿Se necesita alguna autorización por parte de Medio Rural o del Ayuntamiento?
- ¿Nos exponemos a alguna multa en caso de organizar una matanza como las de siempre? Sin comidas familiares, por supuesto.
Los animales SIGUEN COMIENDO y NECESITAMOS RESPUESTAS.
Esperamos que le podáis transmitir estas dudas a las personas respondables porque lo que va a suceder es que la gente empiece a hacer matanzas por su cuenta, sin medidas ni protocolos, vendrán contagios y nos llevaremos las manos a la cabeza.
Muchas gracias Xan
Están calados, de momento non din nada. Gustaríame saber da súa opinión sobre esta decisión de mantemento das restriciós, e sobre este "modelo de ruína" que parece que xa representa O Carballiño para os que queren curarse en saúde. Que doado é cobrar unha sustanciaosa nómina a final e ter o pan do dia asegurado á hora de tomar decisións deste tipo, pregúntome se tivesen un par de fillas e non ter un euro que levar a casa se actuarían tan a lixeira, e os nosos políticos dín algo desto? pois eu digo pobre Carballiño, e pobre de nos.

O comité clínico non contempla de momento cámbeos para as restriciós que dende mediados de Outubro están en vigor no Carballiño, a decisión anunciouse tras a reunión que celebrou este venres.
Nunha comparecencia posterior. o Conselleiro de Sanidade Julio García Comesaña, preguntado sobre sobre a posibilidade de levantar as restriciós no Carballiño (mobilidade reducida ao propio municipio e actividades non esencias suspendidas) dixo que cando se adoptaron as medidas era co propósito "dun intento de reseteo do sistema sanitario" e que "sempre se falou dun marco de referencia de catro semanas", e engadíu que "non é o momento de levantar restriciós".
Non obstante, a Directora Xeral de Saúde Pública, Carmen Durán admitíu que "en O Carballiño á tendencia é moi descendente, porque a semana pasada a incidencia a sete dias era de 113 e hoxe é de 64, e a 14 días era de 357 e agora está en 180". De feito, esta melloría tamén se reflicte no Semáforo Covid do Sergas, que esta semana rebaixou o nivel de alerta no Carballiño a amarelo, nivel 1, no indicador a 7 dias, o que siñifica que durante a última semana detectáronse entre 7 e 14 novos contaxios confirmados con PCR.
No datos diarios relativos a novos contaxios, no informe deste venres dia 13 de Novembro a comarca carballiñesa rexistra un descenso de 12 casos activos, O Carballiño (-4) Cea (-4) Boborás (-3) Maside (-1) Mentres que non hai variacións no resto dos concellos, que rexistran hoxe os mesmos casos que onte.

A xerente de “Suelo Empresarial del Atlántico”, Beatriz Sestayo, desprazouse este xoves ao Concello de Maside para manter unha reunión co alcalde da localidade, José Manuel Iglesias e o rexedor do Carballiño, Francisco Fumega, co obxectivo de poder coñecer o proxecto de desenvolvemento do polígono industrial supramunicipal que estudan conxuntamente ámbolos dous municipios.
Nesta reunión, primeira toma de contacto, tamén participaron o asesor xurídico de “SEA”, Antonio Quintela, o director comercial José Rey e o arquitecto municipal de Maside.
A xerente de “SEA” Beatriz Sestayo explicou que se tratou dunha “primeira xuntanza enormemente produtiva”, na que se constatou a existencia dun interese xeral en impulsar un proxecto “por riba dos intereses exclusivamente locais” e nun “enclave estratéxico”. Beatriz Sestayo destacou ademáis a importancia de estudar a presencia de “SEA”, dependente nun 84% do Ministerio de Transportes, nunha provincia, a de Ourense, na que aínda non ten desenvolvido chan industrial.
“Qué mellor que nun enclave estratéxico e nunha zona na que aínda SEA non ten entrado, e qué mellor que estudalo cun proxecto supramunicipal e con demanda empresarial, que sen dúbida facilitará a dinamización socio económica desta zona”, resaltou. Asi,comprometeuse a que “SEA” analizará o proxecto que impulsan desde Maside e O Carballiño para valorar a súa viabilidade e a posible implicación da entidade.
Pola súa banda, o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, puxo en valor que hoxe “se deu un paso importante dende o punto de vista da tramitación administrativa” nun “proxecto esencial non só para O Carballiño e Maside senón tamén para vertebrar unha comarca e tentar o equilibrio territorial da Galicia interior, nunha aposta que marca camiños para o futuro, unha aposta de colaboración entre dous concellos, unha aposta de colaboración entre distintas administracións e, en síntese, unha aposta de colaboración polo futuro da Galicia interior”.
O alcalde do Carballiño puxo en valor a boa situación da zona dende o punto de vista das infraestruturas e as boas posibilidades que, a expensas dos informes pertinentes, apuntan cara a “condicións económicas interesantes e asequibles”.
Tamén José Manuel Iglesias destacou que se trata dunha primeira reunión para tentar tirar “para adiante co parque empresarial e o solo industrial que necesita Maside”. “Estamos traballando xuntos en boa dirección para conseguir o ansiado parque supraminicipal para os concellos de Carballiño e Maside”, remarcou.
Dende “SEA” valorarase esta actuación, do mesmo xeito que se está a facer coas demáis que se están a prantexar á entidade, e ante as posibilidades de que exista unha demanda real empresarial, co obxectivo final de contribuir ao “desenvolvemento socio económico de Galicia”, conclui Sestayo.
SUELO EMPRESARIAL DEL ATLÁNTICO
Beatriz Sestayo lembrou que “Suelo Empresarial del Atlántico” xestiona na actualidade 13 parques empresariais en Galicia, que suman máis de 4 millóns de metros cadrados, situados nas provincia de Lugo --Monforte de Lemos, Mondoñedo, Chantada e Rábade—, da Coruña –Malpica, Vimianzo, Cee, A Laracha, A Pobra do Caramiñal, Muros e Rianxo—e de Pontevedra –Vilanova de Arousa e Catoira- e nos que se asentan máis dun centenar de empresas.
“Suelo Empresarial del Atlántico”, S.L., S. M.E., é unha sociedade que está participada nun 83,44% polo Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana, a través de Sepes; nun 14,26% pola Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo; nun 1,65% por ABANCA e un 0,65% pola Xunta, e creada co obxectivo de desenvolver e comercializar parques empresariais en Galicia.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de adxudicar as obras de reparación da cuberta das dársenas da estacións de autobuses do Carballiño.
O contrato foi adxudicado á empresa Construcciones y Reformas Tono Cruz 2016 SL, por un investimento de preto de 11.000 euros. As obras contan cun prazo de execución de 1 mes. A intervención que se levará a cabo na estación de autobuses de Carballiño ten por obxecto a substitución da zona central da cuberta de policarbonato das dársenas. Os traballos inclúen tamén actuacións na zona do encontro da cuberta co edificio da estación, para evitar que se produzan filtracións de auga.
Esta actuación responde ao compromiso da conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, na recente xuntanza mantida co alcalde do Carballiño, Francisco José Fumega. Na reunión, a conselleira avanzou a realización destas obras como paso previo á cesión do edificio da actual estación de buses ao Concello. Ademais, propúxolle ao Concello trasladar os servizos de autobuses ao carón da estación de ferrocarril coa fin de facilitar a intermodalidade.
Este proposta da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade permitirá facilitar un intercambio áxil e seguro entre os distintos modos de transporte público, facendo posible atender a demanda do Concello de destinar a actual estación de autobuses a usos sociais.

Con motivo do vindeiro 25 de Novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia de Xénero, dende o Concello de Piñor presentamos o proxecto PIÑOR+IGUALDADE, financiado pola Secretaría Xeral da Igualdade e o Ministerio da Presidencia, relacións coas cortes e igualdade. Consiste no CERTAME DE CONTOS INFANTIL "A IGUALDADE NON É NINGÚN CONTO", no que poderán participar nenos e nenas do Concello de Piñor de entre 9 a 17 anos.
Para elo, deberase presentar unha obra en formato dixital ou en papel, cumprindo cos requisitos establecidos nas bases que rexen o concurso:
-BASES- Poderán concurrir ó Concurso de Contos, todol@s nen@s e xóvenes empadroad@s no Concello de Piñor, con obras orixinais e inéditas que non fosen premiadas, nin publicadas con anterioridade. O/A Autor/a responderá da autoría da mesma, así como de non ser copia nin modificación de obra allea. Categorías: INFANTIL : de 9 a 13 anos. XUVENIL: de 14 a 17 anos. Poderán presentar unha obra por participante, preferentemente en galego, podendo ir acompañada de ilustracións. A temática do conto debe contemplar algunha das seguintes: As desigualdades existentes entre mulleres e homes nos distintos ámbitos: social, laboral, familiar, etc) Aportacións de mulleres relevantes da historia galega, en sectores como a ciencia, a literatura, pintura, a economía… Corresponsabilidade e reparto de tarefas como principios que fomentan a autonomía persoal, a igualdade.... A linguaxe no sexista. A tolerancia cero á Violencia de Xénero. O emprego da imaxe feminina nos medios de comunicación e nas campañas publicitarias A relación de respecto e igualdade entre nenas e menos A participación activa da muller na vida política, social, cultural e económica, cos mesmos dereitos que os homes.
Os contos presentaranse en formato folio a4, a dobre cara, ben en formato dixital ou a man. Deberá ter un título na portada e un pequeno resumo na contraportada. Pode levar ilustracións en branco e negro e/ou a toda cor. O conto terá unha extensión máxima de 12 páxinas e mínima de 5. O prazo de presentación será ata o 23 de novembro de 2020, inclusive. Para presentación en formato dixital no mail: info@serviturcea.es En formato papel; na casa do Concello nun sobre pechado, e no interior os datos do/da participante: nome e apelidos, idade, dirección postal el teléfono. O/A autor/a, cederá os dereitos da publicación ó Concello de Piñor, se resulta premiado/a.
XURADO: Estará composto por un representante Político do Concello, un representante de Servizos Sociais, e unha Técnica responsable da implementación da acción; elixirase un deles de cada modalidade, tendo en conta: Orixinalidade, capacidade da historia para sensibilizar sobre os principios da igualdade, calidade das ilustracións, plantexamento da temática dentro do conto, dominio da linguaxe e corrección ortográfica. Agasallos: Os dous contos que obteñan maior puntuación de cada modalidade, obterán como agasallo unha Tablet de última xeración con teclado e rato, que permita a teleformación no rural; ambas obras serán publicadas e impresas cunha tirada, que se fará chegar a cada familia con menores do Concello, e tamén en formato electrónico na web municipal para a súa difusión, (incluirá un apartado de pautas xerais de coeducación para as familias, e outro de estereotipos de xénero desmitificados). Así mesmo, farase un evento virtual cunha presentación das obras gañadoras, no que @s autores por medio dun directo contarán como idearon o conto, o porqué da temática elexida así como as ilustracións aportadas, e a mensaxe que queren transmitir co mesmo. Abrirase tamén entre tódolos participantes un debate e rolda de preguntas. O acto remátará co lectura dos Contos.
Tendo en conta a situación de alerta sanitaria por mor do COVID19, o traballo e o compromiso na loita contra a violencia de xénero debe continuar, aínda que mudando na metodoloxía das actuacións, adaptándonos con elo ás medidas para frear a pandemia que estamos a padecer. PIÑOR+IGUALDADE 2020 é un proxecto co cal o Concello de Piñor pretende chegar á infancia e familias do municipio, sen para elo forzar o contacto social presencial, levándolle nós a mensaxe a cada casa, a cada fogar.

Boborás (10) aumenta un caso en relación a onte e Piñor (5) baixa un, son as únicas variacións que se rexistran no datos dos contaxios activos na comarca carballiñesa, según o informe do Sergas correspondente a este xoves dia 12 de Novembro.
Mantéñense, polo tanto, igual que onte o resto dos concellos, cos seguintes casos activos: O Carballiño (41) Cea (7) O Irixo (3) Beariz (3) Maside (2) Punxín (2) San Amaro (1)
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 308
- 309
- 310
- 311
- 312
- 313
- 314
- 315
- 316
- …
- seguinte ›
- última »