19, Outubro 2020

Axentes da Policía Autonómica levaron a cabo durante esta fin de semana 36 dispositivos na provincia de Ourense no marco do plan de actuacións específicas destinadas á prevención, inspección e control do cumprimento das medidas adoptadas polas autoridades competentes pola covid-19. Ao abeiro destes controis, os axentes realizaron 63 inspeccións en 4 concellos da provincia na pasada fin de semana, nos que se identificaron a 476 persoas e se tramitaron 8 denuncias.

En base a este Plan, a Policía Autonómica destinou efectivos entre o 16 ao 18 de outubro a controlar que se están a cumprir as medidas vixentes para frear a expansión do virus. Leváronse a cabo 36 dispositivos nos municipios de Ourense, Boborás, O Carballiño e Verín. Estes dispositivos enmarcase no seo da colaboración entre as forzas e corpos de seguridade do Estado, cada unha no marco das súas competencias, tamén realizaron operativos a Garda Civil, sobre todos no concello de Boborás, e a Policia Local do Carballiño, neste municipio.

Durante os operativos, os axentes controlaron que nos establecementos abertos ao público, terrazas e espectáculos públicos se estaban a cumprir as medidas aprobadas polas autoridades sanitarias para facer fronte á covid-19, como o uso obrigatorio de máscara, o cumprimento da distancia de seguridade, así como o aforo e o horario de peche dos locais e a prevención do botellón.

19, Outubro 2020

A comarca do Carballiño ten hoxe lúns un contaxio activo menos ca onte domingo, quedandose a cifra actualizada de enfermos de coronaviurus nun total de 233 persoas.

A mellor noticia témola no Carballiño, que rebaixa tres contaxios activos, pasando dos 178 de onte aos 175 que notifica hoxe Sanidade. Tamén desconta 2 casos activos o concello de Piñor, que se queda cun único enfermo

Increméntase os casos en Beariz, sube 2 e rexistra 8, e suben un caso activo en relación a onte os concellos de Boborás (1+) e suma xa 27, e O Irixo (+1) e chega aos 11. Mantéñense sen alteracions Maside (3) Punxín (1) San Amaro (1) e San Cristovo de Cea (6)

19, Outubro 2020

As labores de desinfección que leva a cabo o concello de Boborás terán continuidade nos próximos dias como medida de prevención ante o coronavirus, que durante a fin de semana aumentou en 6 os contaxios activos no municipio.

Os traballos fanse nos espazos e accesos tanto aos edificios públicos como do ámbito privado naqueles lugares de máis concurrencia de público, como son establecementos de hostelería, alimentación e outros.

 

18, Outubro 2020

A comarca do Carballiño rexistra hoxe domingo 9 contaxios activos de coronavirus máis que onte sábado, según os datos notificados por Sanidade, polo que o número de persoas enfermas sobe ás 234.

Este incremento débese aos 6 casos máis ca onte que se rexistran no concello de Boborás, que alcanza hoxe domingo 26 persoas con infección activa. Tamén suben os enfermos no Irixo (+2) e chega aos 10, San Cristovo de Cea (+2) e sube aos 6,  e O Carballiño (+1) e chega aos 178.  Maside rebaixa un contaxio e quédase con 3 activos, e tamén baixa Beariz, un menos ca onte e rexistra 6. Sen cámbeos en Piñor (3) Punxín (1) e San Amaro (1)

17, Outubro 2020

Todos os centros educativos do Carballiño teñen contaxios activos de Covid-19 entre o seu alumnado, en todos eles xa se activou o protocolo que se pon en marcha cando se detecta un positivo en coronavirus na comunidade educativa.

Según os datos da Xunta publicados este sábado, e actualizados ao dia venres 16 de Outubro, o IES nº 1 é o que ten un maior número de contaxios activos, nove en total, seguido do PCR Sagrado Corazón, con sete positivos en Covid-19. Tamén rexistran casos activos o IES Chamoso Lamas,  Colexio Calvo Sotelo, Colexio Vila do Arenteiro, Escola Infantil do Carballiño e Escola Infantil Trastes,

 

17, Outubro 2020

Diante do esperpento e da demostración da incapacidade das diferentes administracións públicas e sanitarias para frenar esta desgracia que se nos veu enriba pídolles aos alcaldes encarecidamente que collan o touro polos cornos e lle boten valor e que sexan eles quen xestionen o asunto, os alcaldes son cercanos, foron escollidos polos seus vecinos e saben onde estàn os problemas en cada lugar, que actúen e deixen o partidismo para outros, que non se deixen arrarstar por esas sinerxias. Ànimo e valor alcaldes non sexades cobardes.

 

17, Outubro 2020

O Carballiño chega hoxe sábado aos 177 pacientes con infección activa, tras incrementarse en catro os casos nas últimas 24 horas. Nos demáis concellos da comarca as úncias variacións con relación a onte danse en Beariz (+1) e chega aos 7 e Maside (-) e quédase con 4 contaxios activos.

Non se producen alteracións no resto dos concellos, onde a situación parece estabilizarse nos últimos dias. Boborás (20) O Irixo (8) Piñor (3) San Cristovo de Cea (4) Punxín (1) e San Amaro (1)

As persoas enfermas de Covid-19 na comarca ascenden este sábado dia 17 de Outubro a 225.

16, Outubro 2020

O concello de Boborás comunica que o Punto de Atención á Infancia -PAI-  permanecerá en cuarentena ata o próximo dia 26 de Outubro, e tras confirmarse que un dos cativos deu positivo en coronavirus, o que motivou a activación do protocolo correspondente. 

Todas as familias usuarias do servizo foron informadas, e tanto eles como as dúas  traballadoras da gardeiría serán sometidas as probas PCR. 

 

16, Outubro 2020

Nueva "actuación-sorpresa"del alcalde de Punxin. En el área recreativa de Vilamoure había dos robles que daban buena sombra al lugar, hoy, nos hemos topado conque sólo queda uno,  el otro desapareció. Quedaron los restos inútiles arrojados en la finca del vecino junto con escombros de la hierba arrancada del suelo. Dejaron la basura y se llevaron la leña que, en buena fe, pertenece a los vecinos. Como ya hemos visto anteriormente que numerosos árboles cortados en los márgenes de las vías públicas, que daban sombra e impedían el crecimiento de maleza inflamable, aparecían posteriormente apilados en el corral del trabajador encargado de éstos menesteres, mucho nos tememos que pocos árboles van a quedar embelleciendo y protegiendo dichas vías. Si se puede conseguir leña gratis, en horas de trabajo y sirviéndose de herramienta y maquinaria municipal, están servidas las condiciones para el arboricidio generalizado.

https://m.facebook.com/story.php?story_fbid=4020482664645466&id=16974231...

16, Outubro 2020

Qualis artifex Pereo! Foron as últimas verbas de Nerón, que en galego palatino ven a significar: Que gran artista morre en min. E as pronunciara xusto antes de suicidarde cando fuxiu de Roma tras contemplala arder, e as pronunciara en referencia a súa afección a tañer a lira e actuar ante o público na traxedia e a pantomima.

Calquera semellanza con calquer persoeiro da nosa vila é mera coincidencia.

O tema é que por suposto, nin o Goberno ten a culpa da pandemia (si da fatídica xestión dela), nin a Xunta, nin o goberno local do Carballiño. Pero cada un ten que facerse responsable das súas competencias e actuar da maneira máis dilixente e coa maior urxencia.

Habida conta que o Concello do Carballiño non ten competencias en materia sanitaria, deberá por o seu grao de area e asumir as súas responsabilidades en materia das ordenanzas e actuacións que fagan cumplir a normativa tanto do Goberno como da Xunta, e facilitar as axudas que minimicen o impacto da pandemia.

Ata o de agora en ningunha das súas responsabilidades amosou a máis mínima sensibilidade, ou dilixencia, ou intención. E é moi grave porque moitos dos negocios do Carballiño están a desaparecer. En moitos casos pode que sexa inevitable e é moi probable que as axudas do Concello non eviten o peche. Pero en outros casos as axudas do Concello xunto con outras axudas, poderían garantir a supervivencia.

Este goberno fixo unha lectura errónea da urxencia e das necesidades reais e así o plasmou nunhas bases de axudas que están moi alonxadas das necesidades do tecido comercial carballiñés. Porque coma sempre os políticos están alonxados da realidade e dos veciños.

É momento de virar o rumbo, quizáis pra mañán sexa tarde. E agardo que esta crítica que pretende ser constructiva sen deixar de turrarlle as orellas aos políticos sirva para algo. Porque non toda a culpa é tampouco nosa, dos que eles chaman irresponsables... Somos tan irresponsables agora como cando lles votábamos.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS