1, Outubro 2020

Sanidade notificou este xoves dia 1 de Outubro un novo brote de coronavirus no municipio do Carballiño, de tipo familiar, e que afecta a tres persoas, un home de 53 anos, unha muller de 46 e unha menor de idade.

Trátase do segundo brote declarado esta semana na comarca, despois de informarse o pasado martes dia 29 de Setembro dun brote activo no concello do Irixo, formado por tres persoas.

1, Outubro 2020

Comeza este sábado o Circuito Galego de Teatro Amador 2020, que se desenvolverá neste mes de outubro no auditorio municipal, e que abrirá o grupo de teatro Tiruleque coa obra A Farsa do Maitre Pathelín. Conta co patrocinio da Xunta de Galicia e a colaboración do concello do Carballiño. Este ciclo antecede á XIII Mostra de Teatro Amador “Terras do Orcellón”, que comeza o 12 de outubro e que contará con sete actuacións ata o mes de novembro.

Ambos eventos están promovidos por Tiruleque, e foron presentados hoxe, da man do seu director, Xosé Prada, e tres integrantes máis do grupo, así como o concelleiro de Cultura, Diego Fernández. A Farsa de Maitrre Pathelín representarase este sábado, 3 de outubro, ás 20,30 h., no auditorio, contando con todas as medidas preventivas, de separación e seguridade pola Covid 19. Esta obra estrenouse o pasado ano e tivo un gran éxito por toda Galicia, e ainda que estaba previsto que se representase o 8 de novembro, pechando o Circuíto Galego Teatro Amador 2020, cambiose para este sábado ante a imposibilidade de que poidera actuar a compañía Chumpá Teatro coa obra “Intocables”.

O 10 de outubro estará en escea a compañía Max Teatro coa obra “Os líos do taxista”, e o 18 de outubro a quenda será para a compañía Atrezo Teatro coa obra “Chicago Killers”. A compañía que peche o ciclo o 8 de novembro ainda está por decidir. Xosé Prada adiantou na rolda de prensa algunhas das novidades da XIII Mostra de Teatro Amador “Terras do Orcellón”. Así, dixo que haberá sete actuacións, unha delas a estra da nova obra de Tiruleque “Soutelo Enterprise”, unha comedia ácida sobre un texto de Sergio Macías, profesor de interpretación na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia e na Escola Municipal de Teatro de Vigo. A estrea desta obra será o 14 de novembro, e haberá unha reestrea o 15 de novembro.

Finalmente, Xosé Prada anunciou a cesión a tiruleque dun local para ensaios e incluso pequenas representacións no Torrón, que lle permitirá ao grupo de teatro montar un escenario e os seus equipos para poder ensaiar e realizar certo tipo de representacións teatrais. Trátase dunha deferencia das irmás González Morales. Diego Fernández felicitou ao grupo pola valentía para organizar estes eventos nun tempo de tantas dificultades para todos e, neste caso, para o mundo da cultura. Agradeceu o seu traballo a prol do teatro afeccionado no Carballiño e animou aos veciños a asistir a estas representacións, que terán lugar con todas as medidas preventivas que se esixen polo coronavirus.

1, Outubro 2020

Por alusión me vexo na obligación de aclarar certas cousas con respecto a certos aspectos e comentarios das dúas últimas denuncias publicadas en esta páxina.

Agradecer as verbas demasiado excesivas de unha (non sei con que fin pois aínda que en esa foto saimos catro persoas, hai moitas máis persoas facendo traballo en esta plataforma) e respaldar totalmente o exposto na outra e con total fundamento.

Eu son un integrante máis de esa plataforma, e na xuntanza co presidente da Diputación quenes levaron a liña da conversa foron, efectivamente, Juan Pérez e Ramiro Bello. Ambos, ao igual que outras moitas compañeiras da Plataforma do Transporte, persoas moi implicadas en defender os dereitos da nosa comarca con respecto ao transporte.

Tal vez algunhas persoas, onde me incluo eu, non deberiamos aparecer en algunhas fotos debido a que temos un perfil político moi marcado e esa condición se pode utilizar con malicia ou buscando fins espurios.

Non vou pedir desculpas, porque non considero que fixen nada malo, pero certo é que en algúns espacios, persoas que batallamos no político debemos manternos máis en segunda fila. En este caso teño que aclarar que acudín a dita xuntanza porque outra persoa da directiva non puido asistir e me pidiron que acudise eu no seu lugar.

Espero que a miña aparición en esa foto non disvirtualice nin desmereza todo o traballo que está a facer xente como Ramiro, Juan, Jaime...e moitas outras persoas en esa plataforma e que ten como único fin recuperar servizos no tranporte público de O Carballiño e a comarca.

Sen máis, deixo aclarada esta polémica innecesaria e que só fai sacar o foco de atención e todo o noso esforzo onde o temos que poñer: na recuperación do transporte no Carballiño e na nosa comarca para que non desaparezcamos do mapa.

 

Un saúdo.

Manuel Nogueira Pérez

1, Outubro 2020

Segundo día que me cadra de pasar por Conde Vallellano as 8 e pico da mañà e atòpome con todo apagado.Hoxe ainda mais que chove. E oe, quen se atreve a cruzar, ainda que sea nun paso de cebra? 
Non se ve nada, non quero imaxinar o que ven os dos coches, nada de nada. A calquera hora hai un accidente. 
Cada día o pueblo està mais negro e ninguien fai nada

1, Outubro 2020

En respuesta al publicador del comentario de " foto casi imposible" 

En primer lugar usted no conoce a Don José Manuel Baltar Blanco, si le conociera en ningún caso pensaría que es imposible. Persona que recibe a todo el mundo, sea de su color o no y les trata con exquisita cordialidad y amabilidad.

Y en segundo lugar, el comentario es un menosprecio para las 2 personas que precisamente llevaron el peso de la reunión: Juan Pérez y Ramiro Bello. Dos personas implicadas a fondo en defender los derechos de Carballiño para que no muera desangrado por goteo.

Y ante todo un enorme desprecio a lo que representa esta foto: la lucha , no de 4 personas, si no de un pueblo entero, através de una Plataforma para el transporte público en ma que se encuentran más de una treintena de personas de diferentes colores y edades.

Aprenda señor mío que los individualismos son vanidades inútiles y  destructivas 

30, Setembro 2020

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu hoxe no Pazo Provincial a representantes da Plataforma pola mellora do transporte da comarca do Carballiño, encabezados polo seu presidente, Ramiro Bello, quen estivo acompañado por Joaquín Moldes, Juan Manuel Pérez e Manuel Nogueira, quen lle expuxeron ao presidente Baltar as liñas de traballo da plataforma, centradas nun plano de reivindicación a todos os niveis de melloras no transporte por tren, autobús, transporte urbano e os demais ámbitos da comunicación, que pasan, segundo demandan polo incremento de liñas e frecuencias así como pola mellora dos servizos.

A plataforma comprometeuse co presidente do goberno provincial a trasladarlle as conclusións dese traballo, ao remate da súa labor de estudo e prospección do transporte na comarca do Carballiño, e Baltar dixo que a Deputación de Ourense "fará súas as propostas da plataforma en forma de mocións ou acordos políticos, para tentar paliar e mellorar a actual situación e que a poboación desta comarca teña melloras no servizo de transporte e na intercomunicación, non só coa provincia e a capital ourensá, senón con puntos importantes como Santiago, sobre todo a efectos dos estudantes que cursan estudos universitarios".

Na reunión tamén acordaron que a Deputación colaboraría coas actividades da plataforma, apoiando con diferentes iniciativas e con servizos como o de Publicacións a edición de material informativo da plataforma "para que esta iniciativa da veciñanza dos concellos da comarca do Carballiño sexa apoiada polo goberno provincial, que entende lexítimas as súas aspiracións, que fará súas unha vez que analicemos o contido das súas demandas", expresou Manuel Baltar.

30, Setembro 2020

Foto casi imposible. O mejor dicho, foto rara donde las haya. 
Increible el compromiso de alguna gente con ciertos proyectos.
Y en este caso concreto hago referencia a Joaquín Moldes y a Manuel Nogueira.
De Joaquín Moldes ya sabiamos y conociamos  su recorrido político y su eterno compromiso por hacer las cosas como dios manda. Es decir, bien hechas. 
Pero ver a Nogueira en una foto con Baltar, reivindicando algo tan fundamental para Carballino como es un servicio de tren decente criticando la falta de servicios, dejando aparte su ideología política o esa presunta fidelidad al PSOE por estar cogobernado en Madrid, es digno de mención y admiración.
No conjugo con su partido ni con el comunismo, pero si que tengo que reconocer que ultimamente está dejando el listón muy alto, al igual que Moldes. Ejemplo ambos para que otros que juegan a ser políticos aprendan  sepan estar al nivel que esperamos los votantes. 
Más Moldes y Nogueira harían de Carballino y de Galicia un sitio mejor.

29, Setembro 2020

Sanidade notificou este martes un novo brote de coronavirus no municipio do Irixo, que afecta polo menos a tres persoas. A pasada semana deuse conta de dous casos positivos ligados ao concello, o alcalde Manuel Cerdeira e un traballador municipal, agora Sanidade confirma un novo contaxio e polo tanto convértese en brote.

Doutra parte, o cribado realizado a todos os usuarios e persoal da residencia de maiores Quercus de Leiro deu pleno de negativos. O pasado domingo, Sanidade notificara un positivo en Covid-19 dunha traballadora deste xeriátrico.

29, Setembro 2020

O concelleiro do BNG na corporación municipal de San Cristovo de Cea,  Manuel Pérez, ven de preguntar por escrito ao alcade José Luis Valladares sobre a actuación municipal en relación ao peche dunha das dúas farmacias coas que contaba o municipio, sita na vila de Cea.

Tras a xubilación da súa titular, a adminitracción autonómica non autorizou o traspaso da farmacia, provocando polo tanto o seu peche, polo que o concello quédase agora cunha única farmacia.

Para ver o escrito do BNG preme no arquivo adxunto:

28, Setembro 2020

A Xunta de Galicia licitou a segunda fase da restauración do reloxo mecánico e do campanario de forxa do mosteiro de San Clodio, no concello de Leiro.

Con esta actuación, que a Xunta valorou en 30.000 euros, preténdese devolver a funcionalidade ao reloxo, como elemento sonoro, e supoñerá unha mellora estrutural deste ben catalogado do século XVIII. Estes traballos de restauración xa saíron a licitación en novembro de 2019, pero a adxudicación dos mesmos quedou deserta.

Se nesta ocasión son adxudicados, a empresa adxudicataria terá tres meses para realizalos, dando continuidade aos traballos levados a cabo en 2017, cando se retirou a capa de óxido que cubría o reloxo e que ocultaba as inscricións históricas que posúe. A actuación enmárcase na colaboración que a Consellería de Cultura, Educación e Universidade mantén coa Diocese de Ourense para a conservación de inmobles eclesiásticos.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS