21, Outubro 2020

As declaracións do conselleiro de Sanidade Julio García Comesaña na súa comparecencia informativa deste mércores e recollidas por diversos medios de ámbito galego, que apuntaban a positivos en coronavirus tomando café nunha cafetería do Carballiño, provocaron unha avalancha de comentarios no wasap de COPE O Carballiño, a maioria deles expresando estupor ou indignación polo relato feito polo conselleiro.

Tanto o alcalde do Carballiño Franscisco Fumega como o xefe da Policia Local, Francisco Valeiras, manifestaron a súa sorpresa, asegurando que descoñecían este feito ou a existencia de algunha denuncia sobre os feitos comentandos publicamente polo conselleiro.

O titular de Sanidade de maneira literal dixo "concretamente onte, falando con algún dos concellos da comarca do Carballiño nos relataban casos positivos tomando café nunha cafetería onte mesmo", tras comentar que o importante das medidas restrictivas era o seu cumprimento e que lle constaba que os concellos estaban facendo o posible para que se cumpran.

En realidade, e según pudo saber COPE O Carballiño, o episodio relatado polo conselleiro non aconteceu no Carballiño, senón no cocnello de Boborás, protagonizado por un veciño do Carballiño que se desprazou ata un bar sito nunha localidade de Boborás. Foi denunciado ante a Policia Autonómica, que prodeceu a súa identificación.

21, Outubro 2020

O alcalde Fancisco Fumega calificou de "grave" a situación epidemiolóxica do Carballiño e neste contexto afirmou que comparte e apoia todas as medidas que se están adoptando por parte da Xunta de Galicia "as cifras continúan sendo moi preocupantes, e os contaxios están dándose nas familias e grupos de amigos, toca facer piña e coa unidade de todos sairémos desta", proclamou o alcalde nunha intervención en COPE O Carballiño.

Fumega engadíu que será preciso acompañar as medidas restrictivas con outras de carácter económico "por eso vou pedirlle a Xunta que teña en conta esto, son necesarias medidas de apoio porque non parece que a solución vaia ser rápida". O rexedor municipal tamén anunciou que por parte do concello "estamos traballando para sacar unha segunda liña de axudas, mañá abrimos o prazo para que os beneficiarios das primeiras axudas aporten a documentación e poidan cobrar, axilizarémos o máximo o pago, pero estas axudas deben complementarse coas que debe dar a Xunta", subliñou, e destinadas todas elas a axudar aos sectores máis castigados pola crise sanitaria, hostelería e comercio, pequenas empresas e autónomos do Carballiño.

O Partido Popular mostra preocupación

O grupo municipal do PP no concello carballiñés mostrou esta mañá a súa preocupación "ante o retraso das axudas a autónomos e pequenas empresas comprometidas para este ano", aseguran que deberían estar aprobadas antes do 15 de Novembro "e a dia de hoxe ajínda non se abr´jiu o prazo para presentar a documentación". Ademáis, os populares instan ao grupo de goberno socialista a que "recapacite e dea marcha atrás na suba de taxas e impostos aprobada co voto en contra da oposición no último pleno"

 

21, Outubro 2020

Tendo en conta que o conselleiro de sanidade é asiduo ós bares e é capaz de identificar a contaxiados, rogo encarecidamente que os que sirven non lle poñan viño.

Pasouse de freada. Para que podia decir tal animalada, é necesario que os servizos sanitarios cometesen un delito. Tanto de desobediencia da lei de protección de datos, e tamén trasladándolle esa información , que ademáis debe ter unha memoria asombrosa e un servizo de espionaxe que lle facilita as fotografías dos contaxiados.

É de traca.

Pero non é menos preocupante as declaracións do artista Fumega, que anuncia unha segunda liña de axudas cando a primeira está en pañais.

Tanto ten Xan como Pericán.

21, Outubro 2020

 

Positivos tomando café en O Carballiño

Julio García Comesaña, cuenta que se han relatado casos de positivos tomando café en una cafetería ayer mismo en O Carballiño. El conselleiro de Sanidade ha aprovechado para transmitir un mensaje de tranquilidad: «Se as medidas se cumpren a situación mellora, como se ve en Ourense». Por eso ha agradecido los esfuerzos de la población en Ourense y Barbadás por su cumplimiento y colaboración.

 

E logo queixarémonos de que nos cerren barres, ximnasios, instalacións deportivas. Temos o que nos merecemos. E se a policía e o concello miran para outro lado, debemos ser nos os que acabemos con esto, xa que váisenos a vida e os postos de traballo por culpa duns impresentables e da comnivencia das nosas forzas de seguridade e os nosos dirixentes que miran para outro lade dende fai meses para non meterse en líos ou non perder votos... solo van o voso programa para dicir que non poden facer máis, que non poden multar e máis palabrería fina.

Así nos vai.

21, Outubro 2020

Os concellos do Carballiño, Boborás e O Irixo pasarán a ter dende as 00:00 horas deste xoves 22 de Outubro as medidas máis restrictivas de toda España. O comité de expertos que asesora á Xunta de Galicia entende que a situación é grave, xa que as restricións implantadas ata agora non deron o resultado esperado, ao contabilizarse 236 novos contaxios nos últimos 14 dias e deles 109 na última semana.

O sector máis afectado polo endurecemento das medidas restrictivas volve ser o da hostelería, co peche total de bares e cafeterias, tan so poderán seguir abertos aqueles restaurantes que habiliten un servizo de recollida da comida no propio establecemento ou para levar a domicilio.

Desta vez, si poden continuar abertos os establecementos comerciais, coas limitacións de aforo xa en vigor. En canto as actividades consideradas non esenciais e que polo tanto deberán pechar, están as bibliotecas, auditorios, ximnasios, piscinas, salas de xogo e apostas, ocio infantil e parques (xa estaban) e recintos deportivos.

20, Outubro 2020

O chamado "comité de expertos" da Xunta de Galicia entende que "é preciso reforzar as medidas de prevención co obxecto de evitar a propagación do virus nestes municipios" e comunica que por elo decidíu restrinxir todas as actividades consideradas non esenciais nos concellos do Carballiño, O Irixo e Boborás dende as 00:00 horas do xoves dia 22 de Outubro.

Asimesmo, continuará en vigor a restrición de mobilidade perimetral nos tres citados concellos, asi como a limitación de xuntanzas entre grupos de persoas conviventes.

No resto dos concellos da comarca mantense a situación actuál de nivel 2 de alerta, non hai cámbeos.

20, Outubro 2020

A  situación epidemiolóxica polo Covid-19 experimentou unha boa evolución na última semana no concello de Avión, que según os datos notificados hoxe por Sanidade ten 3 contaxios activos, rexistrando un importante descenso en relación tras chegar a acumular 10 casos semanas atrás.

Non acontece o mesmo en Leiro, que rexistra 11 contaxios activos, a cifra maís alta dende que se declarou a pandemia, o doble de casos que tiña o pasado dia 10. Neste concello, os socialistas presentaron un escrito no rexistro municipal do concello de Leiro no que piden ao alcalde que convoque con carácter de urxencia a xunta de portavoces "ante as informacións, o alarmismo e preocupación pola crise sanitaria no noso termo municipal". Demandan información do rexedor municipal  "para evitar rumores e se cabe adoptar  algunha medida neste sentido".

20, Outubro 2020

A comarca do Carballiño continúa incrementando o número de contaxios activos, según os datos deste martes 20 de Outubro, son xa 248.

Continúa sendo moi preocupante a evolución epidemiolóxica do Carballiño, que rexistra un aumento e 13 contaxios activos e alcanza os 188. Tamén preocupa Boborás, que notifica 3 casos máis ca onte e chega aos 30 contaxios activos no dia de hoxe.

No resto dos concellos a pandemia parece estar moito máis controlada, aínda que son siñificativos os casos de O Irixo (10) e Beariz (7). Maside ten un caso máis ca onte, e rexistra 4,e permacen inalterables os datos de San Cristovo de Cea (6) Piñor (1) Punxín (1) e San Amaro (1)

20, Outubro 2020

Este e o nova papeleira que temos na Rúa Caravel. Neste barrio non nos podemos queixar das inversons que fai o Concello. Este modelo de papeleira xa levantar anos e o empredado das rúas que non prometeu tamén. Moitas grazas sr alcalde. Cada día superase, e non so na xestión da pandemia do cal xa é millor nin falar.. 

19, Outubro 2020

O Instituto Xeográfico Nacional rexistrou este lúns dia 19 de Outubro, ás 22:18 horas, un terremoto con epicentro no municipio de Maside, que alcanzou unha magnitude de 3.0 na escala de Richter, e dunha profundidade dun kilómetro.

O tremor de terra foi perceptible por parte de numerosos veciños, tanto no concello de Maside, como nos concellos limítrofes, sobre todo Punxín e San Amaro, e mesmo no casco urbano do Carballiño, onde ademáis varias persoas manifestaron a esta emisora de radio "ter escoitado un ruído como se fose unha explosión", ademáis de advertir o tremor nos seus domicilios.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS