
O Concello de Boborás celebra este venres 14 de agosto de 2020 un pleno con carácter extraordinario para a aprobación inicial do Plan Especial de Dotacións e Infraestruturas Termais no manantial de Brués, dentro do municipio, e promovido pola empresa Caldas do Orcellón.
Trátase do primeiro paso para iniciar os trámites do desenvolvemento do Plan Xeral neste caso para logo a instalación dun centro termal no municipio de Boborás que será o primeiro, potenciando a riqueza das augas termais e mineromedicinais existentes no lugar de Brués.
A empresa Caldas do Orcellón xa presentou hai un ano o borrador deste Plan que xa pasou o trámite de avaliación ambiental, e agora quere dar continuidade a este proxecto. O promotor e representante da empresa Christophe S. Delétraz, inversor suízo, vinculado a esta terra a través da súa muller que é de Boborás explica que “se namorou dunha persoa e tamén dun lugar”. Asimesmo indica que “a calidade das augas de Brués, xunto co feito de que nunca antes foran explotadas, permitirá desenvolver un concepto contemporáneo no sentido ecolóxico, eficiente e económico no medio da natureza e o carón dun fermoso patrimonio arqueolóxico como é o Castro e Fortaleza do Orcellón, formando isto tamén parte dos terreos nos que se vai a desenvolver o proxecto e por tanto aportando unha experiencia completa e única para os usuario da futura instalación termal.
O promotor explica que se deixará o acceso gratuíto a poza do manantial xa existente, para o uso e desfrute para poboación local como ata o de agora de viña facendo, e no outro ámbito establecerán prezos acordes o nivel adquisitivo da zona. Ademais, Delétraz confirma que o desenvolvemento deste proxecto suporá a creación de emprego, e xunto co apoio do Concello de Boborás, convertirase nunha bandeira para promover o municipio socioeconomicamente, e na area turística e termal.
Por parte do Concello de Boborás, a alcaldesa Patricia Torres explica que “estamos moi entusiasmados con este proxecto, necesario e moi desexado entre a nosa veciñanza”. Trátase de “poñer un recurso natural en valor, que será un revulsivo importantísimo para o turismo e a economía do noso municipio” e “quero agradecer a empresa Caldas do Orcellón a súa aposta firme, respectuosa e real con este proxecto, avanzando que contarán coa apoio do concello”.
O día 11 de agosto do presente ano, hai dous días, unha nova tormenta asolagou a vila do Carballiño, unha tormenta “nunca vista,” algo parecida a acontecida o día 19 de abril de 2020.
Coma nas anteriores, os mesmos puntos quentes da vila quedaron asolagados: Rúa Evaristo Vaamonde, Avenida de Compostela, Polígono… Coma nas anteriores, os veciños destes barrios volvemos a pasar un mal rato de impotencia vendo coma os nosos baixos e garaxes se inundaban con auga sucia, mestura de augas fecais e pluviais (foto 1).
Dada a reiteración destes feitos, e ante a falta de resposta aos escritos presentados por esta familia no rexistro do Concello de o Carballiño, sen que se lles de resposta nin escrita nin actuación algunha para solucionar o problema, optamos por atrincherar a nosa casa a base de sacos de area (foto 2), para frear a entrada desta mestura “vírica” dende a rúa.
Lamentablemente, as trincheiras, que reduciron os danos, non foron quen de impedir completamente a entrada desta auga “sucia” que acadou unha altura de cinco centímetros (foto 3), como poderán vostedes ver na marca do ladrillo que aparece na foto. Porque si, queridos veciños, esta familia leva varios anos co mobiliario do garaxe e a maquinaría necesaria na casa enriba de ladrillos para evitar que se danen coa auga que entra cada vez que na nosa terra galega chove un pouco forte (chuvia en Galicia, que cousas!!! Será o cambio climático!!!).
Con todo, os danos materiais son importantes, pero non son nada se os comparamos cos danos psicolóxicos e as posibles repercusións para a saúde física da veciñanza que estes episodios poden ocasionar (fotos 4 e 5).
Nós queremos deixar constancia do que ocorre a través do vídeo que incluímos (espero COPE Carballiño teña a ben incluílo), para que todo o mundo poida ver para que serven os sacos apostados diante da casa. Somos plenamente conscientes de que non son nada glamurosos e que afean a casa e a contorna, pero non se poden vostedes imaxinar a impotencia, rabia e medo que sentimos cada vez que chove cun pouco de intensidade.
Estimada Corporación Municipal, isto non acontecía antes das obras de acondicionamento dos arredores do Templo da Veracruz. Por riba, non so non arreglan os puntos quentes do pobo, senón que arranxan rúas coma Eusebio Lorenzo Baleirón, que vai dar a Evaristo Vaamonde, e non lle poñen nin unha soa acometida para recollida de auga da chuvia, polo que esta corre coma un río pola rúa abaixo e acumúlase en Evaristo Vaamonde.
Sinceramente, esperamos que estean vostedes dispostos a asumir as consecuencias legais que poidan derivar desta deixadez de funcións e que pode repercutir de xeito moi grave na saúde dos seus concidadáns. Non se trata de algo illado que afecta á miña casa e familia, ISTO É UNHA CUESTIÓN DE SAÚDE PÚBLICA que agrava a crise da COVID-19.
Atentamente,
Milagros Chao Castro

Sanidade considera "cerrado" o brote familiar importado de México orixiinado no concello de Beariz e que fora detectado o pasado dia 9 de Xullo.
Os resultados de todas as probas diagnósticas PCR de seguimento e posteriormente de confirmación que foron practicadas aos catro pacientes que formaban este brote, tres deles residentes no concello de Beariz, e un cuarto asociado a este brote residente noutro municipio, deron resultado negativo.
Desta maneira, o Sergas da "por superado o brote", polo que no ámbito intercomarcal O Carballiño-Ribeiro quedan activos os brotes do Carballiño (4 casos) e Avión (3 casos).

Sanidade confirma que se manteñen estables os tres brotes de coronavirus que se declaron no ámbito comarcal, e que suman en total once persoas persoas afectadas, cando según a última actualización de datos oficiais son 54 casos activos en toda a provincia de Ourense.
Os tres brotes localízanse nos concellos do Carballiño (4 casos) Beariz (4 casos) e Avión (3 casos), e parecen estabilizarse toda vez que as probas PCR realizadas nos entornos das once persoas infectadas deron resultado negativo en todos os casos..

Faleceu en México DF vítima da Covid19 Florencio Gulias Barros, natural de Beariz desde onde emigrara sendo aínda un adolescente e a onde regresaba cada verán, alternando a súa estancia entre Beariz e O Carballiño.
O empresario bearicense presidíu o Centro Galego de México durante seis anos, entre 2014 a 2019.
O concello de Beariz, por medio do seu alcalde Manuel Prado, expresou as súas condolencias ao coñecerse o pasamento do seu veciño, moi veinculado á vida social da localidade.

A tormenta que descargou na tarde deste martes sobre O Carballiño provocou unha cascada de incidencias que mantiveron activos por varias horas aos bombeiros e efectivos de emerxencias.
A gran cantidade de auga e saraiba caída deixa danos na rede municipal de alcantarillado que resultou desborada en varias rúas do casco urbano do Carballiño, coas tapas levantadas pola forza da auga ao saturarse as tuberías o que, ademáis, fixo que sairan á superficie algunhos resíduos, e mesmo con danos nalgunhas beirarrúas que resultaron co empredrado desprazado, como aconteceu na Avenida do Balneario.
Na rúa Evaristo Vaamonde, baixos e sotos de vivendas sufriron inundacións e o aparcamento do Supermercado Eroski quedou anegado pola gran cantidade de auga acumulada en tan pouco tempo, apenas unha hora. Na Avenida de Comnpostela formaronse grandes bolsas de auga que por momentos a fixeron intransitable para a circulación de vehículos, a altura do cruce de confluencia coa rúa Piñor a tromba de auga tamén anegou sotos e baixos de algunhas vivendas, nesta zona e igual que acontece en Evaristo Vaamonde os veciños veñen reclamando ao concello unha solución para unha problemática que padecen dende fai anos e reprodúcese cada vez que se producen trombas de auga como a deste martes no Carballiño.
No ámbito rural, a saraiba caída provocou danos nos cultivos de horta, ademáis a forza coa que golpeou a pedra danou os acios de uvas nos viñedos na zona da bocarribeira carballiñesa.

A 22 edición da Subida Automobilista á Saleta celebraráse os próximos sábado 22 e domingo 23 deste mes de Agosto, a entidade federativa mantén calendada esta popular proba automobolistica puntuable para o campionato galego de montaña 2020.
O parque de custodia de vehículos participantes faráse finalmente na Avenida do Arenteiro do Carballiño dende as 9:30 horas do sábado 22, de onde partirán os participantes para as dúas xornadas de competición, sábado e domingo.
Para a tarde do sábado 22 están programados os adestramentos oficiais a partir das 16 horas, logo ás 18 horas correráse a primeira manga e ás 20 horas a segunda manga. Para a matinal dominical están programados os adestramentos oficiais a partir das 9:30 horas, a terceira manga desputaráse ás 11:30 horas e a continuación a cuarta e última manga oficial. A entrega de trofeos faráse no Pazo da Almuzara a primeira hora da tarde do domingo.
Este sábado noite estiven nunca terraza da rúa principal bastante tempo. Víase xente sen mascarillas pero claro nin un policía por alí. O máis chocante e cando vimos a un dos hosteleiros da zona paseando pola Rúa coa mascarilla colgada a altura do peito....como se fosen unhas gafas....que imaxen da? O que non sei e como vai a xente a ese local. ..o que non fará dentro se cando o ve todo mundo vai sen mascarilla e a leva cun colgador para que quede claro que non é un momento solo.....pero claro non hai policía que o vexa....vaia imaxen!

As pemes, autónomos e entidades de economía social galegas poden solicitar ata o vindeiro 17 de agosto as axudas do programa Reactiva comercio e servizos seguros. A Xunta activou estes apoios, con achegas de ata 3000 euros para implantar nos negocios medidas de protección fronte á covid-19, co obxectivo de facilitar a volta á actividade dos sectores do comercio, o turismo, os servizos e o transporte en condicións de confianza para os consumidores.
Os apoios cobren os gastos tanto das medidas que se implanten agora como das xa realizadas desde a declaración do estado de alarma, mediante unha tramitación rápida e sinxela, que inclúe a achega de anticipos no momento da resolución favorable da axuda pola metade da contía dos investimentos realizados. Cunha dotación total de 16 millóns de euros, nesta iniciativa colaboran as consellerías de Economía, Emprego e Industria; Cultura e Turismo (no marco do plan Galicia destino seguro); e Infraestruturas e Mobilidade.
As axudas poden destinarse á adquisición de equipos de protección individual e de desinfección; a adaptación dos espazos con equipamento de seguridade e redución do contacto entre persoas; a realización das obras de renovación, limpeza e ventilación do aire; e a posta á disposición dos clientes de información relativa ás medidas hixiénicas e de protección. Así, os establecementos comerciais, empresas do sector turístico e salóns de peiteado de menos de 10 traballadores poden obter apoios polo 100% das medidas activadas, desde 300 a 1200 euros. Por outro lado, as pemes de menos de 50 traballadores tanto destes sectores como do transporte, os servizos e as actividades profesionais poden beneficiarse de apoios directos do 80% do custo nas medidas de seguridade precisas, desde un mínimo de investimento de 1500 euros ata un máximo de 3750, sendo polo tanto a axuda máxima de 3000 euros.

O concello do Carballiño recorda que "según a normativa da ordenanza da venda ambulante" en vigor no municipio, a primeira feira deste mes de Agosto, unha das máis importantes en canto á afluencia de púbico, adíantase ao venres dia 14. Este cámbeo débese ás circustancias do calendario, xa que o dia 16 cadra a domingo e o dia anterior, o sábado 15 é festivo.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 336
- 337
- 338
- 339
- 340
- 341
- 342
- 343
- 344
- …
- seguinte ›
- última »