
O concello do Carballiño abre este mércores, 10 de xuño, o prazo para solicitar permiso de acceso ao barrio de Flores en vehículo.
As licenzas otorgaranse a aquelas persoas que sexan residentes, que posean algunha praza de garaxe, negocio ou finca, ou calquera outra circunstancia que acredite que teña que acceder en vehículo ao barrio.
A solicitude de licencia deberase tramitar na Policía Local, e irá acompañada dunha certificación ou documento que xustifique ao acceso en vehículo a Flores.
En canto se tramite un número suficiente de licencias comezarase a aplicar o novo sistema de acceso.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de iniciar as obras de mellora da estrada OU-154, ao seu paso polo núcleo do Reino, no Concello de Piñor.
O contrato foi adxudicado á empresa Hordescón S.L. por un importe de preto de 100.000 euros.
Os traballos para acometer o acondicionamento desta vía autonómica, que inclúen a reposición de servizos, disporán dun prazo de execución duns tres meses aproximadamente.
A intervención consistirá na adecuación da estrada OU-154, no treito comprendido entre os puntos quilométricos 1+741 e 2+025, para incrementar a seguridade viaria na contorna.
Esta actuación contemplará a remodelación dos espazos para protexer a circulación dos peóns e a disposición de nova sinalización e redutores físicos de velocidade.
Tamén se levará a cabo a rehabilitación do firme neste tramo, así como a substitución das redes de servizo aéreas de alumeado e de teléfono por unha canalización soterrada.
Ademais, o proxecto incluirá a mellora da iluminación mediante a substitución dos puntos de luz por novas farolas con luminarias led.

O concello de Avión ven de comunicar o acordo de suspender a edición 2020 da Festa Mexicana, que debería celebrarse o vindeiro dia 7 de Agosto.
Faino "ante a situación tan inusual que se está a vivir a nivel global, provocada pola pandemia de COVID-19". O Concello de Avión toma "a difícil e triste decisión de suspender oficialmente a Festa Mexicana 2020, que tradicionalmente se celebra no primeiro venres do mes de Agosto".
Manifestan ademáis que "toca tomar una posición de responsabilidade e sentido común, pola que esperamos a comprensión da cidadanía", tal como subliñou en COPE O Carballiño o alcalde de Avión, Antonio Montero
E engadíu "a nosa prioridade é en todo momento, velar pola seguridade e a saúde de todos e cada un dos nosos veciños, así como de todos aqueles visitantes que nos honran cada ano coa súa presenza na Festa Mexicana".

Tras a incorporación da totalidade do persoal municipal aos seus postos de traballo presenciais, según comunica o concello do Carballiño, e en cumprimento da normativa de seguridade e prevención polo covid-19, o concello instaura o sistema de cita previa telefónica como modelo obrigatorio para poder realizar calquera xestión municipal, agás no que respecta ao Rexistro ou á Policía Local, se ben neste último caso, sempre que se poda, é aconsellable facelo por teléfono.
Nos próximos días tamén se poderá solicitar cita previa telemáticamente, a través da páxina web do concello, que se anunciará cando o sistema estea dispoñible.
Así, para calquera xestión, consulta ou entrevista cun departamento, funcionario/a ou concelleiro/a, deberase solicitar previamente a cita chamando por teléfono ao número 988 530007.
Unha vez efectuada a chamada, é preciso indicar a extensión do servizo co que se quere falar, que se fará marcando a tecla “almohadilla” e a continuación o número da extensión que corresponda, e que se facilita de modo automático.
As solicitudes deberán facerse para o horario de 09,30 a 13,30 h., de luns a venres, agás días festivos.
Para o Catastro, as citas serán de 12,00 a 13,30 h., de luns a venres, agás festivos.
No tocante aos Servizos Sociais, o número ao que se debe chamar para solicitar cita previa é o 988531076.
Así mesmo, está previsto instalar unha conserxería á entrada do concello, para informar e facilitar ao acceso ás dependencias municipais, mantendo a máxima seguridade no cumprimento das normas polo covid-19.

A subdelegación do Goberno informa de que durante este mes de xuño reactiváronse os labores de cambio de frecuencia de emisión dalgúns múltiples de televisión nos municipios da provincia de Ourense, con motivo do proceso de liberación do Segundo Dividendo Dixital, un procedemento que afecta directamente a varios concellos das comarcas do Ribeiro e O Carballiño.
Estes procesos retomáronse tras a paralización derivada da crise sanitaria do COVID-19.
A Xefatura Provincial de Telecomunicacións está a trasladarse semanalmente información a todos os concellos afectados, indicando datas estimadas, emisores e canles que se reorganizan.
Os cámbeos programados cambios afectarán aos seguintes concellos:
Semana do 8 ao 14 de xuño: A Arnoia, O Carballiño, Cenlle, Cortegada, Esgos, Gomesende, Leiro, Melón, A Mezquita, Padrenda, Piñor, Pontedeva, Quintela de Leirado, Ramirás, Ribadavia, Rubiá, San Amaro, San Cristovo de Cea, Viana do Bolo.
Semana do 15 ao 21 de xuño: Amoeiro, Avión, Boborás, A Gudiña, Leiro, A Mezquita, Vilardevós, Vilariño de Conso.
QUE TEN QUE FACER A CIDADANÍA?
No caso de tratarse de edificios de tamaño medio ou grande que están equipados con sistemas de antena colectiva baseados en monocanales ou centrais programables, que non adaptasen a súa antena colectiva anteriormente, deberán contactar canto antes cunha empresa instaladora para adaptar a súa instalación de recepción de televisión.
No caso das vivendas unifamiliares non se necesita ningún tipo de adaptación máis aló da resintonización do seu televisor desde o mando a distancia.
AXUDAS PÚBLICAS
Para minimizar o impacto deste proceso sobre a cidadanía, o Consello de Ministros aprobou mediante Real Decreto o pasado 21 de xuño de 2019 a concesión directa de subvencións ás comunidades de propietarios afectadas, por un valor total de 145 millóns de euros, xestionadas pola empresa pública Red.es. A contía da subvención oscila entre 104,3 € e 677,95 € por edificación, en función da infraestrutura previamente instalada no edificio.
As solicitudes de axudas poderanse presentar online ata o 30 de setembro de 2020, tras realizar previamente a adaptación das instalacións de recepción do sinal de TDT. Será necesario presentar a documentación xustificativa, incluíndo a factura e o boletín de instalación. Só poderanse solicitar axudas para as actuacións realizadas por empresas instaladoras do Rexistro de Instaladores de Telecomunicacións da Secretaría de Estado de Telecomunicacións e Infraestruturas Dixitais.
SEGUNDO DIVIDENDO DIXITAL
O cambio de frecuencias da TDT prodúcese como consecuencia do chamado Segundo Dividendo Dixital, polo que se debe liberar antes do 30 de xuño de 2020, por mandato europeo, a banda de 700 MHz do espectro radioeléctrico para permitir o despregamento de futuras redes de telecomunicacións 5 G. Desta maneira, faise un uso máis eficiente do espectro radioeléctrico para que, en menor espazo, mantéñanse os mesmos servizos e liberar parte para a chegada doutros novos. Mantense así a aposta por situar a España entre os países líderes no desenvolvemento da tecnoloxía 5 G, que impulsará a competitividade do tecido empresarial e facilitará a aparición de innovacións disruptivas.
CANLES DE INFORMACIÓN Á CIDADANÍA
Os cidadáns e cidadás poderán consultar todas as súas dúbidas na páxina web http://www.televisiondigital.es/ e nos teléfonos 901 201 004 e 910 889 879.

O candidato de Espazo Común-Recortes Cero-Os Verdes pola provincia de Ourense para as eleccións autonómicas, Fran Fraga e o voceiro de Espazo Común no Carballiño, Adolfo Nogueira, mantiveron unha reunión cun importante número de traballadores da Residencia do Tempo Libre.
Nesta reunión púxose enriba da mesa "a posbilidade moi real de retroceder todo o que se avanzou hai uns anos para acadar que as instalacións permaneceran abertas o maior tempo posible", manifestan.
Por iso, o Grupo Municipal de Espazo Común no concello do Carballiño anuncia que levará ao vindeiro pleno unha moción para que o Concello "se poña a traballar coas diferentes administracións para garantir unha apertura rápida da Residencia e garanta que nos vindeiros anos, esta será de polo menos, dez meses por ano".
Consideran que "ofrecería algo de estabilidade aos traballadores e garantiría a inxección económica que a visita dos usuarios supón para a nosa vila".

O número de defuncións na comarca do Carballiño durante os meses de Marzo, Abril e Maio deste ano 2020, foi inferior ao dos dous últimos anos, o que pon de manifesto a nula incidencia da pandemia do covid na mortalidade local.
Se comparamos os datos das defuncións rexistradas nos últimos anos no conxunto dos nove concellos da comarca do Carballiño durante os meses de Marzo, Abril e Maio, vemos que en 2018 contabilizáronse 112, en 2019 o número de mortes ascendeu a 115 durante este mesmo periodo, mentres que neste ano 2020 rexistraronse 94 defuncións, según os datos aportados a esta emisora de radio polas empresas funerarias, mentres que os datos dos dous anos anteriores correspóndense cos que figuran nos rexistros civís.
Desta maneira, observamos que a mortalidade na comarca do Carballiño coincidindo cos meses da pandemia do coronavirus resulta máis baixa que os dous anos precedentes neste mesmo perido de tres meses, contabilizándose 18 falecementos menos en relación a 2018 e 21 menos en relación a 2019.
Dende que se declarou a pandemia non se rexistrou ningún falecemento por coronavirus ente a veciñanza residente en calquera dos concellos da comarca, aínda que sí houbo que lamentar a morte como consecuencia do Covid-19 de veciños naturais da comarca, en total foron 9 vitimas, pero en todos os casos residentes fora da nosa comarca.
A actúal taxa bruta de mortalidade na comarca carballiñesa sitúase no 16,53% por mil habitantes, polo tanto superior á media galega que está no 11,57% según os últimos datos, o que siñifica que cada ano falecen, con pequenas oscilacións, arredor das 440 persoas na comarca do Carballiño.

Onde podo moverme? Podo viaxar á praia?
A partir do lúns dia 8 de Xuño toda Galicia entra na fase 3, a derradeira fase da desescalada, polo que xa se autorizará a mobilidade entre as catro provincias galegas, por conseguinte xa poderémos desprazarnos á calquera punto da xeografía galega, e polo tanto, poderémos ir a calquera praia da costa galega.
Bares e restaurantes
O aforo de bares e restaurantes debe ser do 50% e as condicións de seguridade e separación entre o público as mesmas. E as terrazas, ata o 75%. Con todo, xa pode utilizarse as barras, aínda que coa distancia de seguridade entre as persoas (2 metros).
Pubs e locais de ocio nocturnos
Estaba previsto que se puidesen abrir ao 30% do aforo, cunha serie de medidas estritas... Con todo, hai tres días o Goberno sinalou que "non é prudente" a súa apertura, polo que por agora está todo no aire.
Hoteis
Amplíase o aforo ao 50% nas zonas comúns na fase 3 da desescalada.
Praias
Ábrense e volve todo tipo de actividade. O problema esta en as limitacións de espazo, que dependen dos concello e cada un está a tomar as medidas que cre oportunas.
Deporte
Xa se poderá facer deporte espazos pechados se son deportes sen contacto ou o risco de contaxio moderado. O público estará limitado a unha persoa por cada 20 metros cadrados. Poderase ir ao ximnasio cun aforo máximo dun terzo e sen utilizar os vestiarios.
Vodas e enterros
Sen un número fixado, poderá haber máis persoas en vodas e enterros durante a fase 3 da desescalada. Deberán gardar as debidas medidas de seguridade apropiadas
Máscaras
O seu uso segue sendo obrigatorio nas mesmas condicións en que se veu utilizando ata o de agora.
Transporte
Prevese o funcionamento de todos os servizos de transporte público ao 100%.

O portavoz municipal Manuel Rodriguez do PSdeG-PSOE no concello de LEIRO, reproba ao Grupo de Goberno do Partido Popular pola situación na que se encontra a ponte das Poldras e afirma que “neste caso non valen escusas e botarlle a culpa ao COVID-19 xa que o sector da construción apenas parou nesta pandemia” e témoslle que lembrar ao Rexedor que no pasado mes de Febreiro acordouse en pleno, a traves dunha Moción presentada polo noso grupo municipal de que se actuaria por parte do concello coa máxima urxencia, unha vez que o caudal do rio Avia baixase e obtivésense as autorizacións necesarias”.
Manifestan os socialistas "que despois de catro meses, non hai ningún tipo de actuación na ponte das Poldras, por iso poñémoslle memoria ao Goberno Municipal que se hai que poñer a traballar na mesma, debido ao se deterioro, polo motivo de que un dos alicerces esta en moi mal estado e este inverno pasado unha das laxas resulto rota e así o recoñeceu o rexedor municipal polo motivo de que pasar maquinaria pesada sobre a mesma".
Esta ponte utilizábase na Idade Media para transportar o viño desde Ribadavia a Santiago e mesmo une os nucleos de Leiro e San Clodio, "a parte de que é unha monumental no medio dunha paisaxe bucólicad e de gran beleza, por iso que hai que salvagardar a mesma, porque unha cousa fermosa é un gozo para sempre”, remarca o portavoz socialista

Sete obsequios foron sorteados hoxe na Praza de Abastos, correspondentes á campaña polo Día do Pai, que fora aprazado no mes de marzo debido ao confinamento pola pandemia do coronavirus.
O acto contou coa asistencia da concelleira de Comercio, Silvia Baranda; o presidente da asociación de praceiros, Eligio González, e a representante da adega Pazo Tizón, Raquel Cobo.
As sete persoas agasalladas foron:
Arturo González Alarcón e Manuel Lorenzo (unha pulsera deportiva cada un); Marina (unha máquina afeitadora); Cristina Rodríguez Pérez (unha radio vintage); Susa Campos (un altavoz bluetooth); Josefa Pérez Fernández (unha tablet de 7” 8 Gb), e Antonio Colmenero (unha caixa de viño Pazo Tizón).
Os premios foron escollidos ao azar entre as case oito mil papeletas que a clientela meteu nas urnas durante o período da campaña de promoción polo Dia do Pai.
Silvia Baranda felicitou ás persoas premiadas e animou aos carballiñeses a seguir mercando na praza de abastos e no comercio local, nun momento en que o precisan máis que nunca.
Eligio González destacou a elevada participación na campaña, felicitou ás persoas agraciadas con estes sete premios, e fixo un chamamento para seguir apoiando ao comercio local, á hostalería e á praza de abastos, xa que son quen lle da vida ao pobo, según dixo.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 348
- 349
- 350
- 351
- 352
- 353
- 354
- 355
- 356
- …
- seguinte ›
- última »