3, Novembro 2020

A Xunta inicia as obras de mellora de firme na estrada OU-212, no concello de Avión, cun investimento de 190.000 euros. Este proxecto contará cun prazo de execución estimado de cinco días, supeditado ás condicións meteorolóxicas.

A actuación consistirá na rehabilitación da capa de rodadura en dous treitos, un entre os puntos quilométricos 23+180 e 23+380 e outro entre os puntos 24+900 e 27+150. O obxectivo da intervención é mellorar as características superficiais do firme en dous treitos de curvas con pendente elevada mediante a extensión dunha capa de rodadura de 5 cm de espesor. Os traballos completaranse co pintado de marcas viarias e a adecuación da sinalización vertical.

3, Novembro 2020

Os contaxios activos nos centros educativos da comarca do Carballiño continúan a tendencia á baixa, despóis de rexistrarse ata 37 positivos en Covid-19 o pasado dia 23 de Outubro, os datos da última actualización da Consellería de Eduación correspondentes a este martes dia 3 de Novembro reducen a cifra ata o 14 casos.

Sae da lista de centros afectados o Punto de Atención á Infancia -PAI- do concello de Boborás. Na relación de centros e casos que se contabilizan en cada un deles é a seguinte: Sagrado Corazón (4) Calvo Sotelo (3) Vila do Arenteiro (2) IES nº 1 (2) IES Chamoso Lamas (2) e Colexio de Cea (1)

3, Novembro 2020

Continúa a desescalada do coronavirus no concello do Carballiño, onde o descenso está a punto de alcanzar o 50% do pico da pandemia durante o mes de Outubro, son 96 os contaxios activos no municipio carballiñés tras a actualización de datos deste martes dia 3 de Novembro, 13 menos ca onte. 

Nos concellos da comarca, a única variación hoxe está no concello de Piñor, que continúa á alza e acumula un caso máis ca onte, sumando 7. E sen cámbeos no resto dos municipios, que manteñen os mesmos contaxios activos ca onte: Boborás (18) Cea (15) Beariz (3) Maside (3) Punxín (3) San Amaro (2) e O Irixo (2).

3, Novembro 2020

O deputado provincial do BNG Bernardo Varela e a concelleira carballiñesa desta mesma formación política, Sofia García, mostraron a súa disconformide coa tramitación deste proxecto mineiro, polas "irregularidades manifestas que se veñen detectando na tramitación, como a omisión do procedemento de avaliación de impacto ambiental". Un trámite que os promotores do proxecto evitarían porque "o proxecto está fragmentado de maneira fraudulenta, tal como no seu dia xa denunciou o Sindicato Labrego Galego".

A empresa promotora da explotación mineira pretende poñer en marcha un proxecto que podería albergar unha das maiores reservas de coltán e litio de toda Europa. Trátase de minerais considerados claves para a industria tecnolóxia e do sector do autómobil eléctrico. 

A zona na que se ubica abrangue a varias parroquias do concellos de Avión, Beariz, Forcarei, Cerdedo-Cotobade e A Lama, e a superficie afectada podería rebasar as 1.600 hectáreas. Nas alegacións presentadas por diversas asociacións, ás que fixeron referencia dende o BNG, ademáis de non contar coa avaliación de impacto ambiental ordinaria, apuntan que o proxecto pon en perigo a vida da poboación local e a riqueza forestal, gandeira e natural da zona afectada, entre as serras do Candán e O Suido.

O BNG anuncia que presentará mocións sobre este asunto nos concellos directamente afectados e nos do Carballiño e Ribadavia, na súa condición de cabeceira de comarca, nas que se pide o apoio institucional para esixir os informes precepticos para garantir o cumprimento da lexislación sectorial, e mesmo "a apertura dun proceso de diálogo cos colectivos que se opoñen á explotación mineira, en base aos riscos ambientais e para a saúde derivados deste tipo de actividade extractivas".

3, Novembro 2020

O desprezo do peor alcalde da historira do Carballiño sobre o que é un Pleno métese coa razón e a intelixencia de calquera. Choca frontalmente coa presenza material dos seus maricahis repartindo mascarillas a xeito de tiranos bolivarianos comprometendo a saúde dos veciños e saltándose todas as restriccións do primeiro estado de alarma.

Resulta que este home que comparece radiofónicamente día si e día tamén, xustifica os plenos telemáticos coa teoría de que a oposición quere montar un Circo. Resulta que este home pode montar circos radiofónicos día si e día taménpromovendo a súa propaganda fraudulenta, pero toda a oposición quere montar circos.

Este home non está moi centrado.

Todavía non chegou nin un euro de axudas. Os orzamentos xerais do Estado penalizan a Galicia cun recorte dun 11% no borrador elaborado polos socialcomunistas, na crise máis grave do século, repercutindo na sanidade pública de Galicia por extensión. Orzamentos que ademáis de penalizar a Galicia, tamén penalizan a Sanidade Pública que ve recortadas as súas inversións ao mesmo tempo que se agasalla o ministerio podemita de igualdade con 456 millóns de euros (máis da mitade de todo o orzamento para Galicia).

E este home, quere o monopolio bolivariano, quere ser o único que fale, e a oposición é un Circo.

2, Novembro 2020
2, Novembro 2020

A Consellería de Politica social notifica un total de 7 positivos en Covid-19 na Residencia de Maiores Irmáns Prieto-Asilo do Carballiño, catro persoas son usuarios e as outras tres que forman parte do cadro de persoal do centro, o xeriátrico con máis capacidade da comarca carballiñesa, con 110 prazas ocupadas na súa totalidade.

Doutra parte, manténse estable o brote declarado dias atrás na Residencia A Saleta de San Cristovo de Cea, que afecta a 9 persoas, delas sete usuarias do centro e dúas traballadoras do centro.

2, Novembro 2020

Os contaxios activos diarios de coronavirus continúan á baixa na comarca, ningún concello aumenta o número de persoas afectadas e cinco deles consiguen un novo descenso. No Carballiño con 8 casos menos ca onte, e actualiza a súa cifra de enfermos en 109. Tamén baixan Boborás (-1) e quédase con 18, Cea (-1) e 15 activos, Beariz (-2) rexistra hoxe 3, e O Irixo (-1) e tan so dúas persoas quedan enfermas neste municipio, que igual que O Carballiño e Boborás continúa coas restricións máis duras de toda Galicia.

E no resto dos concellos mantéñense os mesmos casos activos ca onte domingo, PIñor (6) Maside (3) Punxín (3) e San Amaro (2)

2, Novembro 2020

A planta do Carballiño do Grupo Dizmar rematou en 25 días a montaxe da estrutura metálica do hospital de pandemias de Madrid, que constriu tras o encargo realizado pola Comunidade de Madrid.
O centro sigue o modelo de Ifema e conta con tres pavillóns de 7.400 metros cadrados cada un. Está ubicado na Cidade da Xustiza, xunto a Ifema e o Aeroporto de Madrid-Baraxas Adolfo Suárez. A superficie total do hospital acada casi os 40.000 metros cadrados organizados en tres pavillóns de 7.400 metros cadrados cada un, un centro loxístico/almacén central do Servizo Madrileño de Saúde (Sermas), de 7.900 metros cadrados; unha avenida peonil, un área administrativa polivalente, unha central de instalación, un memorial para as vítimas do Covid-19 e un monumento dedicado aos profesionais sanitarios.

2, Novembro 2020

O concello do Carballiño anuncia que someterá a aprobación do pleno un expediente de modificación de crédito "xustificado no carácter específico e determinado do gasto para realizar e a imposibilidade de demoralo a exercicios posteriores",e enumera os motivos desta proposta:
A situación de alarma sanitaria que xerou a pandemia do Covid19 motivou que o Congreso suspendese as tres regras fiscais para o exercicio 2020 e 2021 para facer frente á crise sanitaria, económica e social que deriva daquela.
Para facer fronte a dita crise considérase necesario dispor de parte do Remanente de Tesurería en 2020 e de partidas que non están comprometidas e que se considera que non se van a usar para destinalo a outras finalidades que se consideran máis prioritarias.
•Concretamente prevese un incremento das axudas directas a organismos como Cruz Vermella (20.000 euros) ou Cáritas (20.000 euros) para que atendan necesidades derivadas desta situación.
•Establécese unha nova liña de axudas dirixidas ao fomento do comercio (300.000 euros).
•Prevese incrementar a axuda directa ao Centro Comercial Aberto ampliando as axudas para o Bono Comercio (160.000 euro) se aquel resulta un éxito na súa primeira edición.
•Amplíanse as partidas de gastos sanitarios que vai ter o concello motivado polas necesidades de limpeza, desinfección e diverso material: mascarillas, etc… (50.000 euros).
•Por último, aproveitase a necesidades de facer unha serie de melloras e reformas en edificios e instalacións para incrementar as partidas en obras e dar carga de traballo ao sector da construcción como medida de apoio ao mesmo. (300.000 euros)
No capítulo de investimentos en equipamentos de instalacións municipais, destínase unha partida de 150.000 euros para diversas melloras no camping e no Parque Etnográfico; 100.000 euros para diversas reformas e melloras en instalacións deportivas, e, finalmente, 50.000 euros para reformas e melloras en edificios culturais.
Nesta partida de gastos, en termos globais, os créditos totais ascenden a 1.198.000 euros, dos cales 600.000 euros son créditos extraordinarios, 190.000 euros son suplementos de crédito e 408.000 euros son créditos iniciais.
Xa que estes 408.000 euros contan con partida orzamentaria, é polo que a modificación de crédito refiriese aos 799.000 euros restantes, para completar o 1.198.000 euros do gasto total.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS