La corporación municipal no debe saber que la velocidad en calles de ciudad está limitada a 30 km/h. Los conductores obviamente no, tampoco para que sirven esas rayas verticales que hay en los cruces. En la calle Conde Vallellano es mas facil que te toque la loteria que te pare alguno en un paso de cebra y siendo peor la velocidad a la que pasan. Me pregunto cuando pondra esta inutil corporacion unos pasos de cebra elevados en esta calle, cuando atropellen y maten a alguien? O ni para esas.
Mientras la inutil oposicion que tenemos pues igual que siempre, yo no gobierno a mi no me importa. Estoy esperando cuando me pidan el voto, mi respuesta va a ser que yo no gobierno yo no te voto.

Tratase dun premio de segunda categoría, cinco acertos máis o complementario, no sorteo da bonoloto deste martes 22 de setembro.
Obtén un premio de 54.997 euros. O boleto foi adquirido no receptor sito na estrada nacional 525, na cafetería Kanela Drink.

A empresa, vinculada ao Grupo Gesmedical, resultou adxudicataria deste contrato para a xestión do servizo de para persoas maiores en situación de dependencia na residencia pública do Carballiño, sita no Cornuval.
Asi o recolle unha resolución da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, con data do pasado dia 7 deste mes de Setembro no que andamos. O contrato, para un total de 50 prazas residenciais, ten unha duración inicial ata o 31 de Decembro de 2020, e poderá ser prorrogado ata un máximo de cinco anos.

Leiro súmase aos municipios con brotes de coronavirus nesta segunda onda da pandemia, Sanidade ven de notificar un brote de coronavirus neste concello ribeirán de tipo familiar, que afecta a un home, unha muller e dous menores de idade.
No Irixo, e tras rexistrarse un positivo Covid-19 nun traballador municipal, o alcalde Manuel Cerdeira avanzou en COPE O Carballiño que tanto él mesmo como outros seis traballadores municipais estarán en cuarentena ata o próximo dia 1 de Outubro. O propio alcalde confirmou que deu positivo na PCR. Durante este tempo o concello do Irixo funcionará con servizos mínimos.

A 31ª edición do Festival do Teatro Galego "Celso Parada", que se celebrará do 23 ao 26 de setembro no Carballiño, contará na súa programación con dúas actividades coas que chegará a outras Comunidades de España e a países como Alemaña, Francia, Portugal e Brasil. Trátase dunha lectura dramatizada da recoñecida obra de Carvalho Calero "A Farsa das Zocas" coa colaboración de 50 voluntarios ao redor do mundo e dunha "Escola de Espectadores do Teatro Galego", orientada a afeccionados, interesados e espectadores do programa oficial do FETEGA.
A presentación deste evento cultural tivo luga no pazo provincial da Deputación, acto no que participou o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega; o director de AGADIC, Jacobo Sutil; o director do Festival, Carlos Ledo; e a directora artística do Festival, Josi Lage.
A Deputación de Ourense colabora con este evento que é "un referente da acción teatral de Galicia desde O Carballiño e ofrecerá ao público a posibilidade de gozar dos mellores espectáculos do teatro, así como de outras actividades paralelas como obradoiros ou charlas", dixo Rosendo Fernández, quen salientou que esta 31ª edición é "máis internacional ca nunca". Pola súa parte, o alcalde do Carballiño afirmou que "a seguridade está garantida ao 100%" e agradeceu á organización do Festival que pensara na figura de Carvalho Calero "nun ano no que por desgracia non puidemos recoñecerlle todo o que aportou á cultura galega". Jacobo Sutil puxo en valor que as tres administracións (Xunta de Galicia, Deputación de Ourense e o Concello do Carballiño) "colaboremos neste evento porque é importante que se manteña a actividade cultural, aínda que se faga con restricións, xa que é a maneira de que subsista o sector cultural".
O director do FETEGA explicou que nesta edición quixeron "coidar da nosa familia porque ir ao teatro é seguro, e ampliar a familia de maneira xeográfica e mental, coa Escola de Espectadores que pretende achegar dun xeito informal o teatro á outra parte do binomio do teatro, o público; e coas lecturas dramatizadas da obra de Carvalho Calero coas que nos demos conta que había unha especial sensibilidade nunha institución cun alto nivel académico: as Universidades e os Centros de Estudos Galego no exterior". A lectura dramatizada da obra de Carvalho Calero, a quen estivo dedicado este ano o Día das Letras Galegas, chegará ao resto de España, Portugal, Alemaña e Brasil coa axuda de lectores e alumnos dos Centros de Estudos Galegos. Durante trinta minutos diarios, a farsa irase debullando nunha lectura dramatizada que dirixe desde Galicia Vanesa Sotelo. Será posible acceder á lectura mediante redes sociais e Youtube. Pola súa parte, a "Escola de Espectadores do Teatro Galego", que se desenvolverá entre o 23 e 25 de setembro ás 16.30 horas, estará dirixida por Pepe Domínguez. Ademais destas dúas actividades, a programación desta edición estrutúraseen catro xornadas nas que o público poderá gozar de obradoiros, mesas redondas, monólogos cómicos, teatro na rúa e as clásicas sesións de espectáculos.
Programación
A directora artística do FETEGA explicou a programación desta edición que no Auditorio Municipal comezará o mércores, 23 de setembro, co espectáculo "Clausura do Amor" da compañía Cámara Negra. Ao día seguinte será a quenda para a obra "Os nenos da varíola" da compañía Pérez & Fernández. O venres, 25 de setembro, chegará o espectáculo "O mel non caduca" de Ibuprofeno Teatro e, o último día, o 26 de setembro, será a quenda para a compañía AveLina Pérez co espectáculo "A que non podes dicir Coca-Cola?(II)". Tódolos espectáculos serán ás 20.30 horas.
Paralelamente, os días 23, 24 e 25 de setembro celebraranse na Casa da Cultura monólogos cómicos a cargo de Pedro Brandariz, Arantxa Treus e Diana Sieira, mentres que o sábado, 26 de setembro, desenvolverase unha performance co proxecto literarias. Todas estas actividades serán ás 18.30 horas. Asemade, tódolos días ás 11.00, 17.00 e 20.00 horas haberá teatro na rúa da man de Barafunda.
Ademais, o Festival do Teatro Galego concederá o premio de honra "Dorotea Bárcena" 2020 ao dramaturgo e director de escena Afonso Becerra Arrojo polo seu labor académico e de activismo teatral ao longo de 25 anos dunha carreira cunha ampla e brillante traxectoria no sector das artes escénicas. O galardón será entregado o 26 de setembro, durante a gala do Festival no Auditorio Municipal e, previamente, ás 18.00 horas, impartirá na Casa da Cultura a charla "De traxedias, dramas, comedias e públicos".

Un caso positvo en Covid-19 nun traballador municipal confirmado esta pasada fin de semana levou ao alcalde do Irixo a pechar as dependencias do consistorio nesta xornada de lúns 21 de Setembro, e coa finalidade de levar a cabo traballlos de desinfección na casa do concello.
A partir de mañá, retomaráse a atención ao público na oficinas municipais, aínda que de momento será con servizos mínimos, según confirma o alcalde Manuel Cerdeira.

A confirmación dun caso positivo en coronavirus nunha aula de 20 alumnos dun 5º curso de primaria no CEIP Calvo Sotelo, edificio da Uceira, motiva a activación do protocolo, as familias afectadas xa foron informadas na xornada deste domingo.
A partir deste lúns dia 21 de Setembro, non deberán asistir ao colexio os contactos directos da aula afectada por este caso positivo en Covid-19. Xa foron notificados a totalidade de usuarios que comparten o autobús do transporte escolar.

Cea non poderá gozar este ano das xa súas famosas verbenas nas festas da Saleta, canceladas pola pandemia, non obstante non poderá impedir que a veciñanza manteña a tradición nestas datas tan sinaladas no calendario festivo de San Cristovo de Cea.
Ademáis da novena que se veu desenvolvendo na capela da Saleta, e a maiores das celebracións solemnes tamén na propia capela que terán lugar tanto o domingo 20 como o lúns 21, estes dous dias a comisión de festas mantén o espírito festivo con dúas actuacións musicais. O domingo, ao concluir a misa solemne, ofrecerá un concerto a Banda de Música "A Lira" de Ribadavia, se as condicións meteorolóxicas o permiten será ao aire libre no mesmo campo da Saleta, no caso contrario trasladaríase ao pavillón de deportes. Mentres, o lúns -que ademáis será dia festivo de carácter local no municipio de Cea- amenizará a xornada a chranga CLK.
Todas as actividades terán lugar coas correspondentes medidas de prevención e seguridade ante o coronavirus.

Gabriel Alén Castro é o novo delegado territorial da Xunta de Galicia na provincia de Ourense.
O presidente da Xunta anunciou, tras a reunión do consello do Executivo galego deste xoves 17 de Setembro, a substitución dos cinco delegados territoriais e, nesta provincia, Alén substituirá a Marisol Díaz Mouteira, que ostentaba o cargo desde 2015.
Gabriel Alén Castro naceu en Ourense en 1977, é profesor especialista en educación física, e foi alcalde do concello de Cenlle polo Partido Popular desde 2011 ata o pasado mes de marzo, cando deixou o cargo para formar parte da lista ourensá do PP ao Parlamento de Galicia.
Tal e como pasara o ano anterior esta vez a concelleira de turno en plena desescalada viñera á radio a presumir de que puxera non sei cantas trampas e que persoalmente capturara entre 300 e 400 raiñas ("persoalmente" non quero nin imaxinar as capturas que fixo toda a súa equipa de antivelutínicos). Pero a realidade igualou a do inventor deste cómico paripé, o flamante autor ideolóxico da loita abnegada e desitneresada contra a maior vilana do benestar dos veciños de Maside: O ínclito voceiro da oposición masidá. E é que éstes tampouco foron quen de rechear de líquido azucarado a mortífera e sofisticada trampa contra esta vilana. E non foron quén de rechear as botellas de plástico en máis de catro meses.
No voso descargo, neófitos desta loita xusta contra a vilana, pódese argumentar que a concelleira de turno, non ten competencias reales que xustifiquen os 1500 do ala que cobra mensualmente do erario público e ten que cazar gamusinos, pokémons ou velutinas. Esto é natural, forma parte da natureza humana. Pero o imperdoable, o que non ten xustificación algunha é que lle usurpárades o negocio do movemento antivelutínico ao seu autor intelectual. Era una ledicia escoitalo falando desta vilana e dando conta do amplo coñecemento que atesoraba nesta materia. A maior abundamento xurdiron imitadores entre os que podo citar ao experto Simón (que descanse esta semana surfeando pola abnegada entrega ao servizo público).
Ao grao: Ide retirando estas botellas de plástico do voso paripé, se sodes tan amables porque contaminan e son desagradables á vista. E ide retirando o telderete do San Vitorio que estamos a 17 de setembro e xa van sendo horas, e é unha auténtica horterada pra praza facendo xogo coa aberración da marquesina.
E sería convinte recordarvos, incluso a algún representante, que o primeiro sitio onde comeza a educación é nas casas. Porque este días rapaces de todalas familias de Maside están disfrutando de botellóns na praza, o que eu vexo ben, todos fomos xóvenes. Pero o que non está ben é tirar ovos a diferentes negocios da vila. Algún representante debería educar aos seus rapaces que están tamén nos botellóns ao que cada vez veñen máis mozos do Carballiño (agardo que o voceiro da oposición non veña cunha cuña das súas : "Se Maside pinta Maside paga").
Grazas de entemau, como contraprestación prometo vir na próxima con asuntos de máis fondo calado.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 327
- 328
- 329
- 330
- 331
- 332
- 333
- 334
- 335
- …
- seguinte ›
- última »