
A voceira do BNG no Concello de San Amaro, Mariana Rivera, reclámalle á equipa de goberno que desenvolva os trámites e as xestións pertinentes para garantir o dereito a unha conexión á rede nas condicións establecidas no Plan de Banda Larga de Galiza 2020- Asemade, desde a formación nacionalista solicitaron que se instalen dispositivos técnicos precisos nos locais sociais das nosas parroquias para que a veciñanza poida desfrutar dunha adecuada conexión a internet.
O BNG de San Amaro ven de presentar un escrito no rexistro do Concello despois das fortes consecuencias sufridas no ámbito educativo e as deficiencias do sistema de conexión que posúen as veciñas e veciños do municipio. A crise da covid-19 supuxo a suspensión de aulas presenciais polo que as estudantes tiveron que facer un uso extraordinario dos dispositivos informáticos e de conexión a internet.
“Moitas estudantes non puideron facer uso do seu dereito a unha educación sen que a situación económica xogara un papel fundamental” apuntou a voceira do BNG en San Amaro, Mariana Rivera. Asemade, lembrou que para paliar estas desigualdades “xa no ano 2015 aprobouse o Plan de Banda Larga de Galicia 2020, da man da Xunta de Galicia e financiado por fondos europeos, que permitiría que os veciños e as veciñas do Concello do San Amaro tiveran acceso a internet de alta velocidade”.
A Folla de Ruta dirixe a intervención entorno a tres itinerarios: innovación, eficiencia e intelixencia desenvolvidas en rutas de acción. O primeiro deles é o que ten cabida no Concello do San Amaro, presentándose cun ano de demora xa que unha das rutas tivo que levarse a cabo nun período estipulado entre o 2016 ate o 2019.
Por iso, desde o BNG rexistraron unha solicitude para que a equipa de goberno municipal desenvolva os trámites para garantir o dereita a unha conexión á rede nas condicións establecidas no Plan de Banda Larga de 2020. “Exiximos que se realicen os traballos anteriores coa premura que precisa para dar cobertura que precisan todas as veciñas” engadíu Rivera. Así mesmo, tamén pularon no escrito para que se instalen dispositivos técnicos nos locais sociais das nosas parroquias, para que a veciñanza poida desfrutar dunha adecuada conexión a internet.

A Xunta de Galicia publicou hoxe a licitación para rehabilitar o Mosteiro de Santa María a Real de Oseira, en San Cristovo de Cea, que se incorporará á rede de albergues dispoñibles na Vía da Prata.
Esta actuación, que se enmarca no Plan de Albergues, inclúe unha achega dun millón de euros para mellorar o espazo existente de acollida de grupos, garantir a accesibilidade e construír novas dependencias para os peregrinos que percorren esta Ruta Xacobea. Na actualidade o Mosteiro de Oseira conta cunha nave destinada a acoller a grupos.
Trátase dun espazo con problemas importantes de humidade e accesibilidade que non ten posibilidade de ventilación e iluminación natural. Para mellorar as condicións e ofrecer unha maior capacidade, o proxecto propón reconverter unha das naves abandonadas para crear un albergue de peregrinos recuperando un espazo con importante valor patrimonial. Concretamente, as actuacións contemplan a renovación das instalacións mantendo o uso de albergar grupos e dotándoas de instalacións sanitarias accesibles e adecuadas.
Ademais, rehabilitarase un dos alpendres, ampliando o seu espazo, para crear o novo albergue de peregrinos. Trátase dunha construción que permitirá poñer en valor unha edificación en desuso e que contará con dormitorios, aseos e espazos comúns. Ao remate deste proceso, o Mosteiro de Oseira contará con dúas dependencias destinadas a peregrinos plenamente integradas e conectadas por unha cuberta horizontal ofrecendo unha sensación de calma e intimidade aos visitantes nun espazo histórico próximo ao trazado xacobeo.
Ademais, a proposta da Xunta reserva a idea de converter nun futuro o antigo colexio nun centro de recepción dos visitantes que acoden ao conxunto monacal.
Trazado con gran potencial
As actuacións previstas permitirán mellorar os servizos que se ofrecen aos peregrinos que percorren a Vía da Prata, un trazado que conta cun gran potencial polas paisaxes e elementos patrimoniais que atesoura, atravesando, ao longo do seu trazado, catro cidades declaradas Patrimonio da Humanidade.
Trátase, en definitiva, dun dos itinerarios xacobeos máis importantes e só no pasado ano foi percorrido por preto de 10.000 persoas. Este proxecto enmárcase no Plan de Albergues da Xunta que aposta pola rehabilitación de edificios de valor histórico e patrimonial, como o Mosteiro de Santa María a Real de Oseira, e pola posta en valor das diferentes rutas de peregrinación.

A área de Medio Ambiente do concello do Carballiño, que coordina a concelleira Rita Soto, procede dende hai máis dunha semana á limpeza e acondicionamento de beirarrúas, xardíns, zonas verdes e espazos públicos do casco urbano do Carballiño.
Trátase de seis peóns forestais e dous xardiñeiros, que se encargan dos xardíns e zonas verdes. Tres peóns forestais máis, da mancomunidade turística O Carballiño-O Ribeiro, que se ocupan do desbroce e acondicionamento dos sendeiros do río Arenteiro. E outros catro operarios do servizo de limpeza, que se encargan da limpeza viaria.
Neste período lévanse limpado os viais e espazos públicos, e acondicionado os xardíns e zonas verdes da Uceira, Avenida de Compostela, Castelao, Catro Camiños, rotonda da Casa Azul, Alameda, Praza Maior, Praza do Cercis, Veracruz, Auditorio e Avenida do Parque, entre outros lugares, e agora os traballos de acondicionamento centraranse no parque municipal e no resto das rúas da vila e tamén no rural, co obxectivo de que O Carballiño poda ofrecer a súa mellor imaxe durante a tempada de verán que comeza esta fin de s
Novos horarios post-estado de alarma. Un tren por sentido con Ourense. Nada máis que engadir. Parece que a excusa do coronavirus se lle veu moi ben a RENFE para deixarnos sen servizos.

De cumplirse as previsións avanzadas pola concelleira Silvia Baranda, responsable desta área municipal, este sábado dia 20 de Xuño quedarán abertas as piscinas públcas do Carballiño.
Contan xa cos permisos necesarios para a súa apertura e tamén están a punto as instalacións, polo que tan so resta realizar a sinalización da parcelación do recinto, tal como fixa a nova normativa de prevención do Covid-19 para este tipo de infraestructuras, que tamén inclúe a obrigatoriedade de reducir o aforo autorizado.
A parcelación realizarase cunha sinalización de pintura no recinto habilitado para os bañistas.

Este venres 19 de xuño, celebrarase de novo o SHOPPING DAY (DÍA ESPECIAL DAS COMPRAS) no Carballiño. Con esta nova edición do evento, a Asociación Carballiño Centro Comercial Aberto retoma as súas campañas de dinamización pero con cambios e sempre adaptándose a situación actual.
Respetaranse todas as medidas de seguridade nos establecementos participantes e nesta ocasión, non haberá pasarela de moda, nin animación de rúas por mor e para evitar posibles aglomeracións.
Os establecementos participantes son un total de 43, dos cales 36 son comercios que ofrecerán aos clientes descontos e promocións en artigos de tempada, ampliando o horario ata as nove da noite; e 7 son establecementos hostaleiros que colaboran agasallando tapas a cada cliente que cando merque nos comercios recibirán una invitación para dita degustación.
Como en edicións anteriores e continuando coa dinámica da Asociación Carballiño Centro comercial Aberto, premiarase a fidelidade dos clientes, os cales unha vez realicen a súa compra conseguirán unha papeleta de participación para un sorteo que se realizará o mesmo día as 21:30h; de 300€ en vales de compra de 50€ cada un e tamén sortearanse dous tratamentos de beleza e estética.
Ademáis unha vez acudan a depositar dita participación na furna do CCA sitada na Praza Maior, recibirán unha bolsa reutilizable da Asociación Carballiño CCA.

O Carballiño convertiráse este ano por vez primeira en sede para as probas de Avalicación do Bacharelato para o Acceso á Universidade (ABAU) según ven de informar a Comisión Interuniversitaria de Galicia.
O alumnado das comarcas do Ribeiro e O Carballiño realizarán as probas da ABAU no IES Chamoso Lamas do Carballiño, entre o 7 e 9 de Xullo na convocatoria ordinaria.
Desta maneira, evítanse os desprazamentos masivos e como medida de prevención ante o risco de contaxio do Covid-19.
Entre as medidas incluídas na normativa publicada na páxina web da Comisión Interuniversitaria de Galicia atópanse a desinfección dos espazos, a obrigatoriedade do uso de máscaras e a limitación dos obxectos que poderán portar os estudantes.
Do mesmo xeito, modificouse o calendario de exames para que as puebas da fase común realícense nas primeiras horas do primeiro e o segundo día.

Asi o acordou por unanimidade no pleno celebrado hoxe a corporación carballiñesa, tras debatir unha moción do grupo municipal de Espazo Común que puxo de manifesto a carencia de solo industrial no municipio, unha vez que están practicamente agotadas as parcelas dispoñibles no actúal parque empresarial.
Desta maneira, pretende chegarse a un acordo co veciño concello de Maside para darlle continuidade a zona industrial carballiñesa, pero xa maioritariamente dentro do territorio municipal de Maside, ao considerarse ésta como a opción máis favorable.
Os terreos que servirían para esta ampliación sitúanse entre a estrada do eixo do Ribeiro e a zona de Agro de Quinta, na parroquia de Dacón e dentro do ámbito municipal de Maside.
Para avanzar neste proxecto supramunicipal, vaise propoñer unha reunión de traballo entre a representación de ambos os dous concellos.
Doutra parte, tamén houbo unanimidade para reactivar o concurso de ideas para a mellora do parque municipal do Carballiño, tal como demandou neste pleno o Partido Popular, para retomar un proxecto que agora mesmo estaba en punto morto.
Tamén por unanimidade, a corporación aprobou unha moción de urxencia do BNG para proceder de inmediato á aprobación das bases que regularán a concesión de axudas para autónomos, comerciantes, hosteleiros e colectivos máis vulnerables afectados pola crise económica do coronavirus.
O pleno tamén aprobou as bases tanto para a adxudicación do Muiño das Lousas como do Servizo Municipal de Axuda no Fogar. No caso do Muiño das Lousas os grupos da oposición pediron, sen éxito que se retiráse da órden do dia ao entender o prego de bases como "incoherente" en moitos dos seus apartados.
A sesión, que se prolongou por espazo de cinco horas, iniciouse por parte da Corporación gardándose un minuto de silencio na lembranza e homenaxe ás vítimas da pandemia e de José González Ferreiro "Chiquilín", o traballador municipal recentemente falecido.

Continúa anunciandose a suspesión de acontecementos festivos no verán da nosa comarca, vimos de coñecer a decisión da comisión organizadora da Festa do Chuletón que cada 25 de Xullo vense celebrando na parroquia masidá de Garabás, e que ven reunindo nas últimas edicións a un millar de comensais, non se celebrará este ano por motivos de seguridade.
Desta maneira, a do Chuletón de Garabás súmase a outras suspensións anunciadas semanas atrás, como "1809-A Batalla" en Pazos de Arenteiro ou a Festa do Pan de Cea, que tampouco se celebrarán este ano.
Buenos dias el otro dia salio la concejal de Carballiño hablando de la feria de posibles cambios por la separacion que tenian que tener los puestos por la normativa covi19 y dio a entender que toda la avenida del balneario estaria ocupada por los feriantes aparte de mas calles del pueblo de las que ya ocupan esto es una locura tienen que cambiar la ubicacon de la feria no queda otra el pueblo no puede estar asi es una barbaridad comento la concejal que le dieron la opcion de la avenida del arenteriro pero los feriantes la rechazaron pero quien manda en este pueblo los feriantes o los vecinos de este pueblo en otros lugares se cambio la ubicacion no estando de acuerdo los feriantes y hoy hay muchos mas puestos que antes tienen que tomar medidas ya
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 344
- 345
- 346
- 347
- 348
- 349
- 350
- 351
- 352
- …
- seguinte ›
- última »