
O PSdeG-PSOE ven de solicitarlle o Secretario-Interventor do Concello de Leiro a elaboración dun informe económico no que se recolla "a situación favorable ou desfavorable" de que este concello continúe formando parte da Mancomunidade do Ribeiro.
O portavoz socialista Manuel Rodríguez recrimínalle ao alcalde que éste comentáse nun tono chulesco e de prepotencia “que o tesoreiro – interventor fara os informes que esta alcaldia lle solicite, e se quedou tan ancho con está resposta, pero que sepa o rexidor vamos a loitar e senon e de unha forma o outra, para ter nas nosas mans ese informe económico que o Alcalde nos nega".
Para os socialistas de Leiro "os servizos prestados pola Mancomunidade ao noso Concello resultan gravosos para a economía do noso termino municipal e dos veciños". Entenden que esta situación obedece a "intereses economicos, politicos e personais que, desde sempre, afectan a xestión da Mancomunidade, son as mesmas razons que levaron a saida da mesma tanto os Concellos de Ribadavia, Castrelo de Miño, Melon, Carballeda de Avia e Avión".
Considera o grupo socialista que "antes e agora as aportacions dos concellos e dos veciños non son suficientes para manter aberta esta institución, tendo que cubrir a Xunta de Galicia, me diante subvencións a mitade dos gastos presupuestados cada ano. Neste ultimos dias, asistimos a unha proba evidente de que para o PP o único interés por acaparar o control político de entidades como a Mancomunidade, obedece a poder someter e comprar vontades con diñeiro de todos e para iso pasaron o cobro os impostos e tasas, sin importarlles a situación sanitaria e económica actual pola que atraves todo o Pais", denuncian.
Reclaman obras de mantemento para evitar o deterioro da rede viaria municipal
O PSOE de Leiro reclama ao Goberno Municipal do Partido Popular a urxente intervención nas estradas das nove parroquias do municipio "para que e segundo di a nosa campaña que estamos a levar acabo por todo o Concello para “O LEIRO QUE QUEREMOS”, e que se prime dunha vez e se priorize o interese xeral de tod@ s os vecin@ s no seu conxunto”.
Os socialistas reiteran a inaprazable necesidade de que o goberno que preside Francisco José Fernandez "deixe de tratar aos veciños s como cidadáns de segunda categoría, xa que o estado de deterioro das estradas municipais requiren dunha intervención urxente das mesmas e non deixar pasar o tempo e mintíndonos como fixo o Alcalde no Pleno do pasado mes de Setembro do ano 2019 asegurando que na estrada de PAREDES- OREGA- BERAN estaba arranxada e sen fochancas e comprobamos días despois que era totalmente falso o que decia, pero o mais grave é que a Xuño do 2020 a estrada segue no mesmo estado de deterioración xa que se agravo aínda máis, debido á inacción deste Goberno Municipal, para nada este goberno municipal pensa no interese xeral, polo que os socialistas criticamos e denunciamos publicamente as aptitudes caciquis deste señor Alcalde xa que vén realizando reiteradamente" .
O portavoz Manuel Rodríguez manifestou que "o elevado gran tránsito de vehículos que transcorre por algunhas das vías, así como a súa deterioración pola falta de atención e o oportuno asfaltado das estradas, levaron a numerosos vecinño s a solicitar a axuda do PSOE de Leiro".
Asegura que persoas das parroquias afectadas trasladáronlles a súa preocupación pola falta de seguridade viaria que este grave problema ocasiónalles.
Finalmente, os socialistas reiteran ao Grupo de Goberno do Partido Popular "que se deixen de facer cálculos electorais para seguir na poltrona e que miren moitos máis polo interese xeral de todos e cada un dos nosos veciños s que para iso pagan os seus impostos municipais, para ter servizos públicos de calidade e non como está a pasar agora que depende da condición política do veciiños realízase ou non se realiza, é moi triste que nos tempos que corren, haxa este tipo de accións caciquiis e de submisión das cales están a pasar no noso Concello", sentencia o portavoz socialista no concello de Leiro.

A "nova normalidade" de Renfe deixou a O Carballiño sen os dous trens que diariamente circulaban entre as estacións do Carballiño e Ourense en ambos sentidos, antes de declararse o estado de alarma.
Desde que se recuperou a mobilidade a empresa ferroviaria non repuxo os dous servizos suprimidos, e ademáis, tamén desapareceron dos horarios que figuran na páxina WEB para os próximos meses.
Os dous trens suprimidos saían do Carballiño a primeira hora da mañá e primeira hora da tarde, mentres que dende Ourense partian para O Carballiño a primeira e última hora da tarde.
Agora, Renfe únicamente mantén o rexional Ourense-Santiago con paradas en Maside, O Carballiño e O Irixo, en dirección Ourense con saída dende a estación carballiñesa ás 18;41 horas e chegada a Ourense ás 19:06 horas, mentres o que circula en dirección Santiago faino dende O Carballiño ás 16 horas e chega á capital galega hora e cuarto despóis, ás 17:15 horas.

Un equipo técnico da Consellería de Cultura e Turismo está liderando este proceso, que se intensificou nos últimos días e que se prevé rematar a principios da próxima semana, antes da reapertura da Ruta Xacobea. Neste sentido, mantivéronse contactos cos resposanblaes do concello de San Cristovo de Cea, que xestiona o albergue integrado na rede autonómica, sito no núcleo histórico da vila de Cea.
A previsión para a reapertura do albergue de peregrinos de San Cristovo de Cea apunta está fixada para o vindeiro dia 1 de Xullo, entre os primeiros da rede pública que volverán acoller peregrinos
A reapertura conta co soporte da Xunta de Galicia para establecer medidas de prevención sanitarias. En concreto, a Xunta estase a encargar de inutilizar as prazas que non serán ocupadas, así como de prover de cartelería, sinalización, mamparas, máscaras para os traballadores, xeles e solucións desinfectantes, dispensadores, papeleiras de pedal, luvas ou bolsas, entre outros.
Programa ‘Camiño Seguro’
No marco do programa Camiño Seguro, a Xunta de Galicia vén traballando en colaboración co Instituto para la Calidad Turística Española (ICTE), que elaborou un manual a disposición dos albergues con indicacións e recomendacións, así como protocolos de prevención. Ao longo dos vindeiros días, o ICTE prestará apoio para mellorar a experiencia do Camiño, axudando nos procesos de contención dos riscos. En cooperación cos concellos, achegará solucións para puntos como oficinas de información, áreas de descanso ou baños públicos, ademais dos propios albergues públicos, propiciando así corredores máis seguros.
Sistema de reservas
Co fin de dar garantías aos peregrinos no actual contexto sanitario, tamén se habilitará nos vindeiros días un sistema online de reservas, que convivirá coa posibilidade de solicitar praza presencial ao chegar ao albergues sempre que dispoña de capacidade. Así, os peregrinos poderán reservar cama desde o día anterior ata as 13,00 horas do día da pernoita. A partir desa hora, se o albergue dispón de prazas libres, estarán a disposición dos peregrinos que cheguen, facéndoo así compatible a reserva previa co espírito de acollida máis tradicional. Esta nova opción facilita a peregrinación poscovid-19 con maiores certezas e confianza.

O alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, recibiu no concello a visita do secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoan Vázquez Mao, con quen se reuniu no salón de plenos para analizar a colaboración desta entidade co concello carballiñés para promover medidas de apoio de cara á reactivación económica en materia de turismo.
Á reunión tamén asistiron o concelleiro de Turismo, Manuel Dacal, e a experta en Turismo do Eixo Atántico, Carmen Pardo. Trátase da primeira reunión que se celebra para a elaboración dun informe sobre as potencialidades turísticas do Carballiño, que impulsará o Eixo Atlántico conxuntamente co concello carballiñés no contexto das medidas urxentes para paliar os efectos económicos do COVID19.
Neste sentido, cabe resaltar que O Carballiño, xunto co Barco de Valdeorras, serán os primeiros concellos do Eixo Atlántico en impulsar o turismo no contexto das medidas para reactivar a economía tras a crise aberta pola pandemia do coronavirus.

A asociación ASPADISI ven traballando dende o ano 1995 pola mellora da calidade de vida das persoas con discapacidade intelectúal , e dende o ano 2016 ven xestionando o centro ocupacional que ocupa o edificio sito nunha parcela entre o auditorio e o paseo do río Arenteiro, ao que asisten na actualidade 24 persoas con discapacidade intelectúal das comarcas do Carballiño e O Ribeiro.
Agora, a asociación plantexa novos retos, sen dúbida o máis ambicioso é a contrucción dunha residencia, tal como demandan as familias para a que sería atención integral dos usuarios.
Para avanzar neste e noutros obxetivos, ASPADISI ven de incorporar á súa Xunta Directiva a unha persoa con contrastada experiencia en diferentes ámbitos da xestión pública e privada, como é o caso de Manuel Amil Otero, o exdirector do IES nº 1, da Residencia de Estudantes Florentino López Cuevillas, coordenador dos centros sociocomunitarios na provincia, ex-concelleiro da corporación municipal e máis recentemente, vinculado a importantes grupos empresariais.
Amil xa viña colaborando dende fai anos con ASPADISI e agora aportará a súa experiencia como xestor ao servizo desta asociación.
Definitivamente lo de este concello con los niños y el parque infantil de la Alameda no es precisamente un ejemplo de buena gestión, todo lo contrario, el año pasado año perdido, 9 meses cerrado por obras, y ahora, después de tres obligados y justificados meses de cierre ¿cuál es la justificación para no abrirlo ya? en todos los pueblos están ya abiertos menos en Carballiño. Pónganse las pilas ya !!

O Concello de Maside comunica que a apertura das Piscinas Municipais de A Rañoa está prevista para o vindeiro mércores día 1 de xullo.
O horario das instalacións será de 12.00-20.00 horas de luns a domindo. Debido ó protocolo hixiénico-sanitario que se deberá seguir nas instalacións, éstas terán aforo limitado e o acceso ás instalacións farase únicamente a través de Bono/Carné persoal e intransferible. Poderán solicitalo nas oficinas dos Servizos Sociais de luns a venres en horario de 8.00 a 14.30 horas.
PROXECCIÓN-ESTREA DA PELÍCULA “MARÍA SOLINHA”
O vindeiro sábado día 4 de xullo terá lugar a proxeción da película “MARIA SOLINHA”. Será na Pista Vermella de Maside a partires das 22,30 horas se a climatoloxía o permite (en caso contrario será trasladada ó pavillón de deportes). Será unha actividade aberta ó público en xeral e totalmente gratuita, e que contará con tódalas medidas hixiénico-sanitarias para que sexa unha actividade segura.
XIVº CAMPAMENTO DE VERÁN
Actividade destinada a cativos de entre 7 e 12 anos (nados entre os anos 2008-2013). Levarase a cabo nos meses de xullo e agosto en horario de 10.30-13.30 horas de luns a venres.

O grupo municipal de ESCO compara a situación do Carballiño co de outras localidades da provincia "o goberno municipal do Carballiño semella teimar en que sexamos os derradeiros en todo, así namentres vemos que concellos coma Barbadás, Ribadavia ou Ourense xa levan días cos parques infantís abertos, aquí manteñense pechados por causa da incapacidade do alcalde Fumega e o seu equipo",remarcan.
Engaden que "resulta imposible atopar unha explicación lóxica para dar a pais e nais e, sobre todo a cativos, de por que as terrazas están cheas de xente e os escasos lugares de ocio cos que contan non poden ser utilizados. Moito máis aínda entender como un concello que pretende organizar a Festa do Pulpo é incapaz de acometer unha tarefa tan sinxela como organizar un protocolo de limpeza e desinfección destes espazos".
Dende Espazo Común non admiten excusas sobre a falta de persoal apuntadas dende o goberno municipal "non se manteñen en pé despois de que este ano subira o gasto en traballadores por riba dos 4.000.000 de € e porque existe unha lista de contratación de limpadores de instalacións municipais á que se podería recurrir", subliñan.
Espazo Común demandará "de xeito urxente información sobre este particular e, de demorarse a posta en marcha dos parques infantís con tódalas garantías sanitarias, presentará unha iniciativa no pleno para esixir responsabilidades".

A partir de hoxe, e tras procederse á desinfección das pistas, as instalacións do pavillón municipal de deportes Paco Chao permanecerán abertas, retomándose a actividade deportiva con entrenamentos de equipos e escolas deportivas.
Para usar as pistas do pavillón é preciso solicitar previamente a quenda correspondente chamando ao teléfono do concello 988 530007.
Esta semana o horario de apertura é de tarde, pero a partir do próximo luns será tanto de mañá como de tarde.
O luns tamén se retomarán as clases da escola municipal de tenis, que quedaron interrumpidas durante o confinamento a causa da covid-19

Tras máis de tres meses de inactividade debido á crise sanitaria, o Novocine de Leiro anuncia que remota as proxeccións a partir deste venres 26 de Xuño.
E faino con dúas películas, a mítica "Cinema Paradiso", en sesións o venres ás 20:30 horas, sábado e domingo ás 18:30 e 21 horas; ademáis, o venres ás 18 horas, sábado e domingo ás 16 horas, proxecta a película francesa "Volando Juntos".
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 342
- 343
- 344
- 345
- 346
- 347
- 348
- 349
- 350
- …
- seguinte ›
- última »