11, Outubro 2020

O coronavirus sigue aumentando o número de contaxios activos na comarca carballiñesa, sobre todo, os datos continúan sendo moi preocupantes no Carballiño, que incrementa hoxe domingo en 8 casos as persoas diagnosticadas coa enfermidade, alcanzado a cifra record de 132 casos.

Ns concellos da comarca o incremento é máis lento, e rexistranse 4 casos máis ca onte, pasando de 34 que había onte a 38 contaxios activos hoxe domingo. As variacións danse no Irixo, que notifica 4 casos máis e sitúase en 8, Beariz (+1) e contabiliza 5, e Maside (-1) e quédase con 6. Permancen inalterables os contaxios activos en Boborás (12) San Crsitovo de Cea (3) San Amaro (2) Piñor (2) e Punxín (0).

11, Outubro 2020

Tras ler algunhos comentarios das denuncias anteriores, pareceme moi interesante a que fala do transporte escolar, é difícil de entender que nos centros educativos haxa unhos protocolos tan estrictos e logo os chavales vaian apelotonados nos autobuses e cada un sentàndose onde lle da a gana sen control algún. E aínda màis sorpresivo é que ninguén denunciase esta barbaridade.

 

 

10, Outubro 2020

Discrepo sobre iso de que non entendemos os datos. Decir que a maioría dos contaxios non se producen en entornos laborais é unha entelequia porque non existe ningunha evidencia científica que o avale. O Covid non distingue entre xente que está traballando ou xente que está disfrutando do ocio. Nin distingue horarios. Nin é fascista nin machista como pretende meternos con calzador a ministra comunista de igaldade (igual da oito que oitenta).

Tampouco existe evidencia que nos entornos laborais estense a cumplir estrictamente os protocolos porque tampouco é así.

Pero claro, cando estes políticos que teñen que tomar decisións e non saben por onde andan, as toman, e ven que os efectos das súas acuacións son pírricos, o máis sinxelo é botarlle as culpas á xente. Á responsabilidade da xente. Vou poñer un exemplo: O presunto experto Simón dixo no progama do seu blanqueador Calleja que dende enero traballaba 16 horas porque coñecían a gravidade do Covid. Seguridad Nacional alertou en máis de once ocasións ao Goberno sobre a gravidade do Covid, e aínda así, promocionaron o aquelarre do 8M. Xa pudemos ver algunha ministra con guantes daquela pero non advertían da gravidade. Pero claro, a culpa tamén foi da xente que de boa fe, e sen ter os datos das ministras asistiu e non tomou as medidas que elas tomaron. Nin gozaron das atencións das que elas gozaron cando algunha se contaxiou ( a Ruber é fenomenal) con desenlace tráxico pra moita xente que asistiu a ese aquelarre multitudinario.

Non me vou a extender demasiado. Non merco a falacia de que somos todos unhos irresponsables e os políticos unhos heroes porque están tomando decisións. É sinxelo colgarse medaias cando organizas unha festa, pero cando tomas decisións que é para o que está un político, estás suxeito á crítica (é o xogo político). Pero cando non fas absolutamente nada, como é o caso de Fumega, ou cando mintes, ocultas información e manipulas os datos como están a facer os ultras socialistas xunto cos comunistas, a crítica ten que ser feroz. Outra falacia que non merco é que ninguén podía prever a segunda onda (nin a primeira habida conta de que Seguridade Nacional advertía dela desde xaneiro).

E sobre nós, a cidadanía, facemos o que podemos cunhos políticos tan nefastos, e con maior ou menor responsabilidade porque de todo hai na viña do Señor.

10, Outubro 2020

O Carballiño incrementa outro día máis os contaxios activos de Covid-19, neste sábado 10 de Outubro son dezaoito casos máis ca onte, alcanzándose a cifra de 124 veciños e veciñas do Carballiño que a dia de hoxe están pasando pola enfermidade.

Tamén aumentan os casos na suma dos concellos da comarca, onde onte tiñamos contabilizados 29 casos e hoxe pasan a 34, cinco máis nas últimas 24 horas. Beariz baixa dous casos e quédase con 4, pero aumentan os contaxios Boborás que pasa de 9 a 12, Maside que onte tiña 4 e hoxe sitúase con 7, e tamén incrementa un caso San Amaro, que ten 2. Manteñense sen variacións O Irixo (4) San Cristovo de cea (3) Piñor (2) e Punxín (0)

10, Outubro 2020

O PSdeG-PSOE de Leiro está a realizar unha serie de visitas as diferentes parroquias do Concello en aras do noso lema “Mellorando Leiro” para coñocer de primeira man "as inquedanzas e as necesidades mais urxentes dos nosos veciñ@s e sobre de todo nesta epoca de Pandemia". No día de onte visitaron a parroquia de Gomariz, "e apreciamos e así no lo comunicarón os veciños que e unha necesidade o arranxo do Camiño publico Belide a Vilerma como se pode apreciar nas fotos esta nun estado lamentable, un camiño que e un instrumento fundamental para o desenrolo economico como o sector da viticultura que en gran medida depende do estado de conservación de este tipo de camiños", manifestan.

Os socialistas de Leiro entenden que a adecuación de estas infraestructuras básicas e fundamental para o bo funcionamento da actividad e debido o grave perxuicio que supon para os viticultores, xa que unhas comunicacions deficientes reducen a capacidade exportadora das propias fincas, polo que se fai precisa a sua reparación de maneira urxente. Polo que o Concello como administración mais cercana os veciños -proclaman- ten que exercer as suas funcions de viaxiancia e control de este camiño en evitación das situacions potencialmente perigosas para os usuarios do citado camiño, de modo que compete os servizos municipais o mantemento e conservación do mesmo, por estas competencias veñen recollidas no artigo 25.2 a 25 in fine da Lei 7/1985 de 2 de Abril, reguladora da Lei de bases do réxime local.

"Tamen nos comentaron os veciños que era necesario arranxar o MURO E ARRANXAR A RUA PENA DA BARRA (PETO BELLO)e así o comprobamos in situ que o deterioro cada ano que paso e maior , co cal se esta deteriorando e desfacendo o pavimento da mesma ante a falta de conservación e mantemento por parte do Concello, cos perigos que acarrea tanto pos viandantes como os vehiculos que por ali circulan", aseguran dende o PSdeG de Leiro.

10, Outubro 2020

Vexo moito comentario aquí sobre os parques infantis, sobre os colexios, sobre o papel da Xunta e do Concello neste tema... Pois o problema que temos é que non entendemos ou non queremos entender os datos. A maioría dos contaxios NON se producen nos entornos laborais, nin neste mes que levamos de colexios en Galicia, ten habido contaxio comunitario nos centros. Tampouco se coñece unha gran incidencia por pechar ou abrir os parques infantís (de feito no último decreto de estado de alarma en Madrid se deixan os parques abertos, pero si se restrinxe comercio e hostelería), e non hai xustificación en que os concello os manteña pechados dende marzo.

A maior parte dos contaxios en Galicia, e en particular en Ourense e no Carballiño, teñen orixe en reunions familiares e sociais entre non convivintes. É dicir, en quedar con xente coa que non vives a tomar unhas cervexas nun bar, en invitar a uns amigos a cenar a casa, nos primos que viven en Madrid, A Coruña ou Vigo e veñen a comer con nos o sábado, ou os colegas que se xuntan nun baixo o sábado a noite a facer botellón. En todos estos casos nos relacionamos sin máscaras, en espacios pechados e sen distancia. ¡Neste tipo de interaccions sociais están os principais problemas!, e por eso, si a xente non toma consciencia, é necesario restrinxir os bares, restaurantes e o ocio nocturno, si non queremos ter mortos por decenas en breve, na nosa comarca. Pero con eso non chega, os cidadáns non podemos cambiar os bares polas nosas casas, por que entón o problema sigue ahí, e estamos arruinando os propietaros dos locais para non conseguir nada. E repito, non votemos a culpa os políticos que toman decisións para parar esto, votemosnos a culpa, cada un de nos, ós actos imprudentes que levamos feito nos últimos meses.

E para o que entendeu o meu anterior comentario como unha defensa do Alcalde, nin son o Fumega nin amigo del. É mais, coincido contigo en que é probablemente o peor Alcalde que recordo do Carballiño, e xa recordo uns cuantos. Pero dentro da súa culpa, que a ten en canto a situacion de abandono do noso pobo ou o ridículo coas axuda COVID, non está o obrigar a ninguén a ir a un bar ou a facer botellón. Non nos amparemos baixo a responsabilidade dos políticos para non cumpir coa nosa propia responsabilidade como cidadáns.

9, Outubro 2020

Difícil de entender es que usted dea por bueno el protocolo de La Xunta, pero aceptando su premisa, entiendo que le parece adecuado el protocolo de la Xunta de Galicia para las centros escolares, y sin ànimo de polemizar con usted vamos a poner un ejemplo de un centro escolar cualquiera, como puede ser el Vila do Arenteiro, me puede explicar por qué la asignatura de Educación física està limitada y no pueden realizar juegos colectivos o no puedan jugar con una pelota?

Si usted quiere ser útil a la comunidad podría poner el foco de sus quejas y protestas en el transporte escolar, en el que los críos van a los colegios como si de unas latas de sardinas se tratase.

 

 

9, Outubro 2020

A "denuncia-comentario anterior" non hai por onde collelo, mire por onde se mire. Resulta que temos os parques infantis cerrados no Carballiño dende o mes de marzo, e temos os peores datos de Galicia en canto a contaxios no concello, resulta que en todos os concellos de Galicia os parques infantis son lugares seguros menos no Carballiño, por culpoa de unhos incompetentes que nin están capacitados para as súas responsabilidades, nin están nin se lle esperan. E por se non o sabe, no estado actúal que está O Carballiño, de nivel 3 e máxima alerta, os parques infantiles poderían estar abertos, non o digo eu, senón que aparece recollido na normativa oficial (acompaño enlace). Bótelle un vistazo e infórmese. E mire, nin son do bloque, nin do pp, nin do espazo común. Son carballiñesa e dame pena como está o meu pobo. Cuidese. https://coronavirus.sergas.gal/Contidos/Documents/535/Medidas_prevencion...

9, Outubro 2020

Parque infantil,

Ya hace algún tiempo que no escucho a la representante del bng pedir la apertura del parque infantil de la Alameda, creo que debería seguir pidiendo que se abran los parques infantiles, me parece una gran iniciativa por parte del bng y su representante, tal y como està la situación.

Un saludito

9, Outubro 2020

Continúa outro dia máis empeorando a situación epidemilóxia no Carballiño, que suma 21 contaxios activos en coronaviruas nas últimas 24 horas, pasado dos 85 casos notifificados onte por Sanidade aos 106 casos de contaxios contabilizados neste venres dia 9 de Outubro.

O Carballiño pasa a nivel 3, aínda que de momento non se restrinxe a mobilidade como acontece en Ourense e Barbadá, de momento ainda está permitido os desplazamentos fora do municipio. As restricións afectan sobre todo á hostelería, bares e cafeterías non poderán atender no interior dos locais, tan só en terrazas. Os restaurantes limitarán os aforos nos seus comedores ao 50% do aforo, e so poden atender a grupos de ata cinco persoas.

As novas medidas entrarán en vigor ás 00:00 horas deste sábado dia 10 de Outubro.

O resto dos concellos da comarca, nos que a situación epidemiolóxia manténse estable, continúan en nivel 2. As únicas variacións en relación a onte danse nos concellos de Boborás, que descende aos 9 os contaxios activos e O Irixo, que aumenta un caso e alcanza os catro. Non hai alteracións nos datos dos demáis concellos.

A Consellería de Sanidade decidiu elevar o nivel de restricións no concello do Carballiño e aplicarlle as medidas do nivel 3. Así o decidiu logo da xuntanza do subcomité clínico que tivo lugar hoxe e na que se fai seguimento da evolución da covid-19 en Galicia.

Deste xeito, aumentan as restricións xa existentes no concello e estará prohibido que bares e cafeterías poidan servir no interior, limitándose a atender nas terrazas a grupos de 5 persoas. Os restaurantes poden servir no interior, a un máximo de 5 persoas por mesa.

Estas medidas publicaranse hoxe no DOG e entrarán en vigor dende esta medianoite.

Tras analizar a situación epidemiolóxica da covid-19 na comunidade, o subcomité clínico non considerou necesario establecer novas restricións noutras zonas, agás as xa mencionadas no concello do Carballiño. Deste xeito, a día de hoxe, Ourense, Barbadás e O Carballiño están en nivel 3, coas restricións de hostalería anteriormente ditas, ademais da prohibición de xuntanzas de persoas que non vivan xuntas e engadindo a redución da mobilidade nos concellos de Ourense e Barbadás.

No nivel 2 de restricións continúan os concellos do Ribeiro, os concello da comarca do Carballiño (agás concello do Carballiño).

Entre estas restricións xerais deste nivel destacan a limitación dos aforos ao 50% nos establecementos comerciais, de restauración e hostalería -onde ademais estará prohibido o consumo en barra-, así como en bibliotecas, academias, autoescolas e centros privados de ensino non regrado entre outros. Tamén se establece a limitación do número máximo de persoas nas xuntanzas tanto privadas como na vía pública fixado nun máximo de 10 persoas; así como a redución dos aforos en celebracións, velorios e lugares de culto. Ademais, no concellos de Verín e O Barco de Valdeorras, e na comarca do Carballiño tamén están prohibidas as xuntanzas de persoas que non vivan xuntas.

Con estas medidas, a intención de Sanidade é poder actuar de xeito más selectivo e con maior rapidez ante a aparición de casos nunha zona concreta. É por isto que, fronte ás medidas adoptadas para toda a comunidade autónoma dende o principio da pandemia, quérese agora acoutar o máis posible, podendo restrinxirse e regularse determinadas actividades xa non por áreas sanitarias, senón por concellos, cidades ou mesmo barrios.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS