22, Outubro 2020

Xa estamos demasiado casos do abandono do barrio,este e un dos últimos buratos que se abrió na Rúa loureiro leva medio mes ahí facendonos compañía (xa è conviviente) ..o anterior chegou a ter mais de medio metro antes de que o arrancarán.A rúa funde e ten una desniveis propicios para practicar escalada,vamos invitar os do concello a pasar por esta rúa cos seus coches ,xa veredes qué emocionante resulta.....

22, Outubro 2020

   El primer fin de semana la policia controlaba las terrazas de los bares, en el segundo ni estaba ni se le esperaba, asi se vio grupo de 4 o 5 que no vivian ni en la misma calle tomando algo. El del bar no iba con el, con tal de cobrar 2€ mas ya esta, ahora ni 2€ ni 1€, ahora cerrados por listos, asi que de quejarse nada, ni los baristas ni los clientes que no saben comportarse.

   Dar la razón al que defendia NUESTROS parques infantiles, algo que le llevo a nuestro flamante alcalde construir mas de un año y lo tuvo abierto un mes, para no volver a abrir. Los culpables de los brotes son los niños de hasta 10 años por lo que veo, los unicos que cumplen totalmente las normas, ya se ven los contagios en colegios, pero el inutil del alcalde que tenemos no da para mas.

   El que pide SOS a los alcaldes que se lo haga mirar y rapido, sobre todo si pide por el de Carballiño que es incapaz, como dice otra denuncia de ayudar a sus negocios, otro que cuando cierren a ver de donde cobra impuestos, como para ayudar al pueblo.

 

   Lo de los controles es tambien de traca, salgo todos los dias a trabajar y vuelvo y aun no he visto ningun control, no se si es porque llueve, o porque hace sol o porque los pillo en el cafe de y media. Podria entrar y salir el ejercito de USA y maldito si cuenta se daban. Otra responsabilidad de nuestro inutil de alcalde, claro que la oposicion no es que sea mucho mejor, sera que no va con ellos.

   En fin, durante 14 dias a estar en casita, que es lo que dentro de nada nos van a obligar a hacer y si no tiempo al tiempo. Gracias de todas formas a que los contagios al no haber bares ya bajaran rapidamente.

22, Outubro 2020

Escribo esta mensaxe porque estou realmente sorprendida coa actitude que se está tomando coa orde de pecho dos bares. É evidente que a culpa non é dos establecementos hosteleiros, pero si da xente que non garda as distancias e enche as terrazas de forma totalmente indiferente á pandemia, como se o conto non fora con eles. Desgraciadamente a única forma de parar estes comportamentos é pechando a hostelería, porque evidentemente os hosteleiros non son policías, non poden estar marcando as distancias entre os clientes, os abrazos, os bicos, os choques de mans entre non convivintes. Non, a culpa non é da hostelería, pero solo pechando é a única forma de deter os comportamentos incívicos dos carballineses, que están deixando bastante que desexar.
Ainda non moito, estimado Xan, leías a queixa dunha nai ou un pai, lamentándose porque os pobres adolescentes non ían poder relacionarse, socializar. Ese é o outro dos problemas que ten a sociedade española nestos momentos. Estase tratando ós adolescentes como intocables incapaces de renunciar a absolutamente nada, e os “papás e mamás”, compórtanse como os maiores fans da súa estupideces varias. De aqueles lodos, estes polvos.
Non responsabilicedes aos políticos, que teñen a culpa doutras cousas, pero de que a cidadanía monte festas jolgorio cando están prohibidas, non.
Reclamade á falta de educación que se lle diu a esa xente nova, carente de empatía, incapaz de renunciar ó que cree o seu dereito por encima das leis que marca o país polo ben común. Ese ben común que se foi ó garete pola súa actitude.
Agora choraremos todos porque hay que pechar os bares, a economía vai pro carallo, porque a xente enferma ou incluso morre, pero solo se fala do castigo á hostelería e o pobo, cando todo esto, sabendo como sabíamos a dureza da pandemia, era evitable, ou polo menos minimizable. Pero para que reflexionar e tomar medidas? Imos darnos cabezazos e queixarnos de que castigan ó Carballiño, cando o Carballiño estase castigando a si mesmo, e ese castigo ven de lonxe, e parte da falta de educación da súa cidadanía.
E despois de facer amigos, despídome desexando que esto pase canto antes e podamos reiniciar unha vida o máis normal posible, ainda que sexa coas restriccións necesarias ata que se consiga a vacuna, porque esto, non é unha carreira de 100 metros, esto é un maratón, e canto antes nos concienciemos, antes poderemos chegar á meta.

22, Outubro 2020

O concello do Irixo, que repite o mesmo dato de onte, 7 contaxios activos, deixa de ser o terceiro concello da comarca, que agora pasa a ser San Cristovo de Cea, que tras contabilizar un caso máis xa alcanza as 9 personas con infección activa, según os últimos datos notificados polo Sergas.

O Carballiño e Boborás volven incrementar hoxe o número de casos, no Carballiño 5 máis ca onte e sitúase en 185, mentres no concello de Boborás hai 2 casos máis ca onte, e chega aos 31. Punxín, que tiña un único caso, pasa a ter 2 na actualización de hoxe xoves.

O único concello da comarca no que descende hoxe o número de contaxios activos é Beariz, que pasa de 7 a 6. E non se rexistran cámbeos en O Irixo, que continúa con 7 casos, Maside (4) Piñór (1) e San Amaro (1)

22, Outubro 2020

A Xunta de Galicia, a través de Turismo de Galicia, da Vicepresidencia primeira, ven de informar favorablemente a concesión da categoría de interese turístico internacional para a Festa do Polbo do Carballiño, segundo a orde ITC/85/2019, do 25 de xullo, pola que se regula a declaración de festas de interese turístico nacional e internacional.

Así, e de acordo con esta normativa, o departamento do Goberno galego remitiulle hoxe á Secretaria de Estado de Turismo, do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo o expediente administrativo co informe favorable da Xunta para a declaración desta festa co distintivo de interese internacional, xa que de acordo coa documentación presentada pola entidade promotora, neste caso o Concello do Carballiño, cúmprense os requisitos preceptivos para a concesión.

Segundo a antedita disposición administrativa do Goberno Central, para que unha festa poida optar á declaración de interese turístico internacional, debe contar previamente coa declaración de festa de interese autonómico e logo nacional, categoría esta última da que goza desde o ano 2012.

Arraigo e tradición
Na súa avaliación, Turismo de Galicia tivo en conta, entre outros factores o arraigo na sociedade e a tradición da Festa do Polbo, así como a capacidade organizativa e a posibilidades en materia de aloxamento para os visitantes. Ademais, a Xunta valorou o apartado de promoción e difusión da festa no ámbito dos medios de comunicación internacionais e a promoción a través dos propios medios dixitais, tales como as contas en redes sociais e a páxina web.

Na actualidade, a Festa do polbo do Carballiño é unha das celebracións que máis visitantes congrega no verán e das que máis sona ten no ámbito gastronómico. A orixe desta festa remóntase á antiga tradición gastronómica relacionada co polbo na comarca do Carballiño que se puxo en valor coa iniciativa dun grupo de veciños nunha romaría que comezou a celebrarse tradicionalmente no Parque municipal da vila ourensá.

Esta exaltación do polbo no Carballiño vense producindo cada segundo domingo de agosto desde a década dos anos 60 do século pasado, coa participación de milleiros de persoas que comparten degustacións e xantares populares.

22, Outubro 2020

Hai que ter coidadiño coa mensaxe que se envía á cidadanía porque non está o forno pra bolas. Se a o concellerio lle trasdada un chisme un alcalde ou alcaldesa,porque os concellos non falan, falan os representantes, debe ser máis serio sobre este asunto. O alcalde ou alcaldesa dese concello ten información sobre a saúde dos veciños? Tena a policía autonómica pero non o resto das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado? Este asunto amosa moitas lagunas.

Seriedade conselleiro e a traballar pra atallar esto sen chismes, e traer axudas de outras consellerías que falta fan.

22, Outubro 2020

O grupo municipal do BNG do Carballiño defenderá no vindeiro pleno municipal unha moción para activar de inmediato as consultas presenciais en Atención Primaria para dar resposta ás demandas derivadas da covid-19 e do resto das patoloxías e para rematar coas listas de espera neste nivel asistencial, co persoal e as medidas necesarias para a prevención de contaxios, para garantirlle unha atención sanitaria digna á poboación.

A decisión que tomou o Sergas ante a situación de pandemia foi que a atención sanitaria se centrara preferentemente na consulta telefónica, isto está ocasionando moitas dificultadas tanto os e as profesionais para poder prestar a asistencia sanitaria como no acceso da poboación á mesma.
As consecuencias son desastrosas, escasísimos profesionais, que están ao límite, cun esgotamento físico e mental insoportábel, listas de espera de semanas, incluso para unha consulta telefónica, doentes crónicos descompensados (persoas hipertensas, diabéticas, con cardiopatías, problemas renais, controis de saúde de pediatría con moitas demoras) persoas facendo cola á intemperie para acceder ao noso centro de saúde.

A voceira do BNG no Carballiño, Sofía García, ademáis de demandar a reactivación das consultas médicas, demandará instar á Xunta de Galiza aumentar nos centros de saúde co número de profesionais que sexa preciso para permitir aumentar o tempo e a calidade da atención asistencial así como incorporar as categorías profesionais imprescindíbeis para formar equipos multidisciplinares e prestar unha atención integral. Aumentar os orzamentos destinados a Atención Primaria até chegar ao 25%. E publicar de inmediato a situación das listas de espera hospitalarias e poñer en marcha un plan de choque para reducilas.

Para a o BNG a resposta á situación de pandemia non pode estar baseada en incrementar as restricións de acceso á asistencia ao sistema público, porque supón un claro risco para a saúde da poboación. “Esta situación pode levarnos a un problema de saúde colectiva, de cronificación de patoloxías, de atención tardía...”

A voceira nacionalista conclúe que “é preciso desconfinar a sanidade pública e reactivar a atención presencial con máis persoal, máis información e máis accesibilidade. É preciso dar resposta ás demandas de atención pola COVID 19, mais tamén ao resto das patoloxías.”

22, Outubro 2020

O Partido Popular fai un relato cronolóxico e recorda que "dende principios de outubro do presente ano, ante o avance de casos de COVID-19 no Concello do Carballiño, o noso municipio está a padecer unhas restricións en sectores prioritarios da nosa sociedade que están sendo asumidos estritamente por tódolos negocios afectados e pola poboación en xeral".

Afirman que "a día de hoxe vemos como aos Concellos do Carballiño xunto cos Concellos de Boborás e O Irixo, se lles decreta maiores restricións, podendo dicirse que son en conxunto os tres Concellos con maiores medidas restritivas para facer fronte ao COVID-19 do conxunto de toda España.
Somos e temos que ser respectuosos e cumpridores nas medidas que se indican como necesarias para frear o avance de contaxios no noso pobo e de feito estámolo sendo, pois somos sabedores que se toman por un comité composto `por profesionais que detectan puntos críticos e poñen medidas en función de parámetros concretos".

Os populares manifestan "que como Concello esteamos pendentes da situación económico-social que este xera no noso pobo principalmente aos sectores máis afectados como pode ser a hostalaría, restauración, hoteis e comercio e non debemos deixar de ser reivindicativos para trasladar a nosa preocupación e que esta se transforme en medidas concretas de apoio económico para que as restricións que se plantexan urxentes e prioritarias non sexan xeradoras de situacións económicas irreversibles en moitos negocios".

Finalmente, e tras esta exposición de motivos, completan a súa moción que agardan tratar no próximo pleno que celebre a corporación municipal "baixo a premisa de cumprimento de normas impostas por emerxencia sanitaria debemos de solicitar medidas económicas que acompañen aos nosos sectores afectados", e propoñen os seguintes acordos:

PRIMEIRO: Que o Concello do Carballiño, solicite á Xunta de Galicia medidas de acompañamento económico en apoio aos sectores máis afectados polas derradeiras medidas de restricións motivadas pola Pandemia do COVID-19 no Carballiño.

SEGUNDO: Que o Concello do Carballiño envíe copia deste acordo aos Concellos do Irixo e Boborás

21, Outubro 2020

As declaracións do conselleiro de Sanidade Julio García Comesaña na súa comparecencia informativa deste mércores e recollidas por diversos medios de ámbito galego, que apuntaban a positivos en coronavirus tomando café nunha cafetería do Carballiño, provocaron unha avalancha de comentarios no wasap de COPE O Carballiño, a maioria deles expresando estupor ou indignación polo relato feito polo conselleiro.

Tanto o alcalde do Carballiño Franscisco Fumega como o xefe da Policia Local, Francisco Valeiras, manifestaron a súa sorpresa, asegurando que descoñecían este feito ou a existencia de algunha denuncia sobre os feitos comentandos publicamente polo conselleiro.

O titular de Sanidade de maneira literal dixo "concretamente onte, falando con algún dos concellos da comarca do Carballiño nos relataban casos positivos tomando café nunha cafetería onte mesmo", tras comentar que o importante das medidas restrictivas era o seu cumprimento e que lle constaba que os concellos estaban facendo o posible para que se cumpran.

En realidade, e según pudo saber COPE O Carballiño, o episodio relatado polo conselleiro non aconteceu no Carballiño, senón no cocnello de Boborás, protagonizado por un veciño do Carballiño que se desprazou ata un bar sito nunha localidade de Boborás. Foi denunciado ante a Policia Autonómica, que prodeceu a súa identificación.

21, Outubro 2020

O alcalde Fancisco Fumega calificou de "grave" a situación epidemiolóxica do Carballiño e neste contexto afirmou que comparte e apoia todas as medidas que se están adoptando por parte da Xunta de Galicia "as cifras continúan sendo moi preocupantes, e os contaxios están dándose nas familias e grupos de amigos, toca facer piña e coa unidade de todos sairémos desta", proclamou o alcalde nunha intervención en COPE O Carballiño.

Fumega engadíu que será preciso acompañar as medidas restrictivas con outras de carácter económico "por eso vou pedirlle a Xunta que teña en conta esto, son necesarias medidas de apoio porque non parece que a solución vaia ser rápida". O rexedor municipal tamén anunciou que por parte do concello "estamos traballando para sacar unha segunda liña de axudas, mañá abrimos o prazo para que os beneficiarios das primeiras axudas aporten a documentación e poidan cobrar, axilizarémos o máximo o pago, pero estas axudas deben complementarse coas que debe dar a Xunta", subliñou, e destinadas todas elas a axudar aos sectores máis castigados pola crise sanitaria, hostelería e comercio, pequenas empresas e autónomos do Carballiño.

O Partido Popular mostra preocupación

O grupo municipal do PP no concello carballiñés mostrou esta mañá a súa preocupación "ante o retraso das axudas a autónomos e pequenas empresas comprometidas para este ano", aseguran que deberían estar aprobadas antes do 15 de Novembro "e a dia de hoxe ajínda non se abr´jiu o prazo para presentar a documentación". Ademáis, os populares instan ao grupo de goberno socialista a que "recapacite e dea marcha atrás na suba de taxas e impostos aprobada co voto en contra da oposición no último pleno"

 

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS