17, Xuño 2020

O Carballiño convertiráse este ano por vez primeira en sede para as probas de Avalicación do Bacharelato para o Acceso á Universidade (ABAU) según ven de informar a Comisión Interuniversitaria de Galicia.

O alumnado das comarcas do Ribeiro e O Carballiño realizarán as probas da ABAU no IES Chamoso Lamas do Carballiño, entre o 7 e 9 de Xullo na convocatoria ordinaria.

Desta maneira, evítanse os desprazamentos masivos e como medida de prevención ante o risco de contaxio do Covid-19.

Entre as medidas incluídas na normativa publicada na páxina web da Comisión Interuniversitaria de Galicia atópanse a desinfección dos espazos, a obrigatoriedade do uso de máscaras e a limitación dos obxectos que poderán portar os estudantes.

Do mesmo xeito, modificouse o calendario de exames para que as puebas da fase común realícense nas primeiras horas do primeiro e o segundo día.

17, Xuño 2020

Asi o acordou por unanimidade no pleno celebrado hoxe a corporación carballiñesa, tras debatir unha moción do grupo municipal de Espazo Común que puxo de manifesto a carencia de solo industrial no municipio, unha vez que están practicamente agotadas as parcelas dispoñibles no actúal parque empresarial.

Desta maneira, pretende chegarse a un acordo co veciño concello de Maside para darlle continuidade a zona industrial carballiñesa, pero xa maioritariamente dentro do territorio municipal de Maside, ao considerarse ésta como a opción máis favorable.

Os terreos que servirían para esta ampliación sitúanse entre a estrada do eixo do Ribeiro e a zona de Agro de Quinta, na parroquia de Dacón e dentro do ámbito municipal de Maside.

Para avanzar neste proxecto supramunicipal, vaise propoñer unha reunión de traballo entre a representación de ambos os dous concellos.

Doutra parte, tamén houbo unanimidade para reactivar o concurso de ideas para a mellora do parque municipal do Carballiño, tal como demandou neste pleno o Partido Popular, para retomar un proxecto que agora mesmo estaba en punto morto.

Tamén por unanimidade, a corporación aprobou unha moción de urxencia do BNG para proceder de inmediato á aprobación das bases que regularán a concesión de axudas para autónomos, comerciantes, hosteleiros e colectivos máis vulnerables afectados pola crise económica do coronavirus.

O pleno tamén aprobou as bases tanto para a adxudicación do Muiño das Lousas como do Servizo Municipal de Axuda no Fogar. No caso do Muiño das Lousas os grupos da oposición pediron, sen éxito que se retiráse da órden do dia ao entender o prego de bases como "incoherente" en moitos dos seus apartados.

A sesión, que se prolongou por espazo de cinco horas, iniciouse por parte da Corporación gardándose un minuto de silencio na lembranza e homenaxe ás vítimas da pandemia e de José González Ferreiro "Chiquilín", o traballador municipal recentemente falecido.

17, Xuño 2020

Continúa anunciandose a suspesión de acontecementos festivos no verán da nosa comarca, vimos de coñecer a decisión da comisión organizadora da Festa do Chuletón que cada 25 de Xullo vense celebrando na parroquia masidá de Garabás, e que ven reunindo nas últimas edicións a un millar de comensais, non se celebrará este ano por motivos de seguridade.

Desta maneira, a do Chuletón de Garabás súmase a outras suspensións anunciadas semanas atrás, como "1809-A Batalla" en Pazos de Arenteiro ou a Festa do Pan de Cea, que tampouco se celebrarán este ano.

17, Xuño 2020

Buenos dias el otro dia salio la concejal de Carballiño hablando de la feria de posibles cambios por la separacion que tenian que tener los puestos por la normativa covi19 y dio a entender que toda la avenida del balneario estaria ocupada por los feriantes aparte de mas calles del pueblo de las que ya ocupan esto es una locura tienen que cambiar la ubicacon de la feria no queda otra el pueblo no puede estar asi es una barbaridad comento la concejal que le dieron la opcion de la avenida del arenteriro pero los feriantes la rechazaron pero quien manda en este pueblo los feriantes o los vecinos de este pueblo en otros lugares se cambio la ubicacion no estando de acuerdo los feriantes y hoy hay muchos mas puestos que antes tienen que tomar medidas ya

16, Xuño 2020

O Secretario Técnico de Competencias Administrativas de Podemos Galicia, Manuel Nogueira, xunto con unha das veciñas afectadas polo proxecto de Aldea Modelo de Trabazón protagonizaron unha comparecencia cunxunta ante os medios para dar a coñecer "a aceptación e tramitación da denuncia contra as irregularidades e presuntas ilegalidades dadas ao longo da tramitación de este proxecto", apuntan dende a formación morada.

As aldeas modelo naceron - manifestaron- como un proxecto que se anunciaba como de investigación da propiedade real, actualización do catastro e crear terrenos produtivos, non obstante entenden que "o que está a facer a Xunta de Galicia con estas aldeas modelo queda moi lonxe do que anunciaron. Máis concretamente no caso da Aldea Modelo de Trabazón se ven certas eivas, irregularidades e mesmo presuntas ilegalidades para tramitar e aprobar si ou si estes proxectos".

Según puxeron de manifesto "mesmo parece ser que houbese intereses ocultos para querer aprobar a toda costa estes proxectos, non publicitar os mesmos nin dar a coñecer de xeito claro que empresas e que proxectos, cos seus tempos e procedementos administrativos, se van facer cargo".

Entenden e asi o manifestaron que "os proxectos de Aldeas Modelo se anunciaban como de recuperación da actividade económica e social dos núcleos onde se aplicarían para recuperar a súa demografía e o aumento de calidade de vida da súa poboación. Lonxe están de cumprir esa meta, si as terras se poñen en man de empresas foráneas e que as mesmas fagan cero contratacións na veciñanza dos pobos onde se están a acometer estes proxectos".

Preguntouse Manuel Nogueira ¿Como é posible que a Xunta e o Consello Rector da Axencia Galega de Desenrolo Rural non cumpra coa súa propia lexislación ao non dar a coñecer nin publicitar estes proxectos?

Helena Iglesias, a persoa denunciante e afectada "pola mala praxis e polo caciquismo do alcalde de O Irixo, Manuel Cerdeira e da propia Xunta de Galicia, vese perxudicada nos seus dereitos como cidadá ao obrar forzosamente o concello nas súas terras, pese a negativa da mesma por entender que hai certos erros en catastro e non haberse solucionado os mesmos por parte do alcalde como lle prometerá", según o relato da denunciante.

Considera, ademáis que o rexedor municipal "enviou presuntamente documentación total ou parcialmente falseada, incorrendo nun presunto delito de falsedade documental e prevaricación administrativa".

Dende Podemos cualifican como grave que "a Xunta de Galicia a través de estes proxectos busque outros intereses distintos aos que anuncia, pondo as terras das galegas en mans de empresas que non velan polos intereses da xente do rural, senón polos seus propios intereses, e que esto se faga incluso indo en contra da lei, como parece ser o caso".

16, Xuño 2020

Dende o BNG manifestan que "o estado da nosa vila queda reflexado na suciedade presente e na falta de mantemento das rúas e beirarrúas, chegando incluso a dificultar a accesibilidade ás mesmas e supoñer un perigo para todos. Tamén debemos destacar a presenza dun gran número de terreos abandoados e sen o valado correspondente".

Consideran os nacionalistas "vergonzoso que moitas das beirarrúas non teñan unha continuidade correcta para poder camiñar sen ningún perigo debido á falta de mantemento e á presenza de maleza". E como exemplo desta situación que denuncian poñen á Rúa Alberto Vilanova, Rúa Astureses, Avenida de Seoane ou a Rúa Francisco Castelló.

Manifestan que esta situación non está xustificada coa crise sanitaria xenerada polo COVID-19, "posto que, todos os anos por esta época a situación repítese". E inciden no feito de que "a falta de limpeza nas rúas, a invasión de maleza nas beirarrúas e os colectores abandonados forman parte da paisaxe representativa da nosa vila dende fai moito tempo".

Finalmente, o BNG remata trasladando varias preguntas para o grupo de goberno municipal, ¿cándo se levará a cabo un proxecto medio ambiental axeitado para a nosa vila? ¿Para cándo unha vila máis limpa, natural e cunha maior calidade de vida? ¿Para cándo a aplicación dunha normativa ao respecto de peches de fincas e terros no casco urbán?

15, Xuño 2020

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o conselleiro de Medio Rural, José González, supervisaron hoxe no municipio de Avión as labores que se están levando a cabo neste concello cara á prevención de incendios forestais.

Esta cooperación entre Deputación de Ourense e Xunta de Galicia, que se estenderá a outras zonas da provincia de Ourense, ten como obxectivo "a prevención e extinción de incendios forestais, na liña do que vimos facendo todos estes anos poñendo a disposición do goberno autonómico maquinaria especializada e persoal necesario para desenvolver traballos naquelas zonas que necesitan un especial tratamento por ser posible foco de incendios". O presidente do goberno provincial destaca que esta actuación supón "unha transmisión de confianza á veciñanza e cooperación interinstitucional, que forma parte da nosa vocación e da nosa filosofía, e traballar conxuntamente coa Xunta de Galicia cun obxectivo tan prioritario como a prevención de lumes, forma parte dunha das apostas que puxo en marcha o goberno provincial de Ourense, unha estratexia que vai seguir con permanencia no futuro", destaca Manuel Baltar.

Por parte de Medio Rural, nestas labores mobilizáronse dous tractores e dúas brigadas de persoal do Servizo de Prevención e Defensa contra incendios, que tamén están a executar accións de anticipación aos lumes. Precisamente, neste concello, a Deputación de Ourense vai intervir en 92 quilómetros de pistas e en 13 hectáreas de cortalumes, e actuacións semellantes acometeranse de seguido noutras áreas da provincia. No acto de visita, o conselleiro agradeceu a implicación da institución provincial ourensá nestes labores e animou ás demais deputacións galegas a seguir o seu exemplo. Fíxoo tendo en conta os beneficios que este traballo comporta para a seguridade das persoas e dos bens e, ademais, que a normativa reguladora das Bases de Réxime Local contempla, entre as competencias dos organismos provinciais, a prevención e extinción de incendios naqueles concellos de menos de 20.000 habitantes.

Estes traballos entre a Xunta e a Deputación de Ourense realízanse ao abeiro dun acordo entre ambas partes que facilitará que a Deputación realice, co seu propio parque de maquinaria, tarefas de prevención de lumes, tales como áreas de devasa e mantemento de pistas e camiños que atravesen as zonas de actuacións de xestión de biomasa. Uns traballos que guiará a Consellería do Medio Rural co obxecto de potenciar a prevención fronte o lume, conforme ás liñas deseñadas no Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia 2020.

Os labores en colaboración prolongaranse ata o vindeiro día 16 de xullo. Neles, a Deputación de Ourense participa con diferentes vehículos pesados, tales como unha pa cargadora, un tractor, dúas motoniveladoras e un camión. Estas actuacións da Deputación de Ourense súmanse e complementan ás que está a levar a cabo a Xunta dentro do seu Plan de prevención iniciado en maio, centradas en traballos silvícolas preventivos; na creación e mellora de infraestruturas de defensa, e en intervencións de mellora da xestión forestal e das súas producións que redunden nun incremento do valor do monte. O plan contempla a intervención, no conxunto de Galicia, en preto de 46.000 hectáreas mediante diferentes tipos de traballos silvícolas, a actuación en case 5.800 quilómetros de pistas forestais e outras vías de comunicación repartidas por toda a comunidade, así como a construción de 121 novos puntos de auga e o mantemento doutros 3.207.

Desta forma, lévanse a cabo labores relacionados coa creación e mellora de devasas e faixas auxiliares, co mantemento de pistas no monte ou coa eliminación de residuos forestais. Así mesmo, supervísase o estado dos devanditos puntos de auga e fanse labores de roza mecanizada arrastrada, roza manual e roza mecanizada de brazo.

15, Xuño 2020

Non dou crédito o que acabo de ler na noticia da portada deste diario en relación a reapertura dos parques infantís "un custe importante, que é preciso valorar e contratar, pois non pode ser asumido directamente por persoal do concello, nin se pode levar a cabo dun dia para outro, hai que facelo cumprindo estrictamente os procedementos...", etc. Disculpas de pésimos xestores, se o concello nin tan xiquera ten capacidade para xestionar a reapertura dos parques infantís, polo menos unhas horas ó dia, o mellor é agradecerlle os servizo prestados e que convoquen elecciós municipais anticipadas, creo que Carballiño, non solo os nenos, agradeceránllo. Igual sucede coa biblioteca, o concello, o pabellón de deportes, auditorio, piscina, etc, o mellor houbera sido seguir no estado de alarma., total.

 

15, Xuño 2020

O concello afirma por medio dunha nota informtiva que "ante a publicación no DOG do sábado pasado dalgunhas das condicións sanitarias para a apertura dos parques infantís, o concello do Carballiño informa que os abrirá cando se podan garantir estas condicións sanitarias, e tendo sempre en conta a preponderancia da normativa relativa ao aforo, desinfección e dispensadores de xeles hidroalcohólicos ou desinfectantes con actividade viricida, sobre calquera outra consideración que puidera poñer en perigo a seguridade dos nenos e nenas e das súas familias fronte ao coronavirus".

Desde xeito, o concello anuncia que a apertura realizarase unha vez que se poidan asumir todas as esixencias especificadas para este tipo de instalacións, pois é preciso -manifestan-  delimitar e controlar o aforo permitido (unha persoa por cada catro metros cadrados de espazo), así como desinfectar cada día (unha desinfección diaria dos xogos e o espazo) e contar con dispensadores de xeles hidroalcohólicos ou desinfectantes con actividade viricida (ou dunha solución xabonosa no caso de espazos para menores de dous anos de idade).

Todo esto supón, afirman  "ademáis dun problema de organización, un custe importante, que é preciso valorar e contratar, pois non pode ser asumido directamente por persoal do concello, nin se pode levar a cabo dun día para outro, e hai que facelo cumprindo estrictamente os procedementos de contratación das administracións públicas, como é o caso dun concello".

En todo caso, o concello "traballa na avaliación destas medidas co obxectivo de que se podan abrir os parques infantis cando haxa a seguridade do seu cumprimento".

15, Xuño 2020

A Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, ven de incluir a Residencia de Tempo Libre do Carballiño entre as instalacións autonómicas que acollerán este ano actividades da oferta de campamentos de verán.

Concretamente, a residencia carballiñesa acollerá dous campamentos de verán "Arte e Tecnoloxía", que celebraránse entre os dias 19 ao 26 de Xullo, e do 28 de Xullo ao 4 de Agosto, terán un prezo de 148 euros por participante.

As condicións e requisitos que deberán ter participantes, asi como os trámites para as solicitudes, son as que figuran na convocatoria que publica o Diario Oficial de Galicia, no seu número correspondente a este lúns dia 15 de Xuño. Mediante a oferta da devandita campaña, a Consellería de Política Social ofrece a posibilidade de que a mocidade empregue o seu tempo libre de verán participando en actividades de carácter lúdico, cultural, deportivo e formativo, que sirvan non só para divertirse senón tamén para o enriquecemento persoal e vital.

A convocatoria recolle que "as circunstancias actuais derivadas da crise sanitaria do COVID-19, e logo de superar a etapa de confinamento, fan máis necesario que nunca poder ofertar un recurso de conciliación para as familias galegas e de educación non formal para o tempo de lecer dos nosos mozos e mozas que lles permita beneficiarse, coas máximas garantías de prevención e hixiene, dun espazo de ocio favorable para as súas emocións e sentimentos. Así, a oferta comprenderá actividades para desenvolver en Galicia, coas adaptacións necesarias en canto a limitacións de aforo máximo nas instalacións xuvenís ofertadas, reforzo das medidas hixiénico-sanitarias e incremento das ratios monitor/participante para unha prestación do servizo máis eficiente e con todas as garantías".

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS